Xerador eléctrico

Un xerador eléctrico é un tipo de máquina eléctrica cuxo obxectivo é conversión en enerxía eléctrica de calquera outra forma de enerxía (enerxía mecánica, química..). Os xeradores implicados na produción industrial son principalmente máquinas síncronas, aínda que en algunhas aplicacións especiais se poden utilizar outro tipo de máquinas.

O funcionamento dun xerador depende da indución electromagnética, estando a lei básica de indución electromagnética baseada na Lei de Faraday de indución. Un circuíto que xira en presenza dun campo magnético abarca un fluxo variábel, o que provoca unha corrente inducida.

Un motor eléctrico desempeña a función inversa, ou sexa, converte enerxía eléctrica en enerxía mecánica e construtivamente son semellantes aos xeradores, pois se basean no mesmo principio de conversión.

O tipo mais común de xerador eléctrico é o dínamo (xerador de corrente continua) dunha bicicleta, utilizada para converter enerxía das rodas que xiran en electricidade que alimenta unha lámpada. Na produción industrial de enerxía, a enerxía mecánica (moitas veces proveniente dunha turbina hidráulica, a gas ou a vapor) é utilizada para facer xirar o rotor, o cal induce unha tensión nos terminais dos enrolamentos que ao seren conectados a cargas levan a circulación de correntes eléctricas polos enrolamentos e pola carga.

GeradorHidreletrica
A imaxe mostra o topo dun xerador síncrono de central hidroeléctrica en manutención.

Hai moitos outros tipos de xeradores eléctricos. Xeradores electrostáticos como a máquina de Wimshurst, e nunha escala maior, os xeradores de van de Graaff, son principalmente utilizados en traballos especializados que esixen tensións moi altas, máis cunha baixa corrente e potencias non moi elevadas.

Iso se debe pelo fato de neses tipos de xerador, a densidade volumétrica de enerxía é pequena, ou sexa, para que se teña unha grande cantidade de enerxía sendo convertida é necesario un grande volume por parte da estrutura do xerador.

GeradorWestingHouse
Turbina Francis da Voith (azul) acoplada a xerador Westinghouse de 117,6 kW (vermello).

Outras máquinas

Aínda que normalmente se reserva o nome xerador para as máquinas eléctricas hai outro tipo de aparellos que producen enerxía eléctrica.

  • Tipos de xeradores que converten enerxía química en eléctrica:
    • Xeradores de célula de combustíbel
    • Pillas
  • Tipos de xeradores que converten directamente a enerxía luminosa do Sol en eléctrica:
    • Xeradores fotovoltaicos

Véxase tamén

Máquinas eléctricas
Máquinas de corrente continua Máquinas síncronas Máquinas asíncronas Transformadores
Dínamo Motor de indución
Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Coche de bombeiros

O coche de bombeiros é un vehículo empregado polos bombeiros deseñado para a loita contra as lapas. Ten como principal misión a de transportar os utensilios necesarios para abordar unha emerxencia por incendio. Adoita levar un motor para bombear auga obtida dunha boca de rego ou de calquera outra fonte de auga dispoñible, un equipo de comunicacións e diversas ferramentas necesarias para atender as urxencias.

Combustible fósil

Os combustibles fósiles ou combustibles minerais son aqueles combustibles orixinados pola descomposición parcial de materia orgánica fai millóns de anos transformada pola presión e temperatura debidas ás capas de sedimentos acumulados sobre el, e que se extraen do subsolo co obxectivo de producir enerxía por combustión. Considéranse combustibles fósiles o carbón, procedente de bosques do período carbonífero, o petróleo e o gas natural procedente doutros organismos.Son recursos de enerxía non renovables porque requiren de millóns de anos para a súa formación de forma natural. Debido ao seu alto poder calorífico son fontes de enerxía útiles para xerar enerxía térmica e o seu uso permitiu o gran crecemento económico e demográfico ligado á revolución industrial do século XIX. Aínda que agora son fundamentais para a nosa economía. O 2007 a combustión de carbón, petróleo e gas natural representou 86,4% da enerxía primaria mundial.Con todo a súa combustión é unha das principais fontes de contaminación atmosférica e do quecemento global, supoñendo un importante problema de sostibilidade.

Corrente eléctrica

A corrente eléctrica ou intensidade eléctrica é o fluxo de carga eléctrica por unidade de tempo que percorre un material condutor de corriente.

Na Física, a corrente eléctrica é o fluxo líquido de calquera carga eléctrica. As cargas eléctricas poden ser negativas (electróns) ou positivas (buracos), aínda que a corrente convencional foi definida, por razóns históricas, como un fluxo de cargas positivas. Hoxe, con todo, coñecemos que en materiais como os metais a circulación é de cargas negativas e en dirección oposta; aínda así, a definición da corrente convencional segue sendo válida. Os raios son exemplos de corrente eléctrica, ben como o vento solar, porén o máis coñecido, probabelmente, é o fluxo de electróns a través dun condutor eléctrico, xeralmente metálico.

Ao falarmos de corrente eléctrica, desde un punto de vista xeométrico, podemos considerar tipicamente tres situacións:

que a corrente circule por unha liña (i.e. unha corrente unidimensional), caso no que se falará de intensidade de corrente eléctrica.

que a corrente circule sobre unha superficie (i.e. unha corrente bidimensional), caso no que se fala de densidade superficial de corrente.

que a corrente circule a través dun volume (corrente en tres dimensións), caso no que se fala de densidade volúmica ou volumétrica de corrente.

Dínamo

Unha dínamo é unha máquina destinada á transformación de enerxía mecánica en eléctrica, producindo corrente continua mediante o fenómeno da indución electromagnética producida por un imán ou un electroimán rotatorio sobre unha bobina fixa ou viceversa.

Efecto triboeléctrico

O efecto triboeléctrico é un tipo de electrificación causado polo contacto con outro material (por exemplo o frotamento directo). A polaridade e a forza das cargas producidas diferéncianse segundo os materiais, a aspereza superficial, a temperatura, a tensión, e outras características. Denomínase triboelectricidade (do grego τρίβειν tríbein, "frotar") ao fenómeno de electrificación por frotamento. A electrostática, pode producirse por frotamento ou por influencia.

O ámbar, por exemplo, pode adquirir unha carga eléctrica polo contacto e a separación (respectivamente atrito) cun material como a la. Esta característica, foi rexistrada primeiro por Tales de Mileto quen suxeriu a palabra "electricidade", da palabra grega (grego) para o ámbar "electrón".

Enerxía eólica

A enerxía eólica é a enerxía que se obtén do vento. Esta fonte de enerxía vén sendo aproveitada dende a antigüidade por diversos medios, en particular muíños en terra e velas no mar. A verba eólico vén do latín Aeolicus, pertencente ou relativo a Eolo, deus dos ventos na mitoloxía grega.

Nos derradeiros anos do século XX Galicia pasou a ser un lugar cun parque eólico (de muíños para producir enerxía eléctrica) de gran tamaño relativo.

Na actualidade, a enerxía eólica é utilizada principalmente para producir enerxía eléctrica mediante aeroxeradores. A finais de 2007, a capacidade mundial dos xeradores eólicos foi de 94.1 xigavatios. Mentres a eólica xera arredor do 1% do consumo de electricidade mundial, representa arredor do 19% da produción eléctrica en Dinamarca, 9% en España e Portugal, e un 6% en Alemaña e Irlanda (datos do 2007).

É un recurso abundante, renovábel, limpo e axuda a minguar as emisións de gases de efecto invernadoiro ao substituír termoeléctricas a base de combustibles fósiles, o que a converte nun tipo de enerxía verde. O seu principal inconveniente é a súa intermitencia.

Enerxía hidráulica

A enerxía hidráulica é un tipo de enerxía obtida a partir da enerxía potencial dunha masa de auga. Esta enerxía maniféstase en estado natural nos fluxos de auga, como nos ríos e lagos e pode ser aproveitada por medio dun desnivel ou encoro. Pode ser convertida en enerxía mecánica a través de turbinas hidráulicas ou muíños de auga. As turbinas á súa vez poden ser usadas como accionamento dun mecanismo industrial, coma un compresor ou un xerador eléctrico, coa finalidade de prover enerxía eléctrica para unha rede de enerxía.

A potencia máxima que pode ser obtida a través dun desnivel pode ser calculada polo produto .

En unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI)

Enerxía mecánica

En física a enerxía mecánica describe o onxunto da enerxía cinética e a enerxía potencial dun corpo. É a enerxía asociada co movemento e a posición dun obxecto. Nun sistema onde só actúen forzas conservativas, cúmprese o principio de conservación da enerxía mecánica: "en todo momento a suma da enerxía mecánica de tódolos corpos do sistema é constante", é dicir, "a enerxía mecánica non se crea nin se destrúe, simplemente transfórmase ou pasa dun corpo a outro". Isto só acontece en sistemas ideais, pois as forzas de rozamento ( fricción) impiden que existan sistemas conservativos puros. Inda así, hai certas condicións (ausencia de atmosfera, rozamento case nulo) en que se pode facer esta aproximación.

Se un obxecto é movido en sentido oposto a unha forza conservativa neta, a enerxía potencial incrementarase e se a celeridade do obxecto cambia, a a enerxía cinética do obxecto cambia asemade. Nun sistema real, non obstante, as forzas non conservativas como a, están presentes, mais con frecuencia con valores desprezables, e a constancia da enerxía mecánica é unha boa aproximación. Nas colisións elásticas consérvase a enerxía mecánica, pero non nas colisións inelásticas, nas que parte da enerxía é convertida en calor ou en enerxía interna. O equivalente entre a enerxía mecánica perdida (disipación) e o incremento da temperatura foi descoberto por James Prescott Joule.

Moitos aparellos teñen como finalidade a conversión da enerxía mecánica en outros xeitos de enerxía ou doutras enerxía en mecánica, por exemplo, un motor eléctrico converte enerxía eléctrica en enerxía mecánica, un xerador eléctrico converte enerxía mecánica en enerxía eléctrica e unha máquina de vapor converte calor en enerxía mecánica.

Enerxía renovable

Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos. Algúns exemplos son a calor solar, o vento, as mareas e a calor dentro da terra.

En xeral son fontes de enerxía dispersa ou moi pouco concentrada, por exemplo só un 5% da irradiación solar é absorbida polo chan e menos aínda, un 0'3 %, o é polas plantas. Moitas dependen da xeografía e do clima, de modo que non todos os sistemas de calquera tipo de enerxías renovables pódense instalar en calquera lugar. Outra característica bastante xeral é que é aleatoria, é dicir variable e non controlable no tempo e tamén no espazo. Isto fai que sexa imprescindible o uso de sistemas de almacenamento de enerxía, que a gardan a medida que se xera, por un tempo máis ou menos limitado, para que sexa usada segundo a demanda do seu consumo.

No ano 2006, aproximadamente o 18% do consumo mundial de enerxía fora xerado por fontes renovables.

As Nacións Unidas declararon o ano 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.

Frecuencia

Frecuencia é un termo empregado nas matemáticas e na física para indicar a velocidade de repetición de calquera fenómeno periódico. Defínese como o número de veces que se repite un fenómeno na unidade de tempo.

A unidade de medida da frecuencia é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que ten lugar unha vez por segundo. Esta unidade era orixinariamente «ciclo por segundo» (cps), hai outras unidades para indicar a frecuencia de revolucións por minuto (rpm), ou para indicar as pulsacións do corazón e o tempo musical, os «pulsos por minuto» (bpm, do inglés beats per minute).

Illa de Sálvora

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

Indución electromagnética

A indución electromagnética é o fenómeno que orixina a produción dunha forza electromotriz (f.e.m. ou voltaxe) nun medio ou corpo exposto a un campo magnético variábel, ou ben nun medio móbil respecto dun campo magnético estático. É así que, cando devandito corpo é un condutor fechado (circuíto), prodúcese unha corrente inducida. Este fenómeno foi descuberto por Michael Faraday quen o expresou indicando que a magnitude da voltaxe inducida é proporcional á variación do fluxo magnético (Lei de Faraday).

Locomotora

Unha locomotora é un vehículo ferroviario que proporciona a enerxía necesaria para poñer un tren en movemento, sendo, por tanto, unha parte fundamental destes. Unha locomotora non ten capacidade de carga, e o seu único propósito é mover o tren ao longo das vías. Con todo, algúns trens, posúen unidades (carruaxes) mixtas auto-alimentadas que tamén serven principalmente, para o transporte de persoas; a estes vehículos, con todo, non selle dá normalmente o nome de locomotora, senón tren de unidade.

Machina Electrica

Machina Electrica (latín para xerador eléctrico) é unha antiga constelación ideada polo astrónomo alemán Johann Elert Bode no 1800, creada na honra á invención do primeiro xerador eléctrico. Formada por estrelas febles que actualmente están no sur da constelación de Cetus -o monstro mariño-, apareceu en moi poucos atlas estelares e nunca obtivo o recoñecemento xeral. Actualmente no é unha constelación recoñecida pola Unión Astronómica Internacional.

Michael Faraday

Michael Faraday, nado en Newington (Londres) o 22 de setembro de 1791 e finado en Hampton Court o 25 de agosto de 1867, foi un químico e físico inglés, que estudou o electromagnetismo e a electroquímica. Os seus principais descubrimentos inclúen a indución electromagnética, diamagnetismo e a electrólise.

Malia a escasa educación formal recibida, Faraday é un dos científicos máis influentes da historia. Foi debido ao seu estudo do campo magnético ao redor dun condutor polo que circula corrente continua que Faraday estableceu as bases para o desenvolvemento do concepto de campo electromagnético. Faraday tamén estableceu que o magnetismo podía afectar os raios de luz e que había unha relación subxacente entre ambos fenómeno. Descubriu, tamén, o principio de indución electromagnética, diamagnetismo, as leis da electrólise e inventou algo que el chamou dispositivos de rotación electromagnética, que foron os precursores do actual motor eléctrico.

No campo da química, Faraday descubriu o benceno, investigou o hidrato de clatrato de cloro, inventou un antecesor do queimador Bunsen e o sistema de números de oxidación, e introduciu términos como ánodo, cátodo, eléctrodo e ión. Finalmente, foi o primeiro en recibir o título de Fullerian Professor of Chemistry na Royal Institution de Gran Bretaña, que ostentaría ata a súa morte.

Faraday foi un excelente experimentador, quen transmitiu as súas ideas nunha linguaxe clara e simple. As súas habilidades matemáticas, con todo, non abarcaban máis aló da trigonometría e o álxebra básica. James Clerk Maxwell tomou o traballo de Faraday e outros e resumiuno nun grupo de ecuacións que representan as actuais teorías do fenómeno electromagnético. O uso de liñas de forza por parte de Faraday levou a Maxwell a escribir que "elas demostran que Faraday foi en realidade un gran matemático. Un do cal os matemáticos do futuro derivarán valiosos e prolíficos métodos". A unidade da capacidade eléctrica no SI de unidades, o farad (F), denomínase así no seu honor.

Albert Einstein mantiña colgado na parede do seu estudo un retrato de Faraday xunto aos de Isaac Newton e James Clerk Maxwell. O físico neozelandés Ernest Rutherford declarou: "Cando consideramos a extensión e a magnitude dos seus descubrimentos e a súa influencia no progreso da ciencia e da industria, non existen honores que poidan retribuir a memoria de Faraday, un dos maiores descubridores científicos de todos os tempos".

Refuxio de montaña

Un refuxio de montaña ou albergue de montaña é un edificio destinado a aloxar e protexer das inclemencias meteorolóxicas a alpinistas ou excursionistas situado en zonas de montaña, xeralmente de difícil acceso, ou en núcleos rurais. A maioría están xestionados por un Club alpino.

Vilasumil

Vilasumil (Villasumile en dialecto ancarés ou Villasumil oficialmente en castelán) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na comarca do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 11 habitantes. A parroquia sufriu do mesmo xeito que a zona un proceso de despoboamento. O proceso de perda de habitantes en Vilasumil veuse dando desde o século XVIII, cando segundo Miñano a localidade tiña 161 habitantes. Un século despois segundo o reconto de Madoz, tiña 130 habitantes. En 1920, no censo feito por Mourille, a aldea tiña 119 habitantes. A caída da poboación deuse a partir das décadas de 1950 e 1960, coas emigracións, a bisbarra baleirouse dos habitantes máis novos. O avellantamento, a falta de perspectivas de futuro e o réxime de tenencia da terra e os usos do chan son explicacións para o despoboamento de Vilasumil e outros lugares da zona.

Voo 1862 de El Al

O voo 1862 de El Al era un voo de carga operado pola aeroliña israelí El Al. O día 4 de outubro de 1992 o Boeing 747 que o operaba esnafrouse contra un edificio residencial no barrio de Bijlmermeer en Amsterdam. Oficialmente morreron un total de 43 persoas: os tres membros da tripulación, un pasaxeiro e 39 persoas en terra. Ademais destas mortes, 11 persoas resultaron feridas de gravidade e outras 15 recibiron feridas leves. O número exacto de xente morta en terra está en disputa, xa que o edificio tiña unha alta concentración de inmigrantes ilegais.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.