Xinjiang

Xinjiang (en uigur: شىنجاڭ, Shinjang; en chinés: 新疆, Xīnjiāng), oficialmente rexión autónoma uigur de Xinjiang (en uigur: شىنجاڭ ئۇيغۇر ئاپتونوم رايونى, en chinés: 新疆维吾尔自治区) é unha rexión autónoma da República Popular da China.

A súa superficie abrangue 1 660 000 km2, na que vivían 21 813 334 habitantes en 2010.

A súa capital é a cidade de Ürümqi.

Xinjiang
شىنجاڭ
新疆
Xinjiang in China (de-facto)
EstadoFlag of the People's Republic of China.svg República Popular da China
CapitalÜrümqi
 • Poboación3 112 559 hab. (2012)
Lingua oficialUigur e mandarín[1]
Forma de gobernoRexión Autónoma
Gobernador
Chen Quanguo
SuperficiePosto 1º
 • Total1 664 897[2] km²
PoboaciónPosto 25º
 • Total21 815 815[3] hab.
 • Densidade13 hab./km²
Fuso horarioUTC-
Dominio de Internet.cn
Código ISOCN-65

Subdivisións

Xinjiang subdivídese en 2 cidades con nivel de prefectura, 7 prefecturas e 5 prefecturas Autónomas. Dúas das sete prefecturas fan parte da prefectura autónoma casaca de Ilí. Por baixo delas hai 11 sectores, 20 cidades con nivel de distrito, 62 distritos e 6 distritos autónomos; catro destas cidades con nivel de distrito non forman parte de ningunha prefectura e realmente permanecen baixo a administración do Corpo de Produción e Construción de Xinjiang.

Nome convencional Uigur
(Kona Yeziq)
Romanización do uigur
(Yengi Yeziq)
Chinés Pinyin Comentarios
Cidades con nivel de prefectura
Ürümqi ئۈرۈمچى شەھرى Ürümchi Shehri 乌鲁木齐市 Wūlǔmùqí Shì
Karamay قاراماي شەھرى Qaramay Shehri 克拉玛依市 Kèlāmǎyī Shì
Cidades con nivel de distrito
Shihanza شىخەنزە شەھرى Shixenze Shehri 石河子市 Shíhézǐ Shì Administradas polo Corpo de Produción e Construción de Xinjiang
Tumshuke تۇمشۇق شەھرى Tumshuq Shehri 图木舒克市 Túmùshūkè Shì
Alar ئارال شەھرى Aral Shehri 阿拉尔市 Ālā'ěr Shì
Wujiaqu ئۇجاچۇ شەھرى Ujachü Shehri 五家渠市 Wǔjiāqú Shì
Prefecturas
Turfan تۇرپان ۋىلايىتى Turpan Wilayiti 吐鲁番地区 Tǔlǔfān Dìqū
Kumul قۇمۇل ۋىلايىتى Qumul Wilayiti 哈密地区 Hāmì Dìqū
Khotan خوتەن ۋىلايىتى Xoten Wilayiti 和田地区 Hétián Dìqū
Aksu ئاقسۇ ۋىلايىتى Aqsu Wilayiti 阿克苏地区 Ākèsū Dìqū
Kasgar قەشقەر ۋىلايىتى Qeshqer Wilayiti 喀什地区 Kāshí Dìqū
Tacheng تارباغاتاي ۋىلايىتى Tarbaghatay Wilayiti 塔城地区 Tǎchéng Dìqū Subordinadas á P.A. de Ili
Altai ئالتاي ۋىلايىتى Altay Wilayiti 阿勒泰地区 Ālètài Dìqū
Prefecturas autónomas
Prefectura Autónoma Kirguís de Kizilsu قىزىلسۇ قىرغىز ئاپتونوم ئوبلاستى Qizilsu Qirghiz Aptonom Oblasti 克孜勒苏柯尔克孜自治州 Kèzīlèsū Kē'ěrkèzī Zìzhìzhōu
Prefectura Autónoma Mongol de Bayin'gholin بايىنغولىن موڭغۇل ئاپتونوم ئوبلاستى Bayin'gholin Mongghol Aptonom Oblasti 巴音郭楞蒙古自治州 Bāyīnguōlèng Měnggǔ Zìzhìzhōu
Prefectura Autónoma Hui de Changji سانجى خۇيزۇ ئاپتونوم ئوبلاستى Sanji Xuizu Aptonom Oblasti 昌吉回族自治州 Chāngjí Huízú Zìzhìzhōu
Prefectura Autónoma Mongol de Börtala بۆرتالا موڭغۇل ئاپتونوم ئوبلاستى Börtala Mongghol Aptonom Oblasti 博尔塔拉蒙古自治州 Bó'ěrtǎlā Měnggǔ Zìzhìzhōu
Prefectura Autónoma Kazakh d'Ili ئىلى قازاق ئاپتونوم ئوبلاستى Ili Qazaq Aptonom Oblasti 伊犁哈萨克自治州 Yīlí Hāsàkè Zìzhìzhōu

Composición étnica

Xinjiang nationalities by prefecture 2000
Mapa de Xinjiang coa nacionalidade principal en cada prefectura: uigures en azul, casacos en amarelo e han (chineses) en vermello
Grupos étnicos Xinjiang, censo de 2000
Nacionalidade Poboación Porcentaxe
Uigures 8.345.622 45,21%
Han 7.489.919 40,58%
Casacos 1.245.023 6,74%
Hui 839.837 4,55%
Quirguices 158.775 0,86%
Mongois 149.857 0,81%
Dongxiang 55.841 0,30%
Taxicos 39.493 0,21%
Xibes 34.566 0,19%
Manchús 19.493 0,11%
Tujias 15.787 0,086%
Uzbecos 12.096 0,066%
Rusos 8.935 0,048%
Miao (Hmong) 7.006 0,038%
Tibetanos 6.153 0,033%
Zhuang 5.642 0,031%
Daures 5.541 0,030%
Tártaros 4.501 0,024%
Salar 3.762 0,020%

Notas

  1. "China". Ethnologue.
  2. Statistics Bureau of Xinjiang (ed.). "6-1 自然资源划" (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015.
  3. Susan M. Walcott; Corey Johnson (1 de novembro de 2013). "Where Inner Asia Meets Outer China: The Xinjiang Uyghur Autonomous Region of China". En Routledge. Eurasian Corridors of Interconnection: From the South China to the Caspian Sea. pp. 64–65.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bodde, Derk (1986): The Cambridge History of China. Volume 1. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-5212-4327-0.
  • Ceinos, Pedro (2006): Historia breve de China. Madrid: Sílex Ediciones. ISBN 978-84-7737-173-1.
  • Chen, Ping (1999): Modern Chinese: history and sociolinguistics. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-4572-0.
  • Bruce, Elleman (2001): Modern Chinese Warfare. 1795-1989. London: Routledge. ISBN 978-0-4152-1474-2.
  • Grousset, René (1994): L'Empire des steppes. Paris: Éditions Payot. ISBN 978-2-2860-1478-0. Ler en PDF.

Ligazóns externas

Al Jefferson

Albus Ricardo "Al" Jefferson, nado o 4 de xaneiro de 1985 en Monticello, Mississippi, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga como pivote ou ala-pivote nos Xinjiang Flying Tigers da Chinese Basketball Association (CBA). Seleccionado no Draft da NBA por Boston Celtics, xogou tamén nos Minnesota Timberwolves e nos Utah Jazz.

Andray Blatche

Andray Maurice Blatche, nado o 22 de agosto de 1986 en Syracuse, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Xinjiang Flying Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).

Asia Central

Asia Central é unha rexión no corazón do continente asiático dende o Mar Caspio no oeste, a China no leste, Afganistán no sur, e Rusia no norte. Existen varias definicións da súa composición exacta, e ningunha definición é aceptada universalmente. A pesar desta incerteza na definición das fronteiras, ten algunhas características xerais importantes. Por unha banda, Asia Central historicamente estivo estreitamente ligada a seus pobos nómade e a ruta da seda. En consecuencia, actuou como unha encrucillada para o movemento de persoas, bens e ideas entre Europa, Asia Occidental, Asia Meridional e Asia Oriental.

Todas as definicións de Asia Central inclúen estas cinco repúblicas da antiga Unión Soviética: Casaquistán (poboación: 16´0 millóns), Kirguizistán (5´5 millóns), Taxiquistán (7´3 millóns), Turkmenistán (5,1 millóns), e Uzbekistán (27´6 millóns), cunha poboación total de 61´5 millóns de 2009. Outras áreas que se inclúen a miúdo son Mongolia, Afganistán, no norte e o oeste de Paquistán, nordés de Irán, Caxemira, e, ás veces Xinjiang no oeste da China e o sur de Siberia en Rusia.

Durante a época pre-islámica e principios da islámica, Asia Central era predominantemente iraniano, rexión que inclúe sogdianos sedentarios, corasmianos e semi-nómades escitas e alanos. A antiga poboación sedentaria xogou un papel importante na historia de Asia Central. Logo da expansión dos pobos turcos, Asia Central tamén se converteu na patria de moitos pobos turcos, como os uzbekos, casacos, kirguises, e uigures.

Chinese Basketball Association

A Chinese Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto Chinesa; en chinés: 中国男子篮球职业联赛, pinyin: Zhōngguó Nánzǐ Lánqiú Zhíyè Liánsài) é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino na República Popular da China. Fundada no ano 1995, está considerada a máis importante competición deste deporte en Asia. A liga é coñecida de forma habitual tanto por fans como en xeral co acrónimo CBA. A CBA non debe confundirse coa National Basketball League (NBL), otra competición profesional chinesa de inferior categoría. Existe tamén a Women's Chinese Basketball Association (WCBA) feminina.

Algúns xogadores chineses desta competición teñen chegado a xogar na National Basketball Association (NBA), entre eles Wang Zhizhi, Mengke Bateer, Yao Ming, Yi Jianlian, Sun Yue ou Zhou Qi. Por outra banda, estrelas da NBA teñen participado nesta competición, entre eles os All-Stars Stephon Marbury, Tracy McGrady, Gilbert Arenas, Steve Francis e Metta World Peace (Ron Artest).

Dinastía Qing

A Dinastía Qing (chinés: 清朝, pinyin: Qīng Cháo, Wade-Giles: Ch'ing ch'ao; IPA t͡ɕʰíŋ t͡ʂʰɑ̌ʊ̯; manchú: , Von Möllendorff: Daicing Gurun), tamén coñecida coma a Dinastía Manchú, foi a derradeira dinastía gobernante da China, que estivo no poder entre 1644 e 1912 (cunha breve restauración en 1917). Foi precedida pola Dinastía Ming, a derradeira dinastía han chinesa, e seguida pola República da China e a República Popular da China.

A dinastía foi fundada polo clan manchú Aisin Gioro no que hoxe é o noroeste da China (tamén coñecida coma Manchuria). Comeza en 1644 a expandirse pola propia China e os seus territorios circundantes, establecendo o Imperio do Gran Qing (chinés simplificado: 大清国, chinés tradicional: 大清國, pinyin: Dà Qīng Guó, Wade-Giles: Ta Ch'ing Kuo, ou chinés simplificado: 大清帝国, chinés tradicional: 大清帝國; pinyin: Dà Qīng Dì Guó, Wade-Giles: Ta Ch'ing Ti Kuo). A pacificación completa da China acadouse arredor de 1683 baixo o emperador Kangxi.

Establecida orixinalmente coma a Última Dinastía Jin (chinés simplificado: 后金, chinés tradicional: 後金, pinyin: hòu jīn) Amaga Aisin Gurun en 1616, cambiou o seu nome a Qing, que significa claro ou traslúcido en 1636. En 1644 Pequín foi saqueada por unha coalción de forzas rebeldes liderada por Li Zicheng, un oficial Ming. O derradeiro emperador Ming Chongzhen suicidouse cando caeu a cidade, marcando o remate oficial da dinastía. Daquela, os manchús aliáronse co xeneral Ming Wu Sangui e tomaron o control de Pequín e derrubaron a curta Dinastía Shun.

A pesar de que os manchús foron conquistadores estranxeiros, adoptaron rapidamente as tradicionais regras e costumes de goberno confucianas e terminaron por gobernar na mesma liña das dinastías nativas anteriores.

A dinastía acadou o seu esplendor no século XVIII, durante o cal medraron tanto o territorio como a poboación. Consolidando o seu control sobre o territorio antes pertencente aos mings e ampliando ademais a súa esfera de influencia para incluír Xinjiang, o Tibet e Mongolia.

Porén, o seu poderío militar debilitouse a partir daquela. A Dinastía Qing comezou o seu declive a partir de mediados do século XIX por mor dos grandes conflitos sociais, coma a Rebelión Taiping (1851-1864, o estancamento económico e a influencia occidental. O interese británico en continuar o comercio de opio levou a numerosos conflitos con occidente, o que comportou a Primeira Guerra do Opio, en 1840. O Reino Unido e outras potencias occidentais, ocuparon "concesións" á forza e gañaron privilexos comerciais. Hong Kong foi cedida aos británicos en 1842 polo Tratado de Nanquim. Tamén ocorreran naquel século a Rebelión Taiping (1851-1864).

A Dinastía Qing foi derrubada pola Revolución Xinhai, cando a emperatriz Dowager Longyu abdicou no último emperador, Puyi, o 12 de febreiro de 1912.

Han

Han (汉族 ou 漢族) é a etnia maioritaria na China e o maior grupo étnico do mundo. Os Han constitúen o 91% da poboación da China e o 19% da poboación humana. Os Han son coñecidos en Occidente como a etnia chinesa. O seu nome deriva da dinastía Han e proceden orixinariamente da rexión dor río Amarelo, no norte da China, aínda que dende hai milenios estenderon o seu territorio cara ao sur. Durante o século XX tamén aumentou de forma significativa a presenza de chineses han nas rexións máis occidentais da China: Tíbet e Xinjiang.

O termo han procede do nome da dinastía Han. Así mesmo, unha das denominacións máis habituais da lingua chinesa na República Popular da China é "lingua dos han" (漢語 / 汉语, hànyǔ)

Aínda que ás veces se fala de "etnia chinesa", han é o termo correcto utilizado na República Popular da China para diferenciar á etnia maioritaria, que se expresa nos diversos dialectos do chinés, doutros grupos étnicos, con linguas e culturas diferentes, que existen na China, como os tibetanos, os mongois e os uigures, entre outros.

En total, o Goberno da República Popular da China recoñece 55 grupos étnicos, ademais dos han, no territorio do país.

Lingua casaca

A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe en China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia china de Xinjiang, Mongolia, Quirguistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de casaco. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Casaquistán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.

Qazak significa vagabundo; o pobo casaco que fala este idioma foi historicamente nómade.

Lingua uigur

A lingua uigur (en uigur: ئۇيغۇر تىلى, Уйғур тили, Uyghur tili, Uyƣur tili ou ئۇيغۇرچە, Уйғурчә, Uygurche, Uyƣurqə), é unha lingua da familia das linguas turcas que conta con entre 10 e 25 millóns de falantes, falado principalmente polo pobo uigur na Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang na República Popular da China. Existe significativas comunidades de falantes uigur en Casaquistán e Uzbequistán, e outros países con comunidades expatriadas uigur. O uigur é unha lingua oficial da Rexión Autónoma de Xinjiang e é amplamente empregada en tódalas esferas sociais e oficiais, así como na prensa, a radio, a televisión, e mesmo como lingua franca por outras minorías étnicas de Xinjiang.

Maceira

A maceira (Malus domestica) cultívase desde hai máis de 15.000 anos. A súa orixe parece estar no Cáucaso e as ribeiras do mar Caspio. Foi traída a Europa polos romanos e na actualidade existen unhas 1.000 especies, como resultado de diferentes hibridacións entre especies silvestres. Tamén recibe en Galiza os nomes dialectais de macira, maciñeira e mazaira.

Un dos seus antepasados silvestres é Malus sieversii (non ten nome común), árbore aínda existente nas montañas da Asia central, no sur de Casaquistán, Kirguizistán, Taxiquistán e Xinjiang (provincia da China).

Os investigadores están traballando con esta especie, xa que é resistente a moitas enfermidades e pestes, para crear maceiras domésticas máis vigorosas.

Crese que houbo outras que contribuíron ao xenoma das maceiras domésticas, como Malus baccata e Malus sylvestris, pero non existen evidencias disto en antigas maceiras cultivadas. Estas e outras especies de Malus estanse utilizando en programas de cultivo para desenvolver árbores susceptíbeis de crecer en climas desfavorábeis para Malus domestica, principalmente para incrementar a tolerancia ao frío.

É unha árbore de mediano tamaño (12 m de altura), caducifolio, de copa redondeada, aberta e numerosas ramas que se dispoñen case en horizontal. Posúe follas ovaladas, suavemente dentadas nos bordos e de forte cor verde con pubescencia no envés. Ao esmagalas despiden un agradábel recendo.

As bonitas flores (tamén aromáticas) teñen unha corola con 5 pétalos brancos, arredondados, frecuentemente veteados de vermello ou rosa e son penduculadas. Xorden agrupadas en acios de entre tres e seis unidades das pólas novas laterais formando corimbos. Son hermafroditas, con cáliz de cinco sépalos e numerosos estames amarelos. A maciñeira florece na primavera antes da aparición anual das súas follas. O froito que se desenvolve a partir deste pedúnculo floral que se volve carnoso é a mazá. De pel verde amarela ou vermella, é suave e brillante. A súa polpa é auguenta e doce e contén sementes. A mazá acostuma madurar contra o outono. A mazá da maceira brava diferénciase por unha cor verde amarelada na súa pel e de sabor agre.

Momia

Unha momia é un corpo dunha persoa ou dun animal, que non esta en estado de descomposición, cuxa pel e órganos foron preservados intencionadamente (por embalsamamento) ou accidentalmente (pola exposición a produtos químicos, frío extremo (momias de xeo), humidade moi baixa etc.)

Actualmente, o cadáver humano máis antigo momificado de forma natural foi encontrado no ano 1936. Trátase dunha cabeza decapitada, datada cuns 6.000 anos de antigüidade. Máis dun millón de momias de animais atopáronse en Exipto, moitas das cales son gatos.As momias máis famosas son as exipcias, destacando as dos faraóns, Tutankhamon, Seti I e Ramsés II, aínda que a primeira momia exipcia coñecida é a chamada de "Ginger" e remóntase ao ano 3300 a.C.

Ademais das momias coñecidas do Antigo Exipto, a momificación intencionada era unha característica de varias culturas antigas nas zonas de América do Sur e Asia, que teñen climas moi secos. A momia máis antiga coñecida dunha momificación intencionada é a dun neno, esta é unha das momias da cultura Chinchorro que se atopa no Val de Camarones, Chile, e data de ao redor de 5050 aC.Atopáronse momias humanas e doutros animais en todo o mundo, tanto como resultado da preservación natural a través de circunstancias pouco comúns, como polo uso de artefactos culturais para preservar os mortos; por exemplo, hai máis de 1.000 momias preservadas polo clima seco en Xinjiang na China, e máis dun millón de momias de animais foron encontradas no Exipto, moitas das cales son de gatos.

Mongolia Interior

Mongolia Interior (en mongol: Öbür Monggol e cirílico: Өвөр Монгол, Övör Mongol, en chinés: 内蒙古), oficialmente coñecida como Rexión Autónoma de Mongolia Interior (ᠦᠪᠦᠷᠮᠣᠩᠭᠤᠯ ᠤᠨᠥᠪᠡᠷᠲᠡᠭᠡᠨᠵᠠᠰᠠᠬᠣᠣᠷᠣᠨ), é unha rexión autónoma da República Popular da China, que se atopa no norte do estado. Contén a maior parte da fronteira da China con Mongolia (o resto da fronteira entre a China e Mongolia está na rexión autónoma de Xinjiang e na provincia de Gansu) e un pequeno anaco da fronteira con Rusia. A súa capital ié Hohhot, e outras cidades salientables son Baotou, Chifeng e Ordos.

A Rexión Autónoma foi estabelecida no ano 1947, incorporando as áreas das provincias da antiga República da China, Suiyuan, Chahar, Rehe, Liaobei e Xing'an, xunto coas partes setentrionais de Gansu e Ningxia.

É a terceira meirande subdivisión da China, abranguendo aproximadamente 1 200 000 km2 ou o 12% da área total da China. Segundo o censo de 2010, tiña unha poboación de 24 706 321 de persoas, representando o 1,84% da poboación total do estado. Mongolia Interior é a 23ª división administrativa máis poboada do país. A maioría da poboación é da etnia han, cunha salientable minoría mongol. As linguas oficiais son o mandarín e o mongol, sendo a última escrita en escritura tradicional mongol, ó contrario que o alfabeto cirílico que é empregado polo estado de Mongolia.

Patty Mills

Patrick Sammy "Patty" Mills, nado o 11 de agosto de 1988 en Canberra, é un xogador australiano de baloncesto profesional que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).

Pobo mongol

Os mongois (en mongol: Монголчууд, Mongolchuud, ᠮᠣᠩᠭ᠋ᠣᠯᠴᠤᠳ) son un grupo étnico de Asia central e oriental nativo de Mongolia e na rexión autónoma chinesa de Mongolia Interior. Tamén hai minorías noutras rexións da China (Xinjiang), así como en Rusia. Os mongois pertencentes ós subgrupos buriato e calmuco viven na República dos Buriatos e República dos Calmucos respectivamente.

Os diferentes dialectos indíxenas son coñecidos colectivamente como lingua mongol. Os devanceiros dos actuais mongois son coñecidos como proto-mongois.

Pobo uigur

Os uigures (en uigur: ئۇيغۇر, Уйғур;, en turco antigo: 𐰺𐰍𐰖𐰆; en chinés: 维吾尔族 pinyin: Wéiwúěr zú) son un grupo étnico turco que habita en Asia Central e Oriental. No presente, viven principalmente na Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang, na República Popular da China, onde é unha das minorías étnicas oficialmente recoñecidas.

Practican o islam sunní, e teñen unha aparencia física moi diversa, que vai dende a máis europea, a de oriente medio e a máis oriental.

Rexión Autónoma do Tíbet

A Rexión Autónoma do Tíbet (en tibetano: བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས།) ou Rexión Autónoma de Xizang (en chinés: 西藏自治区), é unha rexión autónoma da República Popular da China, onde habitan 7,5 millóns de membros do pobo tibetano. Foi estabelecida formalmente no ano 1965 para substituír a Área do Tíbet, unha división administrativa que a República Popular herdou da República da China, uns 5 anos despois da dimisión do Kashag coa revolta do Tíbet de 1959, e 13 anos despois da incoporación do Tíbet en 1951.

Dentro da China, o Tíbet é identificado como unha rexión autónoma. As fronteiras actuais do Tíbet foron estabelecidas no século XVIII e inclúe a metade do Tíbet etnocultural. A Rexión Autónoma do Tíbet é a segunda meirande división administrativa da China segundo a área despois de Xinjiang, abranguendo 1 228 400 km2, e os seus terreos duros son os menos densamente poboados de todo o estado.

Rexións autónomas da República Popular da China

Unha rexión autónoma (en chinés: 自治区, pinyin: zìzhìqū) é unha división administrativa da China de primeiro nivel. Ó igual que as provincias chinesas, unha rexión autónoma ten o seu propio goberno local, pero unha rexión autónoa ten máis dereitos lexislativos. Unha rexión autónoma é unha entidade que ten unha alta poboación dun grupo étnico minoritario en particular.

A rexión da Mongolia Interior foi estabelecida en 1947; Xinjiang fíxose autónoma en 1955; Guangxi e Ningxia en 1958, e o Tíbet en 1965. A designación de estabelecer Guangxi e Ningxia como áreas autónomas dos pobos zhuang e hui, respectivamente, foi moi protestada polos han, que representan dous terzos da poboación en cada rexión. Malia que os mongois supolían aínda menos porcentaxe de poboación en Mongolia Interior, a Guerra civil chinesa deu pouca oportunidade para protestar.

Tíbet

O Tíbet (བོད་ Bodo tibetano e Xizang 西藏 en chinés) é unha rexión xeográfica de Asia, que designa tres entidades distintas:

Rexión Autónoma do Tíbet (西藏自治区 Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinjiang ou a Mongolia Interior;

a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, coñecida como «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia);

a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet e Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.

Wang Shu

Wang Shu (en chinés: 王澍), nado en Ürümqi o 4 de novembro de 1963, é un arquitecto chinés . Gañou o Premio Pritzker de arquitectura no ano 2012, sendo o primeiro chinés en acadar esta distinción. O premio non estivo exento de polémica xa que non incluíu a súa socia e esposa Lu Wenyu coa que leva traballando toda a súa carreira, a pesar de que o propio Wang Shu a considera igualmente merecedora do galardón.

Zungaria

A Zungaria (tamén transcrito como Dzungaria e Junggar) é unha árida rexión histórica e xeográfica da Asia Central situada no noroeste da China, na metade norte de Xinjiang, tamén coñecido como Beijiang (en chinés 北疆; en pinyin Běijiān; literalmente, 'Xinjiang do Norte'), entre as montañas Altai e as do Tian Shan.

Provincias
Rexións autónomas
Municipios
Rexións administrativas especiais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.