Xiba

  • Este artigo trata sobre o molusco mariño, para a protuberancia dorsal véxase: cifose.
Xiba / Choco
Sepia officinalis
Sepia officinalis

Sepia officinalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Sepiida
Familia: Sepiidae
Xénero: Sepia
Especie: S. officinalis
Nome binomial
Sepia officinalis
Linnaeus, 1758
Sinonimia
  • Sepia rugosa Bowdich, 1822
  • Sepia vicellius Gray, 1849
  • Sepia zebrina Risso, 1854
  • Sepia filliouxi Lafont, 1869
  • Sepia officinalis mediterranea Ninni, 1884 [1]

A xiba[2], choco[3], chopo[4] (nomes populares)[5] ou sepia[6] (nome culto), de nome científico Sepia officinalis, é un molusco cefalópodo mariño da familia dos Sepiidae, dentro da orde dos Sepiida. É a especie máis coñecida do seu xénero.

Morfoloxía

Sepia officinalis (aquarium)

Ten un corpo ancho, oval, aplanado, de ata 30–40 cm de lonxitude. Presenta dúas expansións laterais a modo de aletas que percorren todo o corpo. O bordo anterior do manto presenta na zona dorsal un lóbulo triangular, obtuso, que avanza entre os ollos. O sifón é ventral e pequeno.

A cuncha é interna, de forma ovoide, laminada e con estrías. Cando se encontran varadas nas praias, os nenos (e os mariñeiros) chámana pan de gaivota, debido ao costume destas aves de picar nelas para conseguiren o carbonato cálcico que precisan para fabricaren a casca dos seus ovos.

Teñen oito brazos e dous tentáculos. Os primeiros son curtos, retráctiles e con catro filas de ventosas; os segundos son tres veces máis longos e só presentan algunhas ventosas, ensanchadas, no extremo final ou maza; só se utilizan para a reprodución ou para agarrar as presas.

A cor é moi variable, en función das circunstancias biolóxicas e o substrato no que se pousan. Adoitan ser de cor moura ou gris apardazada, con puntos de distinto tamaño ou bandas de cor. A zona ventral é abrancazada.[7]

Hábitat e bioloxía

Distribúense amplamente no Atlántico e no Mediterráneo.

Viven na franxa sublitoral, ata os 250 metros de profundidade, sobre area ou sedimentos onde se poden enterrar parcialmente.

Aliméntase de crustáceos e peixes. A posta faina sobre algas, corais ou cunchas abandonadas[8] e hai veces que inxecta tinta nos ovos para escurecelos e facilitar a camuflaxe e o ocultamento fronte aos depredadores.

Interese pesqueiro e comercial

Mapagalchoco2
Nomes que recibe Sepia officinalis na costa galega.
Sepia officinalis-o
Pan de gaivota, a cuncha interna da xiba.

En Galicia é unha especie de grande interese comercial. Péscase con diversas artes e en todas as épocas do ano aínda que a súa mellor época vai de decembro a febreiro.

Cocíñase de diferentes formas (cocida, á prancha, na súa tinta, á romana).

Xibas e chocos na cultura popular galega

Filgueira recolleu tamén a denominación popular de galiña do mar, que Ríos Panisse explica pola preseza do bico córneo, que pode semellar ó dunha galiña.

Á xiba pequena chámana chopo e choquiño (que non hai que confundiur cos verdadeiros choquiños, especies do xénero Sepiola e outros, da familia dos Sepiolidae).

A cuncha de xiba recibe os nomes populares, entre outros, de pan de gaivota e pan senso.

En Redondela celébrase unha afamada Festa do choco. Di Eladio Rodríguez que os chocos "Abundan ... muy especialmente en Redondela, que vulgarmente se llama en todo su contorno a 'vila dos chocos'".

Fraseoloxía

  • Mazado coma un choco: moi canso.
  • Ofrecécheme unha tunda,/ choqueira de Redondela,/ ofrecécheme unha tunda,/ agora veño por ela (Bouza Brey 1929, 178)

Notas

  1. Sepia officinalis[Ligazón morta] en SIIT. (en castelán)
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xiba.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para choco.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chopo.
  5. Ríos Panisse (1977), pp. 80-82.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sepia.
  7. Ramonell, Rosa (1985), pp. 144-146.
  8. Nos acuarios poden facelo sobre ramas de árbores que lles botan na piscina.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bouza Brey, Fermín (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 153-204 [en facsímile II].
  • Dirección Xeral de Formación Pesqueira (1999): Guía do consumidor de peixe fresco. Santiago: Xunta de Galicia.
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-560-3
  • Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X

Outros artigos

Ligazóns externas

A galiña na cultura popular galega

A seguir recóllese información diversa sobre a pegada da galiña na cultura popular galega, e tamén a súa presenza na literatura oral galega, agrupando todo o referente á galiña, ó galo, polos, pitos e pitas, capóns e, por suposto, ós ovos. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Boeing 747

O Boeing 747 é un avión de pasaxeiros e carga de fuselaxe ancha desenvolvido por Boeing. Foi alcumado Jumbo e Queen of the Skies, e era capaz de levar dúas veces máis pasaxeiros e carga que os seus contemporáneos. Apareceu en abril de 1966 cun pedido de 25 avións para Pan Am. Boeing concibiu o prototipo tras perder un concurso fronte ao C-5 Galaxy de Lockheed para dotar ao exército dos Estados Unidos dun avión de carga e transporte estratéxico, unha vez que identificou un oco de mercado para un avión de gran capacidade.

Trátase dun dos avións máis doadamente recoñecibles do mundo e foi o primeiro modelo de fuselaxe ancha. O 747 ten unha configuración de dous pisos nunha parte da súa lonxitude e está dispoñible como avión de pasaxeiros, de carga ou para outros usos. Boeing deseñou o piso superior en forma de xiba como un salón de primeira clase ou (como adoita a usarse actualmente) como unha zona adicional de asentos, e permitíalle ao avión converterse doadamente en cargueiro retirando os asentos e instalando unha porta de carga frontal. Boeing fixo isto porque a compañía agardaba que nun futuro houbese avións de pasaxeiros supersónicos (cuxo desenvolvemento se anunciou a principios dos 60), para prestar o 747 e outros avións subsónicos obsoletos, xa que pensaban que a demanda de cargueiros subsónicos manteríase forte. Agardábase que o 747 quedase anticuado tras vender uns 400 exemplares, pero excedeu as expectativas ao superar os 1.000 avións fabricados no ano 1993. No mes de xullo de 2017 foran construídas 1 533 unidades, con 18 pedidos da variante 747-8.O 747-400, a versión de pasaxe máis común en sevizo, está entre os avións de pasaxeiros máis rápidos en activo cunha velocidade de cruceiro de Mach 0,85 (920 km/h). Ten un alcance intercontinental de 13.450 km. Pode levar 416 pasaxeiros nunha típica configuración de tres clases, 524 en dúas clases ou 660 nunha única clase. A versión máis nova do modelo, o 747-8, atópase actualmente en produción e recibiu a certificación no ano 2011. As entregas da versión de carga 747-8F ao seu cliente de lanzamento, Cargolux, comezaron no mes de outubro dese ano; as entregas da versión de pasaxeiros, a 747-8I, a Lufthansa, comezaron en maio do 2012. O 747 será substituído no futuro polo Boeing Y3 (parte do Boeing Yellowstone Project).

Brema

A brema (Abramis brama) é unha especie de peixe de auga doce pertencente á familia dos ciprínidos (Cyprinidae) que habita nos ríos e lagos de Irlanda, Reino Unido, centro e norte de Europa, e Rusia.

Camelo

O camelo (Camelus) é un xénero de ungulados artiodáctilos (de número impar de dedos) que contén dúas especies: o dromedario (Camelus dromedarius), dunha xibas e o camelo bactriano (Camelus bactrianus), de dúas xibas. Ambos os dous son nativos de áreas secas e desérticas da Asia e do norte de África. O nome camelo ( pronunciación ) ven do grego kamelos a partir do hebraico gamal 'camelo'.

Os humanos teñen domesticado camelos desde hai milleiros de anos. Tanto o dromedario como o camelo bactriano úsanse para obtención de leite, carne e como animais de carga - o dromedario no norte da África e Oriente Medio e o camelo bactriano na Asia central. Ademais a súa pel utilízase para facer coiro e la.

Mesmo existindo arredor de 13 millóns de dromedarios hoxe en día, están extintos como animais salvaxes. Hai, porén, unha poboación salvaxe considerábel de ao redor do millón de exemplares que viven nos desertos da Australia central, descendentes de individuos que foron levados no século XIX e foron abandonados na primeira metade do século XX, ao aumentar o uso de vehículos de motor para transportar cargas.

O camelo bactriano posúe preto de 1,4 millóns de individuos, a maioría domesticados. Hai uns 1.000 camelos salvaxes no deserto de Gobi e pequenos grupos en Irán, Afganistán, Turquía e Rusia.

Ambos os dous son animais herbívoros. Poden tomar case 120 litros de auga dunha soa vez que almacena ao igual que o alimento na súa xiba e que lle permiten aguantar semanas sen beber e sen comer.

Cebú (boi)

O cebú, Bos taurus indicus (ás veces denominado Bos primigenius indicus), é unha subespecie de bovino doméstico orixinaria de Asia.

Cefalópodos

A dos cefalópodos (Cephalopoda) é unha clase de invertebrados bilaterais, mariños, do filo dos moluscos.A súa característica máis rechamante é qjue o seu corpo está constituído por unha cabeza prominente e un conxunto de brazos ou tentáculos, que son modificacións do pé de moluscos primitivos.

Actualmente existen entre 700 e 800 especies de cefalópodos, todas elas pertencentes á subclase dos coleoideos, a excepción dos náutilos, que pertencen á subclase dos nautiloideos, e que reciben os nomes comúns de polbos, luras, potas, xibas (chamadas tamén chocos nalgunhas zonas de Galicia) e náutilos, aínda que o seu número se incrementa cada ano, quedando seguramentea algunhas especies vivas por descubrir. Estímase que o número de especies extintas rolda as 11 000.O estudo dos cefalópodos é unha rama da malacoloxía coñecida como teutoloxía.

Chopo

O termo chopo pódese referir a:

Populus, xénero de árbores caducifolias salicáceas que medran na beira dos ríos mediterráneos e que son coñecidos tamén como álamos.

Verbasco (Verbascum thapsus), planta herbácea da familia das escrofulariáceas, bienal, con flores amarelas reunidas en espiga.

Xiba (Sepia officinalis), molusco cefalópodo, de corpo groso, cunha cuncha calcaria interna e unha bolsa de tinta e que é coñecido tamén como sepia.

Grolo, porción de líquido que se bebe dunha vez e que é chamado tamén chingo, goto, trago.

Choquiño

O choquiño (Sepia elegans, Blainville 1827; antes Sepia italica) é un molusco cefalópodo da familia Sepiidae.

Choquiño bicudo

O choquiño bicudo (Sepia orbignyana, Férussac 1826; antes Sepia rubens) é un molusco cefalópodo da familia Sepiidae, da orde Sepiida.

Cifose

A cifose ou quifose (do grego κύφος, "convexo", e o sufixo -se, que indica "estado, proceso") é unha desviación da columna vertebral que provoca un avultamento á altura da parte posterior da rexión torácica O vulto producido nas costas coñécese vulgarmente coma corcova ou chepa. Tamén coma carrela, carrumba, gobelo, gobia, lomba, marrá ou xiba A columna presenta catro curvaturas fisiolóxicas (ou "normais"): dúas curvaturas dirixidas cara a fóra do corpo denominadas cifoses que están presentes na columna dorsal e sacra, e dúas curvaturas chamadas lordoses dirixidas cara a dentro do corpo e situadas na rexión lumbar e cervical. A escoliose (curvaturas cara aos lados) sempre se considera patolóxica ("anormal"). Neste caso, a deformidade en flexión da columna vertebral provoca unha curvatura con prominencia dorsal, moitas veces acompañada de patoloxía cardiopulmonar como complicación da deformidade vertebral.

As alteracións da columna vertebral pódense dar en dous planos; o medial e o frontal. Dentro do plano frontal atopamos a escoliose. Mentres que a cifose e a lordose son vistas desde un plano medial (lateral). Cando a curva fisiolóxica tórnase patolóxica denomínase hipercifose.

Cuncha

Este artigo trata sobre a estrutura animal, para o elemento arquitectónico véxase Pendente (arquitectura).A cuncha é unha estrutura dura, de natureza calcárea, que cobre externamente o corpo dos moluscos para protexelo dos predadores e servir de elemento de inserción dos músculos e órganos internos. Constitúe, nestes animais, o exoesqueleto ou esqueleto externo propio dos animais invertebrados. Noutros casos, coma nos crustáceos, fálase de casca.

Adopta formas e características moi variables segundo o grupo ó que pertenzan na clasificación taxonómica e, nalgún caso, é interna ou chega a faltar. Pode estar formada por unha peza única ou por dúas ou máis pezas, móbiles entre si, chamadas valvas.

A cuncha é segregado polo manto, tegumento que recobre a masa visceral.

Dromedario

O dromedario ou camelo arábigo (Camelus dromedarius) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Camelidae. É similar ao camelo bactriano (coñecido vulgarmente como camelo), do que se diferencia pola súa pelaxe xeralmente máis curta, corpo menos robusto e presenza dunha xiba en lugar de dous.

O pan na cultura popular galega

O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do pan na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Recóllese non só a información referida expresamente ó pan, senón tamén a referida á fariña e a actividades directamente relacionadas, como sementar, segar, etc.; as referidas ó millo e á broa recóllense no artigo o millo na cultura popular galega.

Ademais do seu significado recto (alimento elaborado con fariña, auga, sal e lévedo, fermentado e cocido no forno), a palabra pan designa especificamente o centeo ou un cereal en xeral; segundo Eladio Rodríguez, tamén denomina o millo aínda na terra. Pero ademais é un elemento de referencia para designar moitas outras realidades.

Sepia (xénero)

Sepia é un xénero de moluscos cefalópodos da familia dos sepíidos que agrupa algunhas das especies máis comúns e comercializadas, como a nosa popular xiba.

Sepideos

Os sepideos ou, popularmente, xibas, chocos ou sepias, son moluscos mariños da orde Sepiida (Zittel, 1895), da infraclase Decapodiformes, da clase Cephalopoda.

Teñen unha cuncha interna reducida e oculta dentro do seu corpo, bolsa de tinta, e dez tentáculos (oito deles, máis curtos, son chamados brazos).

Sousa (xénero)

Sousa é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende tres especies de golfiños que se caractarizan por teren unha xiba ba base da aleta dorsal, e que viven na rexión Indo-pacífica e nas costas da África centrooccidental.

Sépidos

Os sepíidos ou sépidos (Sepiidae, Leach, 1817) son unha familia de moluscos cefalópodos pertencente á orde dos Sepiida. As súas especies coñécense cos nomes de sepias, xibas ou chocos, entre outros. Os dimuntivos chopiño e choquiño aplícanse a especies da familia dos sepiólidos (Sepiolidae), doutra orde irmá, a dos Sepiolida.

Xirafa

A xirafa (Giraffa) é un xénero de mamífero artiodáctilo propio de África, o animal terrestre vivo máis alto e o maior ruminante. O xénero comprende varias especies, incluíndo a Giraffa camelopardalis que é a especie tipo. Sete destas especies están extintas. O xénero considerábase unha soa especie con numerosas subespecies, pero tras investigacións do seu ADN pasou a facerse unha clasificación de catro especies dentro do xénero Giraffa: Giraffa giraffa (xirafa do sur), Giraffa tippelskirchi (xirafa masai), Giraffa reticulata (xirafa reticulada) e Giraffa camelopardalis (xirafa do norte). As características principais deste xénero son o seu longo pescozo e patas, dúas protuberancias na cabeza e as marcas distintivas na pelaxe, e cada unha das catro especies distínguese segundo os padróns destas marcas ademais de pola súa xenética. O xénero clasifícase dentro da familia Giraffidae xunto ao seu parente máis próximo, o ocapi.A área de distribución da xirafa esténdese dende o Chad ao norte ata Suráfrica no sur, e desde o Níxer no oeste ata Somalia no leste, e comprende hábitats de sabanas, sabanas arboradas e bosques abertos. A súa fonte primaria de comida son as follas de acacia, árbores que crecen ata alturas ás que a maioría dos outros herbívoros non poden chegar. O principal predador da xirafa é o león, aínda que as crías son tamén cazadas por leopardos, hienas e licaóns. Os espécimes adultos non posúen lazos sociais fortes, malia que poden asociarse en conxuntos dispersos cando se atopan mentres se desprazan nunha mesma dirección. Os machos establecen unha xerarquía social pelexándose entre eles usando o pescozo como arma, na que os machos dominantes son os que teñen acceso ás femias, que son as que se encargan de coidar das crías.A xirafa foi un animal destacado para varias culturas antigas e modernas pola súa particular aparencia, e é habitual a súa aparición en pinturas, libros e debuxos. Está clasificada pola IUCN como vulnerable, xa que a súa área de distribución orixinal se foi reducindo considerablemente dende os primeiros estudos da especie, e algunhas das subespecies foron clasificadas pola IUCN como ameazadas en perigo de extinción. Segundo a IUCN o número de individuos desta especie reducíuse entre un 36% e un 40% dende o ano 1985 ata chegar a uns 95 700 individuos vivos en liberdade na natureza no ano 2015.

Zooloxía

A zooloxía (dos termos do grego antigo ζῷον zõon, 'animal', e λόγος lógos, 'discurso', 'tratado') é a ciencia que estuda os animais, incluíndo a súa estrutura, embrioloxía, evolución, clasificación, hábitos e distribución de todas as especies.

Reunindo varias disciplinas e utilizando numerosas técnicas, esta ciencia foi lentamente elaborada a través do paso dos tempos, desde a máis remota antigüidade. Historicamente, as primeiras reflexións precientíficas referidas á zooloxía que chegaron até a actualidade son as do filósofo grego Aristóteles, do IV a.C.. As tentativas de clasificación das especeies animais foron numerosas e frecuentemente modificadas desde aquela época.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.