Xinzo de Limia

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Coordenadas: 42°03′50″N 07°43′26″O / 42.06389, -7.72389

Xinzo de Limia
Bandeira de Xinzo de Limia
---
Escudo de Xinzo de Limia
Xinzo de Limia, Festa do Esquecemento
Situacion Xinzo de Limia
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación9.836 hab. (2018)
Área132,7 km²
Densidade74,12 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias e 35 lugares
Capital do concelloXinzo de Limia
Política (2019[2])
AlcaldesaElvira Lama Fernández (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: ÁXIL 2, XA 1, C'S 1
Eleccións municipais en Xinzo de Limia
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,38%
Na rede
xinzodelimia.es
concello@xinzodelimia-ayto.com

Demografía

Censo total 10.043 (2015)
Menores de 15 anos 1.352 (13.46 %)
Entre 15 e 64 anos 6.100 (60.74 %)
Maiores de 65 anos 2.591 (25.8 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística (INE), 1857-2011

Evolución da poboación de Xinzo de Limia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.622 8.495 10.200 10.544 9.869 10.161 10.329 10.358 10.307 10.200 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Xinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga. A cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Finalmente recobrada por Fernando II, pasando a constituír un condado.[Cómpre referencia]

En 1927 o concello de Moreiras incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.

Entroido

Artigo principal: Entroido de Xinzo de Limia.

Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia, con cinco semanas de duración. Iníciase o sábado anterior ao domingo fareleiro; no propio domingo ten lugar a primeira batalla co farelo. A procesión do Meco ten lugar desde o Barrio de Abaixo, que ao escurecer sae pola rúa dos Viños acompañado con fachucos de palla e unha gran comitiva formada polo carro cos bois, touro, choqueiros, máscaras, cura, gaiteiros, aperos de labranza e gandeiros con vestimenta tradicional.

O domingo oleiro celébrase na Praza Maior o Xogo da Ola, pásanse as olas de barro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); despois o xogo repítese no Barrio de Abaixo. A noite das mulleres reúnense para cearen en restaurantes ou en locais particulares.

O domingo corredoiro saen as pantallas. Desde o venres até o martes de entroido son os cinco días grandes, coa participación de charangas e bandas de gaitas locais. Este martes ten lugar o desfile de entroido. O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña, logo do sermón.

O ciclo péchase o domingo de piñata.

Política municipal

Artigo principal: Eleccións municipais en Xinzo de Limia.

O 11 de outubro de 2010 o pleno municipal elixiu como novo alcalde ao popular Antonio Pérez, logo da dimisión do senador Isaac Vila Rodríguez, que foi alcalde durante 25 anos. O 21 de marzo de 2018 Pérez presentou a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello tras ser condenado por prevaricación,[5] polo que foi substituído por Manuel López Casas.[6]

Xinzo na literatura popular

  • Home de Xinzo e boi de Vilar, non se afán en calquera lugar [7].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Xinzo de Limia.
Torre da Pena - Porqueira

Torre da Pena da Portela.

Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras - Xinzo de Limia - Ourense

Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras.

Iglesia de San Pedro de Boado

Igrexa de San Pedro de Boado.

Casa concello, Xinzo de Limia, Ourense 09

Casa do concello.

Conta atras Entroido, Xinzo de Limia, Ourense 08

Marcador coa conta atrás para o Entroido.

Riolimia

Río Limia ao seu paso pola vila

Lugares de Xinzo de Limia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xinzo de Limia vexa: Lugares de Xinzo de Limia.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xinzo de Limia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. F., L. (6 de abril de 2018). "Xinzo celebra pleno extraordinario para elixir novo alcalde tras a dimisión de Pérez". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2018.
  6. "Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo". Consultado o 7 de abril de 2018.
  7. Elixio Rivas Quintas (2001).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Pena, Xinzo de Limia

San Pedro da Pena é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. No ano 2009 tiña 197 habitantes (104 homes e 93 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 25 habitantes en relación ao ano 2007.

Boado, Xinzo de Limia

San Pedro de Boado é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia, atópase a corenta quilómetros aproximadamente da provincia de Ourense. Segundo datos do IGE do 2009 ten 143 habitantes, 72 homes e 71 mulleres.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Damil, Xinzo de Limia

San Salvador de Damil é unha das 20 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia. Segundo datos do IGE do 2009 ten 86 habitantes, 43 homes e 43 mulleres.

A súa igrexa de estilo barroco construíuse en 1722, de nave única e bóveda de crucería, con capelas ás beiras.

Faramontaos, Xinzo de Limia

San Salvador de Faramontaos é unha parroquia do concello de Xinzo de Limia, na comarca da Limia, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 88 habitantes (39 homes e 49 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Ganade, Xinzo de Limia

San Bartolomeu de Ganade é unha parroquia do concello de Xinzo de Limia, na comarca da Limia, provincia de Ourense. No ano 2009 tiña 401 habitantes, dos cales 201 eran homes e 200 mulleres.

Gudín, Xinzo de Limia

San Miguel de Gudín é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. Segundo o IGE en 2013 tiña 102 habitantes (47 homes e 55 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Guntimil, Xinzo de Limia

San Xoán de Guntimil é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia. Segundo datos do IGE do 2009 ten 88 habitantes, 41 homes e 47 mulleres.

Está situada ao pé do monte do Castelo, e a uns cinco quilómetros da vila de Xinzo. Ten industria do sector da maquinaria e a metalurxia.

Lamas, Xinzo de Limia

Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. No ano 2009 tiña 272 habitantes (134 homes e 138 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 17 habitantes en relación ao ano 2007.

Laroá, Xinzo de Limia

Santa María de Laroá é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia.Segundo o IGE en 2013 tiña 183 habitantes (86 homes e 97 mulleres) distribuídos en dúas entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 249 habitantes.

Moreiras, Xinzo de Limia

San Tomé de Moreiras é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. Segundo o IGE en 2013 tiña 36 habitantes (20 homes e 16 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 58 habitantes.

Morgade, Xinzo de Limia

San Tomé de Morgade é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. No ano 2009 tiña 350 habitantes (180 homes e 170 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano 2007.

Mosteiro de Ribeira, Xinzo de Limia

Santa María de Mosteiro de Ribeira é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. No ano 2009 tiña 84 habitantes (33 homes e 51 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón un diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2007.

Novás, Xinzo de Limia

San Nicolao de Novás é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. Segundo o IGE en 2013 tiña 91 habitantes (42 homes e 49 mulleres) distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes.

Piñeira Seca, Xinzo de Limia

Santo André de Piñeira Seca é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. No ano 2009 tiña 127 habitantes (69 homes e 58 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2007.

San Pedro de Laroá, Xinzo de Limia

San Pedro de Laroá é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. Segundo o IGE en 2013 tiña 368 habitantes (183 homes e 185 mulleres) distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 448 habitantes.

Seoane de Oleiros, Xinzo de Limia

San Xoán de Seoane de Oleiros é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. Segundo o IGE en 2013 tiña 43 habitantes (20 homes e 23 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 54 habitantes.

Solbeira de Limia, Xinzo de Limia

San Pedro de Solbeira de Limia é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia. Segundo datos do IGE, no ano 2009 a súa poboación era de 131 persoas (68 homes e 63 mulleres), 9 menos que no 2007.

Inclúe os lugares de Pidre (49 habitantes) e Solveira (91).

Xinzo de Limia, Xinzo de Limia

Santa Mariña de Xinzo de Limia é unha das 22 parroquias do concello ourensán de Xinzo de Limia, onde se localiza a capitalidade do concello. Segundo o IGE en 2009 tiña 7056 habitantes (3477 homes e 3579 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.