Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574,4 km².

Galicia Topo
Mapa topográfico de Galicia
Land of Galicia, NASA satellite image
Imaxe do noroeste peninsular feita por un satélite da NASA

Límites

O territorio de Galicia está comprendido entre 43º 48' N (Estaca de Bares) e 41º 49' N (Portela do Home, na fronteira con Portugal) en latitude. En lonxitude, entre 6º 44' O (Porto de Fonte da Cova, no límite entre as provincias de Ourense e León) e 9º 18' O (cabo Touriñán).

A costa

A costa galega conta con 1.195 quilómetros[1] e ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves e dunha elevada diversidade paisaxística e litolóxica. Altérnanse, pois, lugares con características diferentes, como Corrubedo nas Rías Baixas ou a Rasa Cantábrica na Mariña de Lugo, a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o Parque Dunar de Corrubedo e a praia de Augas Santas (tamén coñecida como praia das Catedrais).

A maioría da poboación vive á beira das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbanos e as súas áreas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias.

O treito litoral das Rías Altas pódese dividir en varias unidades: A Mariña, O Ortegal, o Golfo Ártabro e As Mariñas, a Costa da Morte, e a área de transición cara ás Rías Baixas.

No treito litoral das Rías Baixas tamén se poden diferenciar varias unidades: o sector entre O Ézaro e o Louro, a ría de Muros e Noia, a ría de Arousa, a ría de Pontevedra, a ría de Vigo e a área dende cabo Silleiro ata o esteiro do río Miño.

As rías

Ría de arousa01
A ría de Arousa constitúe a maior ría galega en superficie.

Xeograficamente, unha das peculiaridades de Galicia é a presenza das rías, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galiza.

As Rías Altas son as de Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro, no mar Cantábrico (é dicir, ó leste de Estaca de Bares como punto máis ó norte de Galicia), e Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Corme e Laxe e Camariñas. Estas últimas rías, situadas ó oeste de Estaca de Bares son algunhas veces recollidas como Rías Medias.

As Rías Baixas, todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son as de Corcubión, Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.

Cabos

Fisterra.Cabo.Galicia
Contrariamente á crenza popular, o Cabo Fisterra non é o punto máis occidental da España peninsular. Esta distinción debe outorgárselle ao Cabo Touriñán.

Os máis coñecidos son:

Illas

42862-cies
O arquipélago das Illas Cíes forma parte dende o 2002 do Parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Arousa NWW
A Illa de Arousa con 4.884 habitantes no 2005 constitúe a illa máis poboada de Galicia
Artigo principal: Illas de Galicia.

A Galicia pertencen o arquipélago das Illas Cíes (formado polas illas do Faro, de Monteagudo e de San Martiño), o arquipélago de Ons (formado pola illa de Ons e a illa de Onza), o arquipélago de Sálvora (formado polas illas de Sálvora, Vionta e as Sagres), así como outras illas como Cortegada, Arousa, as illas Sisargas ou as Malveiras; a meirande parte das cales pertencen ao Parque nacional das Illas Atlánticas.

Non se listan multitude de illas máis pequenas e illotes.

O interior

Demograficamente, o interior galego está pouco poboado, e continúa a experimentar a emigración ás áreas urbanas litorais (antes a Madrid, Barcelona, Biscaia e Europa Occidental, e antes aínda a América, onde todos os españois aínda hoxe son chamados gallegos), de xeito que se mantén a estrutura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación dispersa en aldeas, o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.

O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do río Miño no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó mar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos canóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, se ben son minoritarios.

Galicia é percorrida de norte a sueste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona do Porriño con canteiras de granito, rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.

Ríos

Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza
Río Sil ao seu paso pola provincia de Lugo
Artigo principal: Ríos de Galicia.

Galicia cualifícase moitas veces como a terra dos mil ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, salvo o Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no tramo final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semiacuáticas como as chamadas "zaleas").

Son ríos moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros.

Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos canóns, como os célebres canóns do Sil (moitos deles aproveitados para encoros).

Montes

Artigos principais: Montes de Galicia e Montañas de Galicia.

A montaña máis alta é Pena Trevinca, cunha altura de 2124 m (no límite administrativo da comunidade autónoma) en Ourense.

Porén, coas características antes citadas, existen diversas serras ou cadeas montañosas, entre elas:

Notas

  1. Litoral Arquivado 21 de novembro de 2010 en Wayback Machine., na web da Consellería de Pesca.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Augusto Pérez Alberti

Augusto Pérez Alberti, nado en Tortosa o 18 de novembro de 1947, é un xeógrafo galego.

Cantís de Loiba

Os cantís de Loiba son uns cantís singulares de interese turístico da costa galega que se encontran na parroquia de Loiba, no municipio de Ortigueira, provincia da Coruña.

Cetáceos

Os cetáceos (Cetacea) son unha orde de mamíferos completamente adaptados á vida acuática. O nome destes animais procede do latín cetus (balea, grande animal mariño), e este do grego antigo κήτος kétos (peixe grande).

En 1988, Rice recoñecía 83 especies e 42 subespecies. Posteriormente houbo un consenso ao considerar tres, e non unha, especies de balea franca, pasando a ser consideradas un total de 85 especies, reducíndose o número de subespecies a 41. Case todas as especies son animais mariños, que inclúen baleas, cachalotes, candorcas, golfiños, arroaces, toniñas etc., agás 7 especies de golfiños de auga doce, se ben un destes últimos, o baiji, está declarado formalmente extinto. Todas estas especies agrúpanse en dúas subordes, o dos misticetos e o dos odontocetos. Unha terceira suborde extinta, os arqueocetos, son os antepasados das modernas baleas.

Entre os misticetos están os animais vulgarmente chamados baleas, os máis grandes do mundo. Aínda que o termo balea debe reservarse ós integrantes da familia Balaenidae, úsase tamén para referirse a outras especies non pertencentes á familia dos balénidos e incluso tamén para cetáceos con dentes, como é o caso da denominación de balea asasina para a candorca (que nin é balea nin é asasina), de balea de esperma para o cachalote ou de balea piloto para o caldeirón.

Na suborde dos odontocetos están os golfiños e as candorcas, con frecuencia criados en catividade e adestrados para serviren de espectáculo, práctica non exenta de polémica que moita xente reclama sexa erradicada, como se fixo en Francia.

Morfoloxicamente, presentan un corpo fusiforme, semellante ós dos peixes, que os fai máis hidrodinámicos. As patas anteriores transformáronse en aletas, mentres que as posteriores desapareceron como tales, aínda que quedan algúns ósos vestixiais non unidos á pelve e ocultos dentro do corpo. A aleta caudal é horizontal e divídese en dous lóbulos. Xeralmente carecen de pelo e teñen unha capa de tecido adiposo debaixo da pel para manter a calor corporal en augas frías. O tamaño dos cetáceo vai desde 1 m e 50 kg do golfiño de Maui aos 29,9 m e 173 toneladas da balea azul, que é o animal máis grande que xamais existiu na Terra, mesmo maior cos renomeados dinosaurios. Algunhas especies mostran dimorfismo sexual. Aínda que non son tan flexibles ou áxiles coma as focas, os cetáceos poden nadar moi rápido, así a candorca é capaz de trasladarse a 35 km/h en períodos curtos de tempo, e o rorcual común pode manter unha velocidade de 30 km/h. Os golfiños poden facer xiros moi axustados mentres nadan a gran velocidade. Os misticetos teñen vibrisas na súa boca, a diferenza das baleas dentadas. Os cetáceos teñen uns sentidos moi desenvolvidos: a vista e o oído están adaptados tanto para a auga como para o aire, e as baleas teñen un sistema táctil nas súas vibrisas. Algunhas especies están ben adaptadas para mergullarse a grandes profundidades.

Os grandes cetáceos foron obxecto da caza comercial durante séculos, como un recurso mariño máis, ata poñelos en perigo de extinción. Aínda hoxe algúns países coma o Xapón, Noruega ou Islandia seguen cazando baleas para comer a súa carne, escudándose no argumento da caza científica. Puntualmente tamén se cazaron os golfiños, tanto para aproveitar a carne como por consideralos inimigos dos pescadores e aínda hoxe o fan no Xapón, os inuit (esquimós) do Canadá ou nas illas Feroe en Dinamarca.

A rama da bioloxía que estuda estes animais é a cetoloxía.

Concentración parcelaria

A concentración parcelaria ou parcelaria é un procedemento administrativo da Xunta de Galicia polo cal a Consellería do Medio Rural busca a redución do número de parcelas e o seu agrupamento nunha determinada zona en concreto e limitado ao concello no que se realiza para aumentar a rendibilidade dos recursos agrarios e forestais. Este agrupamento de parcelas pasará a chamarse leiras, e supón a mellora e construción de máis accesos ás novas leiras.

Dende os anos 1980 en Galicia lévanse concentrado 416.504 hectáreas cun custo duns 1.200 millóns de euros.

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é un organismo de conca intercomunitaria creado polo Real Decreto 266/2008, ao modificar esta norma a Confederación Hidrográfica do Norte e dividila na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a do Cantábrico, sendo cada unha destas dúas últimas no seu ámbito territorial a sucesora a título universal nos bens, dereitos e obrigacións da Confederación Hidrográfica do Norte.A Lei de Augas defínea como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia e distinta do Estado, adscrito a efectos administrativos ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño como organismo autónomo con plena autonomía funcional.Desempeña un importante papel na súa demarcación hidrográfica, dado que encárgase da planificación hidrolóxica, a xestión de recursos e aproveitamentos, a protección do dominio público hidráulico, as concesións de dereitos de uso privativo da auga, o control de calidade da auga, o proxecto e execución de novas infraestruturas hidráulicas, os programas de seguridade de presas ou bancos de datos, entre outras funcións.

Depresión Meridiana

A Depresión Meridiana é unha formación natural da xeografía de Galicia. Esta depresión xeolóxica podería ter a súa orixe nunha falla, e vai de norte a sur desde a costa atlántica en Razo (Carballo) até o río Miño ao seu paso por Tui, a unha lonxitude de 8º 40' oeste. Está formada por unha liña de fracturas que se encaixan nas bocas da ría de Arousa, a ría de Pontevedra e a ría de Vigo, onde comeza a desembocadura dos ríos Ulla, Lérez e Verdugo respectivamente.

Descrición do Reino de Galicia

Descrición do Reino de Galicia é unha obra en lingua castelá de Bartolomé Sagrario de Molina redactada en 1549 e publicada en Mondoñedo en 1550 co título orixinal de Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Trátase dunha descrición do Reino de Galiza redactada polo devandito licenciado Molina, un dos primeiros licenciados en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e malagueño de orixe. A obra foi traducida ao galego e publicada en 2003 por Editorial Toxosoutos.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Geografía General del Reino de Galicia

Geografía General del Reino de Galicia é unha enciclopedia en seis tomos, dirixida por Francesc Carreras i Candi e publicada en Barcelona en 1928 pola editorial Alberto Martín. A obra foi reeditada en 1980 en 13 tomos.

Nomenclátor de Galicia

O nomenclátor de Galicia é un corpus toponímico desenvolvido pola Xunta de Galicia que regula os topónimos oficiais dos lugares, parroquias e concellos de Galiza.

Pilar de Torres Luna

María del Pilar de Torres Luna, nada en Bayarque (Almería) o 28 de outubro de 1937, é unha xeógrafa e profesora española.

Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, na zona sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense; a capital da cal acordouse que fose a cidade lucense de Monforte de Lemos.

O 5 de abril de 2019 foi aprobado polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura a súa candidatura a lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco. A decisión tomaráse no 45º Comité de Patrimonio Mundial, no ano 2021.

Terra de Montes

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Terra de Montes era unha comarca histórica galega situada entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencían a esta comarca os concellos de Cerdedo e Forcarei na provincia de Pontevedra e Beariz na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca estaba integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín. Non ten recoñecemento legal ou xurídico.

Terreo Cinexeticamente Ordenado

Un Terreo Cinexeticamente Ordenado (TECOR) é unha área do territorio galego susceptible de aproveitamento cinexético que fose declarada e recoñecida como tal pola Consellería do Medio Rural. Esta categoría territorial naceu coa Lei de Caza de Galicia de 1997, substituíndo os antigos cotos de caza.

Topónimos célticos en Galicia

A toponimia céltica de Galicia é a totalidade de topónimos de lugares antigos e actuais, ríos (hidrónimos) ou montañas que se crearon coa lingua céltica e polo tanto teñen etimoloxía céltica, e que están ou estaban situados dentro dos límites da Galicia actual.

Topónimos galegos en -obre

En Galicia, especialmente no Golfo Ártabro e no Val do Ulla, existe un grupo de topónimos rematados en -obre. Segundo Moralejo, están son continuacións medievais e modernas (en -bre, -be, -ve) de formas antigas en -bris. Están relacionadas xa que logo as terminacións -briga (v. Nemetobriga ou Brigantium), -brix, -bris, -bria e -bre (precedido de vogal: -abre, -ebre, -ibre, -obre e -ubre; ou consonante, i.e. -mbre).

Vixía de Herbeira

Vixía Herbeira é un punto da costa galega, o punto máis alto da serra da Capelada, onde se achan os cantís cunha maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental, con 613 metros sobre o mesmo, e o cuarto de maior altura de Europa (incluíndo as illas), tralos de Hornelen (860 m), Cabo Enniberg (754 m) e Croaghaun (668 m). Outros de altura semellante son Preikestolen (604 m), Slieve League (601 m) e Cabo Girão (580 m). Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.

Temas relacionados con Galicia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.