Xi'an

Xi'an (chinés: 西安, pinyin: Xī'ān, romanización antiga: Sian), en chinés "Paz Occidental") é unha cidade de China, na provincia de Shaanxi no val do Wei. Ten preto de 4.2 millóns de habitantes e é un centro industrial, comercial e turístico. Foi a capital de China ó longo de varias dinastías: Chin (255 a 206 AC), Han (202 AC a 25 DC) e Tang (618 a 907).

Coordenadas: 34°16′N 108°54′L / 34.267, -108.900

Xi'an montage

Historia

A cidade actual de Xi'an reconstruíse durante a época Ming no lugar da antiga Chang'an, capital das dinastías Sui e Tang.

Prehistoria

A cunca baixa do río Amarelo, da que o río Wei é o tributario principal, foi o berce da civilización chinesa. No val do segundo, ao sueste da cidade actual, téñense atopado restos de Homo erectus de entre un millón e 500 000 anos de antigüidade (Home de Lantián).

Xa no neolítico, para o 4.500 a.C., houbo un asentamento de cinco a sete hectáreas no bordo leste da cidade (Banpo[1]). Pertencente á cultura Yangshao, estaba rodeado dun foso defensivo.

Primeiras capitais

Pero a entrada do lugar na historia coma zona de asentamento de capitais das dinastías fundacionais prodúcese no 1046 a.C. cando os Zhou, pobo establecido no oeste do val do Wei (por iso chamados Zhou Occidentais ata 772 a.C.), derrocan a dinastía Shang e instauran a súa. Os dous primeiros reis, Wu e Cheng, implantan unha dobre capital subsidiaria nas ribeiras do Feng (afluente do Wei no bordo occidental da cidade actual[2]). Chaman Feng á parte oeste e Hao á do leste (Fenghao ao conxunto[3]). Duns dez quilómetros cadrados, os principios que rexerían a súa feitura poderían seren os marcados no clásico Ritos de Zhou, onde se teoriza sobre os principios básicos da arquitectura e urbanismo chinés que anticipa a planta das capitais imperiais posteriores[4].

No 771 a.C. os Zhou, atacados por nómades do oeste, desprazan a súa capital ao leste (Luoyang; por iso Zhou Orientais). Fenghao debeu ser destruída ou progresivamente abandonada. Ata que no século IV aC, un novo pobo, os Qin (Chin), aséntase no val do Wei. Vasalos dos Zhou Orientais ao comezo, trala época dos Reinos Combatentes (475-256 a.C.), acaban por unificaren China nun só imperio.

O ano 350 a.C. foi o do ascenso do reino de Qin de periférico a dominante dos seus veciños. O conselleiro do Duque Xiao de Qin, Shang Yang, vai revolucionar a administración e o goberno do poder chinés, sentando as bases de máis de dous milenios do réxime imperial. Amais, supervisou o traslado e a construción dunha nova capital nunha posición máis estratéxica: Xianyang (nordeste da actual cidade homónima), na beira norte do río Wei. Os sucesivos gobernantes Qin amplíana construíndo novos pazos[5] ata que Qin Shi Huangdi, o primeiro emperador chinés, decide construír o seu na beira sur do río (219 aC[6]), acorde en magnificencia co novo rango de capital imperial. Tamén nesa beira, ao leste, sitúase o achado arqueolóxico máis importante do século XX e posiblemente do XXI: os guerreiros de terracota, pertencentes ao xigantesco complexo aínda por desenterrar do mausoleo do emperador.

Changan, capital da dinastía Han Occidental

No -206 unha guerra civil terminou coa breve pero intensa dinastía Qin, queimando ata os cimentos a súa capital e pazos. A dinastía Han foi instaurada e de seguido unha nova capital imperial construída: Changan.

Sobre as ruínas dun dos pazos Qin na beira sur do Wei, o Xingle, o fundador da dinastía dos Han Anteriores ou Occidentais, Liu Bang, reconstrúe en -202 un novo que chama Changle, feito tomado coma fundación de Changan. Dous anos despois erixe o pazo Weiyang (4,8 km2; suroeste da cidade). E entre 194-190 aC levántanse as murallas da cidade cun perímetro de 25,7 km e 36 km2 protexidos (dos que dous terzos son pazos, situados maiormente no sur onde a topografía era máis elevada [7]).

Esta capital pacega dun gran imperio foi a urbe cosmopolita na que comezaba a Ruta da Seda (a partir do -130) e a igual á Roma do tempo, no outro extremo da ruta. Aínda despois dos conflitos que levaron á disolución da dinastía e a súa retoma coma Han Orientais ou Posteriores, xa con capital en Luoyang (25), Changan non deixou de manter o prestixio acadado, sendo capital ocasional durante o longo e sanguento interregno dos Tres Reinos, as Seis Dinastías e invasións dos Hunos (séculos IV a VI).

Daxing, a nova Changan da dinastía Tang

No 582, despois de restaurar a unidade imperial, o fundador da dinastía Sui, o emperador Wen, decide erixir tamén unha nova capital, unha ducia de quilómetros ao sueste de Changan (que estaba moi arruinada tras tantos séculos de guerras e decadencia, os acuíferos salgados, e con risco sempre de ser asolagada polo Wei). Xa no soar da actual cidade moderna, chámaa Daxing[8].

O plan do mestre arquitecto Yuwen Kai segue os ditados arriba vistos dos clásicos de Zhou pero levados a unha escala endexamais vista (9,7×8,7 km, 85 km2[9]). A cidade divídese en tres partes ben diferenciadas por murallas: a cidade pacega cos pazos imperiais, a cidade imperial próxima cos edificios de goberno e administrativos, e a cidade propiamente dita de bloques residenciais, con mercados e templos [10]. O deseño será o modelo urbano, non só das cidades chinesas posteriores (Pequín, Yuan e Ming), senón tamén de todo o extremo oriente (por exemplo as capitais imperiais xaponesas, Heian-Kyoto)

A vella Changan é demolida e reutilizados os materiais. Deseguido (582-583) o gran complexo pacego é construído no centro do muro norte co gran pazo Da Xing (Taiji despois).

Pero a nova capital vai acadar a súa máxima expresión e esplendor coma maior cidade do mundo pouco despois, coa dinastía Tang (618-907). Aínda que a tradición chinesa sinalaba que cada dinastía erixise unha capital de seu, os Tang manteñen a capital Sui pero renomeándoa co nome de Changan[11].

Pronto un novo gran pazo de verán esténdese polo nordeste, fóra das murallas, o Daming (634-62)[12]. A gran pagode Da Yan (do Ganso Salvaxe) elevouse entre 652 e 704, e ao ser de ladrillo conservouse ata hoxe. Os dous mercados do leste e oeste son os máis activos do mundo, onde chegan toda sorte de mercadorías pola Ruta da Seda.

No 904 toda esta metrópole foi devastada coa caída da dinastía e a maioría dos habitantes obrigados a trasladarse a Luoyang, ao que seguiron décadas de divisións e invasións de pobos turcos. Só unha pequena área continuou ocupada.

Xi'an

En 1370, co comezo da dinastía Ming, o anaco habitado arrodéase de murallas con foso (14 km[13], 11,5 km2) e recibe o nome de Xi'an [14]. Aprovéitanse en parte (oeste e sur) as do recinto da cidade imperial e pacega da época Tang. O conxunto é o recinto histórico da metrópole actual. Tradicional chinés, dous grandes eixos entre as portas principais córtanse na praza central onde se levanta a Torre da Campá e a Torre da Tambor. O cuadrante nordeste resérvase para o palacio Ming e edificios administrativos[15].

Inda que dende esa época Xi'an non foi máis que capital provincial sen medrar significativamente ata a segunda metade do século XX[16][17], o seu antigo prestixio conservouse como unha das catro grandes antigas capitais de China (con Luoyang, Beijing e Nanjing). Da man dos extraordinarios descubrimentos arqueolóxicos que inda se están a desvelar, o futuro da urbe coma destino turístico de primeira orde e centro do desenvolvemento do interior do país están garantidos.

Notas

  1. "Páxina do Museo de Banpo". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2009. Consultado o 04 de xullo de 2009.
  2. Esquema das sucesivas capitais ao longo do tempo no área de Xian
  3. Restos arqueolóxicos de Hao
  4. Traza da cidade ideal segundo os Ritos de Zhou
  5. Situación da capital, pazos e tumbas Qin[Ligazón morta]
  6. Pazo de Qin Shihuang na beira sur do Wei ("The magic square", Alfred Schinz)
  7. Planta da Changan Han (pazos en amarelo)
  8. "Esquema coa situación de Daxing respecto as outras capitais". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2009.
  9. "Esquema da traza de Daxing comparada co ideal dos Ritos de Zhou". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2009.
  10. Visión interactiva da Changan Tang
  11. "Reconstrución da Changan Tang en 3D; Universidade de Singapur". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2009. Consultado o 16 de xullo de 2009.
  12. "Planta do Pazo Daming". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2009.
  13. Vista das murallas Ming; Porta Sur en primeiro plano[Ligazón morta]
  14. Planta da Xian Ming[Ligazón morta]
  15. Xian intramuros entre os séculos XV-XX[Ligazón morta]
  16. Xian moderna; anos 70[Ligazón morta]
  17. Xian moderna; anos 90[Ligazón morta]
Aeroporto Internacional de Pequín-Capital

O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Ven sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Changsha-Huanghua

O aeroporto internacional de Changsha-Huanghua (IATA: CSX, OACI: ZGHA) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Changsha, na provincia de Hunan, ademais de cidades próximas como Zhuzhou e Xiangtan. No ano 2016 foi o 13º aeroporto máis concorrido do país. Está situado a uha 25 quilómetros do centro de Changsha. Está operado pola Hunan Airport Authority, unha corporación de propiedade pública que operaos cinco aeroportos da provincia de Hunan Province. O aeroporto de Changsha-Datuopu é o segundo aeroporto que serve a Changsha e é usado principalmente para propósitos militares.

Aeroporto de Chongqing-Jiangbei

O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste de China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.

O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.

En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.

Aeroporto de Fuzhou-Changle

O aeroporto internacional de Fuzhou-Changle (IATA: FOC, OACI: ZSFZ) é un aeroporto internacional que serve a Fuzhou, a capital da provincia chinesa de Fujian. Inaugurouse o 23 de xuño de 1997, despois de que a súa construcións se aprobase no ano 1992. O aeroporto atópase preto da ribeira do estreito de Taiwán no distrito de Changle, a uns 50 quilómetros ao leste do centro de Fuzhou.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 11 606 446 pasaxeiros, sendo o 26º aeroporto máis concorrido da China. Ademais, foi o 23º máis concorrido en termos de carga e o 28º en amovementos de avións.

Aeroporto de Hangzhou-Xiaoshan

O aeroporto internacional de Hangzhou-Xiaoshan (IATA: HGH, OACI: ZSHC) é o principal aeroporto que serve a Hangzhou, unha gran cidade na rexión da conurbación do Delta do Yangtzé e a capital da provincia chinesa de Zhejiang. Está situado na ribeira sur do río Qiantang, no distrito de Xiaoshan, a 27 quilómetros do centro de Hangzhou.

O aeroporto opera voos a destinos en toda China. Os destinos internacionais atópanse principalmente no leste e sueste de Asia, aínda que tamén opera voos a algunhas cidades de África, Europa e do sur de Asia. Hangzhou-Xiaoshan serve como cidade focal para Air China, China Eastern Airlines, China Southern Airlines, Hainan Airlines e Xiamen Airlines.

No ano 2017 o aeroporto de Hangzhou foi usado por 35 570 411 pasaxeiros, sendo o 10º máis concorrido da China en termos de pasaxeiros. Ademais, o aeroporto foi o 6º máis concorrido do país en termos de carga con 589 461 toneladas e o 9º en movemento de avións con 271 066.

Aeroporto de Jinan-Yaoqiang

O aeroporto internacional de Jinan-Yaoqiang (IATA: TNA, OACI: ZSJN) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Jinan, a capital da privincia de Shandong. Está situado a uns 33 quilómetros ao nordés do centro da cidade, xusto ao norte de Yaoqiang, de onde o aeroporto colle parte do seu nome.

Aeroporto de Kunming-Changshui

O aeroporto internacional de Kunming-Changshui (IATA: KMG, OACI: ZPPP) é o principal aeroporto que serve a Kunming, a capital da provincia chinesa de Yunnan. Está situado a 24,5 quilómetros ao nordés do centro da cidade nunha área montañosa a 2 100 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse o día 28 de xuño de 2012, substituíndo ao vello aeroporto de Kunming-Wujiaba que será demolido. Como porta de entrada cara o sueste e sur de Asia, o aeroporto de Changshui é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Kunming Airlines, Lucky Air, Sichuan Airlines e Ruili Airlines. No ano 2016 foi usado por un total de 41 980 339 pasaxeiros, sendo un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo e o 5º da China.

Aeroporto de Lijiang-Sanyi

O aeroporto internacional de Lijiang-Sanyi (IATA: LJG, OACI: ZPLJ) é un aeroporto que serve a Lijiang, na provincia chinesa de Yunnan. Foi construído no ano 1995 e atópase a 25 quilómetros ao sur da cidade.

Aeroporto de Nanjing-Lukou

O aeroporto internacional de Nanjing-Lukou (IATA: NKG, OACI: ZSNJ) é o principal aeroporto que serve a Nanjing, a capital da provincia chinesa de Jiangsu, e á conurbación do delta do Yangtzé. Está situado no distrito suburbano de Jiangning, a uns 35 quilómetros ao sur do centro da cidade.

Nanjing é o centro de conexións para China Eastern Airlines, e é unha cidade focal para Shenzhen Airlines. China Southern Airlines e Xiamen Airlines tamén operan un considerable número de voos no aeroporto. Nanjing é a principal base para China Postal Airlines, con servizos de carga a todas as grandes cidades de China, manexando correo urxente e carga para China Post.

Aeroporto de Nanning-Wuxu

O aeroporto de Nanning-Wuxu (IATA: NNG, OACI: ZGNN) é un aeroporto que serve a Nanning, a capital da rexión autónoma de Guangxi, en China. Está situado a 32 quilómetros ao suroeste do centro da cidade. Foi construído no ano 1962 e en 1990 pasou por diversas melloras. A terminal 2, cunha superficie de 189 000 m2, inaugurouse o 25 de setembro de 2014. Está deseñada para manexar 16 millóns de pasaxeiros anualmente. No ano 2002 o aeroporto acadou a cifra de 1 millóns de pasaxeiros, chegando aos 2 millóns anuais en 2006. En 2016 11 558 000. pasaxeiros utilizaron as súas instalacións.

Aeroporto de Sanya-Phoenix

O aeroporto internacional de Sanya-Phoenix (IATA: SYX, OACI: ZJSY) é un aeroporto que serve á cidade de Sanya en Hainan, a provincia máis meridional de China. Está situado a uns 15 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. No ano 2015 foi usado por 16 191 930 pasaxeiros, converténdoo no 18º aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxe.

Aeroporto de Shanghai-Pudong

O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire de China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroporto de Shenyang-Taoxian

O aeroporto internacional de Shenyang-Taoxian (IATA: SHE, OACI: ZYTX) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Shenyang, capital da provincia de Liaoning no nordés do país. Está situado a uns 20 quilómetros ao sur do centro da cidade e é unha cidade focal para China Southern Airlines.

Aeroporto de Wuhan-Tianhe

O aeroporto internacional de Wuhan-Tianhe (IATA: WUH, OACI: ZHHH) é un aeroporto que serve a Wuhan, a capital da provincia chinesa de Hubei. Foi inaugurado o 15 de abril de 1995 substituíndo aos vellos aeroportos de Hankou-Wangjiadun e Nanhu como principais aeroportos de Wuhan. Está situado no distrito de Huangpi, a uns 26 quilómetros ao norte do centro de Wuhan. É o aeroporto máis concorrido do centro da CHina, atopándose xeograficamente situado no centro da rede doméstica do país. É unha cidade focal para Air China, China Eastern Airlines e China Southern Airlines. O aeroporto ten voos cara destinos internacionais como Bangkok, Moscova, Osaca, París, Seúl e Singapur.

No ano 2017 o aeroporto foi utilizado por 23 129 400 pasaxeiros, sendo o 14º máis concorrido do país en número de pasaxeiros. O nome Tianhe (天河) pode traducirse literalmente como "río do ceo"; é tamén un dos nome para a Vía Láctea na antiga China.Dende o 1 de maio de 2015, pasaxeiros de países como os da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Rusia e Estados Unidos, cando viaxan a un terceiro país, poden entrar en China dende este aeroporto sen unha visa chinesa ata 72 horas.

Aeroporto de Xi'an-Xianyang

O aeroporto internacional de Xi'an-Xianyang (IATA: XIY, OACI: ZLXY) é o principal aeroporto que serve a Xi'an, a capital da provincia chinesa de Shaanxi, ademais de a toda a área de Guanzhong. É o aeroporto máis grande do noroeste de China e o segundo máis grande do norte do país. Foi o centro de conexións para China Northwest Airlines ata que a aeroliña se fusionou con China Eastern Airlines en 2002. A aeroporto de Xi'an tamén é centro de conexións para Joy Air e unha cidade focal para Hainan Airlines.

Aeroporto de Xiamen-Gaoqi

O aeroporto internacional de Xiamen-Gaoqi (IATA: XMN, OACI: ZSAM) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Xiamen, na provincia de Fujian. É a base principal de XiamenAir e TAECO, unha compañía de mantemento de avións. O aeroporto está situado na cara norte da illa de Xiamen. En outubro de 2011 iniciouse a construción dunha nova terminal, a terminal 4, que foi completada no ano 2014. No ano 2017 foi o 12º aeroporto máis concorrido da China en termos de pasaxe, con 24 485 239 pasaxeiros.

Aeroporto internacional de Incheon

O aeroporto internacional de Incheon (IATA: ICN, OACI: RKSI), tamén coñecido como aeroporto internacional de Seúl-Incheon, é o aeroporto máis grande de Corea do Sur e un dos máis concorridos do mundo. Dende o ano 2005 vén sendo considerado o mellor aeroporto do mundo por Airports Council International. Tamén foi elixido o aeroporto máis limpo e o que ten o mellor tránsito internacional do mundo por Skytrax.O aeroporto ten campo de golf, spa, habitacións de descanso privadas, unha pista de patinaxe sobre xeo, un casino, xardíns interiores e un museo sobre a cultura coreana. As autoridades do aeroporto afirman que de media as chegadas e saídas duran 19 e 12 minutos, respectivamente, en comparación coa media mundial de 60 e 45 minutos, converténdoo nun dos aeroportos máis rápidos do mundo á hora de operar.O aeroporto inaugurouse o 29 de marzo de 2001 para substituír ao antigo aeroporto internacional de Gimpo que a día de hoxe opera principalmente voos domésticos e voos de enlace ás principais cidades da zona, como Toquio, Osaca, Pequín, Shanghai e Taipei.

Está situado ao oeste do centro de Incheon, nunha área creada artificialmente entre as illas de Yeongjong e Yongyu. As dúas illas estaba orixinalmente separadas por mar pouco profundo.

Ruta da seda

A Ruta da seda era unha rede de rutas comerciais entre Asia e Europa que se estendía dende Chang'an (actualmente Xi'an) en China, até Antioquia en Siria medieval e Constantinopla (actualmente Istambul, Turquía) ás portas de Europa. O seu nome ven da mercancía máis prestixiosa que circulaba nela, a seda, cuxa fabricación era un segredo que só os chineses coñecían. Utilizase esta denominación dende o século XIX e debesella ao xeógrafo alemán Ferdinand Freiherr von Richthofen. O tránsito por lugares desérticos daba lugar aos típicos camiños para caravanas de camelos e cabalos. Os romanos xa eran grandes afeccionados tras coñecer o segredo antes do comezo da nosa era, a través dos partos, e foron estes que organizaron entón o comercio da seda. Moitos outros produtos transitaban por estas rutas : pedras e metais preciosos, teas de la ou de liño, ámbar, marfil, laca, especias, vidro, coral etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.