Xoana I de Castela

Xoana I de Castela ou Xoana I de Aragón e Castela, coñecida tamén como Xoana a Tola, nada en Toledo en 1479 e finada en Tordesillas, Valladolid, en 1555, foi entre outras cousas raíña de Aragón e Castela.

Xoana I
Juan de Flandes 003
Retrato por Xoan de Flandes, ~1500
Raíña da Coroa de Castela
26 de novembro de 1504 – 12 de Abril de 1555
PredecesorIsabel I de Castela e Fernando V de Aragón
SucesorCarlos I de España
Raíña da Coroa de Aragón
23 de xaneiro de 1516 – 12 de Abril de 1555
PredecesorFernando II de Aragón
SucesorCarlos I de España

Nacemento11 de agosto de 1479
Toledo
Falecemento4 de decembro de 1555
Tordesillas
SepulturaCapela Real, Granada
RexenteFilipe o Fermoso
Carlos I de España
Cónxuxe/sFilipe o Fermoso
DescendenciaEleonor, Raíña de Francia
Carlos V de Habsburgo, Emperador do Sacro Imperio Xermánico
Sabela, Raíña de Dinamarca
Fernando I, Emperador do Sacro Imperio Xermánico
Maria, Raíña de Bohemia
Catarina, Raíña de Portugal
ProxenitoresFernando II de Aragón
Isabel I de Castela

Traxectoria

Orixes familiares

Naceu na corte real de Toledo o 6 de novembro de 1479, filla do rei de Aragón Fernando II de Aragón e da raíña de Castela, Isabel a Católica. Foi a terceira filla dos Reis Católicos, irmá menor do príncipe de Asturias e herdeiro do trono, o infante Xoán de Aragón, e nai do futuro emperador Carlos I de España.

Infanta da Coroa de Castela

Desde nena foi moi fermosa e intelixente recibindo unha coidadosa educación, propia dunha infanta. Como improbábel herdeira de Coroa de Castela, esa educación estivo máis baseada na obediencia que no sentido do goberno, a diferenza dos requisitos da instrución dun príncipe.

No estrito ambiente da nómade corte castelá da súa época, Xoana foi alumna avantaxada en comportamento relixioso, boas maneiras e na etiqueta da corte, sen desestimar artes como a danza e a música, equitación e o coñecemento das linguas románicas propias da Península Ibérica ademais do francés e o latín. Entre os seus principais preceptores atopábanse o sacerdote dominico Andrés de Miranda; a amiga e titora da súa nai, Beatriz Galindo dita "A Latina"; e, por suposto, a súa propia nai.

Arquiduquesa de Austria

Juanna Filips Klein
Filipe o Fermoso e Xoana I de Castela

Como era costume na Europa da época, Isabel e Fernando negociaron os matrimonios de todos os seus fillos co fin de aseguraren os seus obxectivos diplomáticos e estratéxicos. Conscientes das boas aptitudes de Xoana, e contando coa necesidade de reforzar os lazos co Sacro Imperio Romano Xermánico, que rexía Maximiliano I de Habsburgo, e a rivalidade cos cada vez máis hexemónicos monarcas franceses da dinastía da Casa de Valois, os Reis Católicos ofreceron a Xoana ao fillo de Maximiliano, Filipe de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, de Habsburgo, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, do Tirol e de Artois, señor de Antuerpen e Malinas etc. A cambio deste enlace, os Reis Católicos pediron a man da filla de Maximiliano, Margarida de Austria, como esposa para o príncipe Xoán de Aragón. Xoana de Castela xa fora considerada como posíbel prometida polo herdeiro francés dos Valois, e aínda en 1489 foi solicitada en matrimonio polo rei Escocia, Xaime IV, da dinastía Estuardo.

A pesar da súa vontade de facerse monxa, en agosto de 1496, tendo 16 anos, os seus pais embarcárona desde a praia cantábrica de Laredo, nun dos navíos xenoveses do capitán Juan Pérez. Mais a frota incluía, para demostrar o esplendor da coroa castelá nas terras do Norte e, sobre todo para mostrar o seu poder ao hostil rei francés, outros 131 buques, desde naos a carabelas, e cunha tripulación de 15.000 homes. Xoana foi acompañada pola súa nai e os seus irmáns.

A travesía tivo algúns contratempos que obrigaron a buscar refuxio na Illa de Portland, Inglaterra, o 31 de agosto. Cando finalmente a frota puido arribar a Middelburg (Zelandia), unha das embarcacións xenovesas que transportaba 700 homes, afundiuse, e con ela as vestimentas de Xoana e moitos dos seus efectos persoais.

Xa en terra flamenga, Xoana non foi recibida polo seu prometido, que se encontraba en Alemaña, debido a unha artimaña que prepararan os conselleiros francófilos de Filipe, opostos ás alianzas pactadas polo seu pai, o emperador. Os sobreditos tentaron aínda, en 1496, e con Xoana xa na corte, convenceren a Maximiliano do inconveniente dunha alianza coa Coroa de Castela e, por contra, das virtudes dunha alianza co reino francés. A cerimonia da voda con Filipe o Fermoso celebrouse o 12 de novembro de 1496 en Liexa

O ambiente da corte que encontrou Xoana chocaba radicalmente co que existía na castelá. A sobria, relixiosa e familiar corte castelá contrastaba coa festiva, desinhibida e individualista corte borgoñoa-flamenga.

Aínda que non se coñecían, os príncipes namoráronse tolamente, porén logo Filipe perdeu o interese na relación, nacendo en Xoana unha certa patoloxía, axexando e velando arreo a seu esposo. Pese ao avanzado estado de xestación do seu segundo embarazo, do que nacería o infante Carlos, o 24 de febreiro do 1500, asistiría a unha festa no pazo de Gante. Aquel mesmo día tivo o seu fillo, disque nado nos lavabos do pazo.

Descendencia

. Do matrimonio con Filipe naceron:

Raíña da Coroa de Castela

Escudo Juana-Carlos I
Escudo de Xoana I e Carlos I, 1504-1555.

En 1497 foi nomeada princesa de Asturias, pola morte do seu irmán o infante Xoán de Aragón, pasando por diante da súa irmá máis vella Isabel de Aragón, a cal polo seu casamento co rei Manuel I de Portugal facía temer aos Reis Católicos a posíbel unión dos seus reinos baixo dominio portugués. Tras a morte de Isabel de Aragón no 1498, así como do fillo desta, o infante Miguel da Paz, en 1500, Xoana converteuse en herdeira plena da Coroa de Castela.

Cando no 1503 o seu marido, Filipe, decidiu viaxar para atender asuntos, parece que se agravou o seu estado mental. Decidiu, porén, partir para Castela e morar ao lado dos seus pais, especialmente a petición da súa nai, que estaba preocupada pola súa saúde, pois estaba entón grávida por cuarta vez, deixando en Bruxelas aos seus tres fillos pequenos.

Morta Isabel a Católica o 26 de novembro de 1504, aparecía o problema da sucesión na Coroa de Castela. Pola Concordia de Salamanca (1505) acordouse o goberno conxunto de Filipe o Fermoso, Fernando o Católico e máis a propia Xoana. As malas relacións entre Filipe, a quen apoiaba a nobreza castelá, e o seu sogro, Fernando, levaron a que este último renunciase a exercer o poder na Coroa de Castela (Concordia de Villafáfila de 1506) e evitar un posíbel enfrontamento armado. Fernando o Católico centrouse nos asuntos da súa propia coroa.

Morte de Filipe o Fermoso

Juana la Loca de Pradilla
Dona Xoana a Tola (1877), de Francisco Pradilla y Ortiz. Museo do Prado (Madrid)

O 25 de setembro de 1507 morreu Filipe o Fermoso, en medio de rumores de envelenamento, e aínda acrecentaron tamén rumores sobre o estado de tolemia de Xoana. Desde Burgos, onde faleceu Filipe, trasladaron o seu cadáver a Granada para sepultalo alí, viaxando sempre de noite, coa raíña Xoana sen separarse en ningún momento do cadaleito. Desde esa altura Xoana non quixo mudar a roupa, nin lavarse. O seu pai decidiu recluíla en Tordesillas, no mes de xaneiro do ano 1509, iniciando o rei aragonés a rexencia de Castela ata o ano 1516.

Derradeiros anos

No 1516, coa morte de Fernando o Católico, o fillo máis vello de Xoana, o príncipe Carlos I de España recibiu os títulos das coroas de Castela e Aragón, de xeito que Xoana de Castela non sucedeu nunca ao seu pai en Aragón. Á morte de Fernando, en tanto o príncipe Carlos non chegou a Castela, o Cardeal Cisneros exerceu a rexencia deste coroa. Cabe engadir que Xoana nunca foi declarada incapaz polas Cortes castelás, e endexamais se lle retirou o título de raíña. Mentres ela viviu, nos documentos oficiais debía figurar en primeiro lugar o nome da raíña Xoana.

Durante a Guerra das Comunidades de Castela, os partidarios da revolta intentaron gañar o apoio da raíña confinada en Tordesillas. Nesa cidade castelá pasou Xoana o resto da súa vida, até falecer o 12 de abril de 1555, despois de 46 anos de reclusión forzosa e sempre vestida de negro.

Xoana I de Castela
Nacemento: 6 de Novembro 1479 Falecemento: 12 de Abril 1555
Títulos Reais
Precedido por
Isabel "a Católica"
Raíña de Castela, Toledo, Galiza, León,
Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén, Alxeciras, e Granada

1504–1555
xunto con Filipe I (1504–1506)
Carlos I (1516–1555)
Sucedido  por
Carlos I de España
Precedido por
Fernando II de Aragón
Raíña de Aragon, Sicilia, Valencia, Mallorca, Nápoles; Condesa de Barcelona
1516–1555
xunto con Carlos I de España (1516–1555)
Outros títulos Nobiliarios
Vacante
O último posuidor do título foi
Isabel de Borbón
Duquesa consorte de Brabante, Limburg e Lothier,
Duquesa consorte de Luxemburgo, Marquesa consorte de Namur, Condesa consorte de Artois e Flandres,
Condesa consorte de Charolais,
Condesa consorte de Hainaut, Holanda e Zeeland,
Condesa consorte de Borgoña

20 de Outubro de 1496 – 25 Setembro de 1506
Sucedido  por
Isabel de Portugal
Vacante
O último posuidor do título foi
Miguel da Paz
Princesa de Asturias
1502–1504
Sucedido  por
Archiduque Carlos
Títulos que reclamou
Vacante
O último posuidor do título foi
Isabel de Borbón
— TITULAR —
Duquesa consorte de Borgoña
20 de Outubro de 1496 – 25 de Setembro de 1506
Sucedido  por
Isabel de Portugal

Véxase tamén

Recoñecementos

Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en catalán.

Arquivo do Reino de Galicia

O Arquivo do Reino de Galicia é un arquivo cuxa titularidade pertence ao Ministerio de Cultura e cuxa xestión está cedida á Xunta de Galicia desde 1989. Atópase na Cidade Vella da Coruña.

Exerce funcións de Arquivo Histórico Xeral de Galicia e de Arquivo Histórico Provincial da Coruña, polo que custodia a documentación de ámbito galego ou provincial que producen as administracións locais, autonómicas e estatais.

Capela Real de Granada

A Capela Real de Granada é un templo relixioso situado no centro histórico da cidade de Granada. Nela atópanse soterrados os Reis Católicos, Xoana I de Castela e Filipe I de Castela.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Década de 1500

A década de 1500 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1500 e remata o 31 de decembro de 1509.

Década de 1510

A década de 1510 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1510 e remata o 31 de decembro de 1519.

Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Fernando I de Habsburgo, nado en Alcalá de Henares o 10 de marzo de 1503 e finado en Viena o 25 de xullo de 1564, foi Sacro Emperador Romano-Xermánico de 1556 até a súa morte.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Lista de monarcas de Castela

A seguir móstrase unha Lista de Monarcas de Castela, desde a fundación deste reino (como condado) até á unificación de España en 1516. As datas refírense ao período de reinado.

María de Aragón (1482-1517)

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.

María de Hungría

María de Hungría pode referirse a:

María de Hungría (1257-1323), raíña consorte de Nápoles, esposa de Carlos II de Nápoles.

María I de Hungría (c. 1371-1395), raíña de Hungría dende 1382 ata a súa morte.

María de Hungría (1505-1558), filla de Filipe I e Xoana I de Castela, esposa de Luís II de Hungría, raíña consorte de Bohemia e Hungría e gobernadora dos Países Baixos.

Reis de España

A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas).

Xoana de Castela

Xoana de Castela puede referirse a:

Xoana de Castela, coñecida como a Beltranexa, raíña de iure de Castela, filla de Henrique IV.

Xoana I de Castela, coñecida como a tola, raíña de Castela e nai de Carlos I de España.

Xoana de Castela, ópera de Luis Baca.

Xoana de Navarra

O nome Xoana de Navarra pode referirse a:

Xoana I de Navarra (1271-1305), filla de Henrique I de Navarra e Branca de Artois. Foi raíña de Navarra, raíña consorte de Francia polo seu matrimonio con Filipe IV de Francia, e condesa de Champaña;

Xoana II de Navarra (1311-1349), raíña de Navarra e filla de Luís X de Francia e Margarida de Borgoña;

Xoana de Évreux, filla de Filipe de Évreux e Xoana II de Navarra;

Xoana de Navarra, filla de Carlos II de Navarra e Xoana de Valois (1370-1437), duquesa consorte de Bretaña, e despois raíña consorte de Ingleterra polo seu matrimonio con Henrique IV de Inglaterra;

Xoana de Navarra (1383-1413), filla lexítima do rei Carlos III de Navarra e Leonor de Trastámara.

Xoana de Albret (1528-1572), raíña de Navarra e filla de Henrique II de Navarra.

Xoana I de Castela, raíña de Navarra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.