Xenebra, Suíza

Xenebra[1] (en francés Genève [ʒəˈnɛv], en italiano Ginevra, en alemá Genf, en romanche: Genevra) é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra. En total, 201.813 persoas habitan no concello de Xenebra (2017). A lingua oficial é o francés.

Coordenadas: 46°12′0″N 6°9′0″L / 46.20000, -6.15000

Xenebra
Genève
Ginevra
Genf
Wappen Genf matt
Views of Geneva
Varias imaxes de Xenebra
Localización
Xenebra en Suíza

Xenebra
Xenebra
PaísSuíza Suíza
CantónXenebra
Xeografía
Altitude375 msnm
Superficie15,86 km² km²
Demografía
Poboación201.813 hab
Densidade12.701 hab/km²
Outros datos
Código postal1200
AlcaldePierre Maudet (FDP)
www.ville-geneve.ch

Xeografía

Centro comercial, bancario, industrial, intelectual e universitario, a cidade foi construída no lugar onde o Ródano deixa o lago Léman, ou lago Xenebra, e conflúe co río Arve, concretamente na beira suroeste do lago. Atópase nun fondo rodeada polo Salève e o Xura e a tan só unha hora en coche do mítico Mont Blanc, visible dende a cidade.

Na rada de Xenebra atópanse as pedras de Niton, unha das cales é o punto de referencia de todas as altitudes de Suíza. Trátase de dúas grandes rochas que emerxen do propio lago e que datan da última Idade do xeo.

Historia

Geneve panorama 1860
Panorama da cidade en 1860.

A cidade aparece mencionada por primeira vez tras a súa toma por parte dos romanos no ano 121 a.C., facendo dela un posto fortificado na fronteira do Imperio Romano coas tribos celtas e xermánicas helvéticas. Logo da caída do Imperio, pasou sucesivamente a mans de burgundios e francos ata a súa incorporación ao Sacro Imperio Romano Xermánico en 1033.

Sen dúbida, un dos momentos históricos máis importantes vividos pola urbe é o que tivo como protagonista a Xoán Calvino e que fixo dela un punto vital da Reforma protestante. En 1532 o bispo católico da cidade foi obrigado a deixar a súa residencia. Catro anos despois, os seus habitantes xa se declaraban protestantes e proclamaron unha república propia, baixo o liderado espiritual do propio Calvino, quen viviu na cidade ata o seu pasamento en 1564.

Xenebra é considerada desde hai tempo como cidade de acollida, xa desde que acolleu aos protestantes que seguiron á Reforma. Co acollemento de numerosos reformadores, ademais do xa citado Clavino, coma Guillaume Farel ou Théodore de Brèze, gañou o sobrenome de Roma protestante ou de cidade de Calvino. Numerosos persoeiros internacionais igualmente atoparon aquí refuxio, coma o célebre Lenin.

É grazas a esta tradición de acollida e á neutralidade de Suíza polo que numerosas organizacións internacionais decidiron instalar a súa sede en Xenebra:

Transportes

Xenebra ten tamén un aeroporto internacional, accesible en autobús ou en tren, a menos de 10 minutos do centro. Grandes compañías como Swiss, British Airways, Air France, Lufthansa ou EasyJet teñen liñas con destinos en toda Europa e o resto do mundo. No seo da cidade, os transportes públicos xenebreses explotan un río denso de autobuses e de trolebuses así como unha liña de tranvías en pleno renacemento.

Cultura

Xenebra acolle numerosas festas e manifestacións ao longo do ano, tales como o Salón internacional do automóbil de Xenebra no mes de marzo, a Festa da música no mes de xuño, a Lake Parade no mes de xullo e a celebración da Escalada en decembro. As festas da cidade desenvólvense entre xullo e agosto.

Lugares de interese

  • O Jet de Genève (o Chorro de Xenebra) que é o símbolo da cidade. Localizado ao longo do Quai des Eaux-Vives é máis que centenario. Instalado orixinalmente preto do Bâtiment des Forces Motrices (Edificio das Forzas Motrices), servía en principio para diminuír a presión nas canalizacións da cidade. Foi despois desprazado á rada e conservado polo seu atractivo turístico.
  • A Catedral de San Pedro. Do século XII, foi o templo relixioso adoptado por Calvino dende o cal irradiar o seu reformismo relixioso. No seu interior consérvase a cadeira de madeira empregada por este. Existen evidencias da existencia de templos anteriores ao edificio actual, polo menos do século VIII, así como restos de actividade en época romana.
  • Alberga, por outro lado, numerosos museos entre os cales salientan:
    • O Musée d'Art et d'Histoire é o museo principal da cidade. Acolle pinturas dende a Idade Media ata o século XX, iconas, armas, instrumentos musicais e pezas téxtiles. Tamén ten un espazo adicado á arqueoloxía, incluíndo obxectos da Europa prehistórica, así como das culturas clásicas grega e romana e do Antigo Exipto, entre as que destaca unha momia do século IX a. C.
    • O Museo de historia natural.
    • O Museo etnográfico.
    • O Museo de arte moderna e contemporánea.
    • O Museo internacional do automóbil.
    • O Xardín e o Conservatorio botánicos.
    • O Museo da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.
    • O Museo Patek Philippe.

Xenebreses célebres

Moitos outros xenebreses de adopción descansan no panteón que é o Cemiterio dos Reis:

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenebrino.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer os refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duradeiras á súa situación, mediante o reasentamento voluntario no seu país de orixe ou no de acollida. Ten a súa sede en Xenebra, Suíza, e máis de 250 oficinas esparexidas por todo o mundo. O dereito ao asilo e refuxio está contemplado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos do seguinte xeito:

Concedéuselle o Premio Nobel da Paz en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1981, así como o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1991.

Concede anualmente o premio Nansen Refugee Award, (coñecido anteriormente como a Medalla Nansen), a individuos ou grupos que destacaran na causa dos refuxiados.

Convencións de Xenebra

As Convencións de Xenebra son unha serie de tratados formulados en Xenebra (Suíza) definindo as normas para as leis internacionais relativas ao Dereito Humanitario Internacional. As convencións foron o resultado de esforzos de Henri Dunant, e que foi motivado polos horrores dos que foi testemuña na Batalla de Solferino.

Estes tratados definen os dereitos e os deberes de persoas, combatentes ou non, en tempo de guerra. Tales tratados son inéditos, consistindo na base dos dereitos humanitarios internacionais. Foron elaborados durante catro Convencións de Xenebra que aconteceron de 1864 a 1949.

Darius Milhaud

Darius Milhaud, nado o 4 de setembro de 1892 en Marsella (Francia) e finado o 22 de xuño de 1974 en Xenebra (Suíza), foi un compositor francés membro do grupo chamado Les Six. A súa produción musical caracterízase polo uso da politonalidade e os patróns rítmicos derivados do jazz.

Dinu Lipatti

Dinu Lipatti, nado en Bucarest o 19 de marzo de 1917 e finado en Xenebra, Suíza, o 2 de decembro de 1950, foi un pianista e compositor romanés.

Federación Internacional de Baloncesto

A Federación Internacional de Baloncesto (en francés: Fédération Internationale de Basket-ball), máis coñecida baixo o seu acrónimo francés FIBA (pronunciado [ˈfibʌ]), é unha asociación de federacións nacionais encargada de organizar e gobernar as competicións internacionais de baloncesto.

Orixinalmente coñecida como Fédération Internationale de Basket-ball Amateur, en 1989 eliminou a derradeira palabra do seu nome oficial, aínda que seguiu mantendo as iniciais. A súa sede actual está en Xenebra, Suíza, e o seu presidente é Bob Elphinston, de Australia.

Instituto do Dereito Internacional

O Instituto de Dereito Internacional (en francés Institut de Droit International) é unha organización privada destinada ao estudo e desenvolvemento do Dereito internacional.

A idea de crealo naceu do belga Gustave Rolin-Jaequemyns e outros 10 xuristas o 8 de setembro de 1873. En 1874 ten lugar a primeira sesión, en Xenebra (Suíza), actual sede.

Jean-Jacques Rousseau

Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considérase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

José Ángel Valente

José Ángel Valente Docasar, nado en Ourense o 25 de abril do 1929 e finado en Xenebra (Suíza) o 18 de xullo do 2000, foi un poeta e ensaísta galego. A inmensa maioría da súa obra poética escribiuna en castelán, estando a súa produción en lingua galega restrinxida a dous libros: Sete cántigas de alén (1981) e Cántigas de alén (1989). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras (1988) e o Premio Nacional de Poesía de España (1993 e, a título póstumo, no 2001).

Mélanie René

Mélanie René (nada o 1 de setembro de 1990 en Xenebra, Suíza) é unha cantora e compositora suíza de orixe mauritano. Ela representará a Suíza no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "Time to Shine".

Organización Meteorolóxica Mundial

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), coñecida coas siglas WMO (do inglés: World Meteorological Organization) é unha organización intergobernamental dependente da ONU, creada no ano 1950 e que na actualidade conta cun total de 191 territorios e estados membros.A OMM é herdeira da antiga Organización Meteorolóxica Internacional (OMI), fundada en Viena (Austria) no ano 1873. A OMM ten a súa sede central na cidade de Xenebra (Suíza).

Organización Mundial da Propiedade Intelectual

A Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) é un organismo especializado dependente do sistema de Nacións Unidas, creado en 1967 coa sinatura do Convenio de Estocolmo. A OMPI está dedicada a fomentar o uso e a protección das obras do intelecto humano. Con sede en Xenebra (Suíza), a OMPI é un dos 16 organismos especializados do sistema de organizacións das Nacións Unidas. Ten ao seu cargo a administración de 24 tratados internacionais que abordan diversos aspectos da regulación da propiedade intelectual. A Organización ten 183 estados membros. O seu director xeral en 2010 era Francis Gurry, un avogado oriúndo de Australia.

Organización Mundial da Saúde

A Organización Mundial da Saúde (OMS, ou WHO, nas súas siglas en inglés), é o organismo das Nacións Unidas especializado en saúde, foi creado o 7 de abril de 1948, institución dependente das Nacións Unidas.

Organización Mundial do Comercio

A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un grande número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos. Reúne todo os membros da OMC e pode tomar decisións sobre calquera asunto baixo algún dos acordos de comercio. Algunhas das conferencias, como a inaugural de Singapur (1996) e a de Cancún (2003) provocaron discusións entre economías desenvolvidas e subdesenvolvidas, mentres outras, como a de Seattle (1999) deron lugar a grandes manifestacións.

Organización das Nacións Unidas

A Organización das Nacións Unidas (ONU) é un organismo intergobernamental mundial cuxo principal obxectivo e promover a cooperación internacional. Foi fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial.

A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.

A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a Primeira Guerra Mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwán (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é António Guterres dende o 1 de xaneiro de 2017.

Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

Organización do Xenoma Humano

A Organización do Xenoma Humano ou HUGO (siglas do seu nome en inglés Human Genome Organisation) é unha organización implicada no Proxecto Xenoma Humano, un proxecto dedicado ao mapado do xenoma humano. HUGO creouse en 1989 como unha organización internacional, principalmente para fomentar a colaboración entre científicos de todo o mundo que estudaban o xenoma. O Comité de Nomenclatura de Xenes de HUGO (HUGO Gene Nomenclature Committee), abreviado como HGNC (aínda que ás veces se lle chama tamén "HUGO") é un dos comités de HUGO máis activos e o seu obxectivo é asignar un único nome e símbolo a cada un dos xenes humanos.

Racing Club Genève

O Racing Club Genève é un club de fútbol de Xenebra, Suíza. Fundouse en 1951 e actualmente compite na 2. Liga interrexional. O seu campo é o Centre sportif du Bout-du-Monde, con capacidade para 1.000 espectadores.

Saint-Genis-Pouilly

Saint-Genis-Pouilly (coñecida localmente como Saint-Genis) é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes, lindeira con Toiry, Prévessin-Moëns e o cantón de Xenebra (Suíza).

A súa proximidade coa fronteira suíza (e coa propia Xenebra, uns 9 km), e que parte do CERN estea situado en solo de Saint-Genis-Pouilly e áreas lindeiras, fai que sexa un lugar no que comunmente habitan persoas que traballan ó outro lado da fronteira, moitos deles no CERN ou nas Nacións Unidas (Sede de Xenebra).

Por este motivo, pola falta de oferta de vivenda de Xenebra e os seus elevados prezos, e e trala adhesión de Suíza ó Acordo de Schengen, Saint-Genis sufriu un espectacular crecemento durante a década do 2000, sendo unha vila en constante expansión e incremento do prezo da vivenda.

Antes da decisión por referendo de pechar as fronteiras por parte de Suíza, o servizo de Transportes Públicos de Xenebra (TPG) e a administración de Saint-Genis tiñan acordado prolongar a liña de tranvía de Xenebra, que conectaría a vila francesa coa cidade suíza. Trala decisión de pechar as fronteiras, ese acordo quedou suspendido e probablemente o proxecto sexa cancelado antes de ter comezado.

Tamén se prevé que o prezo das vivendas de Saint-Genis deixe de incrementarse e, incluso, decaia.

Selección de fútbol de Turquía

A Selección de fútbol de Turquía (en turco: Türkiye Millî Futbol Takımı), dependente da Türkiye Futbol Federasyonu (UEFA), representa internacionalmente a Turquía. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo os seu mellor resultado nunha Copa de Mundo os terceiro posto en Suíza 1954 e nunha Eurocopa tamén o terceiro posto en Austría/Suíza 2008.

Urania Genève Sport

O Urania Genève Sport é un club deportivo de Xenebra, Suíza. A súa sección de fútbol fundouse en 1896, actualmente compite na 1. Liga e o seu campo é o Stade de Frontenex, con capacidade para 4.000 espectadores.

Cidades en Suíza por poboación
máis de 300 000
máis de 100 000
máis de 30 000
máis de 15 000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.