Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.[1][2]

Xesús Alonso Montero
Alonso Montero Presidente RAG Praza Publica
Logo de ser elixido presidente da RAG.
Nacemento28 de novembro de 1928 (90 anos)
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid e Universidade de Salamanca
Ocupaciónfilólogo, crítico literario, escritor, poeta e sociolingüista
CónxuxeEmilia Pimentel Iglesias
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
FillosEmilio Alonso Pimentel e Xesús Pimentel
Xénerosensaio, poesía

Traxectoria

Casa avós Xesús Alonso Montero, Ventosela, Ribadavia
Casa dos avós en Ventosela, Ribadavia.

Nado en Vigo, onde os seus pais Benito Alonso e Angelina Montero rexentaban unha taberna na rúa Urzáiz. A familia trasladouse en 1938 a Ventosela (Ribadavia), a terra dos avós (e do seu sobriño Manuel Rodríguez Alonso), onde pasou a súa infancia e adolescencia. Estudou o bacharelato en Ribadavia con Bernardino Graña e rematouno en Vigo no Instituto Santa Irene en 1948. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Foi profesor de Lingua e Literatura Española dende 1956, exerceu na Escola Normal de Santiago de Compostela e nos institutos de Palencia (1959-1960) e Lugo (1960-1976). En 1966 doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez. En 1976 é profesor titular de Literatura Española no Colexio Universitario de Vigo, despois pasou a ser profesor titular de Literatura Galega e foi catedrático de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Pola súa idade, pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a guerra civil española. É militante do Partido Comunista desde 1962, represaliado en varias ocasións. Encabezou a candidatura do PCG pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións democráticas. Foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid.

Freixanesalonso
Xaime Toxo, Francisco Castro, Freixanes, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 8/10/2017

Destacou no campo da sociolingüística con libros como O porvir da lingua galega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969) ou o polémico e contestado Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como Rosalía de Castro (Páxinas sobre Rosalía de Castro, 1954-2004), Curros Enríquez (Curros Enríquez no Franquismo, 1936-1971), Leiras Pulpeiro, Luís Pimentel (Luís Pimentel: biografía da súa poesía), Celso Emilio Ferreiro (Celso Emilio Ferreiro), Luís Seoane (As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane), Mendiño, Neira Vilas, Lorenzo Varela, Vicente Risco, Ramón Cabanillas ou Álvaro Cunqueiro.

Fixo tamén achegas noutros ámbitos da literatura galega como a poesía popular e os poetas alófonos en galego, e ten realizado estudos sobre autores da literatura española como Antonio Machado, García Lorca, Miguel de Unamuno ou Valle-Inclán. Alén disto, son destacábeis as súas colaboracións na prensa galega, recollidas en parte na obra Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999). Debemos salientar tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e en América. Tamén ten libros de poemas: Versos satíricos ó xeito medieval ou Versos republicanos. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: Coroa poética para Castelao (1988), Coroa poética para un mártir (1996), Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte (1999) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001).

Recibiu varios galardóns entre os que destacan o premio Galicia de Xornalismo (anos 1986 e 1990), o premio Nacional de Xornalismo Julio Camba (1988), o premio Otero Pedrayo (1989), o Premio Trasalba en 2000, e o premio Losada Diéguez de investigación no 2012.

Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993 a proposta de Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares Mouriño e Ramón Piñeiro López. O seu discurso de ingreso titulouno "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962).[3] O 20 de abril de 2013 foi elixido presidente da Real Academia Galega, cargo que ocupou ata o 29 de abril de 2017.[1][2]

Deu o seu apoio ao esperanto e ao movemento esperantista galego; escribiu a única visión xeral da historia do movemento en Galicia, o artigo que figura na palabra clave "Esperanto" da Gran Enciclopedia Galega.[4] Nese sentido, impartiu unha conferencia no 46º Congreso Español de Esperanto, en Vigo (1986)[5] e no 69º Congreso Español de Esperanto en Santiago de Compostela (2010)[6].

Predecesor:
Xosé Luís Méndez Ferrín
 Presidente da RAG 
2013 -2017
Sucesor:
Víctor F. Freixanes

Obra en galego

Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero nos Premios da AGE 2009
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero na entrega do premio García Barros 2014.

Ensaio

  • Cen anos de literatura galega (1964).
  • O que cómpre saber da lingua galega (1968, Alborada, Buenos Aires).
  • Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo (1974, reeditado en 2014 por Xerais).
  • Escritores: desterrados, namorados, desacougantes, desacougados... (1981, Edicións do Castro).
  • Decálogo da lingua galega (1990, Edicións do Cumio).
  • Luís Pimentel: biografía da súa poesía (1990, Edicións do Cumio).
  • Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado) (1991, Edicións do Cumio).
  • As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994, Xerais).
  • Ensaios breves de literatura e política (1996, Nigra).
  • Os poetas galegos e Franco (1997, Akal).[7]
  • Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) (2000).
  • Oteriana (2000).
  • Versos republicanos e outros versos políticos (2002).
  • A batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954 (2003, Xerais).[8]
  • Curros Enríquez no franquismo (1936-1971) (2003, 3C3).
  • Pois era un barco pirata (2003).
  • Páxinas sobre Rosalía de Castro (1954-2004) (2004, Xerais).
  • Os escritores galegos ante a Guerra Civil Española (1936-1939) (2007, Galaxia).
  • Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006) (2007, Xerais).
  • Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia (2008, Xerais).
  • Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) (2009, Xerais).
  • Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (2009, Galaxia).
  • Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Xerais).
  • Castelao na Unión Soviética en 1938 (2012, Xerais).
  • Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual (2015, Xerais).
  • Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor, o investigador, 2015, Ir Indo.
  • María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura. Biblioteca Gallega. La Voz de Galicia. 2018.

Poesía

  • Versos republicanos e outros versos políticos (2002, Litoral das Rías, Poio).
  • Versos satíricos ó xeito medieval (2002, Nigra Imaxe).
  • Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo. Antoloxía: 1963-2016 (2017, Xerais)

Teatro

  • Un xuízo oral (bilingüe) nunha vila galega outono 1942 (2014, Fervenza).

Obras colectivas

Obra en castelán

Ensaio

  • Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (1968, Ciencia Nueva, Madrid).
  • Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973, Colección Arealonga, Akal).
  • Galicia vista por los no gallegos (1974).

Homenaxes

Vida persoal

Casou con Emilia Pimentel Iglesias en 1957, coa que tivo tres fillos: Emilio, Jesús e Sara. Divorciado, volveu casar con Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, que finou en setembro de 2018.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Xesús Alonso Montero, novo presidente da Academia" Arquivado 24 de abril de 2013 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza, 20 de abril de 2013.
  2. 2,0 2,1 Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"
  3. "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962) Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., contestado por Xosé Filgueira Valverde.
  4. Alonso Montero, Xesús (1984): "Esperanto", en: Silverio Cañada (eldonisto): Gran Enciclopedia Gallega. Santiago/Gijón, paĝoj 214-218
  5. -- (1986): Kongreslibro de la 46-a Hispana Kongreso de Esperanto. Vigo: [Hispana Esperanto-Federacio]
  6. -- (2010): Kongreslibro de la 69-a Hispana Kongreso de Esperanto, Santiago de Compostela: [Hispana Esperanto-Federacio]
  7. Os poetas galegos e Franco na páxina web de Akal.
  8. Comentarios ó libro por parte de Alonso Montero Arquivado 23/06/2016, en Archive.is (en galego)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

20 de abril

O 20 de abril é o 110º día do ano do calendario gregoriano (111º nos anos bisestos). Quedan 255 días para finalizar o ano.

28 de novembro

O 28 de novembro é o 332º día do ano do calendario gregoriano e o 333º nos anos bisestos. Quedan 33 días para acabar o ano.

Anne Marie Morris

Anne Marie Morris, nada en Evanston (Illinois) o 30 de maio de 1916 e finada en Gresham (Oregón) o 3 de outubro de 1999, foi unha escritora estadounidense

Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Colección Arealonga

Arealonga é unha colección de obras clásicas e contemporáneas da literatura galega enfocada a todos os públicos e dirixida pola Ediciones Akal, constituíndo así unha das corenta coleccións que a forman. Naceu en 1973 e trátase dun referente na edición de literatura galega, con obras de autores como Castelao, Cabanillas ou Rosalía de Castro. A colección segue a liña de compromiso social marcada pola editorial Akal.

A colección, así como Arealonguiña, foi dirixida desde o seu inicio por Xesús Alonso Montero, ambas amosan a ideoloxía progresista deste e céntranse nos problemas galegos.

Desde a súa creación na década dos 70 até os 90, Arealonga ten publicado máis de 60 títulos en galego, formando así un completo catálogo tanto de prosa como de poesía.

Edicións Celta

Edicións Celta é unha empresa editorial fundada en Lugo en 1938. Publicou libros en galego e castelán, tanto de narrativa como de poesía. Entre os autores que colaboraron no proxecto editorial compre salientar a Castelao, Xosé Neira Vilas, Manuel María e Xesús Alonso Montero.

Fiz Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla do concello lugués de Samos o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997, foi un poeta galego.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Joan Maragall

Joan Maragall i Gorina, nado en Barcelona en 1860 e finado en 1911, foi un escritor catalán.

Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso, nado na Groba (Ribadavia) o 16 de xaneiro de 1952 e finado en Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 23 de setembro de 2015, foi un crítico literario e filólogo galego. Era sobriño de Xesús Alonso Montero.

Mar adiante

Mar adiante é unha obra narrativa de María Victoria Moreno, publicada por Ediciós do Castro en 1973, subtitulada Historias de nenos pra nenos. Fixo as ilustracións do libro a autora e a cuberta Carmen Arias.

Con esta primeira obra súa, a profesora converteuse nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo; e tamén é pioneira en introducir nenas protagonistas . "Crarisa e o luceiro" -capítulo VII deste libro- gañou o segundo premio (dotado con 3.500 pesetas) do Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1972. A obra remata cun vocabulario galego-castelán para mellor entender o texto.

A pesar de que todas as historias do libro teñen un nexo común -o barco escola que parte de Portosouril- poden verse como historias diferentes. A idea principal é que o ensino pode cambiar, a escola debe basearse na observación e na experiencia integrando a realidade dos nenos e nenas.

Na lapela do libro comenta Xesús Alonso Montero: "pra compor estes contos infantiles, María Victoria botóu mau de personaxes moi coñecidos neste xénero de historias: nenos, vermes, mariñeiros, estrelas, gaivotas, ventos, lobos, peixes, etc".

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

Modesto Hermida

Modesto Hermida García, nado en Vales (San Cristovo de Cea) o 21 de abril de 1946, é un profesor e escritor galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda

María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018, foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.

Víctor Freixanes

Víctor Fernández Freijanes, máis coñecido como Víctor Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Xesús Pimentel

Xesús Alonso Pimentel, tamén chamado Cuchús Pimentel, nado en Palencia en 1959, é un guitarrista lugués.

Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asados (Rianxo) en 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.