Xerardo Álvarez Gallego

Xerardo Álvarez Gallego, nado en Ourense o 29 de novembro de 1899 e finado en Miami o 4 de abril de 1986, foi un escritor e político galego.

Xerardo Álvarez Gallego
Nacemento29 de novembro de 1899
 Ourense
Falecemento4 de abril de 1986
 Miami, Florida
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista, escritor e político
PaiXerardo Álvarez Limeses
IrmánsAmalia Álvarez Gallego

Traxectoria

Fillo de Xerardo Álvarez Limeses, cursou o bacharelato en Ourense e rematou o último curso en Pontevedra, onde tamén obtivo o título de mestre. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como procurador en Vigo. Colaborou nos xornais Galicia, El Pueblo Gallego, onde foi redactor xefe, e El País. Foi militante do Partido Galeguista, do que foi secretario, e onde traballou co seu cuñado Alexandre Bóveda, foi un dos cinco candidatos galeguistas propostos polo PG para concorrer nas eleccións xerais coa Fronte Popular. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou chegar a Portugal disfrazado de mendigo e exiliouse en Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado de Fulgencio Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. En agosto de 1938 fundou Hermandad Gallega, organización política antifascista do Centro Galego, que presidiu ata 1941. Tamén en 1938 asumiu a dirección das revistas antifascistas Nosotros, Crónica de España e Voz de España. Foi vicepresidente do Congreso da emigración galega celebrado en Buenos Aires en xullo de 1956. Tentou volver do exilio desembarcando na Coruña, pero un día despois foi detido en Pontevedra e obrigado a abandonar o país. Despois de reiterados esforzos por establecerse definitivamente en Galicia, onde chegou a pasar uns meses, viuse forzado a un novo exilio e instalouse en Miami, onde permaneceu ata a súa morte.

As súas colaboracións xornalísticas están espalladas por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia, as dos centros galegos da Habana, Buenos Aires, México etc. Durante os meses de estancia en Galicia gañou o premio convocado pola Asociación da Prensa de Vigo por unha biografía crítica da obra de Luís Taboada. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario de Rosalía, publicados en 1937 na revista Cultura Gallega.

Obras

  • Los Pazos, 1963.
  • Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, 1972.

Notas

  1. La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

25 de xaneiro

O 25 de xaneiro é o 25º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 340 días para finalizar o ano, 341 nos anos bisestos.

29 de novembro

O 29 de novembro é o 333º día do ano do calendario gregoriano e o 334º nos anos bisestos. Quedan 32 días para acabar o ano.

4 de abril

O 4 de abril é o 94º día do ano do calendario gregoriano e o 95º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Alfonso Álvarez Gándara

Alfonso Álvarez Gándara, nado en Tui o 27 de xaneiro de 1939, é un avogado e político galego.

Amalia Álvarez Gallego

Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.

Celso Álvarez Cáccamo

Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Darío Álvarez Basso

Darío Álvarez Basso, nado en Caracas o 12 de maio de 1966, é un pintor galego.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Gándara

Darío Álvarez Gándara, nado en Tui o 22 de xaneiro de 1936 e finado en Nigrán o 17 de agosto de 2015, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Limeses

Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Emilio Álvarez Giménez

Emilio Álvarez Giménez, nado en Pobra de Seabra o 21 de marzo de 1830 e falecido en Pontevedra o 12 de xuño de 1911, foi un dramaturgo, rexionalista e político galego.

Emilio Álvarez Negreira

Emilio Álvarez Negreira, nado en Pontevedra o 9 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2002, foi un xornalista e poeta galego.

La Provincia (Pontevedra)

La Provincia foi un periódico editado en Pontevedra entre 1917 e 1922.

O Irmandiño

O Irmandiño foi unha publicación editada en Montevideo entre 1934 e 1961.

Xerardo Álvarez Limeses

Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.

Árbore xenealóxica

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.