Xeorxia

Xeorxia[1] é un país situado no límite entre Asia e Europa[2] localizado na costa do mar Negro, ó sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, a leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e a oeste có Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.

Coordenadas: 42°00′N 43°30′L / 42.000, -43.500

Xeorxia
საქართველო
Sakartvelo
Bandeira de Xeorxia
Escudo de Xeorxia
BandeiraEscudo
Georgia (orthographic projection with inset)
Lema: ძალა ერთობაშია - Dzala ertobashia
(Xeorxiano: A forza está na Unidade)
Capital
 • Poboación
Tbilisi
1 345 000
Cidade máis poboadaTbilisi
Lingua oficialXeorxiano
Forma de gobernoRepública
Presidente
Primeiro ministro
Salome Zurabishvili
Mamuka Bakhtadze
Independencia da URSS9 de abril de 1991
SuperficiePosto 121º
 • Total69 500 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras1 461 km
Costas310 km
PoboaciónPosto 112º
 • Total (2005)4 677 401 hab.
 • Densidade67,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 124º
 • Total (2005)16 130 mill. US$
 • per cápita$3 400 US$
MoedaLari (GEL)
IDHn/d
XentilicioXeorxiano, xeorxiana[1]
Fuso horario(UTC+4)
 • Horario de verán(UTC+4)
Dominio de Internet.ge
Prefixo telefónico+995
Prefixo radiofónico4LA-4LZ
Código ISO268 / GEO / GE
Membro de: CEI, ONU, OSCE

Historia

Georgia-DavidIV
Rei David IV de Xeorxia

A Xeorxia antiga e medieval

Dous reinos xeorxianos na antigüidade, Iberia no leste do país e Cólquida no oeste foron as primeiras nacións da rexión en adoptar o Cristianismo (317 e 523, respectivamente). Egrisi presenciou con frecuentemente batallas entre os rivais Persia e Imperio Bizantino, os cales pretendían conquistar Xeorxia cada certo tempo.

Como resultado disto, estes reinos foron desintegrados en varias rexións feudais nos primeiros anos da Idade Media. Isto fixo doado aos árabes conquistar Xeorxia no século VII. As rexións rebeldes foron liberadas e unidas ao Reino de Xeorxia nos comezos do século XI. Comezando o século XII, o dominio de Xeorxia estendeuse sobre grande parte do Cáucaso meridional, incluíndo zonas nororientais e case toda a costa norte do que hoxe é Turquía.

Este Reino de Xeorxia, que era tolerante cos seus súbditos musulmáns e xudeus, foi subordinado polos mongois no século XIII. Consecuencia diso foi que os diferentes gobernadores locais pelexaron pola súa independencia do goberno xeorxiano central ata a total desintegración do Reino no século XV. Os reinos lindeiros aproveitaron a situación, e dende o século XVI o Imperio Persa e o Otomán subxugaron o leste e o oeste de Xeorxia, respectivamente. Os gobernadores destas rexións, que conservaran en parte a súa autonomía, organizaron rebelións en varias ocasións. Sucesivas rebelións locais e invasións persas e otomás acabaron por debilitar aos reinos. Como resultado das guerras contra os estados islámicos a poboación de Xeorxia viuse reducida a 250.000 habitantes.

Protectorado e anexión ao Imperio Ruso

En 1783 Rusia e o reino occidental xeorxiano de Kartl-Kakheti asinaron o Tratado de Georgievsk, de acordo co cal Kartl-Kakheti recibía a protección de Rusia. Isto, con todo, non evitou que Tbilisi fose saqueada polos persas en 1795.

O 22 de decembro de 1800 o tsar Paulo I de Rusia, para beneficio da petición do rei xeorxiano Xurxo XII, asinou a proclamación correspondente á incorporación de Xeorxia (Kartl-Kakheti) ao Imperio Ruso. A proclamación foi anunciada o 18 de xaneiro de 1801.

Só unha pequena parte da nobreza xeorxiana someteuse, mentres outros organizaron rebelións anti-rusas en varias ocasións. No verán de 1805 pequenos destacamentos rusos no río Askerani e preto de Zagam derrotaron ao exército persa e protexeron Tbilisi. En 1810, logo dunha curta guerra, o reino xeorxiano occidental de Imereti foi anexado polo tsar Alexandre I de Rusia. O derradeiro rei imeretio e Bagratid xeorxiano Salomón II morreu no exilio en 1815. Dende 1803 a 1878, como resultado das numerosas guerras rusas en contra de Turquía e Irán, algúns territorios foron anexados a Xeorxia. Estas zonas (Batumi, Artvin, Akhaltsikhe, Poti e Abjasia) agora representan a maioría do territorio xeorxiano.

O principado de Guria foi abolido en 1828 e o de Samegrelo (Mingrelia) en 1857. A rexión de Svaneti foi gradualmente anexada entre 1857 e 1859.

A República Democrática e a era soviética

Georgien Parlament Unabhängigkeit
Declaración de Independencia en 1918

Logo da Revolución Rusa de 1917 Xeorxia declarou a súa independencia o 26 de maio de 1918 no medio da guerra civil rusa. As eleccións parlamentarias foron gañadas polo Partido Xeorxiano Socialdemócrata e o seu líder, Noe Zhordania, converteuse no primeiro Ministro. Con todo, a independencia non perdurou: en febreiro de 1921 Xeorxia foi atacada polo Exército Vermello. As tropas locais perderon a batalla e o goberno fuxiu do país. O 25 de febreiro de 1921, o Exército Vermello entrou na capital Tbilisi e instaurou un goberno monicreque de corte comunista liderado polo bolxevique xeorxiano Filipp Majardze. Xeorxia foi incorporada á República Socialista Soviética de Transcaucasia, uníndoselle Armenia e Acerbaixán. A RSST foi disolta nos seus compoñentes orixinais e en 1936 pasou a ser a RSS de Xeorxia.

O radical xeorxiano Iósif Dzhugashvili, prominente entre os bolxeviques rusos, chegou ao poder no Imperio Ruso logo da Revolución de Outubro de 1917. Yugashvili foi mellor coñecido polo seu alcume Stalin (do ruso сталь: aceiro). Stalin alcanzou a máis alta posición no estado soviético.

Dende 1941 ata 1945, durante a Segunda Guerra Mundial, preto de 700.000 xeorxianos pelexaron como soldados do Exército Vermello contra a Alemaña nazi e case 350.000 deles morreron nos campos de batalla da fronte oriental. Así mesmo, durante este período os pobos da República dos Inguxos, Karachay, ademais dos chechenos e os balkarios do Cáucaso setentrional foron deportados a Siberia por suposta colaboración cos nazis. Coas súas respectivas repúblicas autónomas abolidas, a RSS de Xeorxia obtivo brevemente os seus territorios ata 1957.

Eduard Shevardnadze, o ministro xeorxiano de Relacións Exteriores da URSS, foi un dos artífices da Perestroika durante a década de 1980. Durante este período, Xeorxia desenvolveu un vigoroso sistema multipartidista que alentou fortemente a independencia. O país tivo as primeiras eleccións pluripartidistas da Unión Soviética o 28 de outubro de 1990. Dende novembro dese ano a marzo de 1991 un dos líderes do movemento de Liberación Nacional, Zviad Gamsajurdia, foi o presidente do Consello Supremo da República de Xeorxia (o Parlamento).

Independencia e goberno de Shevardnadze

O 9 de abril de 1991, pouco despois do colapso da URSS, Xeorxia declarou a súa independencia. O 26 de maio dese ano Zviad Gamsajurdia foi electo como o primeiro Presidente da Xeorxia independente. Porén, Gamsajurdia foi deposto mediante un sanguento golpe de estado entre o 22 de decembro de 1991 e o 6 de xaneiro de 1992. O golpe foi instigado por parte da Garda Nacional e unha organización paramilitar chamada "Mjedrioni", a cal dicíase que era apoiada por unidades militares rusas con base en Tbilisi. O país viuse envolto nunha guerra civil que durou case ata 1995. Shevardnadze retornou a Xeorxia en 1992 e uniuse aos líderes do golpe -Kitovani e Ioselani para encabezar un triunvirato chamado "Consello de Estado".

En 1995, Shevardnadze foi oficialmente electo como presidente, ao mesmo tempo que dúas rexións do país, Abkhazia e Osetia do Sur, rapidamente víronse en disputa con outros separatistas locais, o cal desembocou en guerras e violencia inter-étnica. Apoiadas por Rusia, Abkhazia e Osetia do Sur manteñen de facto independencia de Xeorxia. Máis de 250.000 xeorxianos foron etnicamente limpados de Abjasia por separatistas abjasos e voluntarios nor-caucásicos, na súa maioría chechenos, entre 1992 e 1993. Máis de 25.000 xeorxianos foron expulsados de Tsjinvali tamén, e moitas familias osetas foron forzadas a facer abandono dos seus fogares na rexión de Borjomi e desprazados a Rusia. Calcúlase que morreron ao redor de 10.000 persoas, a maior parte deles civís asasinados en operacións de limpeza étnica.

A Revolución Rosa

En 2003 o propio Shevardnadze foi deposto por un golpe pacífico e sen derramamiento de sangue coñecido como a «Revolución Rosa», liderada por Mijeíl Saakashvili, Zurab Zhvania e Nino Burdzhanadze, os membros fundadores e líderes do partido maioritario. Nino Burdzhanadze asumiu interinamente o poder ata a elección de Saakashvili, quen tomou posesión como presidente de Xeorxia o 25 de xaneiro do 2004. Restaurar a integridade territorial nacional, reverter os efectos da limpeza étnica e o retorno dos refuxiados aos seus fogares foron as promesas preelectorais do goberno de Saakashvili.

Logo da Revolución Rosa, unha serie de reformas foron postas en marcha para reforzar as milicias e a capacidade económica do país. Os esforzos do goberno de restablecer a autoridade de Xeorxia na república autónoma suroccidental de Ajaria desembocaron nunha crise maior a comezos do 2004. O éxito en Ajara animou a Saakashvili a intensificar os seus esforzos, mais non tivo éxito rotundo na separatista Osetia do Sur. A pesar disto, Saakashvili segue gozando dunha grande popularidade no país.

Dend o 2004, o Presidente Mijeíl Saakashvili iniciou unha política de achegamento con occidente e en particular coa Unión Europea.

Xeografía

Relevo

Georgia high detail map
Mapa político de Xeorxia

Xeorxia sitúase na costa oriental do mar Negro. O Cáucaso, fronteira natural entre Europa e Asia, marca o carácter montañoso do relevo. O Gran Cáucaso, polo norte, separa Xeorxia de Rusia e alberga o Shkhara (5.204 m), cumio de Xeorxia e a segunda cima de Europa. O Cáucaso Menor (3.301 m), ao sur, illa o país de Turquía e Armenia. Entre ambalas dúas cadeas ábrense dous vales fluviais: o do Kura, que desemboca no Caspio, e o do Rioni, que flúe cara ao Negro creando unha rexión de terras baixas. É un pequeno país de aproximadamente 69.875 quilómetros cadrados. A pesar da súa área de escaso tamaño, Xeorxia ostenta unha das topografías máis varias das antigas repúblicas soviéticas. As montañas do Cáucaso Menor, que corre paralelo ás fronteiras turca e armenia, e as montañas de Surami e Imereti -que conectan o Cáucaso Menor co Gran Cáucaso- crean unha barreira natural que son en parte responsables das diferenzas culturais e lingüísticas entre as rexións.

Satellite image of Georgia in May 2003
Vista satélite de Xeorxia
Shatili village, Georgia
Castelos medievais da vila de Shatili en Khevsureti

Debido á súa altura e a súa pobre infraestrutura de transportes, moitos pobos montañeses son virtualmente illados do mundo exterior durante o duro inverno. Os tremores de terra e os desprendementos de montaña nestas zonas chegan a ser característicos e condicionan o estilo de vida. Entre os desastres naturais máis recentes estivo o deslizamento de rochas en Ajaria, en 1989, que desprazou a centos de persoas no suroeste de Xeorxia, e dous tremores en 1991 que destruíron varios pobos na zona central e norte do país ademais de Osetia do Sur.

O río máis grande é o Mtkvari (ou tamén coñecido como Kura, o nome que se lle dá na beira azerí), que logo de atravesar Acerbaixán remata no Mar Caspio logo de percorrer 1 364 quilómetros dende o nordés de Turquía a través das chairas de Xeorxia e atravesar a capital Tbilisi. O río Rioni, o máis longo do oeste do país, baixa do Cáucaso Maior e remata no Mar Negro no porto de Poti.

Clima

Georgia, Khevi, Suatisi Valley - Village Suatisi
Paisaxe das montañas do leste de Xeorxia

O clima de Xeorxia é en extremo diverso, considerando que o país é dun tamaño pouco significativo. Existen dúas zonas climáticas principais, como o son a zona Leste e a Oeste do país. Os montes Cáucasos xogan un importante rol, moderando o clima xeorxiano e protexendo ao país da penetración de correntes de aire xélidas provenientes do extremo setentrional. Os pequenos montes caucásicos protexen parcialmente así mesmo á rexión da influencia de masas de aire cálidas e secas do sur.

Grande parte do sector oeste de Xeorxia preséntase como unha zona húmida subtropical con precipitacións que promedian entre 1 000 e 4 000 mm. As precipitacións tenden a estar uniformemente distribuídas ao longo do ano, a pesar de que a choiva pode ser particularmente forte durante os meses de outono. O clima da rexión varía significativamente coa altura e mentres a maioría das terras baixas kartvelianas do leste de Xeorxia son relativamente cálidas a través do ano, a precordilleira e as áreas montañosas (incluíndo aos grandes e pequenos montes do Cáucaso) experimentan veráns húmidos e frescos e invernos con nevadas: a neve acumulada con frecuencia supera os dous metros en moitas rexións. Ajaria é a rexión máis húmida das rexións do Cáucaso.

View on Caucasus
Vista das montañas do Cáucaso

O leste de Xeorxia ten un clima de transición entre o húmido subtropical e o continental. Ambolos dous están influenciados polas masas de aire secas provenientes de Asia Central e o Caspio polo leste e as masas de aire húmidas do Mar Negro polo oeste. A penetración das masas de aire húmidas dende o Mar Negro é frecuentemente impedida por algunhas montañas (Likhi e Meskheti) que dividen ao país en metades occidentais e orientais. A precipitación anual é considerablemente menor en comparación coa do oeste de Xeorxia, e nese sentido o leste do país presente veráns calorosos e invernos relativamente fríos. Así como nas zonas occidentais da nación, a altura xoga un papel importante na zona oriental, e as condicións climáticas por riba dos 1 500 msnm son considerablemente máis frescas (ata máis frías) que as presentes en terras máis baixas. As rexións que están situadas por riba dos 2.000 msnm adoitan experimentar xeadas ata durante os meses de verán.

Estado

Política

Nino Burdschanadse
Nino Buryanadze, voceira do parlamento

Logo dunha crise que implicou alegacións de fraude electoral nas eleccións parlamentarias do 2003, Eduard Shevardnadze dimitiu como Presidente o 23 de novembro daquel mesmo ano durante a pacífica Revolución Rosa.[3] A presidenta interina foi a portavoz do Parlamento saínte (cuxa substitución foi anulada), Nino Buryanadze.[4][5] O 4 de xaneiro do 2004, Mikheil Saakashvili, líder de Movemento Nacional-Demócrata (ერთიანი ნაციონალური მოძრაობა, MND) gañou as eleccións presidenciais[6] cun 95% dos votos e un 83% de participación.[7] O 25 de xaneiro do 2004 asumiu a presidencia da república.

As eleccións parlamentarias limpas foron celebradas o 28 de marzo daquel ano,[8] onde o MND asegurouse a gran maioría dos escanos (preto do 75% dos votos) con soamente outro partido que acadou o limiar do 7% (a oposición dereitista obtivo o 7,5%). Crese que estas foron unha das eleccións máis limpas que xamais tivo a Xeorxia independente, a pesar do aumento de tensión entre o goberno central e o líder ajario Aslan Abashide que afectou en menor medida as eleccións da súa rexión.

A tensión entre o goberno xeorxiano e o de Ajaria medrou cada vez máis logo das eleccións ata os últimos días de abril. A cúspide foi o día 1 de maio cando Abashidze respondeu ás manobras militares levadas a cabo por Xeorxia preto da rexión facendo estourar as tres pontes que conectan Ajaria co resto de Xeorxia sobre o río Choloki. O 5 de marzo, Abashidze foi obrigado a fuxir de Xeorxia mentres as manifestacións masivas pedían a súa dimisión.

O 3 de febreiro do 2005, o Primeiro Ministro Zurab Zhvania morreu debido ao seu envelenamento por dióxido de carbono nunha aparente escape de gas na casa de Raul Usupov, gobernador da rexión de Kvemo Kartli.[9] Pouco despois, un amigo próximo de Zhvania e aliado desde fai moito tempo, Zurab Nogaideli, foi designado Ministro de Finanzas polo Presidente Saakashvili.

Nos últimos anos a república caucásica reduciu significantemente a corrupción. Transparencia Internacional posicionou a Xeorxia no posto nº 79 do Índice de percepción da corrupción do ano 2007 dándolle unha puntuación ao país de 2,8 puntos (sendo 10 a mellor cualificación).[10] A pesar da súa baixa posición, constitúe unha notable melloría con respecto aos postos dos anos 2005 e 2006 nos que o país atopábase nos postos 130 e 99 respectivamente.

O 7 de novembro do 2007, durante un período de protestas masivas, o presidente Saakashvili declarou Tbilisi en estado de excepción.[11] As masivas demostracións de protesta da oposición civil chamaban á dimisión de Saakashvili. Durante as manifestacións a policía xeorxiá empregou axentes antidisturbios, canóns de auga e armas acústicas de alta tecnoloxía para despexar as rúas da capital. O 8 de novembro, o presidente declarou o estado de emerxencia en todo o país durante 15 días. O goberno ruso negou as acusacións nas que o acusaban de ter que ver coas revoltas. O presidente Saakashvili rexeitou as demandas de dimisión feitas pola oposición, porén, anunciou eleccións anticipadas para xaneiro do 2008,[12] acurtando a duración do seu mandato nun ano.

O 16 de novembro do 2007, o presidente de Xeorxia, Mikheil Saakashvili, levantou o estado de excepción do 7 de novembro e destitui o goberno, presentando a Lado Gurguenidzeo como primeiro ministro de xeorxia, trala dimisión de Zurab Noghaideli por problemas de saúde.[13] No mes de abril do 2007 Noghaideli fora operado nos EEUU, no hospital St. Luke's Episcopal de Houston, polo doutor Charles Frazier.

O 22 de novembro do mesmo ano, o novo primeiro ministro Lado Gurguenidzeo e dous novos ministros Koba Subeliani e Maia Miminoshvili xuraron os seus postos ante o Parlamento de Xeorxia.

Mikheil Saakashvili deixou o seu posto de presidente do país o 25 de novembro do 2007. Xa que, a Constitución de Xeorxia establece que o presidente da república debe deixar o seu posto polo menos 45 días antes das eleccións se quere ser elixido para unha nova quenda. Segundo Ivane Noniashvili, director de prensa da presidencia, Mikheil Saakashvili vaise presentar ás eleccións do 2008.[14] A actual voceira do parlamento de xeorxia, Nino Burjanadze asumiu a presidencia en funcións ata que sexa anunciado un novo presidente nas vindeiras eleccións do 8 de xaneiro.

O rexistro para presentarse as eleccións presidenciais de xaneiro foi pechado o 27 de novembro. No rexistro presentáronse 22 persoas, incluíndo o derradeiro presidente ata o momento, Mikheil Saakashvili, o candidato da oposición Levan Gachechiladze, o home de negocios Badri Patarkatsishvili, David Gamkrelidze o líder do Novo Partido de Dereita, Shalva Natelashvili líder do Partido Laborista Xeorxián, Irina Sarishvili-Chanturia líder do Partido da Esperanza entre outros.

O 27 de novembro anunciouse un referendo para o ingreso da república na OTAN que terá lugar o 5 de xaneiro do 2008, o mesmo día cas eleccións presidenciais.[15]

División de poderes

  • O Poder Executivo está liderado polo Presidente como cabeza do goberno, quen é elixido por un período de cinco anos. O seu sucesor constitucional é o presidente do Parlamento. Actualmente, a Presidenta é Salome Zurabishvili e o seu Primeiro Ministro é Mamuka Bakhtadze.
  • O Poder Lexislativo compono o Parlamento de Xeorxia (Sak'art'veos Parlamenti) , tamén coñecido como Umaghiesi Sabcho (Consello Supremo), o cal conta con 235 membros, elixidos por un período de catro anos; 150 asentos por representación proporcional, 75 por distritos dun só escano e 10 membros que representan aos desprazados da rexión separatista de Abkhazia. O portavoz do Parlamento é Nino Burjanadze.
  • O Poder Xudicial conta en Xeorxia cunha Corte Suprema, con xuíces elixidos polo Parlamento considerando as recomendacións do Presidente e unha Corte Constitucional.

Organización territorial

Xeorxia está dividida en 9 rexións (xeorxiano: Mjare, მხარე) unha cidade e dúas repúblicas autónomas: Abkhazia e Ajaria.

Código Rexión Capital
Rexións de Xeorxia
1 Abkhazia Sukhumi
2 Samegrelo-Zemo Svaneti Zugdidi
3 Guria Ozuvgeti
4 Adjara Batumi
5 Racha-Lechjumi e Kvemo Svaneti Ambrolauri
6 Imereti Kutaisi
7 Samtsje-Javajeti Akhaltsikhe
8 Shida Kartli Gori
9 Mtscheta-Mtianeti Mtscheta
10 Kvemo Kartli Rustavi
11 Kakheti Telavi
12 Tbilisi Tbilisi

O status do antigo distrito autónomo administrativo de Osetia do Sur ou Samachablo está sendo negociado co goberno separatista pro-ruso establecido alí. O goberno separatista reclama a parte norte da rexión Shida Kartli como o seu territorio, así como tamén pequenas zonas das rexións veciñas.

As rexións están subdividas en 70 distritos (xeorxiano: Raioni, რაიონი).

Flag of Georgia (1990–2004)
FIAV historical.svg Bandeira de Xeorxia entre 1990 e 2004

Símbolos nacionais

A antiga bandeira foi empregada ata o 2004 e a actual impúxose rapidamente, pois a anterior identificábase co réxime estrito e impopular do ex presidente Eduard Shevardnadze. Logo da súa caída, Mijáil Saakashvili adoptou o seu uso, argumentando ademais que vai en concordancia coa tradición cristiá do país. A insignia actual ten a Cruz de San Xurxo (presente así mesmo na bandeira de Inglaterra) e catro pequenas cruces que probablemente corresponden a Xurxo V de Xeorxia (tamén coñecido como "O Brillante") quen expulsou aos mongois no medioevo.

Demografía

Group of workers harvesting tea Chakva Prokudin-Gorsky
Cultivadores de preto de Chakva
Georgia demography
Evolución demográfica de Xeorxia
Ilia the second of Georgia
Patriarca xeorxiano ortodoxo

A poboación actual de Xeorxia é de 4.677.401 (estimado a xullo de 2005), onde etnicamente os xeorxianos forman a maioría con preto do 83,8% da poboación, os azeríes forman o 6,5%, os armenios o 5,7% e os rusos o 1,5% (a maioría dos rusos emigraron dende que Xeorxia declarou a súa independencia). Os abjasios e os osetos do sur (e os que están na fronteira con Osetia do Norte) trataron de independizarse de Xeorxia dende a independencia desta. Outros dous grupos kartvelianos viven en Xeorxia: os svan e os mingrelianos, cun menor número que os Laz, a maioría dos cales vive en Turquía. Son lingüisticamente diferentes pero próximos étnica e culturalmente aos xeorxianos. Hai tamén numerosos grupos máis pequenos no país, incluíndo os gregos, kurdos, xudeus, tártaros, turcos e ucraínos.

Dende a caída da Unión Soviética, Xeorxia sufriu un serio colapso poboacional como a rebelión en Abkhazia, Adjaria e Osetia do Sur, unha fráxil economía e poucas oportunidades de traballo permitiron que centos de xeorxianos emigrasen en busca de traballo, especialmente a Rusia. O problema agrávase aínda máis coa baixa taxa de natalidade entre a poboación que reside permanentemente no país. Un problema semellante existe na veciña Armenia. Estímase que a poboación actual é un millón de persoas menor que a que había en 1990, e algúns observadores suxiren que o número actual é ata menor. O crecemento poboacional presenta un acusado balance negativo (-1,1% anual), un dos máis baixos do mundo. A fecundidade tamén é baixa (1,4 fillos por muller). A poboación tende á madurez, pero a proporción de mozos (33,9%) aínda domina sobre a de anciáns (19,4%).

Relixión

O paganismo histórico xeorxiano está relacionado coa lúa e o deus maior no panteón era un ídolo de Armazi, unha figura que representaba a un soldado, deus da Lúa, sobre un outeiro en Mtskheta. Neste sentido, outros ídolos foron Gatsi, Gaime e Zademi. No lugar onde estaba o ídolo de Armazi foi construído o mosteiro de Jvari. Os ídolos foron destruídos cando a cristiandade converteuse na relixión de estado en Xeorxia.

Hoxe en día a maioría da poboación profesa o culto da Igrexa Ortodoxa e Apostólica Xeorxiana (84,6%). As minorías relixiosas son o islam cun 7,1% da poboación; apostólica armenia, 5,2%; o xudeus cun 0,8%, e os católicos romanos cun 0,6% entre outros.

Sociedade

Os xeorxianos considéranse étnica e culturalmente europeos. O xeorxiano é falado por preto do 85% da poboación, aínda que o ruso está bastante estendido, como un dos últimos vestixios de era soviética. Ata hai pouco, a vida dos xeorxianos estaba supeditada aos vaivéns da política e estaba marcada pola escaseza de enerxía eléctrica, pero despois de que Shevardnadze fose deposto o panorama social albíscase máis tranquilo.

Os xeorxianos saúdanse cun apertón de mans e din Gamarjoba (Ola; literalmente, que gañes). As respostas difiren: en saúdos oficiais, respóndese coas mesmas palabras; en circunstancias informais, as persoas responden con Gagimarjos (Que ti gañes). Rogor khar? (Como estás?) é un xeito informal para iniciar unha conversa. Rogor brdzandebit? é máis formal. Kargad ikavit significa "Que che vaia ben". Mshvidobit (A paz sexa contigo) emprégase en despedidas de maior significado, xeralmente cando a xente non agarda verse por un longo período de tempo.

O apertón de mans é frecuente ata en encontros fortuítos; darlle unha aperta amigable a alguén ou bicarlle na fazula é tamén habitual, sobre todo entre mozas e mulleres. Os nenos pequenos adoitan recibir caricias e bicos. Un diríxese aos adultos polos seus títulos profesionais seguidos dos apelidos, ou polo seu nome de pila seguido de Batono (Señor) ou Kalbatono (Señora). O uso dos termos Batono ou Kalbatono con só o apelido é moi formal, de modo que se usan nomes e apelidos na correspondencia e nos medios de comunicación.

Os habitantes de Tbilisi adoitaban pasear polas tardes ao longo da Avenida de Rustaveli para atoparse con amigos ou tomar algo nun dos numerosos cafés que bordean as beirarrúas. Na recente etapa de violencia nas rúas retiráronse á seguridade de televisións e teléfonos, pero unha crise enerxética que xurdiu en 1994 converteu ata isto nunha rara diversión.

Economía

Artigo principal: Economía de Xeorxia.
Downtown Tbilisi, Georgia, in the forefront Hotel Iveria, May 2002
Barrios residenciais en Tbilisi

A economía xeorxiana virou tradicionalmente ao redor do turismo do Mar Negro, o cultivo de cítricos, e uvas; a minería extractiva do manganeso e o cobre ademais dun pequeno sector industrial que produce viño, metais, maquinaria, químicos e téxtiles. O país importa a gran maioría da enerxía que require, incluíndo gas natural e petróleo. A súa única fonte importante de enerxía é o poder hidroeléctrico. A pesar do severo dano que a economía doméstica sufriu a razón da guerra civil, Xeorxia -coa axuda do Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial- fixo avances económicos substanciais dende 1995, incrementando o ritmo do crecemento do produto interior bruto e reducindo a inflación. A economía continúa experimentando un gran déficit orzamentario debido á imposibilidade de obter ingresos fiscais por impostos. Xeorxia continúa tamén sufrindo das escasezas de enerxía; privatizouse a rede de distribución en 1988, e as entregas están mellorando constantemente.

Xeorxia está fixando as súas esperanzas para unha recuperación a longo prazo no desenvolvemento dun corredor internacional de transporte a través de portos clave no Mar Negro como Poti e Batumi. O déficit comercial cada vez maior, os continuos problemas coa evasión tributaria e a corrupción, e as incertezas políticas opacan o cadro económico a curto prazo. Con todo, o investimento restablecido podería estimular un desenvolvemento económico máis alto a ritmo do 6%.

Transporte e comunicacións

Debido ás continuas crises enerxéticas, os apagóns continúan escurecendo a Tbilisi con regularidade, sobre todo no inverno. Aínda que os apagóns tiñan, no pasado, inhabilitado o faro da dirección do aeroporto, non aconteceu ningún accidente serio. Dúas aeroliñas locais -Georgian Airlines e Air Xeorxia- teñen hubs en Tbilisi, desde os cales serven a varias locaciones rexionais. As liñas aéreas máis grandes que serven ao aeroporto son British Airways, Swiss Air e Turkish Airlines; Aeroflot prové o servizo de viaxes desde Tbilisi a calquera punto do ex-bloque soviético.

A autoestrada que conecta Xeorxia con Rusia a través da costa de Abkhazia vía o túnel da Gama Caucásima está pechada. Outros puntos de entrada inclúen a ruta pola Autoestrada Militar Xeorxiana, a cal percorre o Dariali a través de Turquía, Armenia e Acerbaixán polo sur. Os tres portos máis grandes (Batumi, Poti e Sujumi) sitúanse na costa do mar Negro. Batumi e Poti son puntos de partida para barcos de transporte de ocasionalmente parten a Odessa, Sochi, Trabzon e Istambul.

Cultura

Garejawriting
Antigo alfabeto xeorxiano no mosteiro de David Gareja

A cultura xeorxiana evolucionou durante centos de anos a partir dos seus alicerces nas civilizacións íbera e Colqui, ata acadar a súa idade dourada durante o reinado dos Bragationi, dinastía que gobernou o Reino xeorxiano. Esta época dourada tivo o seu apoxeo século XI, neste século produciuse o renacemento da literatura clásica, das artes, da filosofía, da arquitectura e as ciencias. A lingua xeorxiana co seu propio alfabeto, e a literatura xeorxiana clásica do poeta épico lendario Shota Rustaveli foron restablecidas no século XIX tralo longo período da axitación, sentando os alicerces dos grandes logros literarios do romanticismo e dos novelista da era moderna tales como Grigol Orbeliani, Nikoloz Baratashvili, Ilia Chavchavadze, Akaki Tsereteli, Vaza Pshavela, e moitos outros. A cultura xeorxiana coa súa propia civilización foi influenciada pola Grecia clásica, o Imperio romano e o bizantino, e máis tarde polo Imperio ruso o que contribuiu á identidade europea da cultura xeorxiana.

Xeorxia é coñecida polo seu rico folclore, única música tradicional, teatro, cine, artes etc. Os xeorxianos son coñecidos polo seu amor á música, á danza, ao teatro e ao cine o cal foi amosado durante o século XX polos grandes representantes da cultura xeorxiana como son os pintores Niko Pirosmani, Lado Gudiashvili, Elene Akhvlediani, os coreógrafos de balé George Balanchine, Vakhtang Chabukiani, Nino Ananiashvili, poetas Galaktion Tabidze, Lado Asatiani, Mukhran Machavariani, e os directores de teatro e cine Robert Sturua, Tengiz Abuladze, Otar Ioseliani.

Arquitectura

A arquitectura xeorxiana é unha das máis distinguidas e únicas do mundo. Porén, esta foi influenciada e enriquecida por moitas civilizacións ao longo da historia do país. No país atópanse diversos estilos arquitectónicos nos castelos, torres, fortificacións e grexas. A fortificación de Svaneti e o castelo cidade de Shatili en Khevsureti son os mellores exemplos de castelos medievais xeorxianos.

A arte eclesiástica xeorxiana forma parte dun dos trazos principais da arquitectura cristiá xeorxiana, a cal combina as cúpulas clásicas coas orixinais de cúpula cruzada. As cúpulas cruzadas desenvolvéronse en Xeorxia durante o século IX, as cúpulas anteriores eran de tipo basilica. Algúns exemplos da arquitectura eclesiástica xeorxiana poden atoparse noutras terras fóra do cáucaso, como é o caso do mosteiro Bachkovo en Bulgaria, construído en 1083 polo militar xeorxiano Grigorii Bakuriani. En Grecia destaca o mosteiro Iviron construído no século X e en Xerusalén (Israel) o mosteiro da cruz construído no século IX.

Deportes

Os deportes máis populares en Xeorxía son o fútbol, baloncesto, rugby, loita, judo e halterofilia. Historicamente, a loita é un deporte importante en Xeorxia e mesmo algúns historiadores cren que a loita grecorromana incorpora moitos elementos xeorxianos[16], na actualidade un dos estilos máis populares de loita en Xeorxia é o da rexión de Kajeti. No século XIX foron populares o polo e o Lelo, un deporte tradicional xeorxiano substituído polo rugby.

O primeiro e único circuíto de carreiras do Cáucaso está en Xeorxia, o Circuíto de Carreiras Rustavi orixinalmente construído en 1978 e reaberto en 2012 logo da súa total reconstrución[17] por valor de 20 millóns de dólares, e que se utiliza para competicións de Legends car e Fórmula Alfa.

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeorxiano.
  2. Dependendo das fontes, considérase que Xeorxia é un país asiático ou europeo. A ONU (ver a súa clasificación das rexións do mundo) sitúa a Xerxia en Asia occidental; The World Factbook, da CIA, National Geographic e a Encyclopædia Britannica tamén considera que Xeorxia se encontra en Asia. Non obstante, existen outras fontes segundo as cales é un país europeo, como a BBC, os dicionarios Oxford Reference Online e Merriam-Webster's Collegiate Dictionary, e www.worldatlas.com.
  3. "Shevardnadze dimite «para evitar un derramamiento de sangre» en Georgia". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-11-23. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-11. Consultado o 2019-02-26.
  4. "La nueva presidenta de Georgia reúne hoy a los parlamentarios de 1999". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-11-24. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-12. Consultado o 2019-02-26.
  5. "De discípula a opositora". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-12. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
  6. "Saakashvili, líder de la «revolución de terciopelo», virtual presidente de Georgia". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-04. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-13. Consultado o 2019-02-26.
  7. "Saakachvili arrasa en los comicios en Georgia y aboga por la retirada del ejército ruso". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-01-05. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-13. Consultado o 2019-02-26.
  8. "La coalición nacionalista gana las legislativas por mayoría". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-03-28. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-14. Consultado o 2019-02-26.
  9. "Un supuesto escape de gas mata al primer ministro de Georgia". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-02-03. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-11. Consultado o 2019-02-26.
  10. "Índice de percepción da corrupción do 2007". www.transparency.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 2019-02-26.
  11. "El presidente de Georgia decreta el estado de excepción en Tiflis". El País (en castelán). 2007-11-07. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-26.
  12. "Georgia adelanta a enero los comicios presidenciales para frenar la crisis". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-11-09. Consultado o 2019-02-26.
  13. "El presidente de Georgia destituye el gobierno". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-11-16. Consultado o 2019-02-26.
  14. "The Administration of the President of Georgia". web.archive.org. 2012-01-20. Consultado o 2019-02-26.
  15. "Georgia convoca un referéndum sobre el ingreso en la OTAN". El País (en castelán). 2007-11-26. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-26.
  16. Williams, Douglas. Georgia in my Heart, 1999.
  17. Rustavi2.com, ed. (29 de abril de 2012). "Rustavi 2 Broadcasting Company". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

.ge

.ge é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Xeorxia. Os dominios de nivel superior están dispoñibles para os residentes de Xeorxia (sen limitacións) ou para compañías estranxeiras para a representación legal de calquera persoa local (limitado a un dominia por cada rexistrante). Os dominios de segundo nivel tamén están dispoñibles para o rexistro de varios tipos diferentes de rexistrantes:

.com.ge - só para organizacións comerciais

.edu.ge - só para institucións educativas

.gov.ge - só para organizacións do goberno

.org.ge - só para organizacións non gobernamentais

.mil.ge - só para organización militares

.net.ge - só para provedores de network ou organizacións de network

.pvt.ge - só para persoas privadas

Atlanta

Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira en Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes. Como na maior parte do Cinto do Sol, a rexión de Atlanta experimentou un importante crecemento nos anos 2000, xa que engadiu máis dun millón de habitantes entre 2000 e 2008. Este foi o maior crecemento de calquera área estadounidense por detrás do Dallas-Fort Worth Metroplex. Cun ingreso bruto de 270.000 millóns de dólares, a economía de Atlanta está situada no posto número 15 entre as cidades do mundo e no sexto posto nos Estados Unidos.Considerada como unha cidade de negocios e centro de transporte, Atlanta é a sede mundial de The Coca-Cola Company, AT&T Mobility e Delta Air Lines. Ademais, a cidade ten a terceira maior concentración de empresas da Fortune 500 e máis do 75% das compañías de Fortune 1000 teñen a súa sede nesta área metropolitana. O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, situado a once quilómetros ao sur do centro de Atlanta, é o aeroporto máis transitado do mundo e o único que cobre os servizos da cidade.Atlanta é, tamén, a sede do condado de Fulton e a quinta situación da sede do goberno do estado de Xeorxia. Unha pequena parte dos límites da cidade de Atlanta limitan co condado de DeKalb.

Bandeira de Xeorxia

A bandeira de Xeorxia (en xeorxiano: საქართველოს სახელმწიფო დროშა, saqartvelos saxelmtsipho drosha), coñecida como a "bandeira das cinco cruces", é un dos símbolos oficiais do país dende o 14 de xaneiro de 2004 tras cincocentos anos en desuso. Foi o emblema do Reino de Xeorxia durante a Idade Media. É unha bandeira de cor branca cunha cruz vermella na súa parte central que a divide en cuadrantes e con catro pequenas cruces vermellas por cada cuadrante. As proporcións entre o ancho e o alto da bandeira son de 2:3.

Cáucaso

Este artigo trata sobre a rexión xeográfica do Cáucaso. Para a cordilleira vexa cordilleira do Cáucaso

A rexión do Cáucaso atópase en Asia occidental, entre o mar Negro e o mar Caspio. Hoxe compoñen esta rexión as repúblicas independentes de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán, con Rusia ó norte e Turquía e Irán ó sur. No entanto, son numerosas as nacións que viven dentro destes estados, moitas delas en territorios con grandes autogobernos, noutros casos con azos de alcanza-la independencia, o que fai desta rexión un punto quente de violencia a nivel mundial.

A cordilleira do Cáucaso na que se asentan Xeorxia, Acerbaixán e Armenia acotío é chamada Transcaucasia; hai maior intrincamento lingüístico e cultural na zona norte dependente da Federación rusa.

Á parte dos mencionados países, existen estoutras nacións non independentes:

Alania (Osetia do Norte)

Osetia do Sur

Calmuquia

Carachai-Circasia

Cabardino-Balcaria

Alto Karabakh (Nagorno Karabakh)

Ingushetia

Chechenia

DaguestánAsí mesmo existen numerosas minorías entre as que se poden incluír: cumuquios, avaros, tátaros, bielorrusos, alemáns, ucraínos, e naturalmente rusos, que son unha importante minoría en todas estas repúblicas ex-soviéticas. No sur, sobre todo en Armenia, hai importantes grupos de presión turcománs, iranianos, curdos e árabes.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

As illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur[Cómpre referencia] (South Georgia and the South Sandwich Islands ou SGSSI, en inglés) constitúen un territorio en disputa (actualmente baixo administración británica, pero activamente reclamado pola Arxentina), situado no Océano Atlántico Sur. Foi creado en 1985; previamente foi gobernado como xurisdición dependente das illas Malvinas. Consiste nas illas Xeorxia do Sur (de maior superficie) e un grupo de pequenas insuas coñecidas como Sandwich do Sur. Non existe poboación nativa e os únicos habitantes son os científicos do British Antarctic Survey que manteñen unha base en King Edward Point, a capital e outra base na illa Bird na que residen 4 biólogos. O curador do museo de Grytviken e a súa esposa son os únicos habitantes permanentes da rexión, xunto co maxistrado británico e a súa familia.

A soberanía das illas é formalmente disputada pola Arxentina desde 1927 (Xeorxias do Sur) e 1938 (Sandwich do Sur). Estes arquipélagos foron parte do teatro bélico da Guerra das Malvinas.

Para a Arxentina, forman parte do Departamento Illas do Atlántico Sur dentro da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.

Iosif Stalin

Iosif Vissarionovich Stalin (en ruso Иосиф Виссарионович Сталин; nado Ioseb Besarionis je J̌uḡašvili, en xeorxiano: იოსებ ბესარიონის ძე ჯუღაშვილი, AFI: [iɔsɛb bɛsariɔnis dze dʒuɣaʃvili]), nado en Gori (Xeorxia) o 21 de decembro de 1879 e finado en Moscova o 5 de marzo de 1953, foi un político e revolucionario marxista-leninista soviético, segundo líder da Unión Soviética.

Tamén foi coñecido coma Koba (nome dun heroe popular de Xeorxia) e empregou varios pseudónimos: David, Nijeradzé, Chijikov, Ivanóvich, ata adoptar o de Stalin que usou despois da Conferencia Bolxevique de Tammerfors (Finlandia). O nome Stalin deriva da palabra rusa stal (aceiro) co mesmo sufixo posesivo persoal -in que tamén empregara o seu predecesor Lenin.

Jimmy Carter

James Earl "Jimmy" Carter, Junior, nado en Plains (Xeorxia) o 1 de outubro de 1924, é un político estadounidense do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de América (1977-1981), gobernador do estado de Xeorxia (1971-1975) e senador na Asemblea Xeral de Xeorxia (1962-1966). Carter recibiu o Premio Nobel da Paz en 2002, galardoado polos seus esforzos infatigables para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, por impulsar a democracia e os dereitos humanos, e por fomentar o desenvolvemento económico e político dos pobos.

O seu mandato estivo marcado por importantes éxitos en política exterior, como os tratados sobre a Canle de Panamá, os Acordos de paz de Camp David (tratado de paz entre Exipto e Israel), o tratado SALT II coa URSS e o establecemento de relacións diplomáticas coa República Popular da China. En política interior, o seu goberno creou os ministerios de enerxía e educación e reforzou a lexislación sobre protección ambiental.

Desde que abandonou a Casa Branca, dedicouse a un labor de mediación en conflitos internacionais e a pór o seu prestixio ao servizo de causas humanitarias. En 2002, recibiu o Premio Nobel da Paz e distinguiuse en literatura, sendo autor de numerosos libros.

Lingua armenia

O armenio (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia e da República de Artsakh. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas. É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras; dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente. A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.

Lingua azarí

O azerí, azarí ou acerbaixano é a lingua oficial de Acerbaixán. Os falantes deste idioma denomínano azərbaycan. Presenta varios dialectos falados en varios países veciños coma Irán, Rusia (no Daguestán), Xeorxia, Iraq e Turquía. Estímase que entre 20 e 50 millóns de persoas falan azarí. É unha lingua altaica, da rama Oghuz, moi relacionada co turco e influenciada polo persa e o árabe.

Lingua rusa

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Lingua xeorxiana

O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Martin Luther King

Martin Luther King, Jr., nado en Atlanta (Xeorxia) o 15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis (Tennessee) o 4 de abril de 1968, foi un pastor evanxélico e activista político estadounidense. Pertencente á Igrexa Batista, tornouse un dos máis importantes líderes activistas polos dereitos cívicos e do movemento negro nos Estados Unidos e no mundo, a través dunha campaña de non-violencia e de amor para co próximo. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.

Pobo ruso

Os rusos (en ruso: русские, russkiye) son un grupo étnico eslavo oriental nativo de Europa Oriental. A maioría dos rusos habitan no estado nación de Rusia, tendo notables minorías noutros estados veciños como Ucraína, Casaquistán e Belarús. Unha grande diáspora rusa está presente en todo o mundo, con poboacións importantes nos Estados Unidos, Alemaña, Israel e o Canadá. Os rusos son o meirande grupo étnico de Europa.

Os rusos comparten moitos trazos culturais con outros pobos eslabos orientais, como os belarusos e os ucraínos así como con certos eslavos do sur como os búlgaros, os macedonios, os montenegrinos e os serbios. Son maioritariamente de relixión ortodoxa. A lingua rusa é lingua oficial en Rusia, Belarús, Casaquistán, Kirguizistán e Taxiquistán, e tamén é falada como segunda lingua en moitos dos antigos estados soviéticos.

Tavisupleba

Tavisupleba (en xeorxiano: თავისუფლება) é o himno nacional de Xeorxia dende 2004. O seu título significa "Liberdade".

Tbilisi

Tbilisi (transliterado do xeorxiano: თბილისი, [tʰb̥ilisi] (AFI), escoitar), antigamente Tiflis, é a capital e a maior cidade de Xeorxia. Localízase no centro do país, no Cáucaso, nas marxes do río Kura. Segundo datos de 2005 a cidade ten 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o rei Vakhtang I Gorgasali no século V e foi a capital da Xeorxia a partir do século VI d.C.

A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726 km².

Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entre Europa e Asia e antigamente situada na Ruta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto clave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde a avenida Rustaveli , deseñada polo barón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval de Narikala.

A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número de cristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito de Abanotubani a varios metros da igrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacífica Revolución das rosas, que tivo lugar na praza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente, Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.

A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son a catedral de Sameba, a praza da Liberdade, a catedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, a basílica de Anchiskhati, a montaña de Mtatsminda e a igrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintores Niko Pirosmani e Lado Gudiashvili.

Turquía

A República de Turquía (Türkiye Cumhuriyeti), ou simplemente Turquía (Türkiye) é un estado situado entre Asia (95 % do seu territorio) e Europa (5 % do seu territorio).

A península de Anatolia entre o mar Negro e o mar Mediterráneo forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.

Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un cruzamento histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.

Turquía é unha república democrática, secular e constitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, trala caída do Imperio Otomán após a Primeira Guerra Mundial. Dende aquela, Turquía integrouse cada vez máis con Occidente a través da afiliación a organizacións como o Consello de Europa (1949), a OTAN (1952), a OCDE (1961), a OSCE (1973) ou o Grupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén Turquía seguiu fomentando estreitas relacións políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de Oriente Medio, Asia Central ou Asia Oriental.

Xeorxia, Estados Unidos de América

Xeorxia é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión Sur do país. Xeorxia é o maior estado do país en superfície ao leste do río Mississippi, desde que Virxinia Occidental separouse de Virxinia en 1863. O crecemento da poboación de Xeorxia é un dos máis altos do país nos últimos tempos. A súa poboación creceu en torno ao 26% entre 1990 e 2000, de 6.478.216 habitantes en 1990 a 8.186.453 no 2000.

A maior parte de Xeorxia está cuberta por bosques, principalmente piñeiros, pexegos e magnolios. O terreo do norte do estado é fundamentalmente montañoso, coa súa zona sur cun terreo máis chairo e menos accidentado. Os aspectos naturais de Xeorxia foron e aínda son moi importantes para o estado. Culturalmente, as belezas naturais inspiraron a diversos artistas que creceron no estado. Economicamente, fan do turismo e da industria madereira importantes fontes de ingresos de Xeorxia. O estado é un dos líderes nacionais na produción madereira. Os seus bosques déronlle o alcume de The Peach State (O Estado do Pexego) e un devandito popular, Tall as Georgia Pine (Alto como un Piñeiro de Xeorxia).

A rexión que constitúe na actualidade Xeorxia estaba en disputa durante o final do século XVII e o inicio do século XVIII, entre o Reino Unido e España. Xeorxia por entón formaba parte dunha colonia chamada Carolinas, que incluía tamén os actuais estados de Carolina do Norte e Carolina do Sur. En 1724, os británicos crearon a colonia de Xeorxia. O 12 de febreiro de 1733, os primeiros colonos británicos instaláronse na rexión, no que actualmente constitúe Savannah. Xeorxia foi a última das Trece Colonias creada polos británicos.

Xeorxia prosperou a partir da década de 1750, co cultivo de arroz e millo, converténdose nun líder da industria agraria das Trece Colonias. Logo da vitoria americana na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, Xeorxia converteuse o 2 de xaneiro de 1788 no cuarto estado americano. Xeorxia separouse da Unión en 1861, e formou parte dos Estados Confederados de América. Foi un dos estados máis duramente afectados pola Guerra Civil Estadounidense. Ata o inicio do século XX, a economía do estado dependía da agricultura e a gandería. A partir de entón, a industria converteuse na principal fonte de renda do estado, e máis recentemente o sector de finanzas converteuse tamén nunha das súas principais fontes de ingresos.

Xeorxia no Festival de Eurovisión

Xeorxia participou no Festival de Eurovisión 6 veces, debutando no Festival de Eurovisión 2007. No 2009, aínda que ao principio Xeorxia non quería participar por mor ao conflito con Rusia polas rexións separatistas de Abkhazia e Osetia do Sur, finalmente enviou representantes. Porén, non participou nesa edición debido a que o seu tema, interpretado polo grupo Stephane & 3G foi descualificado despois de que a delegación de Xeorxia se negara a mudar a letra da canción "We don't wanna put in", polas supostas alusións ao primeiro ministro ruso Vladimir Putin.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.