Xi Jiang

O Xi Jiang (literalmente « río do oeste »; en pinyin : Xī Jiāng, en pinyin 西江, transcrito en Wade-Gilles Si Kiang, e ás veces dito « Hsi Jiang ») é un río do sur da China, que ten un curso de 2.197 quilómetros O Xi Jiang é o terceiro dos ríos máis longos da China, tras o Chang Jiang e o Huang He.

Ao longo do seu curso recibe nomes diversos. Primeiro é o de Nanpan, despois o de Hongshui e Xun, para finalmente ser o Xi Jiang.

Xi Jiang
Xijiang Zhaoqing
PaísFlag of the People's Republic of China.svg China
NacementoLlanwan Shan
Lonxitude2.197 km
DesembocaduraMar da China Meridional

Curso

O Xi nace no oeste da provincia de Yunan, en Llanwan Shan. As súas fontes áchanse ao nordeste de Kunming e algo ao norte de Qujing. Desde aí as súas augas atravesan as provincias de Yúnnán, Guìzhōu e máis Guǎngxī, formando o se leito o límite entre esta última e a de Guǎngdōng. Flúe primeiro en dirección sur, para encurvarse cara o oeste desde Wuzhou. Logo xa no tramo final divídese en varios brazos, o máis importante dos cales atravesa Jiangmen, e deixando Macau a oeste, desauga no mar da China Meridional.

O río das Perlas

Un dos brazos do seu tramo baixo, únese con o Dong Jiang ("río do leste") e con o Bei Jiang ("río do norte"), converténdose entón no Zhu Jiang ou río das Perlas, que atravesa a cidade de Cantón, e forma un amplo estuario tamén sobre o mar da China Meridional.

Navegabilidade

En numerosos tramos do seu curso o Xi Jiang é navegábel, mais desde a súa desembocadura barcos de calado mediano só poden remontar uns 150 km río arriba, porén, por medio dos seus afluentes, en especial a través o Li Jiang, pódese chegar até o transpaís con maior facilidade.

Afluentes

Os máis importantes son:

Cidades importantes no curso

  • Wuzhou (provincia de Guangxi)
  • Zhaoqing (provincia de Guangdong)
  • Gaoyao (provincia de Guangdong)
  • Jiangmen (provincia du Guangdong)

Homónimos

Existe outro río Xi, un afluente menor do río Jiulong, no noroeste de Xiamen.

Hidrografía

A hidrografía é unha parte da xeografía física que clasifica e estuda as masas de auga do planeta.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Río Li Jiang

O Li Jiang ou Lijiang (río Li) (en transcrición pinyin: Lí Jiāng) é un río de Guangxi , China, afluente do Xi Jiang, ao que rende as súas augas despois de 437 km de percorrido.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.