Xogos Olímpicos de 1984

Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.

A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receio xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.

A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.

Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após do seu término, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.

Xogos da XXIII Olimpíada
Olympic rings without rims
Os Ánxeles 1984
Estados Participantes 140
Atletas 6829
Eventos 221 en 23 deportes
Cerimonia de Apertura 28 de xullo
Cerimonia de Clausura 12 de agosto
Apertura oficial Ronald Reagan
Xuramento do Atleta Edwin Moses
Entrada do Facho Olímpico Rafer Johnson
Local Los Angeles Memorial Coliseum

Boicot

Olympic boycotts 1976 1980 1984
Mapa dos boicots olímpicos (en vermello e laranxa os destes Xogos).

Despois dos Xogos Olímpicos de 1980, que foran boicoteados polos Estados Unidos e varios países do bloque capitalista, foi a quenda da Unión Soviética, Cuba, Alemaña Oriental e demais países do Pano de Aceiro e do mundo comunista para boicotearen os Xogos dos Ánxeles. Os soviéticos alegaron falta de seguranza ós seus atletas, e anunciaron súa decisión de non competir nos Xogos o 8 de maio de 1984.

Modalidades disputadas

1984 Summer Olympic games countries
Estados participantes

Cadro de medallas

Cadro de Medallas Olympic rings without rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 83 61 30 174
2 Romanía Romanía 20 16 17 53
3 Alemaña Alemaña 17 19 23 59
4 Flag of the People's Republic of China.svg China 15 8 9 32
5 Italia Italia 14 6 12 32
6 Flag of Canada.svg Canadá 10 18 16 44
7 Flag of Japan.svg Xapón 10 8 14 32
8 Nova Zelandia Nova Zelandia 8 1 2 11
9 Iugoslavia Iugoslavia 7 4 7 18
10 Flag of South Korea.svg Corea do Sur 6 6 7 19
Alexandr Romankov

Alexandr Romankov (en ruso: Александр Романьков), nado en Korsakov o 7 de novembro de 1953, é un tirador de esgrima belaruso, xa retirado, gañador de cinco medallas olímpicas coa Unión Soviética, considerado un dos mellores esgrimistas do século XX, a súa modalidade é o florete.

Antonio Díaz-Miguel

Antonio Díaz-Miguel Sanz, nado o 6 de xullo de 1933 en Alcázar de San Juan, Cidade Real e falecido o 21 de febreiro de 2000 en Madrid aos 66 anos, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto español. É membro do prestixioso Basketball Hall of Fame.

Foi xogador do Club Baloncesto Estudiantes e do Real Madrid, chegando a ser internacional coa Selección de baloncesto de España en vinte e sete ocasións. Pero os maiores éxitos da súa carreira conseguiunos como adestrador e, concretamente, como Seleccionador de España, á que dirixiu durante 27 anos entre 1965 e 1992. Estudou en Madrid e licenciouse en Enxeñaría Industrial na Universidade de Bilbao.

Ben Johnson (atleta)

Benjamin Sinclair "Ben" Johnson, nado en Falmouth (Xamaica) o 30 de decembro de 1961, foi un atleta canadense, coñecido pola súa descualificación por dopaxe logo de gañar a final Olímpica dos 100 metros nos Xogos Olímpicos de 1988.

Carl Lewis

Frederick Carlton "Carl" Lewis, nado en Birmingham (Alabama) o 1 de xullo de 1961, é un exatleta estadounidense especialista en probas de velocidade e salto de lonxitude, considerado un dos mellores atletas de todos os tempos.

Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1984

Nos Xogos Olímpicos de 1984 celebrados nos Ánxeles realizáronse oito probas de esgrima, seis en categoría masculina e dúas en categoría feminina. A competición realizouse entre os días 1 e 11 de agosto de 1984 no Long Beach Convention and Entertainment Center de Long Beach.

Fernando Romay

Fernando Romay Pereiro, nado na Coruña o 23 de setembro de 1959, é un ex-xogador de baloncesto galego. Mide 2,13 m.

Franco Baresi

Franco Baresi, nado en Travagliato (Brescia) o 8 de maio de 1960, é un ex futbolista italiano. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección italiana.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Greg Louganis

Gregory Efthimios Louganis (|luːˈgeɪnᵻs), nado en El Cajón (California) o 29 de xaneiro de 1960) é un ex-saltador estadounidense. Gañou dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, outras dúas en Seúl e unha de prata en Montreal, ademais de cinco campionatos do mundo. Foi chamado "o máis grande saltador estadounidense" e "probablemente o máis grande saltador da historia".Louganis é un activista polos dereitos dos homosexuais e traballa frecuentemente con Human Rights Campaign para defender as liberdades civís da comunidade LGTB e as persoas diagnosticadas con VIH/SIDA.

Jean-François Lamour

Jean-François Lamour, nado en París o 2 de febreiro de 1956, é un tirador de esgrima retirado e un político francés, gañador de cinco medallas olímpicas.

Juan Antonio Samaranch

Juan Antonio Samaranch i Torrelló, nado en Barcelona o 17 de xullo de 1920 e finado o 21 de abril de 2010, foi un empresario e político catalán e ex-presidente do Comité Olímpico Internacional.

Li Ning

Li Ning, nado en Laibin (Guangxi) o 10 de marzo de 1963 é un ex-ximnasta e empresario chinés. Fundou a compañía de material deportvio Li-Ning.

Los Angeles Memorial Coliseum

O Los Angeles Memorial Coliseum é un estadio deportivo situado na veciñanza de Exposition Park da cidade dos Ánxeles (California). O recinto serve como estadio local do equipo de fútbol americano da Universidade de Southern California (USC), os Trojans, e temporalmente dos Los Angeles Rams da National Football League (NFL). O estadio xa fora sede dos Rams entre 1946 e 1979, antes da marcha do equipo a Anaheim. O recinto conta capacidade para 93.607 espectadores, facéndoo o estadio que pode albergar un maior número de espectadores da Pac-12 Conference da NCAA.

Los Angeles Times

Los Angeles Times (tamén coñecido como LA Times) é un xornal de circulación diaria publicado nos Ánxeles, e distribuído nos estados occidentais dos Estados Unidos, propiedade de Tribune Company. Cunha circulación de 843.432 lectores por día a setembro de 2005, é o segundo xornal metropolitano meirande nos Estados Unidos despois de The New York Times.

Ao longo da súa historia gañou 37 premios Pulitzer, e segundo o Almanaque Mundial de 2007, é o terceiro xornal máis lido dos que se publican nos Estados Unidos.

Manuel Estiarte

Manuel Estiarte Duocastella, nado en Manresa o 26 de outubro de 1961, é un xogador español de wáter-polo.

Merlene Ottey

Merlene Joyce Ottey, nada en Cold Springs (Hanover, Xamaica) o 10 de maio de 1960 é unha ex-atleta xamaicana. Comezou a súa carreira representando a Xamaica, antes de representar a Eslovenia entre 2002 e 2012. Está clasificada como a cuarta mellor de todos os temos nos 60 metros (indoor), a sétima nos 100 metros lisos e a cuarta nos 200 metros. Ten o récord do mundo indoor en 200 metros con 21.87 segundos dende 1993.

Ottey tivo a carreira máis longa dun velocista de alto nivel internacional, que rematou en 2012 coa súa participación co equipo de remudas 4×100 metros esloveno nos campionatos de Europa de atletismo de 2012, con 52 anos. Nove veces medallista olímpica, ten o récord de máis participacións (sete) de calquera atleta. Gañou catorce medallas nos campionatos do mundo, e en 2017 aínda tiña o récord de máis medallas en especialidades individuais con dez. Os seus méritos durante a súa carreira e a súa lonxevidade valéronlle ser chamada "Raíña da Pista". Ademais, a súa tendencia a lograr medallas de bronce en grandes campionatos supuxéronlle o título de "Raíña de Bronce".

Os Ánxeles

Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9 km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.

Philippe Riboud

Philippe Riboud, nado en Lión o 9 de abril de 1957, é un tirador de esgrima francés, xa retirado, gañador de seis medallas olímpicas.

Xogos Olímpicos dos Ánxeles

Xogos Olímpicos dos Ánxeles pode facer referencia ás seguintes edicións disputadas na cidade californiana:

Xogos Olímpicos de 1932.

Xogos Olímpicos de 1984.

Xogos Olímpicos de Verán
Xogos Olímpicos de Inverno

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.