Xoán Ignacio Taibo

Xoán Ignacio Taibo Arias, nado en Madrid o 31 de marzo de 1949, é un escritor e sociólogo galego.

Xoán Ignacio Taibo
Nacho Taibo (AELG)-1
Nacemento31 de marzo de 1949 (70 anos)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa

Traxectoria

Nado na emigración madrileña de pais galegos, tomou contacto coa cultura galega en Madrid e en 1976 estableceuse en Galicia, en 1975 publicou a súa primeira obra literaria, Os inmortais, unha recolleita de tres relatos.

Catedrático de Lingua e Literatura Galega, colabora en diversas publicacións periódicas de Galicia.

É irmán de Carlos Taibo.[1]

Obra en galego

Narrativa

  • Os inmortais, 1975, Editorial Castrelos.
  • O fotógrafo, 1977, Limbo.
  • Homes de ningures, 1978, Edicións do Rueiro.
  • Calendario de brétemas mañanceiras na miña praia atlántica, 1981, Akal.
  • A semancia, 1981, Xerais.
  • Doncos, o pacífico, 1987, Sotelo Blanco.
  • Informe bestiario, 1991, Laiovento.
  • A ponliña irlandesa, 1997, Edicións do Castro.
  • Por tras dos meus ollos, 1999, Sotelo Blanco.
  • Salvador de Occidente, 2000, Ir Indo.
  • Flor do grelo, 2008, Laiovento.
  • As boas familias, 2014, Toxosoutos.
  • Os tres de nunca, 2016, Xerais.

Obras colectivas

Obra en castelán

Tradución

Premios

  • Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo do 1975, por A enquisa.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1976, por O leito (esbozo para unha historia que nunca existiu).
  • Premio da Crítica Española do 1978, por Homes de ningures.
  • Premio Mesón do Labrego da Editorial Limbo no 1978, por O fotógrafo.
  • Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo do 1979, por Pacífico Sul.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1979, por Saga dos mil e un mortos.
  • Gañador do primeiro Premio Carvalho Calero do Concello de Ferrol no 1990, por Informe bestiario.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1990, por Libélulo cabálulo do demo.
  • Segundo premio do Premio Modesto R. Figueiredo do 1994, por Don Ninguén.
  • Finalista do premio Eixo Atlântico no 1998, por Por tras dos meus ollos.

Notas

  1. "Carlos Taibo, especialista em geo-política, escritor e novo sócio da AGAL". www.a.gal. Consultado o 15 de abril de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

31 de marzo

O 31 de marzo é o 90º día do ano do calendario gregoriano e o 91º nos anos bisestos. Quedan 275 días para finalizar o ano.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Carlos Taibo

Carlos Taibo Arias, nado en Madrid o 12 de maio de 1956, é un politicólogo galego.

Colección Arealonga

Arealonga é unha colección de obras clásicas e contemporáneas da literatura galega enfocada a todos os públicos e dirixida pola Ediciones Akal, constituíndo así unha das corenta coleccións que a forman. Naceu en 1973 e trátase dun referente na edición de literatura galega, con obras de autores como Castelao, Cabanillas ou Rosalía de Castro. A colección segue a liña de compromiso social marcada pola editorial Akal.

A colección, así como Arealonguiña, foi dirixida desde o seu inicio por Xesús Alonso Montero, ambas amosan a ideoloxía progresista deste e céntranse nos problemas galegos.

Desde a súa creación na década dos 70 até os 90, Arealonga ten publicado máis de 60 títulos en galego, formando así un completo catálogo tanto de prosa como de poesía.

Escrita (revista)

Escrita é unha revista publicada pola AELG. A súa publicación comezou no ano 1983 e finalizou en 1985. Non obstante, no ano 2005, retomouse a súa publicación baixo o nome de Escrita Contemporánea, a cal segue vixente. Foi redactada enteiramente en galego por numerosos escritores, entre os que destacan algúns nomes como os de Otero Pedrayo, Manuel Lourenzo ou Ricardo Carballo Calero.

Os exemplares da revista podíanse adquirir individualmente por 175 pesetas os dous primeiros números e 200 os seguintes. Tamén estaba a disposición do lector unha subscrición anual a cambio de 700 pesetas nos dous primeiros números e de 800 pesetas nos restantes. Actualmente están dispoñibles en formato dixital na páxina web da AELG ou en formato físico na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Ignacio

Ignacio (pronuncia: iɡˈnaθjo̝, iˈnaθjo̝ ou iˈnasjo̝) é un antropónimo de varón en lingua galega. O seu feminino é Ignacia. Existen varias hipóteses sobre a súa orixe etimolóxica, existindo concordancia en que era un nome existente xa no século I en Antioquía. En galego non se adoita pronunciar o g, respectado por etimoloxía, por este mesmo motivo en portugués adóitase grafar de Inácio. Con todo, non foi un nome común en Galiza; de feito ningunha parroquia ten a Santo Ignacio coma padroeiro.

Mancomún (revista)

A revista Mancomún foi unha publicación mensual galega que comezou a editarse por Edicións do Rueiro en maio de 1980 e continuou publicándose ate o mesmo mes do ano seguinte. A impresión levouse a cabo pola Editorial Vizcaina en Euskadi por falta de medios económicos en Galiza. Xuntouse co semanario A Nosa Terra. Deixouse de publicar por cuestións económicas.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Os inmortais

Os inmortais é un libro de relatos de Xoán Ignacio Taibo, publicado en 1975 no número 45 da colección "O Moucho" da editorial Castrelos.

Os relatos baséanse na materia artúrica seguindo a tradición de Álvaro Cunqueiro e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Premio Carvalho Calero

Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, quen foi un filólogo e escritor español, mestre de varias xeracións.

O seu primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.

Premio Modesto R. Figueiredo

O Premio Modesto R. Figueiredo é o nome que recibe o Certame Nacional de Narracións Breves convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega dun máximo de trinta páxinas, na actualidade o premio está dotado con 1.000 euros, podendo concederse dous accésits de 240 euros.

Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.

O Premio é un dos máis importantes do panorama literario galego que nas dúas primeiras edicións da convocatoria (1975 - 1976) premiou a destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán.

Posteriormente serviu para dar a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.

Premio da Crítica de narrativa galega

O Premio da Crítica de narrativa galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora a que se considera mellor obra en prosa escrita en galego, publicada no ano anterior (a partir de 1978 os premios adxudícanse sempre ao ano seguinte da publicación dos libros).

Xoán (nome)

Xoán, ou a variante Xan, (feminino Xoana) é un nome de pía masculino en galego. Vén do hebraico יוחנן (Yôḥānnān), que quere dicir 'O fidel a Deus'. Do hebraico orixinario pasou a outras linguas. Ιωάννης (Ioannis) é a versión de Yôḥānnān que pasou ao grego. De aí evoluíu até chegar ao galego-portugués: Iohanne > Johan e de aí ao galego moderno Xoham > Xoán, de feminino: Xoana. Xan era un diminutivo común en Galiza hai pouco tempo como demostra a toponimia e a lingua oral: ser un Xan, Xan de Outeiro.

O patronímico de Xoán ou Iohan deu en Galiza Iohannis: 1177:Pedro Iohannis, usado como xenitivo, formaranse despois varios resultados diferentes: Anes (1262: Pedre Anes; 1454: Maria Anes,) Eans, Eanes, Enes, Ennes, Ianes, Yanes (1385: Afonso Yanes Traveso; 1273: Eldora Yanes, que en 1276 aparece como Eldora Eanes; 1275: Laurenço Ianes d'Ourense; 1396: Eynes Ianes), Oanes (1082: Tota Joanis; 1272: Migael Joanes; 1279: Gonzaluo Oanes).

Hoxe é común o castelanizado: Yáñez ('fillo de Xoán o Iohan'). En inglés é Johnson ('fillo de John') e Evanson ou Evans ('fillo de Ewan').

Un nome equivalente a Xoán é Iván, que vén da versión rusa do nome, e que transliterado conserva maior semellanza coa grafía antiga.

Ólisbos

Ólisbos, subtitulada os amantes da palabra, é unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1986 e 1997. Consta de 19 números nos que diversos autores escribiron dende poesía e prosa até ensaio e artigos divulgativos. Contou cun gran número de editores e colaboradores, e cada número trata dun tema concreto, que se desenvolve en todos os textos do mesmo. O seu foco temático é a cultura e a literatura, sempre dende unha perspectiva galega.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.