Xixón

Xixón[1][2][3] (en castelán: Gijón; en asturiano: Xixón[4]) é un concello e unha cidade do norte de España, situada a carón do mar Cantábrico, na costa do Principado de Asturias.

Cunha poboación de 277 559 habitantes en 2011 é o concello máis poboado de Asturias, por riba do da capital. A cidade está situada a 27 km de Oviedo e 25 km de Avilés, formando parte da grande área metropolitana do centro da comunidade, de 869 723 habitantes (2009).

Conta cun importante porto, El Musel, que alimenta e comunica a súa industria. É o sexto na clasificación de España e o cuarto en explotación.

Coordenadas: 43°32′0″N 5°42′0″O / 43.53333, -5.70000

Xixón
Bandera gijon
Escudo de Gijón
Montaje Gijon
Localización
Xixon Asturies map
PaísEspaña España
Comunidade autónomaAsturias Asturias
ProvinciaAsturias Asturias
Xeografía
Altitude3 msnm
Superficie181,6 km²
Demografía
Poboación275 735 hab. (INE 2014)
Densidade1 517,53 hab./km²
Xentilicioxixonés/esa
Outros datos
Código postal33201–33213
AlcaldeCarmen Moriyón Entrialgo (FAC)
www.gijon.es

Xeografía

Sito na costa central asturiana, entre 0 e 672 metros sobre o nivel do mar (Peña de los Cuatro Jueces), o concello de Xixón limita ao oeste con Carreño e Corvera de Asturias, ao leste con Villaviciosa e Sariego, e ao sur con Siero e Llanera. Está moi preto das outras dúas principais cidades asturianas, Oviedo e Avilés, situadas a 28 e 21 km, respectivamente.

A cidade está situada no treito costeiro central do concello, nunha baía dividida pola península de Cimadevilla (casco antigo) que separa a praia de San Lorenzo ao oeste, do porto deportivo, praia de Poniente e praia do Arbeyal, estaleiros e porto de El Musel, ao leste.

Historia

As primeiras testemuñas da presenza do home no que hoxe se coñece como concello de Xixón sitúanse no Monte Deva, onde existen unha serie de túmulos (primitivos soterramentos) e no Monte Areo (Carreño), onde se encontra un conxunto dolménico neolítico considerado como o máis importante do norte de España.

Chillida-Gijón
Eloxio do horizonte de Eduardo Chillida

A dominación romana comeza coa conquista do lugar por parte de Sesto Apuleio, a quen lle foron entregados honores polo Senado de Roma, e este coma mostra de gratitude erixiu un monumento (cerca do fondeadoiro de Torres) sinalando a súa vitoria e dedicado a Xúpiter e a Augusto, sendo esta cidade coñecida dende entón por Gigia.

Baixo o dominio romano a cidade seguiu florecendo, e o igual que con anterioridade logrou atraer os comerciantes cartaxineses, tamén fixo o propio cos romanos, grazas á riqueza dos minerais, a madeira, a calidade das pedras das canteiras e incluso pola manufactura dunha das bebidas máis populares do Imperio (unha mestura de viño, peixe e sal).

Trala caída do Imperio romano e as posteriores invasións a civitas xixonesa foi abandonada, mais non se coñecen as causas do seu despoboamento no transcurso da Alta Idade Media, período no que escasean as noticias sobre Xixón, que revive para a Historia no intre no que o soberano Afonso X lle outorga , o 12 de maio de 1270, a condición de pobra, feito que é reflectido en documentos de San Vicente de Oviedo. Non obstante, esa reaparición histórica vese ensombrecida polos acontecementos que seguiron á morte do rei Afonso XI, na seguinte centuria; Xixón serve, entón, de escenario a un enfrontamento entre partidarios do rei lexítimo Pedro I e Henrique de Trastámara(de Trans Támaris, máis alá do río Tambre). No século XIV gobernou Xixón Rodrigo Álvarez Asturias, quen gobernaba os condados de Xixón e Noreña. Foi titor de Henrique de Trastámara, fillo bastardo de Afonso XI, ó que Xixón apoiou nos seus enfrontamentos co seu medio irmán Pedro I. Henrique de Trastámara] deu ao seu fillo, Afonso Enríquez, os condados de Xixón e Noreña, rebelándose contra o rei Xoán I, e facéndose forte en Xixón, en 1383, para rematar derrotado e feito prisioneiro. Escapa posteriormente a Francia e deixa ó mando da vila a súa esposa Isabel, quen en 1395 incendia a cidade antes de abandonala. Entón, o rei toma a determinación de que Xixón se incorpore á Coroa.

A repoboación da vila comeza no século XIV e en 1480 os Reis Católicos dan a súa autorización para que en Xixón se constrúa un porto e que se lle dean os medios para levalo a cabo. Dende entón a historia de Xixón aparece vencellada estreitamente ao desenvolvemento do seu porto. No século XV créase o primeiro peirao de mar, complementado en 1552 cun peirao de terra. Xixón comeza a súa actual fisionomía no século XVII ao estenderse sobre o areal e a lagoa que puña cerco ao seu antigo asentamento. O Real Decreto de 1765 e o Regulamento de 1778 foron dúas disposicións que permitiron ao porto de Xixón o libre comercio coas colonias americanas, o que levou a vila a coñecer un moderado crecemento urbano, cuxo ordenamento contemplouse no Plan de Melloras para a cidade deseñado por Jovellanos e aprobado polo Concello en 1782.

En maio de 1809 é ocupada polas tropas napoleónicas, para ser definitivamente abandonada polas mesmas en xaneiro de 1812.

O auxe da explotación do carbón na conca central asturiana favoreceu as comunicacións da cidade co ferrocarril Sama-Xixón en 1856 e a construción en 1893 do novo porto de El Musel.

Xixón pasou a ser efémera capital de Asturias tras gañar maioritariamente (64% dos votos) as eleccións de 1936 o Frente Popular. Dende o comezo da guerra civil sufriu bombardeos, tanto aéreos (principalmente, Lexión Cóndor) como marítimos (cruceiro Almirante Cervera), ata que o 21 de outubro de 1937 foi ocupada polas tropas de Franco.[5]

A partir da ditadura franquista chegou o engalaxe dos sesenta coa creación da factoría siderúrxica de Uninsa (1971), a ampliación de El Musel e a inauguración da autoestrada Y (A-66) en 1976, que mellorou as comunicacións con Oviedo e Avilés.

Gijon puerto deportivo 12-09-2005
Panorámica do porto deportivo, co barrio de Cimadevilla ao fondo.

Demografía

Demografía Gijón (España)
Evolución demográfica de Xixón

Economía

Playa de poniente
Vista da praia artificial de Poniente de Xixón.

Cidade tradicionalmente industrial, a economía de Xixón sufriu grandes cambios a partir das duras reconversións do sector industrial desde a década dos setenta.

A engalaxe económica de Xixón iniciouse a finais do século XIX, debido á confluencia de varios factores:

  • A explotación do carbón das concas hulleiras do interior de Asturias (principalmente en Mieres e Langreu). A construción do ferrocarril de Langreu, terceiro ferrocarril español, en 1856, fixo de Xixón o porto de embarque da maior parte da produción mineira asturiana, estimulando o comercio e a industria local.
  • A repatriación de capitais antillanos, como consecuencia da independencia de Cuba, que propiciaron a creación de novas industrias e investimentos inmobiliarios.

O modelo industrial xerado, típico da primeira Revolución Industrial, constaba xa que logo dun forte sector secundario, con gran presenza da industria metálica, siderúrxica, cerámica, vidro e téxtil. O sector terciario, ademais da actividade comercial xerada pola cidade, incluíu a incipiente actividade turística do Xixón da época, que tamén aspirou a converterse nunha gran estación balnearia. Con todo non chegou a prosperar o esperado debido ao tardío enlace ferroviario que conectou Asturias coa meseta.

A seguinte etapa de gran crecemento económico de Xixón produciuse a finais da década dos sesenta, debido á construción da factoría de Uninsa (Ensidesa) e á actividade do porto e dos estaleiros.

Tras unha dura crise e reconversión nos anos oitenta, na actualidade, o sector terciario é o máis importante da economía xixonesa, seguido do sector secundario (industrias siderúrxicas e metálicas). O peso do sector primario na economía do municipio é practicamente irrelevante.

O Concello de Xixón ten unha débeda pública de 140,145 millóns de euros[6], sendo o municipio do Principado máis endebedado en datos absolutos, e o terceiro en términos relativos (505 €/habitante) tras Carreño (644 €/hab) e Oviedo (603 €/hab).[7]

Porto de Xixón

El Musel é o primeiro porto español de mercadorías a granel, o sexto na clasificación xeral de portos españois e o cuarto en resultados de explotación. O Porto de Xixón está equipado coas máis modernas instalacións, aptas para manipular todo tipo de tráficos.[8]

Puerto de Gijón 2
Porto do Musel desde a Campa de Torres.

Lugares de interese

Gijon Town Hall
Casa do concello
Upper-front-view-san-lorenzo-church-gijon-es
Igrexa de San Lorenzo
  • Cerro de Santa Catalina, coa escultura de Eduardo Chillida "Elogio del Horizonte". Na parte sur do cerro aséntase o barrio de Cimadevilla, conxunto histórico artístico.
  • Palacio Revillagigedo.
  • Termas romanas.
  • Castro de Campa Torres.
  • Edificios de arquitectura modernista.
  • Museo Casa Natal de Jovellanos.
  • Teatro Jovellanos
  • Universidade Laboral de Xixón.
  • Xardín Botánico Atlántico.
  • Parque Isabel A Católica.
  • Museo Evaristo Vale.
  • Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA).
  • Museo Etnográfico do Pobo de Asturias.
  • Casino de Asturias.
  • Acuario de Xixón.
  • Balneario de Talasoterapia "Talasoponiente"

Praias

Gijon-playa san lorenzo y Cimadevilla
Praia de San Lorenzo e Cimadevilla

Festas

  • San Xoán e San Pedro. Celebrase do 23 ao 29 de xuño, destacando a fogueira e os fogos artificiais do 23. O día 29 a cidade celebra ao seu patrón (San Pedro) cunha misa solemne e a bendición das augas.
  • Festas de Nosa Señora de Begoña. Festa grande da cidade, oficialmente nomeada coma Semana Grande, prolongase ao longo duns 10 días no transcurso dos cales ten lugar a feira taurina e varios concertos, chegando ao seu punto álxido na noite do 14 de agosto cos fogos artificiais. O día 15 celebrase unha xornada adicada á virxe cunha misa solemne, á que segue o baile da enxebre danza prima asturiana e o lanzamento dunha traca coñecida coma 'Restallón'.

No contexto da Semana Grande, o primeiro domingo de agosto ten lugar unha xira popular ao cerro de Santa Catalina coñecida coma Día de Asturias en Xixón, que outrora remataba cun grande desfile de carrozas polo centro da cidade.

Cidades irmandadas

Xixón está irmandada coas seguintes cidades:[9]

  • Flag of Russia.svg Novorossiysk
  • Flag of Mexico.svg Puerto Vallarta
  • Flag of El Salvador.svg Santa Tecla
  • Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Smara
  • Alxeria Tinduf

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xixonés.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1296. ISBN 9788482887524.
  4. O topónimo oficial do concello é Gijón e da cidade Gijón/Xixón.
  5. Documentación '1936 Xixón 1937' acompañante á exposición "Gijón bajo las bombas/Xixón so les bombes", Antigo Instituto Jovellanos, Xixón 2019
  6. Ministerio de Economía y Hacienda
  7. Carreño e Oviedo, os municipios que máis débeda acumulan por habitante
  8. Autoridade Portuaria de Xixón
  9. Concello de Xixón[Ligazón morta]

Véxase tamén

Ligazóns externas

A-8

A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.

A partir de Bilbao a autoestrada AP-8 pasa a denominarse A-8 (non ten peaxe) e continúa cara a Galicia pasando por Santander, Xixón e Avilés, na rolda de Xixón conecta coa AS-I (autovía Mineira) que comunica con Langreo, Mieres e León. Tamén na circunvalación xixonesa conecta coa AS-II (autovía Industrial) novo eixo de comunicación entre Xixón e Oviedo. Nos arredores de Xixón está o nó de Serín que conecta coa A-66 en dirección Oviedo e León. Fai a circunvalación de Navia e atravesa a ría de Ribadeo pola ponte dos Santos. En Vilalba liga coa autoestrada Vilalba-As Pontes-Ferrol. Termina en Baamonde desembocando na A-6 entre A Coruña e Lugo.

Alejandro Menéndez

Alejandro Menéndez García, nado en Xixón o 12 de xullo de 1966, é un adestrador de fútbol español. Actualmente adestra o Buriram United.

Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Avilés

Avilés é unha cidade e concello do norte de España, situada na costa do Principado de Asturias, nas marxes da Ría de Avilés, a 25 km de Xixón e 27 km de Oviedo.

Cunha poboación de 84.242 habitantes en 2009, é a terceira cidade da comunidade en poboación e forma parte da grande área metropolitana do centro de Asturias.

Estación de Ferrol

A estación de Ferrol é unha estación de ferrocarril terminal situada na cidade coruñesa de Ferrol, final das liñas que a unen con Betanzos e Xixón. Está situada no centro da cidade, na Avenida de Compostela, ao lado da Estación de Autobuses. Conta con servizos de longa distancia, rexionais e proximidades, tanto de ancho ibérico como de vía estreita. Ten tamén funcións loxísticas.

Gaspar Melchor de Jovellanos

Baltasar Melchor Gaspar María de Jove Llanos y Ramírez, máis coñecido como Gaspar Melchor de Jovellanos, nado en Xixón o 5 de xaneiro de 1744 e finado en Veiga (Navia) o 28 de novembro de 1811, foi un escritor e político español.

Jesús Barrio

Jesús Barrio Álvarez, nado en Xixón o 16 de outubro de 1916 e finado o 3 de outubro de 2002, foi un adestrador de fútbol español. Antes, na súa faceta como futbolista, salientou no Racing Club de Ferrol, no que militou nas campañas 1937/38 (nela o club verde foi campión de Galicia por segunda vez na súa historia), 1938/39 (na que o Racing foi outra volta campión de Galicia, nesta oportunidade invicto, e subcampión de Copa, ao perder a final ante o Sevilla F.C. en Montjuic) e 1939/40 (xogando na 2ª División). Barrio disputou un total de 19 partidos oficiais coa Verde, marcando 17 goles.

José Manuel Díaz Novoa

José Manuel Díaz Novoa, nado o 1 de xaneiro de 1944 en Xixón foi un futbolísta e adestrador de fútbol.

Liña de alta velocidade subcantábrica

A L.A.V. Subcantábrica é unha liña de alta velocidade en proxecto que será unha galla da liña Palencia-León-Xixón. Será a saída central de Galicia de alta velocidade.

Segundo o Plan español de infraestruturas 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

L.A.V. Venta de Baños-León-Xixón.

Eixe interior de Galicia.

Eixe Atlántico.

Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz.

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cuideiru. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.​

Llanera

Llanera é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias. Limita ao norte con Xixón e Corvera de Asturias, ao sur con Ovieu, ao leste con Xixón e Siero e ao oeste con Illas e Les Regueres. A súa capital, Posada de Llanera, está situada a 11 km de Oviedo, 20 de Avilés e 22 de Xixón.

Entre os servizos máis importantes deste concello destacan o ferrocarril de Renfe en Lugo de Llanera, Villabona e Ferroñes, o Instituto de Ensinanza Secundaria en Posada de Llanera, o seu importante sector industrial, cos polígonos de Silvota, Asipo e Parque Tecnolóxico de Asturias. Ademais do Centro Penitenciario de Asturias.

Luis Enrique

Luis Enrique Martínez García, nado en Xixón o 8 de maio de 1970, é un ex futbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección española. Dende xullo de 2018 adestra a Selección de fútbol de España.

Mieres, Asturias

Mieres é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, a súa cabeceira municipal é a cidade de Mieres del Camino, dita popularmente simplemente Mieres. É cuarta poboación de Asturias, tras Oviedo, Xixón e Avilés, cun total de 44.992 habitantes, dos que arredor de 28.000 corresponden ao núcleo urbano capitalino.

Sito no centro de Asturias, dista tan só 20 km da capital autonómica, Oviedo, e 48 km de Xixón e Avilés.

Principado de Asturias

O Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias) é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias. A súa capital é Oviedo, aínda que Xixón é a cidade máis poboada.

Asturias segundo o seu Estatuto de Autonomía está considerada comunidade histórica no seu artigo 1. Posúe un órgano de autogoberno medieval chamado Xunta Xeral fundado no ano 1388, como consecuencia da súa transformación en Principado por orde de Xoán I de Castela. Tamén posúe unha lingua propia, o asturiano ou bable, lingua que, aínda non sendo considerada lingua oficial, posúe un status xurídico de protección. A parte máis occidental da comunidade, coñecida como Terra Eo-Navia, é de fala galega.

Real Sporting de Gijón

O Real Sporting de Gijón é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905 e xoga na Segunda División Española. Disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e conta con algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.

Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.

Siero

Siero é un concello do Principado de Asturias. Limita ao norte con Xixón, ao leste con Villaviciosa, Sariegu, Nava, e Bimenes, ao sur cos concellos de Langreu e Samartín del Rei Aurelio, e polo oeste con Oviedo e Llanera. A súa extensión total é de 209,32 km2, e a súa poboación actual é de 50.233 habitantes, sendo A Pola, Lugones, Urbanización a Fresneda e O Berrón os seus núcleos de poboación. Inclúe no seu territorio o concello de Noreña.

Dado o seu carácter centralizado conta cunha importante e extensa rede comunicativa, tanto por vía ferroviaria como por estrada. Así son de destacar as autoestradas A-66, que une Oviedo, Xixón e Avilés, e a A-8, a nacional N-634, ou a famosa estrada carboeira, estando en fase de terminación a autovía mineira, que enlaza as concas con Xixón e que tamén atravesará o municipio sierense. Da súa rede ferroviaria hai que dicir que Siero conta no seu territorio coas dúas liñas que operan no norte do país, é dicir a FEVE e a RENFE.

Desde o punto de vista xeolóxico a maior parte do chan de Siero é cretáceo con arenitas, pudingas e margas, aínda que tamén hai terreo aluvial nas proximidades dos ríos Nora e Noreña e terreo carbonífero na zona suroriental.

Transcantábrico

O Transcantábrico é un tren turístico de FEVE, inaugurado no ano 1983. Neste ano a empresa FEVE (Ferrocarrís de Vía Estreita) crea o primeiro tren-hotel turístico de España. A idea orixinal foi crear un tren turístico, emulando ao mítico Orient Express, que percorrese as vías de FEVE no norte de España, aproveitando a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Universidade de Oviedo

A Universidade de Oviedo (en asturiano: Universidá d'Uviéu) é unha universidade pública situada en Oviedo, Principado de Asturias (España), con campus en Oviedo, Xixón e Mieres. É a única universidade da comunidade autónoma, onde non existen universidades privadas. O orzamento para o ano 2010 é de 210 millóns de euros .Foi unha das dez universidades de España durante o século XIX. No curso 2009-10 conta con 27.284 alumnos e 2.154 profesores.A Universidade de Oviedo é membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.

Villaviciosa, Asturias

Villaviciosa é un concello, unha parroquia e unha vila da comunidade autónoma do Principado de Asturias (España). Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Sariego, Nava, Cabranes e Piloña, ao oeste con Xixón e Siero e ao leste con Colunga.

A súa ría é a maior de Asturias. Hai un importante porto pesqueiro en Tazones. A capital do municipio é Villaviciosa e o concello está irmandado con Villaviciosa de Odón, na Comunidade de Madrid.

É coñecido pola calidade da súa sidra e pola abundancia en pumaraes (nome co que se coñece en Asturias ós arboredos de maceiras). Na Idade Media denominouse Maliayo, topónimo que deu lugar ao coñecido xentilicio de maliayés. O topónimo actual, "Villaviciosa", significa "vila fértil".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.