Xerardo Álvarez Limeses

Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.

Xerardo Álvarez Limeses
Gerardo Álvarez Limeses, 1929
Retrato en Vida Gallega, 1929
Nacemento10 de decembro de 1871
 Pontevedra
Falecemento19 de febreiro de 1940
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
PaiEmilio Álvarez Giménez
CónxuxeDolores Gallego Martínez
FillosXerardo Álvarez Gallego e Amalia Álvarez Gallego
IrmánsDarío Álvarez Limeses e José Álvarez Limeses
XénerosPoesía
EstudosDereito
Gerardo Álvarez Limeses, firma, 4 2 1893

Traxectoria

Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeira Ensinanza de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.

Foi académico correspondente da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos (onde presentou un estudo sobre o padre Sarmiento) e cofundador e Vicedirector do Museo Provincial de Pontevedra. Foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura e despois fundou Galicia Moderna. Dirixiu El Perdigón en Palencia e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada (da que só apareceu o número 0) e Mi Tierra en Ourense. Colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.

Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de Gerardo e Amalia Álvarez Gallego, que casou con Alexandre Bóveda.

Na súa honra leva o seu nome o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.[1]

Obra

En castelán

Emilio Álvarez Giménez e familia circa 1895
Arriba de esq. a der.: Darío Álvarez Limeses, Emilio Álvarez Giménez e Xerardo Álvarez Limeses. Abaixo de e. a d.: María Álvarez Limeses (muller de Celso García de la Riega), Carmen Álvarez Limeses (muller de José Buela), Amalia Limeses Iglesias (muller de Emilio), o neno Xosé Álvarez Limeses e María Gallego Martínez (muller de Xerardo).

En galego

  • Antre dous séculos (poesía; Pontevedra, 1934). Con prólogo de Castelao.

Galardóns

Entre 1900 e 1920 participou en certames e Xogos Florais nos que obtivo varios premios:

  • Premio de honra no Certame Pedagóxico de Santiago de Compostela de 1905 por "Canto a la mujer gallega como madre y como maestra"
  • Mención honorífica en Compostela o 23 de xullo de 1912 por "La mujer gallega" (tríptico de sonetos)
  • Dous accésits en Pontevedra o 18 de setembro de 1912 en Poema con liberdade de asunto e metro; premio en romance de menos de cen versos; accésit en soneto en versos alexandrinos
  • Premio en Lugo o 5 de outubro de 1915 por poesía en oitavas reais sobre Viveiro
  • Premio en Tui en 1925 -milenario de San Paio- por "Canto a Galicia" (en galego) e "Oda a Tuy".
  • Premio en Vigo en 1929 por "Canto a la mujer gallega".

Notas

  1. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalvarezlimeses/

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

10 de decembro

O 10 de decembro é o 344º día do ano do calendario gregoriano e o 345º nos anos bisestos. Quedan 21 días para finalizar o ano.

19 de febreiro

O 19 de febreiro é o 50º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 315 días para finalizar o ano, 316 nos anos bisestos.

9 de febreiro

O 9 de febreiro é o 40º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 325 días para finalizar o ano, 326 nos anos bisestos.

Acción (Pontevedra)

Acción foi unha revista editada en Pontevedra de 1928 a 1930.

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Amalia Álvarez Gallego

Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.

Celso Álvarez Cáccamo

Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Cristal (revista)

Cristal foi unha revista literaria editada en Pontevedra entre 1932 e 1933.

Darío Álvarez Basso

Darío Álvarez Basso, nado en Caracas o 12 de maio de 1966, é un pintor galego.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Limeses

Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.

Emilio Álvarez Giménez

Emilio Álvarez Giménez, nado en Pobra de Seabra o 21 de marzo de 1830 e falecido en Pontevedra o 12 de xuño de 1911, foi un dramaturgo, rexionalista e político galego.

Galicia Moderna (Pontevedra)

Galicia Moderna foi unha revista editada en Pontevedra entre 1897 e 1898.

Mi Tierra (Ourense)

Mi Tierra foi unha revista gráfica de carácter rexionalista que se editou en Ourense en 1911.

Xeración de antre dous séculos

A Xeración de antre dous séculos foi nomeada por Xosé Luís Méndez Ferrín e comprendía a tódolos escritores galegos nados entre 1869 e 1879. Estes escritores serían os protagonistas da transición da Literatura galega do século XIX ó século XX.

O nome foi tomado dunha obra de Xerardo Álvarez Limeses que xunto con Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas, entre outros, formarían parte desta xeración.

Xerardo Álvarez Gallego

Xerardo Álvarez Gallego, nado en Ourense o 29 de novembro de 1899 e finado en Miami o 4 de abril de 1986, foi un escritor e político galego.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Árbore xenealóxica

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.