Xesta

Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista.

Dun xeito cientificamente estrito (independentemente dos nomes comúns) as únicas xestas son as pertencentes ao xénero Cytisus, pois algúns dos membros do xénero Genista, real e propiamente, deberían denominarse piornos.

Xesta común (Cytisus scoparius)
Illustration Cytisus scoparius0

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Genisteae
Xénero: Cytisus
Especie: C. scoparius
Nome binomial
Cytisus scoparius
(L.) Link

A xesta, xesta común ou xesta brava (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia.

Baixo deste nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta é a máis frecuente.

A xesta de Ons (Cytisus insularis) é unha especie de planta caducifolia, endémica de Illas Atlánticas e descrita no ano 2001. É o único endemismo do xénero Cytisus evolucionado en Galiza.

Etimoloxía

O termo xesta (en portugués: giesta), procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, por iso tamén dá o mesmo nome ás especies do xénero Genista. Tradicionalmente en galego atópase coa grafía gèsta ou gesteira[1]

Nalgunhas zonas recibe o nome de piorno ou codeso (non confundir con outras especies). O nome de codeso orixinaríase a partir dunha forma do latín vulgar cŭtĭsus, no canto do clásico cytĭsus, procedente este do grego χυτισοξ. Segundo algúns ese nome derivaría da illa das Cícladas Kytnos. O nome piorno probabelmente provén do latín vībŭrnum, co significado de planta semellante ao vimbio.

Outros nomes comúns son: xesta brava, xesta de vasoiras, xesta mansa, xesta amarela, xesta molar ou xesta moura.

A formación dominada polas xestas denomínase xestal ou xesteira.

Dun xeito máis aproximado á clasificación científica, as denominacións precisas relacionarían cada unha das formacións segundo a súa dominancia xenérica deste xeito: xesteiras (Cytisus), codesais e piornais (Adenocarpus); relacionados xunta con outras (tamén moi características en Galiza) coma os carqueixais (Genista) e as toxeiras (Ulex).

Difusión

É nativa da Europa Occidental e da central, que se estende desde o norte da Península Ibérica até as Illas Británicas e a Escandinavia meridional, e polo leste continental até a Polonia e Romanía, onde se pode atopar en sitios soleados e tamén umbrosos, polo normal sobre solos secos e silíceos e a baixas altitudes; porén, pode resistir temperaturas de até -25 °C.

Foi introducida noutros continentes, nalgúns dos cales é considerada como unha especie nociva e invasiva, así en California e o Noroeste do Pacífico nos Estados Unidos de América e en Nova Zelandia. O rápido medre desta especie entre árbores, no momento da reforestación, inhibe a medra dos plantóns, pois compite con este. En Oregón estímase que a xesta é responsábel da perda duns 47 millóns de dólares na produción de madeira cada ano por esa causa. Nalgunhas zonas afectadas tentáronse métodos de control biolóxico, usando algúns insectos que se alimentan da xesta como a Arytainilla spartiophylla, o escaravello Bruchidius villosus, e unha avelaíña, a Leucoptera spartifoliella.

Descrición

A xesta atinxe unha altura de 1 a 3 m, e incluso até 4 m. As ramas principais son verdes, estriadas e magras e poden acadar un diámetro de 5 a 10 cm. É un arbusto moi ramificado, con talos verdes angulosos, de pequenas e poucas follas caedizas, simples e lanceoladas ou ben compostas e trifoliadas, que miden de 5 a 15 mm de longo.

Na primavera (abril a xullo), recóbrese enteiramente dunha multitude de flores amarelas papilonadas recendentes, duns 15 a 20 mm de ancho e entre 20 a 30 mm de longo, que en pouco tempo deixan ver os estames. No final do verán aparece o froito, un legume a xeito de vaxas oblongas, de 2 a 3 cm de longo, 8 mm de ancho e 2 a 3 mm de espesor, vóltanse negras, estoupan con ruído seco e espallan as súas sementes arredor da planta nai.

Utilidade

É unha planta tóxica para o ser humano, mais non para o gado. A casca era usada para curtido de coiros e para a fabricación de cordas; as varas, preparadas, foron usadas como aguilladas para arrear o gado. Tamén se utilizou na elaboración de teas de alumeado. O uso máis común foi para fabricar vasoiras, de feito en moitas zonas do país denomínanse xestas. Outro uso común é coma combustíbel para roxar o fornos de pan ou a súa utilización para facer adobo, xa que como leguminosa aporta nitróxeno ao solo. O estrume conseguido nas cortes era utilizado coma fertilizante para facer medrar as xestas até uns 3 m, despois os aclaraban e formábase unha paisaxe de mato e pasto no que pacía e se protexía o gado. Desgraciadamente a transformación de extensas superficies destes matos en terreos de produción forestal (eucaliptais ou piñeirais) ou forraxeira e o uso de fertilizantes inorgánicos están a perder definitivamente este tipo de sistema produtivo sostíbel. Este uso era abundante nas montañas orientais, onde se utilizaba a xesta branca.

Foi tamén usada, en lugar do colmo habitual, en zonas montañosas para cuberta de vivendas xa que repele o paso da auga e permite a transpiración dos fumes que se producen no interior das construcións. En Francia é aínda posíbel atopar casas con ese tipo de cuberta na alta Ardèche e en Lozère.

Uso medicinal

Ten uso medicinal polas súas propiedades cardiotónicas e estimulantes. Actualmente as pólas da xesta empréganse para a extracción de esparteína, un alcaloide que impide a chegada de estímulos non desexados ao cerebro e que axuda no parto ao estimular as paredes do útero.

As flores son aperitivas e utilízanse en infusión coma diuréticas polos seus flavonoides.

Etnografía

A xesta ten un sabor moi agre, por iso compárase con todo o que é amarguexo:

  • Ser amargo coma as xestas, persoa áspera ou xota.[2]
  • Estar na xesta, dise que 'está na xesta' o viño que está a ferver e aínda amarga.[2]

Sinonimia

  • Colutea scoparia (L.) Bercht. & J.Presl
  • Corema scoparium (L.) Bercht. & J. Presl
  • Cytisogenista scoparia var. leiostyla (Willk.) Rothm.
  • Cytisogenista scoparia var. oxyphylla (Boiss.) Rothm.
  • Cytisogenista scoparia (L.) Rothm.
  • Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar
  • Cytisus lusitanicus (Mill.) Maire
  • Cytisus reverchonii (Degen & Hervier) Bean
  • Genista andreana Puiss.
  • Genista angulata (Raf.) Poir. in Lam.
  • Genista glabra (Mill.) Spach
  • Genista hirsuta Moench
  • Genista scoparia (L.) Lam.
  • Sarothamnus andreanus (Puiss.) Bergmans
  • Sarothamnus bourgaei Boiss.
  • Sarothamnus eliasii Sennen
  • Sarothamnus lusitanicus (Mill.) Pau
  • Sarothamnus oxyphyllus Boiss.
  • Sarothamnus scoparius subsp. andreanus (Puiss.) P.Fourn.
  • Sarothamnus scoparius subsp. reverchonii Degen & Hervier
  • Sarothamnus scoparius var. leiostylos Willk. in Willk. & Lange
  • Sarothamnus scoparius (L.) W.D.J.Koch
  • Sarothamnus vulgaris var. leiostylos (Willk.) C.Vicioso
  • Sarothamnus vulgaris var. reverchonii (Degen & Hervier) C. Vicioso
  • Sarothamnus vulgaris Wimm.
  • Spartium angulatum Raf.
  • Spartium glabrum Mill.
  • Spartium lusitanicus Mill.
  • Spartium scoparium L.[3]

Galería de imaxes

Flor da Xesta

Flor da xesta

Notas

  1. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
  2. 2,0 2,1 Dicionario de Dicionarios, Corpus lexicográfico da lingua galega
  3. Sinónimos en Real Jardín Botánico

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Lama

A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.

A Xesta, Lalín

San Fiz da Xesta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 252 habitantes (127 homes e 125 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.

A Xesta, Verís, Irixoa

A Xesta é un lugar da parroquia de Verís no concello coruñés de Irixoa, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres).

Acacia

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero.

Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

Albarellos, Lalín

Santa María de Albarellos é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 49 habitantes (24 mulleres e 25 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 46 habitantes.

Alemparte, Lalín

Santa María de Alemparte é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 35 habitantes (17 mulleres e 18 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 55 habitantes.

Nesta parroquia naceu Vidal Payo Fernández, canteiro e escultor.

Anseán, Lalín

Santiago de Anseán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 63 habitantes (35 homes e 28 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 83 habitantes.

Nesta parroquia naceu a poeta Luz Pichel.

Banda de música da Xesta

A Banda de música da Xesta foi unha agrupación musical con sede na parroquia da Xesta, no concello pontevedrés de Lalín.

Bermés, Lalín

Santa María de Bermés é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 227 habitantes (114 mulleres e 113 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

Busto, Lalín

San Facundo de Busto é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 93 habitantes.

A parroquia é anexa á de Losón.

Donsión, Lalín

Santa Baia de Donsión é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 224 habitantes (115 mulleres e 109 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

Lebozán, Lalín

Santiago de Lebozán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (78 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 217 habitantes.

Lodeiro, Lalín

San Paio de Lodeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 63 habitantes (33 mulleres e 30 homes), 26 menos ca en 1999. Ten 2 entidades de poboación.

Nesta parroquia naceu a política Lucita Villar Jar.

Lugares de Lalín

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Lalín

Nai

Unha nai, no contexto biolóxico, é o ser de sexo feminino que tivo descendencia.

No caso dos mamíferos como o ser humano, a nai xesta o seu fillo (primeiro chamado embrión e logo feto) na matriz, ata que o feto está desenvolvido dabondo para nacer. A nai entra en parto e dá a luz. Nun sentido máis amplo enténdese por nai a muller que concibe, xesta, da luz e cría un neno. En organismos asexuados, a palabra nai tamén pode significar pai; e no caso dos organismos unicelulares que se reproducen por división, a nai é unha célula que se divide para producir células fillas.

O Cello, Lalín

San Martiño do Cello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes.

Quende, Abadín

Santiago de Quende é unha parroquia do concello de Abadín. Tiña 187 habitantes en 2015 (91 homes e 96 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 195 habitantes (95 homes e 100 mulleres), e 53 menos que en 2004.

Tristán e Isolda

Tristán e Isolda é unha lenda con múltiples versións que conta a historia do amor adúltero entre Tristán, un cabaleiro córnico, e Isolda, unha princesa galesa.

Tristán e Isolda é un cantar de xesta que ten lugar na Idade Media en Europa nos países Celtas na época das cruzadas e narra as fazañas dun heroe que comete unha grave traizón por culpa dun amor forzado por unha beberaxe máxica. El era sobriño do Rei Mark de Cornwall, quen lle mandou traer a Isolda de regreso de Irlanda para casar co rei. Porén, Tristán e Isolda namóranse.

Aínda que é anterior, foi moi influenciada pola narración dos amores de Lancelot e Xenebra, personaxes da lenda artúrica. Tivo un forte impacto na arte e literatura occidental desde a súa primeira aparición no século XII. O medievalista francés Joseph Bédier afirma que todas as versións da lenda teñen a súa orixe nun poema bretón ou córnico adaptado por Tomé de Inglaterra ao francés do que se conservan oito fragmentos.

Consérvanse fragmentos dun Tristán e Isolda xa en galego-portugués: o livro de Tristán é un manuscrito de fins do século XIV.

Xesta, A Lama

San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.