Xermán Alonso Hortas

Xermán Alonso Hortas, nado en Lugo o 18 de xuño de 1881 e finado na mesma cidade o 7 de xullo de 1937, foi un médico e escritor galego.[1][2][3][4]

Xermán Alonso Hortas
Nacemento18 de xuño de 1881
 Lugo
Falecemento7 de xullo de 1937 (56 anos)
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
CónxuxeConsuelo Fernández-Pimentel

Traxectoria

Fixo a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela e estudou en Madrid e París.

En 1910 casou coa viúva Consuelo Fernández-Pimentel e foi padrasto dos irmáns Vázquez Fernández-Pimentel: Luís, Carlos, Xosé e Mercedes.

Foi un dos primeiros médicos en empregar os raios X en Lugo. Dos fillastros, os tres varóns saíron médicos e acabaron traballando co padrasto, no sanatorio Alonso-Pimentel da rúa Aguirre

Publicacións

Catálogo de las obras existentes en la Biblioteca Pública Provincial de Lugo, 1935
Catálogo de las obras existentes en la Biblioteca Pública Provincial de Lugo
  • Ensayo sobre los jardines de la infancia: esquema tipológico, fisiológico y psíquico del párvulo
  • La tuberculosis en la escuela
  • Problemas sanitarios que plantea la emigración e inmigración en Galicia (1933)
  • Gómez Pereira, médico de cámara de Felipe II
  • Introdución ó Catálogo de las obras existentes en la Biblioteca Pública Provincial de Lugo, 1935.

Colaborou con poemas galegos na prensa da súa localidade.[5] Nos últimos anos traballaba nun estudo sobre Benito Xerónimo Feijoo.

Recoñecementos

A cidade de Lugo adicoulle o nome dunha rúa extramuros.

Notas

  1. "Alonso Hortas, Germán". Gran Enciclopedia Galega (DVD). 2005.
  2. "Alonso Hortas, Xermán". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 105. ISBN 978-84-8288-942-9.
  3. "Alonso Hortas, Xermán". Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 368. ISBN 84-7680-288-9.
  4. "Alonso Hortas, Xermán". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 23.
  5. Couceiro Freijomil, A. (1951). "ALONSO HORTAS, Germán". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 1. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 34.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

7 de xullo

O 7 de xullo é o 188º día do ano do calendario gregoriano e o 189º nos anos bisestos. Quedan 177 días para finalizar o ano.

Luís Pimentel

Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959).

A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.