Xeración de electricidade

A xeración de enerxía eléctrica consiste en transformar algunha clase de enerxía (química, cinética, térmica o lumínica, nuclear, solar entre outras), en enerxía eléctrica. Para a xeración industrial recorrese a instalacións denominadas centrais eléctricas, que executan algunha das transformacións citadas. Estas constitúen o primeiro elo do sistema de subministración eléctrica. A xeración eléctrica realízase, basicamente, mediante un xerador; se ben estes non difiren entre si en canto ao seu principio de funcionamento, varían en función á forma en que se accionan.

Desde que se descubriu a corrente alterna e a forma de producila nos alternadores, levouse a cabo unha inmensa actividade tecnolóxica para levar a enerxía eléctrica a todos os lugares habitados do mundo, polo que, xunto á construción de grandes e variadas centrais eléctricas, se construíron sofisticadas redes de transporte e sistemas de distribución. Porén, o aproveitamento foi e segue sendo moi desigual en todo o planeta. Así, os países industrializados ou do primeiro mundo son grandes consumidores de enerxía eléctrica, mentres que os países en vías de desenvolvemento apenas desfrutan das súas vantaxes.

Alternador de fábrica textil
Alternador de fábrica téxtil (Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña, Terrasa).

Véxase tamén

Outros artigos

Brasil

O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 204 450 649 (2015), así como en territorio. Porén, presenta un dos máis baixos índices de densidade de poboación. A súa capital é a cidade de Brasilia, a cal substituíu a Río de Xaneiro en 1960. Antes da cidade fluminense a primeira capital do país fora Salvador.

O Brasil comparte fronteiras con tódolos países suramericanos exceptuando Chile e Ecuador. Así, ao norte limita con Colombia, Venezuela, a Güiana, Suriname e a Güiana Francesa, ao sur coa Arxentina, o Uruguai e Paraguai e ao oeste con Bolivia e o Perú. Ao leste, durante 7.491 km, o país está bañado polas augas do océano Atlántico. Ademais do territorio continental, o Brasil posúe grandes grupos de illas no Atlántico, por exemplo o Arquipélago de San Pedro e San Paulo, Atol das Rocas, Fernando de Noronha, territorio especial do estado de Pernambuco, e Trindade e Martim Vaz en Espírito Santo. Conta tamén cun complexo de pequenas illas e corais chamado Atol das Rocas, que pertence ao estado de Río Grande do Norte.

Habitado orixinariamente polos amerindios, o Brasil converteuse nunha colonia do Reino de Portugal tralo seu descubrimento da man de Pedro Álvares Cabral no ano 1500 e o Tratado de Tordesillas. No ano 1815, foi elevado á categoría de Reino, aínda que xa perdera os seus lazos coloniais varios anos antes, en 1808, despois da invasión portuguesa de Napoleón. O país obtivo a súa completa independencia o 7 de setembro de 1822, constituíndose como un estado unitario gobernado baixo unha monarquía constitucional e un sistema parlamentario. Anos despois, en 1889, un golpe de estado militar proclamou a República. A súa última Constitución, formulada en 1988, define ao país como unha república federal.

Climaticamente é un país tropical, xa que se atopa sobre a liña ecuatorial, abarcando partes tanto no hemisferio sur como no hemisferio norte, con todo as estacións climáticas non se senten dun xeito radical. Parte do seu territorio está cuberto pola selva tropical amazónica, que con 3,6 millóns de km² é a máis grande do mundo. Grazas a todo isto é o país con máis especies de animais distintas no mundo. Demograficamente, a maior parte da súa poboación concéntrase ao longo do litoral, mentres o interior está marcado por enormes baleiros demográficos. A nivel lingüístico, o Brasil é o único país de lingua portuguesa do continente, aínda que tamén son faladas outras moitas linguas. A relixión con máis seguidores é o catolicismo, sendo o país con maior número de católicos nominais do mundo. A sociedade brasileira é unha das máis multiétnicas do planeta, formada por descendentes de europeos, indíxenas, africanos e asiáticos.

A economía brasileira é a maior de América Latina e do hemisferio Sur, así como a sétima maior do mundo polo seu Produto Interior Bruto nominal e por paridade de poder adquisitivo. É ademais unha das principais economías con máis rápido crecemento económico. O país é membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da que é membro fundador, G20, Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), Unión Latina, Organización dos Estados Americanos (OEA), Organización dos Estados Iberoamericanos (OEI), Mercado Común do Sur (Mercosur) e da Unión de Nacións Suramericanas (Unasur), ademais de ser un dos países BRICS, xunto coa China, a India, Rusia e Suráfrica.

California

California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Central hidroeléctrica

Unha central hidroeléctrica é aquela que se utiliza para a xeración de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía potencial da auga represada nun encoro situado a nivel máis alto que a central.

A auga é conducida mediante unha tubaxe de descarga á sala de máquinas da central, onde mediante enormes turbinas hidráulicas se produce a xeración de enerxía eléctrica.

Charles Algernon Parsons

Charles Algernon Parsons, nado en Londres o 13 de xuño de 1854 e finado en Kingston (Xamaica) o 11 de febreiro de 1931, foi un enxeñeiro e inventor anglo-irlandés, máis coñecido pola invención da turbina de vapor e por dar nome á C. A. Parsons and Company. Traballou no proxecto de dínamos e turbinas para a xeración de electricidade, con grande influencia no campo naval e no campo da enxeñaría eléctrica. Tamén desenvolveu equipamentos ópticos, como reflectores e telescopios.

Enerxía nuclear

Chámase enerxía nuclear ou enerxía atómica a aquela enerxía que se obtén ao aproveitarse as reaccións nucleares espontáneas ou provocadas polo ser humano. Con todo, este termo engloba outro significado, o aproveitamento de devandita enerxía para outros fins, tales como a obtención de enerxía eléctrica, enerxía térmica e enerxía mecánica a partir de reaccións atómicas, e a súa aplicación, ben sexa con fins pacíficos ou bélicos. Así, é común referirse á enerxía nuclear non só como o resultado dunha reacción senón como un concepto máis amplo que inclúe os coñecementos e técnicas que permiten a utilización desta enerxía por parte do ser humano.

Estas reaccións danse nalgúns isótopos de certos elementos químicos, sendo o máis coñecido deste tipo de enerxía a fisión do uranio-235 (235U), coa que funcionan os reactores nucleares. Con todo, para producir este tipo de enerxía aproveitando reaccións nucleares poden ser empregados moitos outros isótopos de varios elementos químicos, como o torio, o plutonio, o estroncio ou o polonio.

Os dous sistemas cos que pode obterse enerxía nuclear de forma masiva son a fisión nuclear e a fusión nuclear. A enerxía nuclear pode transformarse de forma descontrolada, dando lugar ao armamento nuclear; ou controlada en reactores nucleares nos que se produce enerxía eléctrica, enerxía mecánica ou enerxía térmica. Tanto os materiais empregados como o deseño das instalacións son completamente diferentes en cada caso.

Outra técnica, empregada principalmente en pilas de enorme duración para sistemas que requiren pouco consumo eléctrico, é a utilización de xeradores termoeléctricos de radioisótopos (GTR, ou RTG en inglés), nos que se aproveitan os distintos xeitos de desintegración para xerar electricidade en sistemas de termopares a partir da calor transferida por unha fonte radioactiva.

A enerxía desprendida neses procesos nucleares adoita aparecer en forma de partículas subatómicas en movemento. Esas partículas, ao frearse na materia que as rodea, producen enerxía térmica. Esta enerxía térmica transfórmase en enerxía mecánica utilizando motores de combustión externa, como as turbinas de vapor. Devandita enerxía mecánica pode ser empregada no transporte, por exemplo nos buques nucleares; ou para a xeración de enerxía eléctrica en centrais nucleares.

A principal característica deste tipo de enerxía é a alta calidade da enerxía que pode producirse por unidade de masa de material utilizado en comparación con calquera outro tipo de enerxía coñecida polo ser humano, pero sorprende a pouca eficiencia do proceso, xa que se desaproveita entre un 86% e 92% da enerxía que se libera.Nas reaccións nucleares adóitase liberar unha grandísima cantidade de enerxía debido en parte á masa de partículas involucradas neste proceso, transfórmase directamente en enerxía. O anterior adóitase explicar baseándose na relación masa-enerxía proposta polo físico Albert Einstein.

Enerxía undimotriz

A enerxía undimotriz é o transporte da enerxía producida polo movemento das ondas e a súa captación para aplicala en facer un traballo útil; por exemplo, para a xeración de electricidade, a desalinización, ou o bombeo de auga (en depósitos). É unha fonte de enerxía renovable menos coñecida e estendida cá maremotriz, pero cada vez aplícase máis.

Gas de síntese

O gas de síntese ou syngas é unha mestura de gas combustible que consta principalmente de hidróxeno, monóxido de carbono e con frecuencia algo de dióxido de carbono. O nome procede do seu uso como intermediario na creación de gas natural sintético e para producir amoníaco ou metanol. O gas de síntese ou syngas é xeralmene un produto da gasificación e a súa principal aplicación é a xeración de electricidade. O gas de síntese é un combustible e utilízase a miúdo como combustible de motores de combustión interna. Ten unha densidade de enerxía que é menos da metade que a do gas natural.

O gas de síntese pode producirse a partir de moitas fontes, como o gas natural, carbón, biomasa, ou virtualmente calquera hidrocarburo, por reacción con vapor (reformado con vapor), dióxido de carbono (reformado seco) ou oxíxeno (oxidación parcial). O gas de síntese ou syngas é unha fonte intermediaria esencial para a produción de hidróxeno, amoníaco, metanol, e combustibles de hidrocarburos sintéticos. O gas de síntese úsase tamén como intermediario na produción de petróleo sintético para o seu uso como combustible ou lubricante por medio do proceso Fischer-Tropsch e previamente polo proceso de metanol a gasolina da compañía Mobil.

Os métodos de produción inclúen o reformado con vapor de gas natural ou hidrocarburos líquidos para producir hidróxeno, a gasificación de carbón, biomasa, e nalgúns tipos de instalacións a gasificación de enerxía obtida a partir de lixo.

Hélice

pode consultar tamén Hélice (xeometría)

A hélice é un dispositivo formado por un conxunto de elementos denominados pas, os cales están montados de forma concéntrica arredor dun eixo, virando darredor del nun mesmo plano.

A súa función é transmitir a través das pas a súa propia enerxía cinética (que adquire ao virar) a un fluído, creando unha forza de tracción, ou viceversa, "tomar" a enerxía cinética dun fluído para transmitila a través do seu eixo a outro dispositivo.

A primeiras aplicacións das hélices, hai miles de anos, foron os muíños de vento e de auga. Hoxe en día, tamén baixo os nomes de "rotor", "turbina" e "ventilador", as hélices e os dispositivos derivados delas empréganse para multitude propósitos: refrixeración, compresión de fluídos, xeración de electricidade, propulsión de vehículos e ata para a xeración de efectos visuais (estroboscopio).

Como demostra a variedade de denominacións e campos de aplicación, existe unha gran variedade de hélices, que se manifesta sobre todo nas pas, que xeralmente teñen perfís semellantes aos dunha á, pero cuxa forma varía segundo o seu propósito.

Ademais, hai hélices, principalmente na aviación, nas cales a inclinación das pas é variable, variación que á súa vez pode ser respecto ao plano de xiro da hélice ("paso") ou respecto ao eixo de xiro da hélice ("paso cíclico" ou simplemente "cíclico"). Para acadar isto requírense mecanismos bastante complexos.

Nos motores de avión, a propia hélice fai as veces de volante de inercia.

Illinois

Illinois é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. É o quinto estado máis poboado do país, cos seus 12 419 293 habitantes (en 2000). Cerca do 65% da poboación do estado vive na rexión metropolitana de Chicago, un dos maiores centros industriais e financeiros do mundo. Springfield é a capital do estado. Misioneiros franceses foron os primeiros europeos a exploraren a rexión. A palabra "Illinois" vén da pronunciación francesa da palabra algonquina illiniwek, que posúe dous significados 'o pobo' ou 'pobo superior'.

O cognome do Illinois é The Prairie State, que en galego significa "O estado dos prados". Illinois caracterizase polo seu terreo pouco accidentado, relativamente plano, que cobre unha gran parte do estado. Outro cognome do estado é The Land of Lincoln. Moitos dos habitantes do estado fachendean do feito de que o presidente americano Abraham Lincoln pasou a maior parte da súa vida no estado. Está actualmente enterrado en Springfield.

India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.

Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Motor de combustión interna

Un motor de combustión interna (MCI) é un tipo de máquina que obtén enerxía mecánica directamente da enerxía química producida por un combustíbel que arde dentro dunha cámara de combustión, a parte principal dun motor.

Míchigan

Míchigan é un dos 50 Estados de Estados Unidos de América, un dos líderes nacionais da industria de manufacturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit e o estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos.

Limita con catro dos cinco Grandes Lagos. O seu litoral posúe 5.292 km de extensión. Pode ser dividido en dúas áreas distintas: a Península Superior e a Península Inferior, conectadas entre si só por unha ponte de 8 quilómetros de lonxitude.

Nevada

Nevada é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América, localizada no suroeste do país. Nevada posúe as maiores taxas de crecemento poboacional de todos os Estados Unidos, en gran parte grazas á grande inmigración de mexicanos na rexión. O crecemento poboacional do Estado entre 1990 e 2000 foi do 66,3%, en canto a poboación do país como un todo creceu 13,1%. Porén, a maior parte está escasamente poboada: a poboación do Estado concéntrase en dous núcleos urbanos distintos, Las Vegas e Carson City-Reno.

Os primeiros exploradores europeos en exploraren a rexión foron os españois. Estes deron o nome de Nevada á rexión, pola neve que era común nos meses de inverno. Nevada foi unha colonia española ata 1821, cando México se tornou independente, e Nevada pasou a formar parte de México. En 1848, co final da Guerra Mexicano-Americana, Nevada pasou a formar parte dos Estados Unidos. O 31 de outubro de 1864, Nevada elevouse á categoría de Estado dos Estados Unidos, durante a Guerra Civil Americana. Por iso, o Estado chamouse The Battle Born State.

Na década de 1870 atopáronse grandes reservas de prata en Nevada; isto deu a Nevada o cognome de The Silver State. Actualmente, a economía aínda posúe a minería como unha fonte de renda primaria, e o estado é un gran produtor de prata, ouro, petróleo e area. Porén, actualmente, a maior fonte de renda do Estado é o turismo. Nevada é famoso polos seus casinos, que están primariamente concentrados en Las Vegas e mais en Reno.

Río Alagón

O Alagón é un río do oeste da Península Ibérica, afluente do Texo, no cal verte as súas augas logo dun percorrido de 209 km que o tornan o seu máis longo tributario, aínda que non o de maior caudal.

Tecnoloxía

A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento.

A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos homes e mulleres, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo nese mundo artificial, dende o máis simple e cotiá até o máis novo e revolucionario, é tecnoloxía.

Dependendo do contexto, a tecnoloxía pode referirse a:

As técnicas, coñecementos, métodos, materiais, ferramentas, e procesos usados para resolver problemas ou ao menos facilitar a solución dos mesmos;

Un método ou proceso de construción e traballo (como a tecnoloxía de manufactura, a tecnoloxía de infraestrutura ou a tecnoloxía espacial);

A aplicación de recursos para a resolución de problemas;

O termo tecnoloxía tamén pode usarse para describir o nivel de coñecemento científico, matemático e técnico dunha determinada cultura;

Na economía, a tecnoloxía é o estado actual do noso coñecemento de como combinar recursos para producir os produtos desexados (e o noso coñecemento do que pode ser producido).A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría. Sendo un termo que inclúe desde as ferramentas e procesos simples, tales como unha culler de madeira e a fermentación da uva respectivamente, ata as ferramentas e procesos máis complexos xa creados polo ser humano, tal como a Estación Espacial Internacional e a desalinización da auga do mar respectivamente.

Frecuentemente, a tecnoloxía entra en conflito con algunhas preocupacións naturais de nosa sociedade, como o desemprego, a contaminación e outras moitas cuestións ecolóxicas, filosóficas e sociolóxicas.

Telescopio Hubble

O Telescopio espacial Hubble (HST polas súas siglas inglesas) é un telescopio robótico conxunto da NASA e a ESA localizado na beira externa da atmosfera, en órbita circular ó arredor da Terra, a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min.

Texas

Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración.

Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira. A palabra Texas deriva da palabra indíxena que significa "amigos".

Xeograficamente, Texas é un estado de contrastes. Mentres as partes norte e leste do estado están cubertas por varios ríos, lagos e bosques, que posúen un clima propicio á agricultura, as partes sur e oeste do estado posúen un clima máis árido, desértico en varias rexións. Foron nestas áreas, escasamente poboadas, onde xurdiron os cowboys, coa misión de coidar o gando da rexión e defendelo dos ataques da poboación nativa. Os cowboys tornáronse rapidamente un símbolo do estado, e ata hoxe aínda existen en varias áreas rurais do estado.

Texas foi explorado e colonizado inicialmente polos españois. Pasou ao control mexicano cando México se independizou de España, en 1821. A crecente migración de norteamericanos a Texas fixo que crecesen movementos pro-secesión de Texas do México. En 1836, unha rebelión en El Álamo foi extinguida polos mexicanos, que mataron a todos os norteamericanos participantes desta rebelión - con excepción de algunhas mulleres, meniños e escravos. Xa no mesmo ano, Texas independizouse de México, converténdose nunha república e, nove anos despois, nun estado norteamericano, sendo admitido como o vixésimo oitavo estado norteamericano da Unión en 29 de decembro de 1845.

Actualmente, a economía de Texas posúe un importante papel na economía norteamericana. Inicialmente un estado agropecuario, desde o inicio do século XX a economía do estado diversificouse, e hoxe son as industrias petrolífera e aerospacial, así como o sector financeiro, os que posúen maior importancia na economía de Texas.

Thomas Alva Edison

Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu moitos dispositivos que influíron en gran medida na vida de todo o mundo. O mago de Menlo Park (en inglés) The Wizard of Menlo Park), como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da produción en cadea ao proceso da invención.Edison foi considerado un dos máis prolíficos inventores do seu tempo, logrou 1093 patentes ao seu nome así como moitas patentes no Reino Unido, Francia e Alemaña. Atribúeselle numerosos inventos que contribuíron á comunicación de masas e, en particular, das telecomunicacións. Estes inclúen un taboleiro de cotizacións, unha gravadora de votación mecánica, unha batería para un coche eléctrico, a enerxía eléctrica, a música gravada e as películas. A maioría destes inventos non eran completamente orixinais del, e eran feitos verdadeiramente polos seus numerosos empregados. Edison foi criticado por non compartir os méritos.

Inventou o fonógrafo e a bombilla ou lámpada incandescente, logo de experimentar con máis de 1000 materiais diferentes, e conseguiu a industrialización desta con un filamento de bambú carbonizado. Descubriu o chamado efecto Edison, o que permite o funcionamento do díodo de incandescencia.

Trixeración

Procedemento similar á coxeración no que se consegue frío, ademais de enerxía eléctrica e calor, típicos da coxeración.

A combinación da coxeración coa absorción dá lugar á trixeración. A absorción é un proceso polo que se pode obter frío a partir dunha fonte de calor.

A calor residual que se obtén é la suma da producida pola xeración de electricidade, máis o subtraído do proceso de refrixeración. Co que se consegue máis cantidade de calor malia a menor temperatura, coa desvantaxe de que as posíbeis aplicacións desta calor poden verse reducidas.

Na época estival, a demanda de calor baixa considerabelmente, polo que a calor producida nos equipos de coxeración pódese aproveitar para "xerar" frío para o aire acondicionado necesario nesta época. Deste xeito conséguese a partir dunha única enerxía primaria (gas natural) tres tipos de enerxía, xunto cun importante aforro económico e unha boa alternativa para o medio ambiente (Porén estamos a mellorar a eficiencia global do proceso comparándoa coa dos procesos por separado).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.