Xoana Seymour

Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (150924 de outubro de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.

Xoana Seymour
Hans Holbein d. J. 032b
Nacemento1508 e 1509
Falecemento24 de outubro de 1537
 Hampton Court
CausaDoenza infecciosa
SoterradaCapela de São Jorge
NacionalidadeReino de Inglaterra
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióndama de companhia
PaiJoão Seymour
NaiMargery Wentworth
CónxuxeHenrique VIII de Inglaterra
FillosEduardo VI de Inglaterra
IrmánsElizabeth Seymour, Lady Cromwell, Henry Seymour, Tomás Seymour, 1.º Barão Seymour de Sudeley e Eduardo Seymour, 1.º Duque de Somerset
Jane Seynour Signature

Traxectoria

Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron Xoán Seymour de Wiltshire e Margarida Wentworth. Logo de servir coma asistente de Catarina de Aragón e de Ana Bolena, esposas ambas as dúas de Henrique VIII de Inglaterra, Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de Ana Bolena, de se negar reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora Ana Bolena, non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O desexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o 30 de maio de 1536, tan só 11 días despois da execución de Ana Bolena na Torre de Londres. Decontado, Xoana ficaría grávida.

A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefreábeis de comer perdices. O rei ordenaba traelas dende Calais e Flandres. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un neno, o futuro rei Eduardo VI, o 12 de outubro de 1537. Contraeu febres puerperais e morreu doce días máis tarde, o 24 de outubro de 1537. Está enterrada no Castelo de Windsor.

Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, Tomás e Eduardo, abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contraeu matrimonio coa súa viúva, Catarina Parr (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.

Das seis mulleres que tivo o rei Henrique VIII, Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro home que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado de súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo sita no Castelo de Windsor.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Ana Bolena
Raíña Consorte de Inglaterra
1536 - 1537
Sucesor:
Ana de Cleves
24 de outubro

O 24 de outubro é o 297º día do ano do calendario gregoriano (298º nos anos bisestos). Quedan 68 días para finalizar o ano.

Ana Bolena

Ana Bolena (en inglés: Anne Boleyn), raíña consorte de Inglaterra, 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en 1501 - 19 de maio de 1536. Ana foi a segunda esposa do rei Henrique VIII e a nai da raíña Isabel I. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a Reforma inglesa, con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa. Chamárona "a raíña consorte máis influente e importante que Inglaterra tivo nunca".Ana Bolena é popularmente coñecida por ser degolada baixo acusación de adulterio, incesto e traizón. Está cumpridamente asumido o ser inocente dos cargos, e foi conmemorada máis tarde como mártir na cultura Protestante inglesa, particularmente polos traballos de John Foxe. A súa vida foi adaptada en numerosas novelas, obras de teatro, cancións, óperas, dramas de televisión e películas, incluíndo Anne of the Thousand Days (Ana dos mil días), The Other Boleyn Girl (As irmás Bolena), The Tudor (Os Tudor), The Six Wives of Henry VIII (As seis esposas de Henrique VIII), Anna Bolena e Doomed Queen Anne.

En anos recentes, a opinión académica e histórica sobre ela foi xeralmente favorable —en gran parte grazas a dúas extensas biografías escritas polo profesor Eric Ives (1986 e 2004). Os traballos de David Starkey, David Loades, John Guy, Retha Warnicke e Diarmaid Macculloch tamén foron favorables ou admirativos. As populares biografías de Joanna Denny e a feminista Karen Lindsey abordárona de forma similar. Unha excepción notable vén do traballo do escritor británico Alison Weir, cuxos libros son a miúdo bastante máis críticos con Ana.

Ana de Cleves

Ana de Cleves ou Ana de Clèves (alemán: Anna von Jülich-Kleve-Berg) naceu na cidade de Düsseldorf o 22 de setembro de 1515 e morreu en Hever o 16 de xullo de 1557, sendo a segunda dos 4 fillos de Xoán III, duque de Clèves, e de María de Julich, herdeira dos ducados de Julich, Berg e Ravensberg.

Ana dos mil días

Ana dos mil días (en inglés: Anne of the Thousand Days) é un filme británico dirixido por Charles Jarrott e producido por Hal B. Wallis que foi estreado en 1969. Foi realizado por Hal Wallis Productions e distribuído por Universal Pictures. O filme conta a historia de Ana Bolena. O guión é unha adaptación de Bridget Boland, John Hale e Richard Sokolove da obra de Maxwell Anderson.

Estreouse en galego a través da TVG o 13 de xuño de 1987.

Anna Bolena (Donizetti)

Anna Bolena (en galego Ana Bolena) é unha ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani, baseado en Enrico VIII ossia Anna Bolena de Ippolito Pindemonte e Anna Bolena de Alessandro Pepoli, ámbalas dúas sobre a vida de Ana Bolena, a segunda esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán, o 26 de decembro de 1830.

O dúo "Sul suo capo aggravi un Dio" entre Ana (soprano) e Xoana Seymour (mezzosoprano) está considerado un dos mellores de todo o repertorio operístico. Esta ópera forma parte dunha serie de óperas de Donizetti que tratan do período Tudor na historia de Inglaterra, e que inclúe Roberto Devereux (titulada así polo suposto amante da raíña Isabel I de Inglaterra), Maria Stuarda (titulada así por María I de Escocia) e Il castello di Kenilworth. Os principais papeis femininos das óperas Anna Bolena, Maria Stuarda, e Roberto Devereux son decotío coñecidos como as "Tres Raíñas de Donizetti."

Eduardo VI de Inglaterra

Eduardo VI de Inglaterra (en inglés Edward VI of England) nado o 12 de outubro de 1537 en Hampton Court e finado o 6 de xullo de 1553 no palacio de Placentia (Greenwich) foi Rei de Inglaterra e de Irlanda desde o 28 de xaneiro de 1547 ata o día da súa morte. Eduardo foi coroado o 20 de febreiro de 1547 cando tan soo tiña nove anos.Eduardo, o terceiro monarca da dinastía Tudor, foi o primeiro gobernante inglés protestante, aínda que foi o seu pai Henrique VIII o que rompeu as relacións entre a Igrexa de Inglaterra e a Igrexa católica romana.

Foi durante o reinado de Eduardo cando a Igrexa de Inglaterra iniciou o seu proceso de transformación cara a unha forma moderada de protestantismo que se coñecería en diante como anglicanismo.

Hans Holbein o Novo

Hans Holbein o Novo foi un pintor e gravador alemán, nado en Augsburgo quizais en 1497 e morto en Londres o 29 de novembro de 1543.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Lista dos cráteres de Venus

Esta é a lista dos nomes do cráteres de Venus. Tódolos nomes de accidentes xeolóxicos excepto os Maxwell Montes, Alpha Regio e Beta Regio, son nomes de mulleres famosas ou nomes de pía femininos.

Dirección do incremento da lonxitude: leste.

Latitude positiva: norte.

Latitude negativa: sur.

Xoana

O antropónimo Xoana (variante feminina de Xoán) pode referirse a:

Xoana I de Castela (ou Xoana I de Aragón e Castela), máis coñecida como Xoana a Tola, raíña de Aragón e de Castela (1479-1555).

Xoana a Beltranexa ou Xoana de Castela, nobre castelá (1462-1530).

Xoana de Castro, dama nobre (século XIV).

Xoana de Portugal ou Xoana de Avis (1439-1475), infanta de Portugal e raíña de Castela.

Xoana de Habsburgo, princesa de Portugal (1536-1573).

Xoana de Arco, heroína e santa francesa (1412-1431).

Xoana Seymour (Jane Seymour), terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra (1509-1537).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.