Xoán II de Aragón

Xoán II de Aragón, o Grande, nado en Medina del Campo, Castela o 29 de xuño de 1398 e finado en Barcelona o 20 de xaneiro de 1479, foi duque de Peñafiel, rei de Navarra (1425 - 1479) e rei de Aragón, de Mallorca, de Valencia, de Sardeña e de Sicilia (1458 - 1479), fillo de Fernando I de Antequera e de Leonor Urraca de Castela, condes de Alburquerque. Xoán II foi un dos monarcas máis lonxevos do século XV.

Xoán II de Aragón
Rei de Aragón e Navarra
Chuan II d'Aragón
Retrato do Rei Xoán II de Aragón, 1854
Rei de Navarra
(xunto a Branca I ata 1441)
Royal Coat of Arms of Navarre (1425-1479).svg
1425 - 1479
PredecesorCarlos III
SucesorLeonor I
Rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sardeña, Córsega e Sicilia
Arms Aragon-Sicily (Template).svg
1458 - 1479
PredecesorAfonso V
SucesorFernando II

Nacemento29 de xuño de 1398
Medina del Campo, Castela
Falecemento20 de xaneiro de 1479 (80 anos)
Barcelona
ConsorteBranca de Navarra
Xoana Enríquez
Descendenciavéxase Descendencia
Casa realCasa de Aragón[1]-Casa de Trastámara
ProxenitoresFernando I de Antequera
Leonor Urraca de Castela

Lugartenente de Sardeña e Sicilia

De 1415 a 1416 representou ao seu pai no goberno de Sicilia e Sardeña como lugartenente xeneral. De regreso a España axudou ao seu irmán maior, Afonso V o Magnánimo, nos problemas habidos en Castela con Álvaro de Luna, valido do seu primo o rei castelán Xoán II.

Matrimonio con Branca de Navarra

En 1419 contraeu matrimonio con Branca, filla do rei navarro Carlos III o Nobre, e viúva de Martín o Mozo.

Á morte de Carlos III en 1425, a súa filla Branca e o infante Xoán foron proclamados conxuntamente reis de Navarra. Nese mesmo ano, o día 29 de novembro foi investido conde de Ribagorza en Valencia.[2]

No verán de 1429, para favorecer os intereses dos seus irmáns os Infantes de Aragón, Xoán invadiu Castela polo val do Henares. Cando ía suscitar batalla preto de Jadraque, a intervención da súa irmá María, esposa de Xoán II de Castela, determinou o fin da expedición e, a longo prazo, a perda daquela guerra ao ano seguinte.

Xoán viviu alleo aos asuntos de Navarra, gobernada pola súa esposa, e mantívose entregado plenamente aos asuntos aragoneses e aos seus intereses en Castela. Así, e para axudar ao seu irmán o rei de Aragón, Afonso V, participou na fracasada campaña pola conquista de Nápoles en 1435. Aquela expedición deu pé a unha obra satírica do marqués de Santillana, La comedieta de Ponza.

Anos despois, enfrontado de novo co seu primo e cuñado o rei Xoán II e co seu valido don Álvaro de Luna, entrou en guerra contra Castela. Tomou Atienza e Torija, pero foi derrotado en 1445 na batalla de Olmedo, coa que se puxo fin ao influxo aragonés nos asuntos casteláns.

Matrimonio con Xoana Enríquez

Á morte de Branca de Navarra en 1441, Xoán casou en segundas nupcias (1445) con Xoana Enríquez, filla de Fadrique Enríquez, Almirante de Castela, e rival político de Álvaro de Luna. A súbita irrupción política de Xoán en Navarra motivou o enfrontamento entre o rei e o seu fillo primoxénito Carlos de Viana, froito do seu matrimonio coa falecida raíña Branca. En efecto, Xoán aproveitouse do testamento da súa esposa polo que o seu fillo, que como príncipe de Viana era o lexítimo herdeiro, non debía asumir o título real sen o seu consentimento, asumindo só a lugartenencia do Reino.[3] Isto provocou un forte descontento en Navarra, que levou á guerra civil en 1451.

Guerra Civil de Navarra

Artigo principal: Guerra civil de Navarra.

O descontento de Carlos de Viana e as cada vez máis graves diferenzas co seu pai, desembocaron nunha guerra civil entre os beamonteses, partidarios de Carlos, e os agramonteses, defensores da causa de Xoán. Ambos se enfrontaron o 23 de outubro de 1451 na batalla de Aibar, onde Carlos foi derrotado e feito prisioneiro xunto ao seu condestable Luís de Beaumont. Xoana Enríquez, en avanzado estado de xestación, abandonou Estella e trasladouse a Sos (Aragón), onde deu a luz ao seu fillo Fernando. Decidida a que o seu fillo fose o futuro rei de Aragón, mostrou toda a súa aversión cara a Carlos, que foi declarado polo seu pai, xunto á súa irmá Branca, como "inhábiles e indignos da sucesión (...)" para ostentar o goberno. O príncipe de Viana, unha vez liberado trala Concordia de Valladolid, e a petición das Cortes de Lleida, marchou a Nápoles en busca da protección do seu tío Afonso V, que obrigou ao seu irmán a anular o desherdamento.

Goberno en Aragón

En 1454, Xoán II, foi nomeado polo seu irmán Afonso V lugartenente de Aragón e Cataluña, mentres este gobernaba o reino desde o sur de Italia e Sicilia. En Cataluña, en concreto, o novo lugartenente mostrouse partidario de apoiar aos grupos menos favorecidos, os campesiños e os menestreis, dado que estes sectores da poboación compartían inimigos coa súa autoridade: os nobres laicos e eclesiásticos e os altos oligarcas urbanos que controlaban as institucións e discutían o poder real.[4]

Catro anos máis tarde produciuse a morte de Afonso, quen carecía de herdeiros directos e Xoán sucedeulle no trono de Aragón, aínda que se viu obrigado a entregar ao seu fillo Carlos o goberno de Cataluña. O 25 de xullo de 1458 outorgou ao seu fillo Fernando o título de duque de Montblanc e de conde de Ribagorza co señorío da cidade de Balaguer.[5]

En 1460, Carlos de Viana é arrestado por orde do seu pai, o cal foi aproveitado polos sectores contrarios ao poder real para iniciar un conflito civil en terras catalás. A Biga, as oligarquías urbanas, a nobreza e unha gran parte da xerarquía eclesiástica catalá alzáronse contra o monarca.[6] As Cortes, reunidas en Lleida en 1460, pediron a Xoán II que liberase ao seu fillo e obrigáronlle a acatar en 1461 a Capitulación de Villafranca do Penedés, onde se lle prohibiu entrar en Cataluña sen permiso das institucións locais e limitábase notablemente a súa autoridade real (a xefatura administrativa e o poder executivo -en ausencia do soberano- quedarían en mans de Carlos de Viana, aínda que na práctica quen gobernaría sería a Xeneralidade). En 1461, o monarca recoñece abertamente a lexitimidade do seu primoxénito, pero dunha forma ambigua que se presta a posibles revogacións.[7]

Carlos morre o 23 de setembro de 1461 a consecuencia dunha enfermidade pulmonar (ou envelenamento, como se chegou a especular, sinalando á súa madrastra Xoana Enríquez). Trala súa morte, a situación mantívose, con Xoán II afastado, a autoridade teórica residindo no novo herdeiro á coroa, Fernando, e a Deputación do Xeneral do Reino de Aragón gobernando. Pero a entrada do rei en Cataluña, incumprindo o pactado en Villafranca do Penedés desencadeou a guerra civil catalá, que coincidiu coa revolta do campesiñado, iniciada en febreiro de 1462 (coñecida como a revolta dos pagesos de remensa). O rei logrou manter a fidelidade de Aragón, Valencia e Sicilia fronte á revolta de Cataluña, onde se lle considerou desposuído da Coroa. En Cataluña, o bando realista estaba integrado principalmente polos campesiños, algúns mercadores e o pobo miúdo urbano (a Busca).

A comezos de 1462, o conde Gastón IV de Foix, xenro do rei aragonés, manobrou o achegamento entre o seu sogro e o rei Luís XI de Francia. A voda de Gastón de Foix, fillo do conde, con Magdalena de Francia, irmá do rei francés, posibilitaría a Luís XI someter ao futuro rei de Navarra ao vasalaxe do francés.[8] Neste sentido, o tratado de Olite de abril, garantiu o recoñecemento de Xoán II como rei de Navarra e de Gastón IV como o seu sucesor. A comezos de maio, os reis de Aragón e Francia entrevistáronse Sauveterre do que resultou o tratado de Baiona, polo que o rei Luís XI mandaría a Gastón IV á fronte dun exército francés para esmagar a sublevación en Cataluña, e Xoán II tivo que hipotecar Rosellón e Cerdaña como pago da débeda de 200.000 escudos para financiar o exército francés.[9][10] O Rosellón e Sardeña serían devoltos á Coroa de Aragón polo Tratado de Barcelona (1493).

O exército da Xeneralidade de Cataluña, baixo o mando de Roger Pallarés, sitiou a Xoana e ao seu fillo na súa fortaleza de Xirona. Pero a raíña soubo defenderse, durante catro meses, ata que chegaron as tropas do rei que, apoiadas por tropas francesas, obrigaron a levantar o cerco. Durante esta longa guerra os cataláns ofrecéronse a quen mellor axuda quixese ofrecerlles. O seu sobriño Henrique IV de Castela foi nomeado conde de Barcelona, pero a intervención diplomática do rei francés -que quería asegurar a vitoria realista para obter o pago á súa axuda- e a formación en Castela da Liga nobiliaria, apoiada por Xoán II de Aragón, para apartar a influencia de Beltrán de la Cueva, forzáronlle a abandonar Cataluña.[6] A mesma oferta recibiu o condestable Pedro de Portugal en 1463, pero dous anos despois este morrería a consecuencia das feridas sufridas na batalla que o infante Fernando, de trece anos, lle gañou en Calaf. Posteriormente, os cataláns repetirían a oferta a Renato de Anjou, en 1466.

Xoán II continuou o seu acoso, cego e con setenta anos, axudado polo seu fillo e en 1472 conseguiu entrar en Barcelona, obrigando aos rebeldes a renderlle obediencia. Por razóns de Estado, mostrouse clemente cos vencidos, renunciou á vinganza e concedeu o perdón. En outubro dese mesmo ano a guerra acababa coa Capitulación de Pedralbes (1472). A súa última acción militar foi o intento errado de recuperar o Rosellón e a Sardeña, territorios dos que se apoderou Luís XI durante a guerra de Cataluña a cambio do seu apoio no conflito.

En 1469, Xoán II concertou o matrimonio, celebrado ese mesmo ano en Valladolid, do seu fillo e herdeiro Fernando coa súa sobriña Isabel de Castela, (filla de Xoán II, o seu primo irmán), herdeira, pola súa banda, do trono de Castela. Dada a proximidade de parentesco entre os contraentes, tívose que empregar unha bula papal que máis tarde se comprobou falsa, aínda que logo o casamento foi ratificado e non houbo ningunha consecuencia.

A súa filla Leonor, filla do seu primeiro matrimonio, herdou o reino de Navarra e Fernando, fillo da súa segunda unión, que xa era rei consorte de Castilla polo seu matrimonio con Isabel, herdou o reino de Aragón e os condados cataláns.

Morreu por causas naturais en Barcelona o 19 de xaneiro de 1479, aos 80 anos e 7 meses de idade, sendo enterrado no Mosteiro de Poblet.

Descendencia

Do seu primeiro matrimonio con Branca de Navarra:

Do seu segundo matrimonio con Xoana Enríquez:

Habidos fóra de matrimonio:

  • Xoán (1439/40-1475), arcebispo de Zaragoza (14581475).
  • Alfonso (1417-1495), fillo da súa relación con Leonor de Escobar, maestre da Orde de Calatrava a quen o seu pai outorgou o ducado de Villahermosa.[11]
  • Leonor de Aragón, tida en Catalina Álvarez e muller de Luís de Beaumont, II conde de Lerín.[12]
  • María (1455-?).
Predecesor:
Carlos III
Escudo de reino de Navarra (esferillas).svg
Rei de Navarra
(Xunto a Branca I ata 1441)

1425 - 1479
Sucesor:
Leonor I
Predecesor:
Afonso V
Aragon arms.svg
Rei de Aragón e Valencia
Conde de Barcelona

1458 - 1479
Sucesor:
Fernando II
Predecesor:
Afonso V
Conde de Ribagorza
1422 - 1458
Sucesor:
Fernando II

Notas

  1. En palabras de José Ángel Sesma:
    El breve reinado de Fernando I no supuso de ninguna manera una nueva etapa para la Corona, ni siquiera se puede hablar de un cambio de dinastía. La Casa Real de Aragón seguirá en el trono, al menos durante el siglo XV.
    J. A. Sesma Muñoz, El Interregno (1410-1412). Concordia y compromiso político en la Corona de Aragón,Zaragoza, Institución «Fernando el Católico» (CSIC), 2011, pág. 224. ISBN 978-84-9911-143-8
  2. Iglesias Costa, Manuel (2001). Instituto de Estudios Altoaragoneses, ed. "Historia del condado de Ribagorza" (PDF). Huesca. p. 273. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de novembro de 2011. Pero en Aragón el asunto no llegó a consecuencias tan fatales y tres años después, el 29 de noviembre de 1425, el infante don Juan era investido conde de Ribagorza en la ciudad de Valencia, tal como don Pedro lo había recibido de su padre, el rey Jaime II, en 1322.
  3. [1]
  4. MARTIN, José Luis: Enrique IV de Castilla: Rey de Castilla, Príncipe de Cataluña, Hondarribia, 2003, 1a edición, ISBN 84-89569-82-7, pag. 114)
  5. Iglesias Costa, Manuel (2001). Instituto de Estudios Altoaragoneses, ed. "Historia del condado de Ribagorza" (PDF). Huesca. p. 274. ISBN 84-8127-121-7. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de novembro de 2011. Ello hizo primero que el rey Juan II se negara a reconocer a su hijo Carlos, príncipe de Viana, sus derechos a la herencia y que este se levantase en armas contra su padre; y, segundo, que el rey el mismo día que juró como de costumbre los fueros y privilegios del reino de Aragón (25 de julio de 1458) en la iglesia del Salvador de Zaragoza "dio al infante Don Hernando su hijo título de duque de Montblanc y de conde de Ribagorza con el señorío de la ciudad de Balaguer"; contaba este tan solo 6 años de edad.
  6. 6,0 6,1 HERRERO NAVARRETE, Yolanda: La configuración de los reinos hispánicos (s. XIII-XV), 1a edición, ISBN 84-79822-514-0, pag. 32)
  7. FERNÁNDEZ CONDE, Francisco Javier: La España de los siglos XIII ak XV), San Sebastián, 1995, 2a edición (2004), ISBN 84-86763-55-X, pag. 134)
  8. [2]
  9. [3]
  10. [4]
  11. González-Doria, Fernando (2000). Diccionario heráldico y nobiliario de los Reinos de España, pág. 274. ISBN 84-89787-17-4
  12. Berwick y de Alba, Duquesa de. Catálogo de las collecciones expuestas en las vitrinas del Palacio de Liria, (1898) p.68 [5]:Zaragoza, 13 de agosto de 1468. Carta de Juan II de Navarra en que mandó que todos los atrasos de la pensión de cien florines vitalicios que debía cobrar Catalina Álvarez (...) «la bien amada nuestra» desde 1468 y sucesivos se diesen a doña Leonor de Aragón, la hija que tuvo de aquella señora, situándolos sobre la aljama de los judíos de Tudela.

Véxase tamén

Outros artigos

Albalate de Cinca

Albalate de Cinca é un municipio español da provincia de Huesca (Aragón), situado na comarca do Cinca Medio, e que forma parte do partido xudicial de Fraga.

Branca

Branca pódese referir a:

Cor branca;

raza branca, un tipo de raza humana;

branca, en música duración do duplo de tempo que unha negra e a metade dunha redonda.

Branca, antropónimo feminino.Como topónimo, Branca pode referirse a:

A Pena Branca, lugar da parroquia das Negradas, no concello de Guitiriz;

A Casa Branca, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Pena Branca, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón;

Uceira Branca, lugar da parroquia de Castro de Rei de Lemos, no concello de Paradela;

Folla Branca, lugar da parroquia de Ribadeume, no concello das Pontes de García Rodríguez;

Fonte Branca, lugar da parroquia de Penosiños, no concello de Ramirás;

A Virxe Branca, lugar da parroquia de Rinlo, no concello de Ribadeo;

Carreira Branca, lugar da parroquia de Vilaframil, no concello de Ribadeo;

Branca, lugar da parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira;

A Torre Branca, lugar da parroquia de Aríns, no concello de Santiago de Compostela;

A Xunca Branca, lugar da parroquia de Gondar, no concello de Sanxenxo;

A Torre Branca, lugar da parroquia de Niveiro, no concello de Val do Dubra;

Pedra Branca, lugar da parroquia de Santo André de Comesaña, no concello de Vigo;

Branca, freguesía do concello portugués de Albergaria-a-Velha;

Branca, freguesía do concello portugués de Coruche;Amais, como antropónimo pode referirse a:

Branca Garcés de Navarra, filla de García Ramírez de Navarra; casou con Sancho III de Castela "O Desexado";

Branca de Navarra, filla de Sancho VI de Navarra e de Sancha de Castela;

Branca de Castela, filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra; casou con Luís VIII de Francia;

Branca de Navarra, esposa de Filipe VI de Francia;

Branca I de Navarra, raíña de Navarra entre 1425 e 1441;

Branca II de Navarra, filla de Xoán II de Aragón e Branca I de Navarra, esposa de Henrique IV de Castela;Como apelido, pode referirse a:

Giovanni Branca, enxeñeiro e arquitecto italiano (1571 - 1645);

Wilhelm von Branca, xeólogo alemán (1844 - 1928);

Glen Branca, compositor e guitarrista estadounidense (n. 1948);

Marco Branca, futbolista italiano (n. 1965);

Branca II de Navarra

Branca de Trastámara e de Évreux, nada en Olite, Reino de Navarra, o 9 de xuño de 1424 e finada en Orthez, Bearne, Aquitania, Francia o 2 de decembro de 1464, foi infanta de Aragón e de Navarra, infanta de Castela polo seu matrimonio co infante Henrique de Castela e, finalmente, raíña titular de Navarra como Branca II (1461-1464).

Foi o terceiro descendente e segunda filla da entón infanta herdeira Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, duque de Peñafiel.

A súa irmá maior, Xoana, morreu o 22 de agosto de 1425, e o seu avó, o rei Carlos III de Navarra, o Nobre, uns días máis tarde, o 8 de setembro, o que converte a súa nai en raíña Branca I de Navarra e o seu pai en rei Xoán II (que tamén foi rei de Aragón e de Sicilia).

Branca I de Navarra

Branca I de Navarra, nada en Pamplona, Reino de Navarra en 1385, e finada en Santa María la Real de Nieva, Reino de Castela, o 3 de abril de 1441, pertencente á dinastía de Évreux, foi raíña consorte de Sicilia entre 1401 e 1409, e raíña propietaria de Navarra desde 1425 até a súa morte.

Foi a segunda filla do rei Carlos III de Navarra, chamado o Nobre, e da súa esposa Leonor de Trastámara, filla do rei Henrique II de Castela.

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Guerra civil de Navarra

A Guerra Civil de Navarra iniciouse en 1451, dez anos logo da morte da raíña Branca I de Navarra, tras usurpar a coroa o seu segundo marido Xoán II de Aragón, rei consorte, que non a cedeu ao seu fillo Carlos de Viana. Esta guerra facilitou a Conquista de Navarra polos reinos unificados de Castela e Aragón.

Henrique IV de Castela

Henrique IV, nado en Valladolid o 25 de xaneiro de 1425 e falecido en Madrid o 11 de decembro de 1474, foi rei de Castela e de León entre 1454 e 1474, coñecido vulgarmente como Henrique o Impotente.

Illa de Maians

A illa de Maians era unha illa de area situada a un centenar de metros da costa de Barcelona. Foi absorbida pola cidade con motivo da creación do primeiro porto de Barcelona, obra iniciada o 20 de setiembre de 1477 baixo o reinado do rei Xoán II de Aragón.

A absorción de Maians supuxo o nacemento do barrio da Barceloneta. O dique do leste, cimentado sobre a antiga illa, retivo as areas transportadas polo ciclo marítimo e o material depositado polo río Besòs, polo que o barrio da Barceloneta debe a súa existencia aos terreos así gañados ao mar.

O escritor Quim Monzó publicou un libro de relatos que toma o nome desta illa hoxe inexistente: L'illa de Maians (1986).

Pobo xitano

O pobo xitano, ou pobo romaní, é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Punjab. Ó redor do ano 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.

Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua Indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.

Segundo o censo do ano 2000, en Galicia había unha pequena comunidade xitana duns 9.000 individuos, en España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, vivindo principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Xoana Enríquez

Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba, nada en Medina de Rioseco en 1425 e finada en Tarragona o 13 de febreiro de 1468, foi raíña consorte de Navarra (1447 - 1468) e de Aragón (1458 - 1468), V Señora de Casarrubios del Monte, pertenceu á importante liñaxe dos Enríquez, rama ilexítima dos reis de Castela.

Xoán de Aragón (arcebispo de Zaragoza, 1458-1475)

Xoán de Aragón, nado en 1439 ou 1440 e finado en Albalate de Cinca, Huesca o 19 de novembro de 1475, foi un relixioso e militar español, que foi arcebispo de Zaragoza desde 1458 até 1475.Coñécese tamén como Xoán I de Aragón, xa que na arquidiocese zaragozana houbo outro arcebispo posterior co mesmo nome, Xoán II de Aragón, que pontificou entre Foi fillo ilexítimo de Xoán II de Aragón e duna dama da familia Avellaneda.

Xoán de Aragón (arcebispo de Zaragoza, 1520-1530)

Xoán de Aragón, nado en Zaragoza contra 1492 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1530, foi un relixioso español, que foi arcebispo de Zaragoza desde 1520 até 1530.

Coñécese tamén como Xoán II de Aragón, xa que na arquidiocese cesaragustana houbo outro arcebispo anterior co mesmo nome, Xoán I de Aragón, fillo ilexítimo de Xoán II de Aragón e duna dama da familia Avellaneda, que pontificou entre 1458 e 1475.

Outros títulos
Conde de Barcelona
(Primeiro Mandato)
1458 - 1462
Predecesor Afonso V de Aragón
Sucesor Henrique IV de Castela
Conde de Ribagorza
1425 - 1479
Predecesor Afonso V
Sucesor Fernando II de Aragón

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.