Xesteda, Cerceda

Santa Comba de Xesteda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 354 habitantes (173 homes e 181 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 448 habitantes.

Xesteda
Igrexa de Xesteda
Igrexa parroquial de Santa Comba.
ConcelloCerceda
Poboación354 hab. (2013)
Entidades de poboación26

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerceda

Véxase tamén

Outros artigos

Belsar, Xesteda, Cerceda

Belsar é un lugar da parroquia de Xesteda no concello coruñés de Cerceda na comarca de Ordes. Tiña 16 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 7 eran homes e 9 eran mulleres.

Dista da capital do concello 6 quilómetros.

O Fontán, Xesteda, Cerceda

O Fontán é un lugar da parroquia de Xesteda no concello coruñés de Cerceda na comarca de Ordes. Tiña 3 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE, dos cales 1 era home e 2 eran mulleres.

Sendeirismo

O sendeirismo, unha especialidade do montañismo, é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños balizados e homologados polo organismo competente de cada país. Consiste en camiñar principalmente polo campo seguindo sendas ou camiños. Etimoloxicamente a palabra provén de sendeiro.

O sendeirismo busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais, utilizando preferentemente o sistema tradicional de vías de comunicación, tales como cañadas reais, camiños veciñais, sendas e carreiros.O sendeirismo constitúe unha simbiose entre deporte, cultura e as paisaxes naturais.[Cómpre referencia]O sendeirismo é unha actividade que pode confundirse co excursionismo. Segundo despréndese da extensa literatura sobre deportes ao aire libre, o excursionismo sería a disciplina máis próxima e precursora do sendeirismo, aínda que a diferenza deste, discorre por carreiros non balizados e, por tanto, non conta coas garantías de seguridade e calidade que proporcionan os sendeiros homologados. Na maioría de ocasións, a actividade adoita desenvolverse durante un mesmo día.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.