Xerardo Fernández Albor

Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917, e finado o 12 de xullo de 2018,[1] foi un político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.

Xerardo Fernández Albor
Medalla de Galiza.svg
Xerardo Fernández Albor

Xerardo Fernández Albor no 2013.

22 de xaneiro de 1982 – 26 de setembro de 1987
Vicepresidente José Manuel Romay Beccaría, Xosé Luís Barreiro Rivas e Mariano Rajoy
Precedido por Xosé Quiroga Suárez (Presidente da Preautonomía)
Sucedido por Fernando González Laxe

Datos persoais
Nacemento 7 de setembro de 1917
Santiago de Compostela
Falecemento 12 de xullo de 2018
Santiago de Compostela
Partido Partido Popular de Galicia (PPdeG)
Profesión Médico e político

Traxectoria

Vida persoal

Os seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban o hotel Estrella en Santiago de Compostela.[2]

En 1936, durante a guerra civil española, foi chamado a filas polo bando nacional. Foi enviado ás frontes de Brunete e Belchite cando xa estaban case pacificadas, e despois embarcou no buque Baleares, que abandonou antes do seu afundimento. En 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. A súa promoción, chamada 9ª bis, titulouse o 26 de febreiro de 1939.[3]

Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos de tendencia conservadora.

Tivo unha única irmá, falecida en 2009.[4]

Vida política

Felipe González recibe al presidente de la Xunta de Galicia. Pool Moncloa. 30 de enero de 1985.jpeg
Recibido por Felipe González no palacio da Moncloa (1985)

En 1981 encabezou como independente a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia. Tras ingresar en AP, Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia.

En 1984 explicou no Parlamento de Galicia o seu encontro en Portugal o 6 de xullo dese ano con contrabandistas e narcotraficantes galegos en Vila Nova de Cerveira[5].

O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.

Galardóns

Fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal.[6]

Notas

  1. Redacción (12 de xullo de 2018). Sermos Galiza, ed. "Morre Fernández Albor, primeiro presidente da Galiza autonómica". Consultado o 12 de xullo de 2018.
  2. El Correo hace 25 años, artigo en El Correo Gallego o 31 de marzo de 2009 (en castelán).
  3. Fernández Santander, C. (2000): '‘Alzamento e Guerra Civil en Galicia (1936-1939)’'. Edicións do Castro.
  4. Pesar por la muerte de Josefina Fernández Albor, El Correo Gallego, 26/4/09
  5. Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, 27 de novembro de 1984.
  6. Maceiras: "Por mérito propio, Albor es ya pobrense ilustre", El Correo Gallego, 30/10/2010.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2011): "Fernández Albor, Xerardo" en Diccionario Biográfico Español, Madrid: Real Academia de la Historia.
  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): O triunfo do galeguismo. Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Editorial Dykinson.
  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas

Predecesor:
Xosé Quiroga Suárez
 Escudo de Galicia.svg
Presidente da Xunta de Galicia
 
1981 - 1987
Sucesor:
Fernando González Laxe
12 de xullo

O 12 de xullo é o 193º día do ano do calendario gregoriano e o 194º nos anos bisestos. Quedan 172 días para finalizar o ano.

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

7 de setembro

O 7 de setembro é o 250º día do ano do calendario gregoriano e o 251º nos anos bisestos. Quedan 115 días para finalizar o ano.

Coalición Galega

Coalición Galega é un partido político galego nacionalista e de centro que dende o 4 de novembro de 2005 formou parte de Terra Galega ata 2010. Nas eleccións xerais de 2015 concorreu na coalición Nós - Candidatura Galega.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 celebráronse o 20 de outubro. Cun censo de 2 174 246 electores, os votantes foron 1 006 222 (46,3%) e 1 168 024 as abstencións (57,3%). Foi a porcentaxe de abstención máis alta nunhas eleccións autonómicas. Alianza Popular foi a forza máis votada, seguida moi de cerca pola UCD. Grazas a un compromiso entre as dúas forzas máis votadas Gerardo Fernández Albor (AP) foi nomeado primeiro presidente da Xunta de Galicia. As forzas galeguistas e de esquerda lograron unha representación moi exigua. Pola súa banda, os deputados do BNPG decidiron non acatar a constitución, polo que foron expulsados do Parlamento.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 celebráronse o 24 de novembro. Cun censo de 2 226 449 electores, os votantes foron 1 277 897 (57,4%) e 948.552 as abstencións (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. Coalición Popular gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da Xunta de Galicia a Xerardo Fernández Albor grazas á abstención de Coalición Galega, o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por Pablo González Mariñas que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o Partido Nacionalista Galego. Tamén ese ano, o PDP, e en 1987 o PL, abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.

En outubro de 1986 Xosé Luís Barreiro é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, Unión Democrática Galega (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en Coalición Galega. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.

Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.

En 1988 o PNG e o Partido Galeguista Nacionalista fusiónanse para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), e en febreiro dese mesmo ano o líder do PDP Alejandrino Fernández Barreiro pásase do Grupo Popular ao de Coalición Galega. Finalmente, entre 1988 e 1989, dous deputados do PSdG e dous do PNG-PG pásanse ao Grupo Mixto.

Ernesto Chao

Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 2018, foi un actor galego.

Escuadrón de Vigilancia Aérea 10

Escuadrón de Vigilancia Aérea 10 (EVA 10) é unha base militar do éxercito do aire español situada no cumio do monte Iroite na comarca do Barbanza, no límite dos concellos de Boiro, Lousame e Porto do Son.

A base aérea militar do Exército Español foi creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984. Foi inaugurado oficialmente o 6 de novembro de 1985 polo baionés José Santos Peralba Giráldez, Xeneral Xefe do Estado Maior do Exército do Aire, coa asistencia do Presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Ten realizado misións operativas en colaboración co Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela. A base está equipada con rádar Indra Lanza 3D.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Fernando González Laxe

Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.

Monte Iroite

O Iroite é un monte galego, altura máxima da serra do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia e Arousa. Ten unha altura de 687 metros e o seu cume o comparten os concellos de Porto do Son, Boiro e Lousame.

No seu cume ten a súa sede o Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10), unha base aérea militar do Exército Español creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984. Foi inaugurado oficialmente o 6 de novembro de 1985 polo baionés José Santos Peralba Giráldez, xeneral xefe do Estado Maior do Exército do Aire, coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Ten realizado misións operativas en colaboración co Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela.

Ó seu pé, cara ó sur e ó poñente, esténdense as Chans do Iroite, unha penichaira a monte baixo moi coñecida pola súa necrópole megalítica, na que destacan as mámoas con cámara da Casota do Páramo e a Arca de Barbanza.

ONCE

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) é unha entidade de Dereito Público de carácter social e democrático sen ánimo de lucro que ten o propósito fundamental de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais de toda España.

Real Coro Toxos e Froles

O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.

Vicepresidencia da Xunta de Galicia

A vicepresidencia da Xunta é un antigo cargo político dentro do organigrama da Xunta e que a miúdo serviu como coordinación do traballo doutras consellerías. Ao longo da historia da Xunta de Galicia houbo gobernos que contaron cun vicepresidente, con dous vicepresidentes ou con ningún.

O vicepresidente é tamén o encargado de substituír o presidente nas súas funcións en caso de falecemento, dimisión ou viaxe ao estranxeiro, e ata a elección dun novo presidente, de ser o caso. De non existir vicepresidente, esas funcións recaen na persoa que ocupe o cargo de conselleira de Presidencia.

A vicepresidencia pode rer funcións políticas claramente definidas ou actuar como consellería sen carteira, na asistencia do cargo do presidente.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, nado o 16 de setembro de 1934 en Taboada, é un político galego.

Xosé Quiroga Suárez

Xosé Quiroga Suárez, nado en Petín o 4 de xullo de 1920 e finado na Rúa o 18 de outubro de 2006, foi un médico e político valdeorrés e o segundo presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes da aprobación do estatuto de autonomía de 1981, o segundo estatuto de autonomía da historia de Galiza.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.