Xermade

Xermade é un concello da provincia de Lugo, pertence á Comarca da Terra Chá.

Coordenadas: 43°21′N 7°48′O / 43.350, -7.800

Xermade
Escudo de Xermade
Casa do concello Xermade 03
Casa do Concello de Xermade.
Situacion Xermade
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación1.841 hab. (2018)
Área166,6 km²
Densidade11,05 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias e 232 lugares
Capital do concelloXermade
Política (2019[2])
AlcaldeRoberto García Pernas (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Xermade
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,83%
Na rede
www.xermade.org
xermade@concellodexermade.com

Demografía

Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.036 habitantes (2.339 no 2006, 2.414 no 2005, 2.464 no 2004, 2.516 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xermadés».

Censo total 2014 2.036 habitantes
Menores de 15 anos 131 (6.43 %)
Entre 15 e 64 anos 1.211 (59.48 %)
Maiores de 65 anos 694 (34.09 %)

Xeografía

Limita cos concellos de Muras, Vilalba, Guitiriz na provincia de Lugo e os concellos de Monfero e As Pontes de García Rodríguez na provincia da Coruña.

O termo municipal abarca dez entidades colectivas ou parroquias, e 232 lugares.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Xermade.
Cruceiro igrexa Momán

Cruceiro no adro da igrexa de Momán.

Lugares de Xermade

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xermade vexa: Lugares de Xermade.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xermade". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Criba, Roupar, Xermade

A Criba é un lugar da parroquia de Roupar, no concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2016 tiña 37 habitantes, dos cales 17 eran homes e 20 eran mulleres.

A Pedreira, Roupar, Xermade

A Pedreira é un lugar da parroquia de Roupar, no concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2016 tiña 5 habitantes (1 home e 4 mulleres).

A Pena, Roupar, Xermade

A Pena é un lugar da parroquia de Roupar, no concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2016 tiña 6 habitantes, dos cales 3 eran homes e 3 eran mulleres.

Baxín, Roupar, Xermade

Baxín é un lugar da parroquia de Roupar, no concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2016 estaba deshabitado.

Burgás, Xermade

Santa Baia de Burgás é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 242 habitantes, deles 125 eran homes e 117 eran mulleres, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.

Buscalte, Roupar, Xermade

Buscalte é un lugar da parroquia de Roupar, no concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2016 tiña 6 habitantes, dos cales 2 eran homes e 4 eran mulleres.

Cabreiros, Xermade

Santa Mariña de Cabreiros é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 285 habitantes, deles 143 eran homes e 142 eran mulleres, o que supón unha diminución de 79 habitantes en relación ao ano 2000.

Candamil, Xermade

San Miguel de Candamil é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 81 habitantes, deles 43 eran homes e 38 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

Cazás, Xermade

Cazás é unha parroquia que pertence o concello de Xermade, limita coa parroquia de Codesido, Distriz, Belesar (tódalas tres do concello de Vilalba) e O Buriz (concello de Guitiriz). Segundo o IGE en 2011 tiña 304 habitantes (155 homes e 149 mulleres).

En Cazás localízanse os seguintes barrios e lugares: O Aruxo, O Barreiro, O Campo, O Capeirón, A Carballosa, Os Carpizos, A Casanova do Campo, A Casavella, O Castelo, A Castiñeira, O Castro da Igrexa, Covillón, Escoriscada, Fonteboa, A Fraga, Freán, A Golpilleira, Landoi, O Lugar Vello, Marmoiral, Mede, Mediafariña, O Pazo, A Pedra do Val, Pedras Pardas, As Pedreiras, A Pena, A Pena de Arca, Pepín, Preanes, O Rego do Corzo, O Rego do Sapo, Rosende, As Rozas Vedras, San Xurxo, O Seixo, O Seo e A Silvela.

Natural desta parroquia é o historiador Ramón Villares.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Lousada, Xermade

Santo André de Lousada é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 194 habitantes, deles 94 eran homes e 100 eran mulleres, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

Miraz, Xermade

San Pedro de Miraz é unha parroquia pertencente ó concello lugués de Xermade. Delimita coas parroquias de Piñeiro, Momán, Xermade e Cabreiros, e facendo límite provincial coa parroquia do Parral, no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez. En 2011 a poboación total da parroquia ascendía a 61 habitantes (29 homes e 32 mulleres) distribuídos en 9 núcleos de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 107 habitantes.

Na parroquia pódense encontrar numerosos vestixios prehistóricos, coma no resto do concello ó que pertence. Destaca na igrexa da parroquia un retablo salomónico.

Momán, Xermade

San Mamede de Momán é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 286 habitantes, deles 145 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 33 habitantes en relación ao ano 2000.

Piñeiro, Xermade

San Martiño de Piñeiro é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 137 habitantes, deles 66 eran homes e 71 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Roupar, Xermade

San Pedro Fiz de Roupar é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 381 habitantes (175 homes e 206 mulleres), 62 menos ca en 2000.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Xermade, Xermade

Santa María de Xermade é unha parroquia do concello lugués de Xermade na comarca da Terra Chá. No ano 2007 tiña 307 habitantes, deles 143 eran homes e 164 eran mulleres, o que supón unha diminución de 40 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.