Xesús Carro

Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.

Xesús Carro
Jesús Carro 1929
Nacemento24 de decembro de 1884
 Santiago de Compostela
Falecemento8 de decembro de 1973
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote e escritor

Traxectoria

Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941[1] e foi correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.

Obras

  • Las catedrales gallegas, 1950.
  • Estudios jacobeos, 1954.
  • A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia, 1965.

Notas

  1. Xesús Carro na páxina da RAG.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

24 de decembro

O 24 de decembro é o 358º día do ano do calendario gregoriano e o 359º nos anos bisestos. Quedan 7 días para finalizar o ano.

8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antón Iglesias Vilarelle

Antón Iglesias Vilarelle, nado en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1971, foi un mestre e músico galego.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Luís Iglesias Iglesias

Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis (Vigo) o 2 de xullo de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1977, foi un científico galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Paulino Pedret

Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1899 e finado o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Salustiano Portela Pazos

Salustiano Portela Pazos, nado en Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) o 6 de agosto de 1877 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1976, foi un clérigo e historiador galego.

Salvador Cabeza de León

Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934, foi un destacado galeguista, profesor e político galego.

Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.

Spes

Spes foi unha revista editada en Pontevedra entre 1934 e 1962.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.