Xestur

Unha Xestur é unha sociedade anónima de ámbito provincial que se encarga da xestión do solo galego. Son dependentes das institucións galegas, de xeito que un 80% do seu capital é xestionado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS); e un 20% do capital pertence ás diferentes deputacións provinciais.[4]

Xestur
Fundación:23 de decembro de 2013.[1]
Presidente:María Teresa Gutiérrez[2]
Orzamento:22.608.259,81 (estimado 2015[3])
http://www.xesturgalicia.com

Obxectivos das Xestur

As Xestur foron creadas pola Xunta de Galicia coa fin de descentralizar a xestión do solo. Así, existen catro xestures, unha por cada provincia galega.

Os principais obxectivos destes organismos son:[4]

  • Desenvolvemento da actividade urbanizadora, que comprende tanto a promoción e preparación de solo, a renovación ou remodelación urbana, a realización de obras de infraestrutura urbana ou a dotación de servizos para a execución dos plans de ordenación.
  • Xestión e explotación de obras e servizos resultantes da urbanización, no caso de obter a concesión ou rematar o convenio correspondente, conforme ás normas aplicables a cada caso.
  • Construción, arrendamento e alleamento de naves e locais industriais e comerciais.
  • Promoción e preparación de solo empresarial e a súa xestión e venda.
  • Elaboración de estudios urbanísticos, incluída a redacción de plans de ordenación e proxectos de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.

Notas

  1. Xestur (ed.). "Xestión do solo de Galicia: información xeral.". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2015.
  2. Deputación de Ourense (ed.). "A presidenta de Xestur Galicia, María Teresa Gutiérrez, analiza en Ourense a situación do solo empresarial.". Consultado o 9 de xuño de 2015.
  3. Xestur Galicia (ed.). "Memoria dos orzamentos 2015 e programa de actuacións, investimentos e financiamento." (PDF). Consultado o 9 de xuño de 2015.
  4. 4,0 4,1 Xunta de Galicia (ed.). "Presentación da Xestur". Consultado o 9 de xuño de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Argimiro Marnotes Fernández

Argimiro Marnotes Fernández, nado no Carballiño é un político galego do PPdeG.

Evencio Ferrero Rodríguez

Evencio Ferrero Rodríguez, nado en Carballo en 1955, é un mestre e político galego que actualmente, e dende o 2003 é alcalde desta localidade polo BNG.

Guillermo Collarte

Guillermo Collarte Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un político galego do PPdeG.

José Manuel Freire Couto

José Manuel Freire Couto, nado en 1955, é un médico e político galego do PPdeG.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Parque empresarial de Cervo

O Parque empresarial de Cervo está promovido por Xestur Lugo e ten unha superficie de 570 852 m² no concello de Cervo.

Perfecto Rodríguez Muíños

Perfecto Rodríguez Muíños, nado en Ponte Caldelas o 12 de febreiro de 1969, é un avogado e político galego do PPdeG.

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Polígono industrial Sete Pontes

Polígono industrial Sete Pontes é unha zona industrial en Vilalba. Foi promoción de Xestur Lugo e ten unha superficie de case 500.000 metros cadrados en dúas fases.Ten acceso á A-8 pola N-634.

Polígono industrial das Somozas

O Polígono industrial das Somozas foi creado por Xestur A Coruña e inaugurado en 1993. Ten autorización para actividade industrial e comercial. A súa superficie é de 884.000 metros cadrados.

Ten sede nel unha fábrica de Gamesa, Sogarisa, Desguaces Armonía e Soluciones Poligráficas.

Polígono industrial de Barreiros

O polígono industrial de Barreiros é unha iniciativa de Xestur construída no concello de Barreiros.Ten unha superficie total de 131.947 metros cadrados.

Polígono industrial de Camba

O Polígono industrial de Camba é unha zona industrial en Xove promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e xestionada por Xestur Lugo. Foi inaugurado en 1999 e ten unha superficie de 65 745 m².

Recibe o seu nome da aldea de Camba. Está situado a 35 km da A-8.

Polígono industrial de Landrove

O Polígono industrial de Landrove foi creado en 2011 en Viveiro, por Xestur Lugo. Ten 130.000 metros cadrados de superficie.Ten accesos á LU-540.

Polígono industrial de Morás

O polígono industrial de Morás é unha zona industrial en construción situada na parroquia de Morás, concello de Arteixo, no cruzamento da AG-55 e a A-6. O polígono non ten actividade nin empresas.

Polígono industrial de Penapurreira

O Polígono industrial de Penapurreira é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello das Pontes de García Rodríguez. Recibe o seu nome da aldea de Pena Porreira, da parroquia de Vilavella.

Polígono industrial do Acevedo

O polígono industrial do Acevedo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situado no concello de Cerceda.

Polígono industrial do Vidreiro

O Polígono industrial do Vidreiro é unha zona industrial e de servizos creada en Pontedeume en 2001. Promovido por Instituto Galego de Vivenda e Solo, está xestionado por Xestur Coruña. Ten un total de 113.266 m².No polígono ten a súa sede a empresa Leite Celta.

Recibe o seu nome pola aldea do Vidreiro, na parroquia de Andrade.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Xosé Cuíña

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.