Xoán Montes

Xoán Hermenegildo Montes Capón, coñecido simplemente como Xoán Montes nado en Lugo o 13 de abril de 1840 e finado o 24 de xuño de 1899, foi un compositor, organista e director de música galego, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro.

Xoán Montes foi o primeiro director da Banda Municipal de Lugo en 1876 e fundou o Orfeón Lucense en 1879.[1][2]

Xoán Montes
Xoán Montes Capón
Nome completoXoán Montes Capón
Nacemento13 de abril de 1840
 Lugo
Falecemento24 de xuño de 1899
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de orquestra, compositor, pianista e organista

Traxectoria

Lugo 05-13b Praza Santo Domingo
Placa na praza de Santo Domingo, onde estaba a casa na que viviu e morreu.

Se ben a familia de Xoán Montes procedía de San Fiz de Paz (Outeiro de Rei),[1] o compositor naceu na Praza de Santo Domingo da cidade de Lugo o 13 de abril de 1840 sendo o terceiro dos catro fillos de María Juana Capón López e Félix José de Montes y Galloso, un empregado administrativo no Concello de Lugo.[a][3][4] Bautizado co nome Juan Hermenegildo o mesmo día do seu nacemento, logo de sair do Seminario empregou tan so o primeiro dos dous nomes.[3] O 1 de marzo de 1850, pouco antes de que cumprira dez anos morreu seu pai, e aos poucos meses, en setembro dese mesmo ano ingresou no Seminario Seminario Conciliar de Lugo, onde estuda a carreira sacerdotal (Latinidade e Humanidade, Filosofía e Teoloxía, obtendo as máximas cualificacións), compaxinando os seus estudos con clases de música na cátedra de solfexo coa que contaba o Seminario.[5][6] Foi un músico eminentemente autodidacta, xa desde a adolescencia, cando a supresión no Seminario da cátedra de solfexo o obriga a realizar pola súa conta os estudos de música, que simultanea cos relixiosos co consentimento dos seus profesores.[7][8] O vicerreitor encoméndalle a creación dun coro de seminaristas, e empeza a compoñer as súas primeiras pezas: glosas, pregarias, himnos, motetes; entre eles Las siete palabras de Cristo en la Cruz, da que posteriormente (1889) fará un preludio instrumental.

Oposita á praza de organista da Catedral de Mondoñedo (1862), aínda que, ao non ter a idade requirida, só pode concursar a merito, isto é, sen dereito a praza.

Remata os estudos eclesiásticos no 1863 e renuncia á vida espiritual para dedicarse enteiramente á música, como pianista, compositor ou director, sendo con certeza un caso único en toda a historia da música galega, tanto pola cantidade como pola cualidade e variedade dos seus traballos.

Foi mestre de capela interino e organista da Catedral de Lugo, director da Escola de Música do concello, e, tras reorganizala, da banda municipal da cidade, coa que deu infinidade de concertos, divulgando a música sinfónica, a de cámara e a coral.

Lugo, IES Xoán Montes
IES Xoán Montes de Lugo.

Fundou en 1879 o ''Orfeón Lucense'', posteriormente chamado Orfeón Galego, co que acadou grandes éxitos dentro e fóra de Galiza interpretando obras compostas por el mesmo sobre textos de poetas galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal, e que dirixiu até a súa morte.

En 1886 foille concedida a condecoración de Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica, distinción que recusou con humildade. No final da súa vida aínda levou a termo a organización por encomenda do bispo da Schola Cantorum do Seminario.

Faleceu na cidade de Lugo dunha hemorraxia cerebral na madrugada do 24 de xuño de 1899.[9]

Obra

Entre os títulos máis importantes da súa vastísima obra religiosa pódese destacar: Oficio de Defuntos, Te Deum (para catro voces e orquestra), Misa de réquiem (a tres voces e orquestra ou órgano) ou Ofertorio-marcha sobre o himno 'Ave Maris Stella', así como varias misas, pregarias, gozos, xaculatorias, invitatorios, himnos e motetes.

Entre as obras profanas merecen especial mención as seis Baladas Galegas (“As lixeiras anduriñas”, “Doce sono” e “Negra sombra”, sobre textos de Rosalía de Castro, “Lonxe da terriña” e “O pensar do labrego” con letra de Aureliano J. Pereira e “Unha noite na eira do trigo” sobre o poema de Curros Enríquez) para canto e piano.

Por outro lado, Montes compuxo tamén unha Alborada galega para banda, Himnos a Calderón de la Barca e a Gutenberg, Serenata (a catro voces), O bico e Rapaciña se quixeres (muiñeiras para orfeón), Pasodobre de trompetas (para banda e orquestra), un arranxo para sexteto da Alborada, Habanera (para piano a seis mans) e o pasodobre Aires populares de Galicia, entre moitas outras pezas.

Notas

  1. Os seus irmáns maiores chamábanse José (1833-1874) e Rosalía (1835-1869), mentres que a súa irmá pequena chamábase Juana (1844-1913).[3]
Referencias
  1. 1,0 1,1 Queija, Yolanda (10 de abril de 2014). "Juan Montes, el músico que da nombre al conservatorio lucense". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2019.
  2. Calvo Rodríguez, Uxía; López Fojón, Ismael. "Barrio do romanticismo. Capela do Cementerio de San Amaro de A Coruña. Montes Capón, Xoán (Lugo 1840-1899)". laciudadgallegadelosmusicos.com. Consultado o 11 de xullo de 2019.
  3. 3,0 3,1 3,2 López Calo 1999, p. 103.
  4. "O busto de Xoán Montes, o gran músico de Lugo, pasa á Praza Maior". lugoxornal.gal. 29 de xaneiro de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019.
  5. López Calo 1999, p. 103-104.
  6. Barros Guede, José (11 de abril de 2008). "Juan Montes, genial compositor y director de coros, bandas y orfeones gallegos". La Opinión (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2019.
  7. "DOCUMENTACIÓN. El compositor de «Negra Sombra»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de marzo de 2003. Consultado o 14 de xullo de 2019.
  8. Corbelle, Sabela (29 de outubro de 2017). "'Negra sombra', 125 años que no son nada". El Progreso (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2019.
  9. López Calo 1999, p. 116.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cañada, Silverio (ed.) Gran Enciclopedia Galega.
  • López Calo, Xosé (1999). "Juan Montes. El hombre, el músico". Cuadernos de Música Iberoamericana (en castelán) 7: 103–151.
  • Diccionario de la música española e hispanoamericana. Sociedad cultural de autores y editores.
  • Varela de Vega, Juan Bautista. Cinco séculos de música na Catedral de Lugo.

Ligazóns externas

13 de abril

O 13 de abril é o 103º día do ano do calendario gregoriano e o 104º nos anos bisestos. Quedan 262 días para finalizar o ano.

24 de xuño

O 24 de xuño é o 175º día do ano do calendario gregoriano e o 176º nos anos bisestos. Quedan 190 días para finalizar o ano.

Banda Municipal de Lugo

A Banda Municipal de Lugo é unha banda de música da cidade de Lugo.

Enrique Alvarellos

Non confundir con Henrique Alvarellos, o seu filloEnrique Antonio Alvarellos Iglesias, coñecido como Enrique Alvarellos, nado na Coruña o 30 de abril de 1931 e finado en Lugo o 2 de xuño de 2004, foi un músico, escritor e editor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Castiñeira Pardo

José Castiñeira Pardo, nacido en San Cibrao de Aspai (Outeiro de Rei) o 23 de febreiro de 1928 e falecido en Lugo o 31 de outubro de 1989, foi un sacerdote e compositor de música galego, refundador do Orfeón Lucense que un século antes creara Xoán Montes.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Montes

O topónimo Montes pode referirse a:

En Galicia

Montes, parroquia do concello de Campo Lameiro;

Montes, parroquia do concello de Cualedro;

Montes, lugar da parroquia de Vista Alegre, no concello de Santiago de Compostela;

Montes, lugar da parroquia de Licín, no concello do Saviñao;

Os Montes, lugar da parroquia de Cortapezas, no concello de Portomarín;

Os Montes, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de San Amaro;

Montes Claros, lugar da parroquia de Vilaño, no concello da Laracha;

Os Montes Outeiros, lugar da parroquia de Corvillón, no concello de Cambados;

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra;

Fornelos de Montes, concello da provincia de Pontevedra;

Fornelos de Montes, parroquia de dito concello;

A Madanela de Montes, parroquia do concello de Forcarei;

Parada dos Montes, parroquia do concello da Pobra do Brollón;

Parada dos Montes, lugar de dita parroquia;

Pereira de Montes, parroquia do concello da Merca;

Sabucedo de Montes, parroquia do concello de Cartelle;

A Casa dos Montes, lugar da parroquia da Granxa, no concello de Oímbra;

Forxás de Montes, lugar da parroquia de Seoane, no concello de Allariz;

Forxás de Montes, lugar da parroquia de Corvillón, no concello da Merca;

Horta de Montes, lugar da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso;

Santa Baia de Montes, lugar da parroquia de Montes, no concello de Cualedro;

Soutelo de Montes, lugar da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei;

Vilar de Montes, lugar da parroquia de Vilanova, no concello de Lalín.En PortugalMontes, freguesía do concello de Alcobaça.

Montes da Senhora, freguesía do concello de Proença-a-Nova.En VenezuelaMontes, municipio.Amais, como apelido pode referirse a:

Xoán Montes, compositor galego (1840-1899);Eugenio Montes, político e escritor galego (1900-1982);

Ramón Montes de Oca, músico e compositor mexicano (1953-2006);

Amparo Montes, cantante mexicana (1925-2002);

Andrés Montes, locutor deportivo español (1956-2009).

Negra sombra

"Negra sombra" é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro publicado no seu libro Follas novas de 1880.

Orfeón Lucense

O Orfeón Lucense é unha agrupación coral afeccionada e sen ánimo de lucro fundada en 1982 na cidade de Lugo polo sacerdote e compositor Xosé Castiñeira Pardo, mestre de capela da Catedral lucense. Desde 2009, o seu director é Xesús Mato.

O Orfeón Lucense ten como antecedente a agrupación do mesmo nome fundada en 1879 polo ilustre compositor Xoán Montes, que a dirixiu até a súa morte (1899). A súa entidade de coro titular da Catedral explica o peso da música sacra no repertorio da agrupación, sen por iso desatender a música profana e en especial a música coral galega, manténdose así a fidelidade aos principios fundacionais recollidos nos primeiros estatutos da autodefinida como Sociedade Artístico-Musical Orfeón Lucense, que datan de 1984, e en cuxo artigo segundo se enumeran como Fins da Asociación os seguintes:

Proxectar e organizar todo tipo de actividades culturais que poidan contribuír á formación artístico-musical dos seus asociados.

Promover o estudo e coñecemento da música antiga e moderna mediante conferencias, audicións, vídeos, cursiños, excursións etc.

Axudar e fomentar, con todos os medios ao seu alcance, o coñecemento e procura da nosa música popular, cunha especial referencia á galega e á da nosa provincia en particular.

Creación e formación dun Grupo Coral que de modo práctico dea a coñecer as obras musicais dos grandes autores do pasado e modernos.

Traballar en orde á creación dun Fondo económico que poida axudar á celebración de concertos, concursos e promoción de persoas musicalmente dotadas e vocacionadas.

Praza Maior de Lugo

A Praza Maior de Lugo é o centro vital da cidade de Lugo, e o principal lugar de encontro dos lucenses, é ademais a praza máis grande do centro histórico da cidade. Luís Pimentel chamouna "sala de visitas da miña vila". Nela pódese atopar a Casa do Concello, as estatuas adicadas aos fundadores da cidade, un pequeno paseo con placas e bustos adicados aos principais escritores do país, o "quiosco da música" e o edificio do Círculo das Artes.

Rosalía de Castro

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Sabela Rodríguez Oxea

Sabela Rodríguez Oxea, nada en Monforte de Lemos en 1958 e finada en Lugo en outubro de 2012, foi unha escritora e profesora galega.

Salvador Golpe

Salvador Golpe Varela, nado en Oza (Oza-Cesuras) o 27 de xullo de 1850 e finado na Coruña o 23 de xuño de 1909, foi un intelectual, xornalista, ensaísta, poeta e político galego. A corrente ideolóxica do rexionalismo galego, movemento galeguista acontecido durante as primeiras décadas do século XX que derivará no nacionalismo, está presente tanto na súa actividade política e cultural como na súa produción literaria.

Xesús Rodríguez López

Xesús Rodríguez López, nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Foi escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita, novela, teatro e poesía, acometeu tamén o ensaio.

Xosé López Orozco

Xosé Clemente López Orozco, nado en Fazouro (Foz) o 15 de setembro de 1947, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Xosé Miranda

Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.