Xavier Guerra

Javier Jorge Guerra Fernández, nado en Vigo o 12 de xullo de 1964, é un empresario e político galego.

Xavier Guerra
Xavier Guerra 2012
Xavier Guerra en 2012.
Nome completoJavier Jorge Guerra Fernández
Nacemento12 de xullo de 1964
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Licenciado en Economía, ten un mestrado en administración de empresas e mercadotecnia. Dende 1987 traballa na xestión de distintas empresas, algunhas delas téxtiles, como Camper ou Nike, e en 2002 funda con Juan A. Costas a empresa El secreto del mar, firma dedicada á produción téxtil. A empresa adquire a licenza da marca El Niño, vencellada a roupa para surf, e expanden as liñas de produción, con apertura de diversas tendas propias en España (2003) e con fabricación en Portugal a partir de 2004. En 2007 a firma acadou unha facturación de 31 millóns de euros[1] e trasladou a súa sede central de Coruxo a Madrid.

Militante do Partido Popular de Galicia, en 2003 preséntase ás eleccións municipais no concello de Vigo na candidatura encabezada por Corina Porro, e convértese en concelleiro. A finais dese ano, logo da perda dunha moción de confianza do alcalde socialista Ventura Pérez Mariño, Porro convértese en alcaldesa en Guerra asume as competencias de economía e facenda. Nas eleccións de 2007 repite como concelleiro, pero o PP non accede ao goberno. En 2008 sae elixido como deputado ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra. Renunciou o 20 de abril de 2009. En 2009 foi nomeado Conselleiro de Economía e Industria. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

En 2018 anuncia a súa incorporación á agrupación local viguesa de Ciudadanos xunto cun grupo de militantes descontentos do Partido Popular[2], tras perder en 2016 a pugna pola presidencia local do partido[3].

Predecesor:
Fernando Blanco Álvarez
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Economía e Industria
 
2009 - 2012
Sucesor:
Francisco Conde López

Vida privada

Está casado e ten dous fillos.

Notas

  1. Información da propia empresa Arquivado 14 de abril de 2009 en Wayback Machine., sección La empresa-Resultados
  2. ""Ciudadanos vaille facer pupa ao PP en Vigo" - Xornal de Vigo". Xornal de Vigo. 2018-05-16. Consultado o 2018-05-16.
  3. "A ex-conselleira Elena Muñoz, nova presidenta do PP de Vigo tras impoñerse por 420 votos fronte aos 319 do tamén ex-conselleiro Javier Guerra, que previamente instara a recuperar votantes populares que, afirma, apoian a Caballero nas eleccións municipais. - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2018-05-16.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Consellería de Economía e Industria é unha consellería da Xunta de Galicia que se ocupa da política enerxética, da planificación económica e empresarial e da promoción industrial.

Fernando Blanco Álvarez

Fernando Xavier Blanco Álvarez, nado en Lugo en 1959, é un político galego do BNG.

Francisco Conde López

Francisco José Conde López, nado en Monforte de Lemos en 1968, é un economista e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.