Xesús Rodríguez López

Xesús Rodríguez López, nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Foi escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita, novela, teatro e poesía, acometeu tamén o ensaio.

Xesús Rodríguez López
Jesús Rodríguez López 1917
Nacemento28 de xullo de 1859
 Lugo
Falecemento24 de marzo de 1917
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico, folclorista, xadrecista e escritor

Traxectoria

Rodríguez López, de nome oficial Jesús, naceu no seo dunha familia procedente de San Mamede de Lousada (Guntín, Lugo). En 1874 obtivo o título de bacharel, trasladándose a continuación para Santiago de Compostela, onde realizou estudos de Medicina, que acabou en 1881. Volveu entón para Lugo, exercendo alí a profesión até o seu pasamento o 24 de marzo de 1917.[1] Colaborou prolificamente, na prensa galega e de ultramar[2]

Concelleiro municipal

Rodríguez López participou no goberno municipal como concelleiro polo Partido Liberal. Desa segunda actividade parece que naceu o alcuño "Gambetta", con que era coñecido entre os seus veciños (e pola semellanza física co político francés). Polo demais participaba na vida diaria lucense frecuentando o Círculo das Artes, o Orfeón Galego e a "Juventud Antoniana"[3]. Era católico practicante, o que valerá para encadrar mellor o incidente que tería a raíz da publicación de "Supersticiones de Galicia".

Xadrecista relevante

Faceta menos divulgada é que debeu ser un excelente xogador de xadrez, dos máis fortes do país galego, até chegar a figurar como campión de Galicia.[4].

Liorta coa Igrexa

En 1895 tivo un choque coa Igrexa católica a raíz da publicación de "Supersticiones de Galicia". Rodríguez López presentou a obra a un concurso literario-musical convocado en Monforte de Lemos polos escolapios. Aínda que o traballo non foi admitido por un xurado mediatizado polo bispado, que debía velar pola ortodoxia das obras que se presentasen ao certame[5], o médico lucense fíxoo publicar no verán dese mesmo ano. O bispado lucense prohibiu a obra aos tres meses de saír á rúa, en outubro, mesmo a pesar de contar co informe favorábel do cóengo Antolín López Peláez[6], futuro bispo e home xa de grande peso intelectual nos medios católicos. Porén, Rodríguez López non se acañou, e, conseguindo unha entrevista co bispo, Benito Murúa, e convencido o autor nunha conferencia que escoitou ao bispo, de que os ritos católicos non constituían supersticións, logrou obter a autorización eclesial para unha segunda edición, á vez que o médico reformaba as súas informacións sobre a calidade supersticiosa de certas prácticas relixiosas[7].

Membro da RAG

Nos avatares da creación da Real Academia Galega, Xesús Rodríguez López foi elixido como un dos dous representantes por Lugo (o outro era Indalecio Varela Lenzano) para formar parte da comisión organizativa, que presidía Murguía, e que redactou os estatutos en 1904. O médico lucense foi un dos corenta académicos numerarios fundadores da institución[8], da que foi membro ata a súa morte. Nos anos seguintes seguiría a colaborar activamente, viaxando á Coruña en compaña dos restantes membros lucenses, como Manuel Amor Meilán, Aureliano J. Pereira ou Xoán Montes Capón[9]. Este, compositor, puxo música a un poema de Rodríguez López ("Ai, Maruxiña, por Dios dáme un bico").

Obra

Revista Gallega 27 (16.07.1899).pdf&page=2
Artigo de Rodríguez: "A Rosalía Castro de Murguía", Revista Gallega 27 (16.07.1899).

Da súa obra permanece inédita a comedia El zorro [Cómpre referencia].

En galego

  • Cousas das mulleres (Madrid. 1895), longa novela en verso en opinión de Carballo Calero.
  • Pasaxeiras (Madrid, 1898), colección de poemas.
  • Gallegadas (Madrid, 1908), basicamente relatos, pero que contén tamén algúns poemas recollidos da obra anterior.
  • A cruz de salgueiro (Lugo, 1899), novela, da que publicou a primeira parte na revista Galicia.
  • O Chufón (Lugo, 1915), comedia.

En castelán

Publicou nesta lingua algunha obra profesional de tipo divulgativo e ensaios:

Notas

  1. Esta biografía de urxencia pode verse en diversos lugares, p.ex., R. Carballo Calero, Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo. Galaxia. 1975, páx. 441, ou na da Biblioteca Virtual Galega
  2. Cfr. Modesto Hermida, Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo. Xerais de Galicia. 1995, en especial páxs. 87-89, que cita traballos de X.R.L. en Galicia; Revista Gallega; El Eco de Galicia, El Regional, Galicia Moderna, A Monteira e As Burgas
  3. Para estes detalles, cfr. a introdución de Florentino Uriarte para "A cruz de salgueiro". Vigo. Ed. Xerais. 1994, páxs. 11 e 12
  4. Florentino Uriarte indica que foi campión de Galicia, ibídem, páx. 12, sen indicar fonte; esta podería remitir a José Paluzíe y Lucena, Primer libro del ajedrecista. Barcelona. Hijos de Paluzíe, S. en C., Editores. 1921 (por unha advertencia preliminar infírese que houbo unha edición anterior en 1917), quen na páx. 203, indicando xadrecistas salientes de España di, sen engadir máis: "Jesús Rodríguez López, de Lugo, campeón de Galicia", e só cita outro xogador galego, o coruñés Pedro Morodo. Prudentemente, o artigo Xadrez da Gran Enciclopedia Gallega, que lembra a ambos, evita citalo como campión galego, porque formalmente non os houbo até anos máis tarde, o que non empece que o lugués gañase algún certame galego relevante, que o levase a ser proclamado campión oficioso; de feito Paluzíe cita casos semellantes noutras cidades. Nalgún lado ficará memoria...
  5. Cfr. X. Rodríguez López, Prólogo á 2ª edición de Supersticiones de Galicia, 1910
  6. Xesús Alonso Montero, Unas palabras sobre el escritor Jesús Rodríguez López (1859-1917), prólogo á 5ª edición de "Supersticiones de Galicia"
  7. X. Rodríguez López, ibídem
  8. R. Carballo Calero, op.cit., páx. 138
  9. F. Uriarte, op. cit., páx. 12

Véxase tamén

Ligazóns externas

24 de marzo

O 24 de marzo é o 83º día do ano do calendario gregoriano e o 84º nos anos bisestos. Quedan 282 días para finalizar o ano.

28 de xullo

O 28 de xullo é o 209º día do ano do calendario gregoriano e o 210º nos anos bisestos. Quedan 156 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.