Xavier Senín

Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego.

Xavier Senín
Xavier Senín.CR2
Na presentación dun libro de artigos de Plácido Castro, en Cambados.
Nacemento13 de maio de 1949 (70 anos)
 Pontecesures, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor
XénerosTradución
EstudosFiloloxía Moderna

Traxectoria

É licenciado en Filoloxía Moderna na rama de francés, e ten a cátedra de bacharelato. Ocupou distintos cargos na Asociación de Tradutores Galegos desde a súa creación. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da USC e da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para impartir cursos de de lingua galega. Foi corrector lingüístico para a Editorial Galaxia entre 1985 e 1987, así como coordinador de libros de texto.

Foi director xeral do Libro da Xunta de Galicia durante a etapa do tripartido e máis tarde durante os distintos gobernos do Partido Popular. Na actualidade está xubilado, mais até desempeñou o seu labor docente sobre todo como profesor de francés en Santiago de Compostela. Escribe semanalmente unha columna para O Correo Galego. En 2010 foi, canda Manuel Bragado ou Marilar Aleixandre, un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY celebrado en Santiago de Compostela[1].

Obra

Presentation of the Galician publisher Hugin e Munin in Cambados, Galicia, Spain (1)
Os tradutores Xavier Senín (no centro) e Isabel Soto, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus (Editorial Hugin e Munin) en Cambados.

Como tradutor, ten no seu haber numerosas traducións, principalmente do francés e o castelán para o galego. Por exemplo, os libros franceses A Clase de François Bégaudeau ou Mal de escola de Daniel Pennac ou Onde o aire non era brisa de María Victoria Moreno. Cómpre salientar que decote traduce conxuntamente con Isabel Soto[2].

Literatura infanto-xuvenil

  • O galo Quirico, adaptación do autor, 2009, Galaxia.
  • Novo amor en Arousa, 2009, Pío García Edicións.
  • O soldadiño de chumbo, de Hans Christian Andersen, 2010, Galaxia. Adaptación do autor.

Traducións

  • O que o vento nos conta de Waldemar Daae, de Hans Christian Andersen, 1983, Argos Vergara.
  • Os zarramplíns, de Sergio Balestrini, 1983, Galaxia.
  • ¡Adeus, boa viaxe!, de Marta Balaguer, 1984, Arcos Vergara.
  • As babuchas enmeigadas, conto de As mil e unha noites, adaptado por Francesc Boada, 1984, Galaxia.
  • Contos de cores, de Joles Sennell, 1984, Argos Vergara.
  • Os dentes do león, de Mercé Company, 1984, Argos Vergara.
  • O globo, de J. J. Guillén, 1984, Argos Vergara.
  • Guillermo Tell: lenda suíza, adaptado por M. Ángels Gardella, 1984, Galaxia.
  • Hil-Lady, de Ricardo Alcántara, 1984, Argos Vergara.
  • A oca de ouro, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Pandolfi na grande cidade, de Francesc d'Assis Sales, 1984, Argos Vergara.
  • A raiña dos peixes, de Gérard de Nerval, 1984, Argos Vergara.
  • A serpe branca, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Unha tarde no mar, de Joaquim Ruyra, 1984, Argos Vergara.
  • Os tres pretendentes, de Fernán Caballero, 1984, Galaxia.
  • A viaxe de Ruteazul, de Laura Medina, 1984, Galaxia.
  • O xigante-máis-alto xoga á pelota, de Joma, 1984, Argos Vergara.
  • O dragón das catro cabezas, de Antoniorrobles, 1985, Galaxia.
  • Segredos de abanos, de Joan Manuel Gisbert, 1985, Argos Vergara.
  • A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare, versión de José Luis Gímenez Frontín, 1985, Argos.
  • As ratas na escola, de M. Dolors Alibés i Riera, 1986, Galaxia.
  • As aventuras de Roi e Martiño, de Antonio Cuadrench, 1987, Galaxia.
  • O explorador e a mona, de Pako Sagarzazu, 1987, Galaxia.
  • A ovella negra, de Roser Capdevila, 1991, Galaxia.
  • Polgariño, dos irmáns Grimm, 1991, Galaxia.
  • O anel perdido, un xogo divertido, de Enrique Páez, 1992, Bruño.
  • A infancia de Martiño Piñeiro, de Juan Farias, 1992, Bruño.
  • Os robots, de Suzanne Martel, 1995, Bruño.
  • Crónicas de media tarde, de Juan Farias, 1997, Everest Galicia.
  • Ismael, que foi mariñeiro, de Juan Farias, 2000, Everest Galicia.
  • Os perfectos, de Rodrigo Muñoz Avia, 2007, Rodeira.
  • Angelica, de Lygia Bojunga Nunes, 2008, S. M.
  • Tres rosas de Madame d'Aulnoy, 2009, Novelúa.
  • Pescador de Islandia, de Pierre Loti, 2014, Hugin e Munin.
  • Contos do luns, de Alphonse Daudet, 2014, BIVIR.
  • No ceo, de Octave Mirbeau, 2015, Hugin e Munin.
  • Unha desolación, de Yasmina Reza, 2016, Hugin e Munin.
  • As damas verdes, de George Sand, 2016, Hugin e Munin.
  • Ourika, de Claire de Duras, 2019, Hugin e Munin.

Traducións en colaboración

Edicións

Outras obras

Premios

  • Premio Fervenzas literarias ao mellor libro traducido de Literatura infantil e xuvenil de 2015, por O papiro do César.

Notas

  1. Composición do comité Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en ibbycompostela2010.org
  2. Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
  3. Ficha na web da editorial.
  4. Ficha da obra na páxina da editorial.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A odisea de Astérix

A odisea de Astérix (en francés: L'Odyssée d'Astérix) é o vixésimo sexto volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado orixinalmente en francés en 1981. É o segundo título da serie escrito e ilustrado por Albert Uderzo en solitario. O libro describe a viaxe de Astérix e Obélix a Oriente Medio. Está amplamente inspirado nos filmes de James Bond e nos relatos bíblicos.

Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola Editorial Bruño en 2008, nun volume conxunto cos títulos O gran foxo e O fillo de Astérix.

A volta á Galia de Astérix

A volta á Galia de Astérix (en francés: Le Tour de Gaule d'Astérix) é o quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 172-213, en 1963.Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1998. En maio de 2016, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais.

Astérix e Cleopatra

Astérix e Cleopatra (en francés: Astérix et Cléopatre) é o sexto volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado en 1965 e creado por René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (ilustracións). Foi publicada de forma serializada por vez primeira na revista Pilote, nos números 215-257, en 1963.Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976. A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor". En setembro de 2018 publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto por Edicións Xerais.

Astérix e os godos

Astérix e os godos (en francés: Astérix et les Goths) é o terceiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado orixinalmente no ano 1963.

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1978. A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor". En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto por Edicións Xerais.

Astérix e os pictos

Astérix e os pictos (en francés: Astérix chez les Pictes) é o trixésimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o primeiro libro da serie que non foi creado nin por René Goscinny nin por Albert Uderzo. Foi escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. A historia leva a Astérix e a Obélix alén do Canal da Mancha até Escocia, onde coñecen os pictos. Esta é a segunda viaxe do dúo ás illas Británicas, despois de visitar os britanos en Astérix en Britania (1965).

Foi publicado simultaneamente en todo o mundo en vinte e tres linguas o 24 de outubro de 2013, entre elas o escocés e, por primeira vez, o scots. Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado por Edicións Xerais en 2013.

Astérix en Britania

Astérix en Britania (en francés: Astérix chez les Bretons) é o oitavo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicada de forma serializada na revista Pilote, nos números 307-334, en 1965, e en álbum en 1966. Conta a historia da viaxe de Astérix and Obélix na Britania ocupada por Roma.Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1997 baixo o título Astérix na terra dos bretóns. En abril de 2019, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais co título Astérix en Britania.

Astérix en Italia

Astérix en Italia (en francés: Astérix et la Transitalique) é o trixésimo sétimo volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o terceiro libro en ser escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. O libro foi lanzado internacionalmente en máis de 20 linguas o 19 de outubro de 2017 cunha tiraxe inicial de 5 millóns de exemplares.Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado por Edicións Xerais en outubro de 2017.

Astérix gladiador

Astérix gladiador (en francés: Astérix gladiateur) é o cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix publicado en 1964, e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 126–168, en 1962.Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996. En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais.

Astérix o galo

Asterix o galo (en francés: Astérix le Gaulois) é o primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Prepublicado na revista Pilote no n°1 (29 de outubro de 1959) e no n°38 (14 de xullo de 1960) e publicado como álbum en outubro de 1961.Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor en 1977. En 1996 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo. En novembro de 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat.

Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo

Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo (en francés: Comment Obélix est tombé dans la marmite du druide quand il était petit) é unha historia da serie de banda deseñada de Asterix escrita por René Goscinny e publicada orixinalmente en francés na revista Pilote, no número 291 (1965), con só uns poucos debuxos. En 1989, foi completamente ilustrada por Albert Uderzo e publicada como un álbum.

Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Bruño en maio de 2009.

Don Quixote da Mancha

Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha), é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal. En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha. O Quixote de 1605 publicouse dividido en catro partes; pero semella que o Quixote de 1615 en calidade de Segunda parte da obra, quedou revocada de feito a partición en catro seccións do volume publicado dez anos antes por Cervantes.É a primeira obra xenuinamente desmitificadora da tradición cabaleiresca e cortés polo seu tratamento chanceiro. Representa a primeira novela moderna e a primeira novela polifónica; como tal, exerceu un enorme influxo en toda a narrativa europea. Por considerarse «o mellor traballo literario xamais escrito», encabezou a lista das mellores obras literarias da historia, que se estabeleceu coas votacións de cen grandes escritores de 54 nacionalidades a petición do Club Noruegués do Libro en 2002; así, foi a única excepción na estrita orde alfabética que se dispuxo.Foi traducido ó galego en 1990 por Xela Arias, Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (Xuntanza, ISBN 84-86614-64-3).

Isabel Soto

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

Locus Solus

Locus Solus é unha novela en lingua francesa de Raymond Roussel publicada en París en 1914.

Foi traducido ó galego por Isabel Soto e Xavier Senín e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.

O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro

O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro (en francés: L'Anniversaire d'Astérix et Obélix - Le Livre d'or) é o trixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, deseñado e escrito por Albert Uderzo. O libro tamén inclúe historias de Astérix que foron creadas conxuntamente con René Goscinny. O álbum, que celebra o 50 aniversario da creación da serie, foi publicado orixinalmente en francés o 22 de outubro de 2009. O álbum comeza cun prefacio onde Uderzo responde ás críticas do seu traballo en solitario, especialmente do álbum anterior, Le Ciel lui tombe sur la tête. Tamén aclara que O libro de ouro non é unha única historia, senón unha sucesión de historias curtas que celebran o 50 aniversario dos heroes.

Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Bruño en outubro de 2009.

O combate dos xefes

O combate dos xefes (en francés: Le Combat des chefs) é o sétimo volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado en 1966 e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración).Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976 baixo o título A loita dos xefes. A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor". En 1992, publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Marisa Guerra e baixo o título O combate dos xefes. En setembro de 2018, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto por Edicións Xerais con ese mesmo título.

O fillo de Astérix

O fillo de Astérix (en francés: Le Fils d'Astérix) é o vixésimo sétimo volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado orixinalmente en francés en 1983. É o terceiro título da serie escrito e ilustrado en solitario por Albert Uderzo.Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola Editorial Bruño en 2008, nun volume conxunto cos títulos O gran foxo e A odisea de Astérix.

O fouciño de ouro

O fouciño de ouro (en francés: La Serpe d'or) é o segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 42–74 en 1960, e foi publicado como libro en 1962.

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1978 baixo o título Astérix e a fouce de ouro. A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor". En 1998 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo e baixo o título O fouciño de ouro. No ano 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat con ese mesmo título.

O gran foxo

O gran foxo (en francés: Le Grand Fossé) é o vixésimo quinto volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado orixinalmente en francés en 1980. Foi o primeiro título de Astérix en ser escrito polo ilustrador Albert Uderzo, logo da morte do cocreador e escritor de Astérix René Goscinny en 1977.Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola Editorial Bruño en 2008, nun volume conxunto cos títulos A odisea de Astérix e O fillo de Astérix.

O papiro do César

O papiro do César (en francés: Le Papyrus de César) é o trixésimo sexto volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o segundo libro en ser escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. O tema central é a censura e a batalla pola información. O título fai referencia á obra clásica de Xulio César, Commentarii de Bello Gallico (traducido ó galego como A guerra da Galia).Foi traducido ó galego por Xavier Senín e Isabel Soto e publicado por Edicións Xerais en outubro de 2015.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.