Xerome de Estridón

Xerome de Estridón (en latín, Eusebius Sophronius Hieronymus), nado en Estridón no 347 e finado o 30 de setembro de 420, foi un teólogo da Idade Antiga, coñecido como San Xerome polo cristianismo.

San Xerome, cuxo nome significa "o que ten un nome sagrado", consagrou toda a súa vida ao estudo das Sagradas Escrituras e é considerado un dos mellores neste oficio. Traduciu a Biblia do grego e o hebreo ao latín e é considerado Pai da Igrexa, un dos catro grandes Pais Latinos.

Xerome de Estridón
Bemberg Fondation Toulouse - Saint Jérôme - Bruzzi Ca 1580 - peinture sur cuivre Inv.1007 45x40
Nacementoc. 345
 Estridón
Falecementoc. 30 de setembro de 420
 Belén
SoterradoBelén
NacionalidadeRoma Antiga
RelixiónIgrexa católica e Cristianismo ortodoxo
Ocupaciónsacerdote, teólogo, historiador, apologista, tradutor da Bíblia, anacoreta, tradutor e poeta
Invernadeiro 123
San Xerome de Estridón de Xoán Davila na capela da comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.
Pontevedra, Basílica de Santa María 03-04b
Xerome de Estridón na fachada da Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.
José de Ribera 038
San Xerome, obra de José de Ribera do ano 1644 conservado no Museo do Prado.

Traxectoria

Giovanni Bellini St Jerome Reading in the Countryside
San Xerome por Bellini (1505).

Naceu en Estridón (oppidum, destruído polos godos en 392, situado na fronteira de Dalmacia e Pannonia) no ano 347.

Estudou latín en Roma baixo a dirección do máis famoso profesor do seu tempo, Donato, quen era pagán. O santo chegou a ser un gran latinista e moi bo coñecedor do grego e doutros idiomas, pero moi pouco coñecedor dos libros espirituais e relixiosos. Pasaba horas e días lendo e aprendendo de memoria aos grandes autores latinos, Cicerón, Virxilio, Horacio e Tácito, e aos autores gregos: Homero, e Platón, pero case nunca dedicaba tempo á lectura espiritual.

Xerome dispuxo irse ao deserto a facer penitencia polos seus pecados (especialmente pola súa sensualidade que era moi forte, polo seu terrible mal xenio e o seu grande orgullo). Pero aínda que rezaba moito, xaxuaba, e pasaba noites sen durmir, non conseguiu a paz, descubrindo que a súa misión non era vivir na soidade.

De regreso á cidade, os bispos de Italia xunto co Papa nomearon como Secretario a Santo Ambrosio, pero este caeu enfermo, e decidiron nomear a Xerome, quen desempeñou o cargo con moita eficiencia e sabedoría. Vendo os seus extraordinarios dotes e coñecementos, o Papa San Dámaso nomeouno como o seu secretario, encargado de redactar as cartas que o Pontífice enviaba, e logo designouno para facer a tradución da Biblia.

Ao redor dos 40 anos, Xerome foi ordenado sacerdote, pero os seus altos cargos en Roma e a dureza coa que corrixía certos defectos da alta clase social trouxéronlle envexas e inimigos, e, sentíndose incomprendido e ata calumniado en Roma, onde non aceptaban o seu modo enérxico de corrección, dispuxo afastarse de alí para sempre e foise a Terra Santa.

Michelangelo Caravaggio 057
San Xerome por Caravaggio.

Vida en Belén

Os seus últimos 35 anos pasounos nunha gruta, xunto á Cova de Belén. Varias das ricas matronas romanas que el convertera coas súas predicacións e consellos, venderon os seus bens e fóronse tamén a Belén a seguir baixo a súa dirección espiritual. Co diñeiro desas señoras construíu naquela cidade un convento para homes e tres para mulleres, e unha casa para atender aos que chegaban de todas partes do mundo a visitar o sitio onde naceu Xesús. Escribiu contra as diferentes herexías con tremenda enerxía.

A Vulgata

CodexBeneventanusFolio5rJeromeLetter
Folio dunha carta de San Xerome ao Papa Dámaso do Codex Beneventanus.

As traducións da Biblia que existían nese tempo (chamadas actualmente "Vetus Latina") tiñan moitas imperfeccións de linguaxe e varias imprecisións ou traducións non moi exactas. Xerome, que escribía con grande elegancia o latín, traduciu a este idioma toda a Biblia, e esa tradución chamada "Vulgata" (ou tradución feita para o pobo ou vulgo) foi a Biblia oficial para a Igrexa Católica Latina durante 15 séculos, ata a promulgación da Neovulgata no ano 1979.

Foi un soado estudoso do latín nunha época na que iso implicaba dominar o grego. Sabía algo de hebreo cando comezou o seu proxecto de tradución, pero mudouse a Belén para perfeccionar os seus coñecementos do idioma. Comezou a tradución no ano 382 corrixindo a versión latina existente do Novo Testamento. Aproximadamente no ano 390 pasou a traballar no Antigo Testamento en hebreo. Completou a súa obra no ano 405.

A Igrexa Católica recoñeceu sempre a San Xerome como un home elixido por Deus para explicar e facer entender mellor a Biblia, polo que foi nomeado Patrón de todos os que no mundo se dedican a facer entender a Biblia. Pola mesma razón, na data da súa morte, o 30 de setembro, celébrase o Día Internacional da Tradución.

Pensamento

Antonello da Messina - St Jerome in his study - National Gallery London
Antonello da Messina, San Xerome no seu estudo, 1460

Xerome preocupouse polos deberes dos sacerdotes recomendándolles o coñecemento das Sagradas Escrituras (que nunca o texto sagrado se che caia das mans) prudencia no trato coas mulleres (ignora por igual a todas as doncelas ou virxes de Cristo ou ámaas por igual. Non mores baixo o mesmo teito con elas nin te fíes da súa anterior castidade. Non es máis santo que David nin máis sabio que Salomón) e a solidariedade cos marxinados (coñezan a túa mesa os pobres e os peregrinos, e con eles Cristo como convidado).

Fustrigou aos cregos que se enriquecían e esquecían a humildade (foxe como da peste do crego negociante, e que de pobre que era se fixo rico, e de plebeo, fanfarrón) así como dos que alternaban con xente principal:

Aos laicos predicoulles, fronte ás ideas de Marción e Manes a bondade do matrimonio pero sempre por debaixo da virxindade (Chamamos ouro á virxindade e prata ao matrimonio). Advertiulles tamén moi severamente do perigo das riquezas:

Obras

Hieronymus - Ordo seu regula vivendi Deo ad Eustochium, a di XXYIII de martio MCCCCLXXXXYIII - 2968573 Scan00016
Ordo seu regula
  • De viris illustribus.
  • Adversus Iovinianum.
  • Contra Vigilantium.
  • Dialogi contra Pelagianus.
  • Liber Locorum.
  • Liber interpretationis habraicorum nominis.

Véxase tamén

Outros artigos

Biblioteca Nacional da República Arxentina

A Biblioteca Nacional da República Arxentina (en castelán: Biblioteca Nacional de la República Argentina) é a biblioteca máis importante da Arxentina. Creada en 1810 no Cabido de Buenos Aires, no presente atópase no barrio porteño de Recoleta.

Catulo

Caius Valerius Catullus, nado en Verona ou en Sirmio no 87 a.C. ou 84 a.C e finado en Roma no 54 a.C., foi un poeta latino, máis coñecido como Catulo.

Diodoro Sículo

Diodoro Sículo ou de Sicilia (en grego Διόδωρος Σικελιώτης) foi un historiador grego do século I a.C. nado en Agyrium (hoxe Agira), na provincia romana de Sicilia.

Día Internacional da Tradución

O Día Internacional da Tradución celébrase cada ano o 30 de setembro, data en que se conmemora o falecemento de Xerome de Estridón, primeiro tradutor da Biblia. A celebración foi promovida pola FIT (Federación Internacional de Tradutores), dende a súa creación en 1953. En 1991 a FIT lanzou a idea dun Día Internacional da Tradución oficialmente recoñecido para mostrar a solidariedade da comunidade de tradutores en todo o mundo nun esforzo por promover a profesión de tradutor nos diferentes países. Esta data aprovéitase para difundir conciencia acerca dunha profesión que se volveu fundamental, tanto por razóns da globalización como para a comunicación entre as culturas.

Canto á tradución literaria, en Galicia existen dúas asociacións de tradutores: a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e mais a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti).

Estridón

Estridón (en latín: Strido Dalmatiae) foi unha cidade na provincia romana de Dalmacia. A súa localización exacta é descoñecida. A cidade coñécese especialmente por ser o lugar onde naceu Xerome de Estridón. Tamén era de aquí Domno de Estridón, un bispo que participou no Primeiro Concilio de Nicea, e o sacerdote Lupicino de Estridón. En 379 a cidade foi destruída polos godos. Xerome escribiu sobre iso na súa obra De viris illustribus: «Hieronymus patre Eusebio natus, oppido Stridonis, quod a Gothis eversum, Dalmatiae quondam Pannoniaeque confinium fuit...».

É posíbel que Estridón estivese situada no territorio da actual Croacia ou Eslovenia. Posíbeis localizacións son: Sdrin, Štrigova, Zrenj (Croacia), Starod (Eslovenia).

Excusatio non petita, accusatio manifesta

Excusatio non petita, accusatio manifesta é unha locución latina de orixe medieval, usada como aforismo, sentenza ou frase lapidaria.

Podería traducirse como «desculpa non pedida, culpa manifesta», sinalando que quen se excusa por unha falta sen que ninguén llo pedise está a sinalarse como autor da falta.

Unha expresión similar é usada por Xerome de Estridón na súa cuarta epístola, cando di dum excusare credis, accusas («mentres pensas que excusas, acusas»).

Gregorio I, papa

Gregorio I, nado arredor do ano 540 en Roma e finado o 12 de marzo de 604, foi un relixioso italiano, 64º papa da igrexa católica, coñecido tamén como San Gregorio Magno.

Lino, papa

Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra, na Toscana, e falecido en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79. Naquela altura, o título de papa aínda non fora creado.

Nahum

Nahum, en hebreo: נחום (finais do s. VIII a C - comezos do s. VII a C), foi un profeta menor orixinario de Galilea que escribiu o Libro de Nahum, un dos libros do Antigo Testamento, onde, en oráculos, anunciou a fin do Imperio Asirio e a destrución de Nínive, a capital. É o sétimo profeta segundo a lista tradicional de doce profetas menores.

Onésimo, bispo de Bizancio

Onésimo, finado cara ao 90 ou 95, tamén chamado Onésimo de Bizancio e O Sagrado Apóstolo Onésimo nalgunhas igrexas ortodoxas, foi un mártir do cristianismo.

Paulo Orosio

Paulus Orosius, chamado tamén Paulo Orosio ou simplemente Orosio, nado aproximadamente en 383 e falecido quizais en 420, foi un historiador e teólogo da Gallaecia, posiblemente natural de Bracara Augusta (o que hoxe se coñece como Braga, Portugal).

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Santo patrón

Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o santo patrón ou simplemente patrón é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...

Saqueo de Roma (410)

O saqueo de Roma ocorrreu o 24 de agosto de 410. A cidade foi atacada polos visigodos liderados polo rei Alarico. Daquela, Roma xa non era a capital do Imperio Romano de Occidente, sendo substituída nesa función por Mediolanum en 286 e por Rávena en 402. Porén, a cidade mantiña o seu status de "cidade eterna" e de centro espiritual do Imperio. O saqueo tivo un enorme impacto tanto para os aliados como para os inimigos do Imperio.

Esa foi a primeira vez en case 800 anos que Roma caía ante un inimigo estranxeiro. O anterior saqueo de Roma fora conseguido polos galos liderados por Breno en -390 ou -387/6. O saqueo de 410 é considerado como un fito na caída do Imperio Romano de Occidente. Xerome de Estridón, que vivía en Belén daquela, escribiu que "A cidade que tomara o mundo enteiro foi tomada."

Tertuliano

Quintus Septimius Florens Tertullianus, coñecido como Tertuliano, nado en Cartago (actual Tunes) cara ao 160 e finado na mesma cidade cara ao 220, foi un apoloxista cristián considerado o máximo representante da literatura cristiá anterior a Agostiño de Hipona.

Tonsura

Chámase tonsura ao primeiro dos graos clericais o cal conferíase por man do bispo como disposición e preparación para recibir o sacramento da orde e cuxa cerimonia executábase cortando unha parte do cabelo, o situado na coroa da cabeza. Tamén se chama tonsura ao corte rapado resultante deste rito.

Signo de renuncia ao mundo, é tamén, coa adopción do hábito e o cambio de nome, un elemento dun ritual de morte e de renacemento que borra os pecados anteriores. A tonsura é unha práctica nacida a principios da Idade Media; non é coñecida durante os primeiros tempos da Igrexa e Xerome de Estridón ata a rexeitaba.

O cardeal católico romano John Henry Newman, do século XIX, escribiu o seguinte no seu Essay on the Development of Christian Doctrine (Ensaio sobre o desenvolvemento da doutrina cristiá): “O uso de [...] a tonsura [..] todos son de orixe pagá, e santificados pola súa adopción na Igrexa”.

Distinguíanse os seguintes tipos de tonsura:

Tonsura escocesa. A que se estendía dunha orella a outra e só na parte dianteira da cabeza.

Tonsura grega. A que se estendía por toda a cabeza.

Tonsura romana. Tonsura parcial e circular.No seo da Igrexa Católica, a tonsura romana predominaba sobre as dúas outras formas e permaneceu vixente ata 1972, data na cal Paulo VI na súa Carta apostólica en forma de motu proprio, Ministeria quædam, establece que “En diante non se confire xa a Primeira Tonsura”.

Vítor I, papa

Vítor I, chamado logo san Vítor, nado talvez en África e morto posiblemente en Roma en 199, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 189 e 199.

Xoán Davila

Xoán Davila nado en Tui e finado no 1610 en Santiago de Compostela, foi un importante escultor galego renacentista.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.