Xoán Rof Carballo

Xoán Rof Carballo, nado en Lugo o 10 de xuño de 1905 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1994, foi un médico galego e un dos principais ensaístas da editorial Galaxia durante as décadas de 1950 e 1960, participando nalgunhas publicacións conxuntas realizadas por Galaxia como 7 ensayos sobre Rosalía.

Xoán Rof Carballo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Juan Rof Carballo
Retrato de Xoán Rof por Josep Pla-Narbona.
Nacemento11 de xuño de 1905
 Lugo
Falecemento12 de outubro de 1994
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e escritor
PaiJuan Rof Codina
XénerosEnsaio
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Fillo do veterinario Juan Rof Codina, mudouse coa súa familia á Coruña xa de novo. Licenciado en Medicina, cursou estudos en Compostela, Barcelona e Madrid. En 1932 prosegue a súa formación en Viena, e tras uns estudios en Colonia regresa a Madrid en 1933 para doutorarse xunto a Carlos Jiménez Díaz. O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Berlín, e non regresou a España ata o final da contenda, traballando nese período en Viena, Copenhague e París. Traballa con Jiménez Díaz ata 1948. En 1949 publica Patología Psicosomática, e a partir de 1950 comeza a colaborar con Gregorio Marañón, que o definiu como un "francotirador do espírito".

Pensamento

O seu maior legado consiste nunha nova concepción das relacións entre médico e paciente, achegando novos métodos -máis próximos á psicoloxía que á medicina en si- no trato ós enfermos, o que o levou a ser considerado non exactamente como un doutor, senón como un "curador", como o definía Domingo García-Sabell. A súa obra é obxecto de diversos estudos.

Obras

Entre os seus ensaios destacan títulos como Entre el silencio y la palabra (1957), Violencia y ternura (1967), Signos en el horizonte (1972) ou Los duendes del Prado (1990).

En 1957 publicou Mito e realidade da Terra Nai. Tamén colaborou activamente na revista Grial, con numerosos artigos.

Recoñecementos

Malia o respecto que lle mostraban os seus contemporáneos intelectuais -como José Ortega y Gasset, que cualificou a súa obra de "volumen catedralicio"[Cómpre referencia]-, tan só nos últimos anos da súa vida comezou a recibir recoñecemento, ó ser nomeado membro da Real Academia de Medicina e da Real Academia Española.

Véxase tamén

Biografía

Ligazóns externas

10 de xuño

O 10 de xuño é o 161º día do ano do calendario gregoriano e o 162º nos anos bisestos. Quedan 204 días para finalizar o ano.

11 de outubro

O 11 de outubro é o 284º día do ano do calendario gregoriano (285º nos anos bisestos). Quedan 81 días para finalizar o ano.

7 ensayos sobre Rosalía

7 ensayos sobre Rosalía é unha obra de carácter ensaístico da vida, obra e temática de Rosalía de Castro. Está escrita en galego, castelán e portugués.

Foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1952, dous anos despois da creación da editora. A publicación desta obra supón unha tentativa de Galaxia de ofrecer un xuízo crítico e destacar a figura de Rosalía -voz lírica de Galicia por excelencia– por parte dos homes que formaron parte e colaboraron nesta editorial, grandes escritores e ensaístas, e de axentes portugueses, como o caso de Teixeira de Pascoaes.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.