Xeración

En xenealoxía coñécese como xeración ao total de seres que forman parte da liña de sucesión anterior ou posterior dun individuo de referencia. Ao tomarse como punto de partida a un determinado individuo considérase como a primeira xeración; os seus sucesores denomínanse a segunda xeración, e os sucesores destes considéranse terceira xeración, e así sucesivamente. Nas listas xenealóxicas é frecuente designar as xeracións cun número romano.

Tamén se utiliza o termo xeración para denominar ao conxunto de persoas que, por ter nacido en datas próximas e recibido educación e influxos culturais e sociais semellantes, compórtanse de maneira afín ou comparable nalgúns sentidos. Así, referímonos a a xeración xuvenil. a xeración da guerra, a xeración do 98.

Outra acepción usual do termo xeración corresponde a cada unha das fases dunha técnica en evolución, en que se achegan avances e innovacións respecto á fase anterior. Así, dicimos ordenadores de quinta xeración.

Lynch Armenia Five generations
Cinco xeracións dunha familia, desde o bisneto á bisavoa.

Diferenza xeneracional en demografía

A diferenza xeneracional, duración xeneracional ou intervalo xeneracional é a media da diferenza de idade de todos os fillos con respecto ao pai ou nai. Con respecto ás diferenzas de idade entre a muller e o home nun enlace familiar, adoita ser a diferenza xeneracional con respecto ao pai maior que con respecto á nai.

En demografía a diferenza xeneracional é unha das variables para a descrición do comportamento xerativo, o cal tamén xoga un papel importante nos prognósticos de poboación.

Xeracións en socioloxía

O sociólogo alemán Karl Mannheim realizou en 1928 contribucións importantes á socioloxía do coñecemento co seu concepto de xeración, que non comprendía 30 anos como se consideraba ata entón, senón que se caracterizaba por acontecementos xeneracionais, é dicir, feitos que marcaron a nenez e a mocidade e que terán unha influencia no resto da vida. Para a súa análise sociolóxica do problema das xeracións Mannheim sérvese por un lado da dirección positivista de David Hume e Auguste Comte, que intentou buscar intervalos fixos e cuantificados de 30 anos, que se sucedían; pero por outro lado faise tamén eco da interpretación de xeración das escolas históricas do Romanticismo, que se baseaban nos movementos intelectuais que se experimentaban interiormente, como é o caso da historia da arte.[1]

Mannheim diferenciou entre situación xeneracional, contexto xeneracional e unidade xeneracional. A situación xeneracional é un termo xeral que se refire ao nacemento nun determinado período histórico social[2] e é un requisito para poder falarse de contexto xeneracional ou unidade xeneracional. Denomínase contexto xeneracional á unión que se dá ao participar nun destino común e nas correntes intelectuais do momento.[3] Un contexto xeneracional agrupa varias unidades xeneracionais. Os membros das unidades xeneracionais están unidos de forma máis próxima, dado que experimentan as correntes intelectuais da mesma maneira: comparten as intencións fundamentais e os principios de formación, que os socializan dentro dun grupo e son causantes de que a reacción nas correntes do tempo sexa idéntica.[4]

Tensión xeneracional

Como xa se comentou, as diferenzas na forma de vivir ou pensar entre as xeracións poden ser moi distintas se os influxos culturais e socias que lles afectaron tamén o foron.

Norman Ryder (1965) estudou a socioloxía das discordancias entre xeracións ao suxerir que a sociedade "persiste a pesar da mortalidade dos seus membros individuais, por procesos de metabolismo demográfico e particularmente a infusión anual de cohortes de nacementos". Argumentou que as xeracións poden ás veces ser unha "ameaza á estabilidade" pero ao mesmo tempo representan "a oportunidade das transformacións da sociedade".[5] Ryder tratou de comprender as dinámicas que actúan entre as xeracións.

Amanda Grenier (2007) ofreceu outras posibles explicacións de por que existen as tensións xeneracionais. Grenier afirma que as xeracións desenvolven os seus propios modelos lingüísticos que contribúen á falta de comprensión entre as cohortes de idade: "existen diferentes modos de falar exercidos polas persoas vellas e novas, e pode ser parcialmente explicada polos puntos de referencia históricos sociais, as experiencias culturalmente determinadas, e as interpretacións individuais".[6]

Como xa se mencionou, Karl Mannheim (1952) cría que a xente era modelada polas experiencias vividas como resultado do cambio social. Howe e Strauss tamén escribiron sobre as semellanzas das persoas dunha mesma xeración que as atribuían ao cambio social. Baseándose no modo en que estas experiencias vividas dan forma a unha xeración en canto aos valores, o resultado é que a nova xeración cambiará os valores das vellas xeracións, o que ten como resultado a creación dunha tensión. Este desafío entre xeracións e a tensión que xorde é definitorio para comprender as xeracións e o que as separa.[7]

Xeracións de copias

Tamén se utiliza o termo para técnicas de reprodución, onde unha copia se crea a partir doutra orixinal, por exemplo no caso de películas, fitas de casete ou fotocopias. A primeira xeración é a orixinal, a copia desta é a segunda xeración, a copia da copia a terceira xeración, e así sucesivamente. Dado que a calidade diminúe polos procesos de copia dunha xeración a outra, é importante manter a calidad de xeracións o mellor posible.

Xeracións en bioloxía

Igual que en xenealoxía, fálase de xeración en bioloxía para referirse aos membros dunha liña de sucesión. Porén, neste caso pódese dar un alternancia de xeracións, cando a unha xeración con ambos os sexos con reprodución sexual, lle sucede unha xeración asexual, e a esta, de novo unha con ambos os sexos. Pódese falar tamén de nova xeración cando esta é asexual e se produce a partir doutra por reprodución asexual, o que desde o punto de vista xenético se denominaría clon. As características xenéticas das sucesivas xeracións van cambiando debido a diversos procesos, o que é a base da evolución. Nos cruzamentos xenéticos fálase de xeración parental ou P, que é a inicial no exemplo considerado, que despois enxendra a 1ª xeración filial ou F1, e esta a 2ª xeración filial ou F2 (netos de P) etc.

Notas

  1. Vgl. Mannheim: Generationen, S. 509-522.
  2. Mannheim: Generationen, S. 542.
  3. Mannheim: Generationen, S. 542 f.
  4. Mannheim: Generationen, S. 544–547. Zur dreigliedrigen Unterscheidung vgl. insgesamt Mannheim: Generationen, S. 541–555.
  5. Ryder, Norman (1965). "The cohort as a concept in the study of social change". American Sociological Review 30 (6): 843–861. doi:10.2307/2090964.
  6. Grenier, Amanda (2007). "Crossing age and generational boundaries: Exploring intergenerational research encounters". Journal of Social Issues 63 (4): 718. doi:10.1111/j.1540-4560.2007.00532.x.
  7. Mannheim, Karl. (1952) 'The problem of generations', in K. Mannheim, Essays on the Sociology of Knowledge, London: RKP

Véxase tamén

Bibliografía

  • Karl Mannheim: Das Problem der Generationen. In: Karl Mannheim: Wissenssoziologie. Auswahl aus dem Werk. Hg. von Kurt H. Wolff, Luchterhand, Neuwied/Berlín 1964, S. 509–565.
  • Elisabeth Noelle-Neumann, Edgar Piel (Hrsg.): Eine Generation später. Bundesrepublik Deutschland 1953–1979. Saur, Múnich u.a. 1983, ISBN 3-598-10475-8, (zum Symposium „Eine Generation Später“ Bonn 1981).

Outros artigos

Ligzóns externas

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Central hidroeléctrica

Unha central hidroeléctrica é aquela que se utiliza para a xeración de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía potencial da auga represada nun encoro situado a nivel máis alto que a central.

A auga é conducida mediante unha tubaxe de descarga á sala de máquinas da central, onde mediante enormes turbinas hidráulicas se produce a xeración de enerxía eléctrica.

Cultura

Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade.

Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en bioloxía unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos (en xeral microscópicos) para fins determinados (por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc). No día-a-día das sociedades civilizadas (especialmente a sociedade occidental) e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida recoñecidas como mellores, superiores, ou sexa, erudición; este sentido normalmente se asocia ao que é tamén descrito como “alta cultura”, e é empregado apenas no singular (non existen culturas, apenas unha cultura ideal, á cal os homes indistintamente deben se encadrar).

A antropoloxía encara a cultura como o total de padróns aprendidos e desenvolvidos polo ser humano. Segundo a definición pioneira de Edward Burnett Tylor, baixo a etnoloxía (ciencia relativa especificamente do estudo da cultura) a cultura sería “o complexo que inclúe coñecemento, crenzas, arte, morais, leis, costumes e outras aptitudes e hábitos adquiridos polo ser humano como membro da sociedade.”

Polo tanto corresponde, neste último sentido, ás formas de organización dun pobo, os seus costumes e tradicións transmitidas de xeración para xeración que, a partir dunha vivencia e tradición común, se presentan como a identidade dese pobo.

O uso de abstracción é unha característica do que é cultura: os elementos culturais só existen na mente das persoas, en os seus símbolos tales como patróns artísticos e mitos. Mentres fálase tamén en cultura material (por analoxía a cultura simbólica) cando do estudo de produtos culturais concretos (obras de arte, escritos, ferramentas etc). Esa forma de cultura (material) é preservada no tempo con máis facilidade, unha vez que a cultura simbólica é extremadamente fráxil.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Enerxía eléctrica

Denomínase enerxía eléctrica á forma de enerxía que resulta da existencia dunha diferenza de potencial entre dous puntos, o que permite establecer unha corrente eléctrica entre ambos —cando póñense en contacto por medio dun condutor eléctrico— e obter traballo. A enerxía eléctrica pode transformarse en moitas outras formas de enerxía, tales como a enerxía luminosa ou luz, a enerxía mecánica e a enerxía térmica.

A súa xeración, transporte, distribución e uso é unha das bases da tecnoloxía utilizada polo ser humano na actualidade.

Especie

En bioloxía denomínase especie (do latín Species) a cada un dos grupos en que se dividen os xéneros.

Estrela (astronomía)

Unha estrela é un corpo celeste esférico e astrogravitante, que xera enerxía no seu núcleo mediante reaccións termonucleares. A enerxía xerada emítese ó espazo en forma de radiación electromagnética, vento estelar, e unhas partículas subatómicas que se supón que posúen masa, pero nunha cantidade ínfima: os neutrinos.

As estrelas obsérvanse no ceo nocturno como puntos luminosos, titilantes debido ás distorsións ópticas que produce a turbulencia e as diferenzas de densidade da atmosfera terrestre. O Sol, ao estar tan preto, obsérvase non como un punto, senón como un disco luminoso cuxa presenza ou ausencia no ceo terrestre provoca o día ou a noite respectivamente.

As estrelas son obxectos de masa e diámetro variable pero sempre moi masivos.

Flor

A flor ( pronunciación ) (tamén chor en uso literario) é o órgano reprodutivo das plantas chamadas anxiospermas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun froito que contén as sementes.

Filoxenicamente, a flor é un gomo foliar modificado.

O óvulo transfórmase no froito, podendo reter, ou non, outras partes da flor. Os óvulos contidos no óvulo transformaranse nas sementes.

Folclore

O folclore (do inglés folklore, e este de folk, pobo e lore, coñecemento) é o corpo de expresión dunha cultura, composto por contos, música, bailes, lendas, historia oral, proverbios, supersticións, costumes, artesanía e demais, común a unha poboación concreta, incluíndo as tradicións de tal devandita cultura, subcultura ou grupo. Tamén recibe este nome o estudo destas materias.

A característica do folclore é que o conxunto das producións colectivas que emanan do pobo se transmiten dunha xeración ao outro por vía oral (contos, relatos e crenzas) ou polo exemplo (ritos, coñecementos).

O termo folclore foi acuñado en 1846 por William Thoms, para o que entón se chamaba «antigüidades populares». A definición máis amplamente aceptada polos investigadores actuais da especialidade é «a comunicación artística en grupos pequenos», proposta polo investigador da Universidade de Pensilvania Dan Ben-Amos.

Grupo Nós

O grupo Nós ou xeración Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns, constituído legalmente en 1921, que lle imprimiu un importante pulo á cultura galega, principalmente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.

Hardware

O hardware, a ferralla, é o conxunto de partes física que conforman un ordenador (pantalla, teclado, monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc). Está formado polos elementos de entrada, de control e de saída.

A partir desta palabra criouse a antónima: software.

Evolución do Hardware

A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:

Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de baleiro, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas, perforadas.

Segunda xeración (anos 55-60): Chega o transistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiros linguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).

Terceira xeración (anos 60-70): O chip deixa desfasados a todos os dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.

Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada do microprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.

Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a súa entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Utilizaranse de forma masiva a linguaxe humana e a intelixencia artificial. O hardware deixa de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa o software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.

Jacinto Benavente

Jacinto Benavente y Martínez, nado en Galapagar (Madrid) o 12 de agosto de 1866 e finado no mesmo lugar o 14 de xullo de 1954, foi un dramaturgo, director, guionista e produtor de cinema español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1922.

Juan Ramón Jiménez

Juan Ramón Jiménez Mantecón, nado en Moguer (provincia de Huelva) o 23 de decembro de 1881 e finado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de maio de 1958, foi un poeta español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1956, mentres permanecía no exilio desde a súa segunda patria, Porto Rico (onde tamén viviron exiliados outras renomeadas figuras peninsulares, tales como Pau Casals e Francisco Ayala.

Luís Seoane

Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego.

Miguel Hernández

Miguel Hernández Gilabert, nado en Orihuela, provincia de Alacant, o 30 de outubro de 1910 e finado en Alacant o 28 de marzo de 1942, foi un poeta e dramaturgo de especial relevancia na literatura castelá do século XX. Aínda que tradicionalmente estivo encadrado na xeración do 36, Miguel Hernández mantivo unha maior proximidade coa xeración anterior, ata o punto de ser considerado por Dámaso Alonso como «xenial epígono da xeración do 27».

Post-hardcore

O post-hardcore é un xénero musical que se desenvolveu a partir do hardcore punk, que a si mesmo parte do movemento máis amplo do punk rock. As primeiras aparicións do post-hardcore foron en Washington D.C. de mediados a finais da década dos 80, a pesar de que non foi moi coñecido ata principios dos 90.

O post-hardcore caracterízase polos seus ritmos precisos e ruidosas bases de guitarras, acompañadas por voces que adoitan ser cantadas como susurros ou como berros. O xénero desenvolveu un equilibrio único entre disonancia e melodía, canalizando o rápido e ruidoso hardcore cara un son máis moderado, con formas sutís de tensión e relaxación. Comparte coas súas raíces hardcore a súa emoción e intensidade, así como a conciencia social e a ética do faino ti mesmo.

Raios X

Os raios X son emisións electromagnéticas de natureza semellante á luz visíbel. A súa lonxitude de onda vai de 0,05 ángstrom ata centeas de ángstroms.

O espectro de lonxitudes de onda utilizábel é o correspondente a aproximadamente entre 5 picómetros e 10 nanómetros. A enerxía dos fotóns é da orde do keV (quilo electrón-volt), entre algúns keV e algunhas centenas de keV. A xeración desta enerxía electromagnética débese á transición de electróns nos átomos, ou da desaceleración de partículas cargadas.

Como toda enerxía electromagnética de natureza ondulatoria, os raios X sofren interferencia, polarización, refracción, difracción e reflexión, entre outros efectos. Aínda que de lonxitude de onda moito maior, a súa natureza electromagnética é idéntica á da luz.

Unión Internacional para a Conservación da Natureza

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

Ia - Reserva Estrita da NaturezaÁrea de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.Ib - Área SalvaxeGrande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.II - Parque NacionalÁrea natural de terra e/ou mar, destinada a:

protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;

excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;

fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.III - Monumento NaturalÁrea contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.IV - Área de Manexo de Hábitat/EspecieÁrea de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.V - Paisaxe/Costa ProtexidaÁrea de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.VI - Área Protexida de Manexo de RecursosÁrea que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.