Xasmín

O xasmín[1] (Jasminum officinale) é unha especie fanerógama rubideira do xénero Jasminum, da familia das oleáceas. Cultivada en Galiza coma ornamental gateadora polo recendo das súas flores.

Xasmín común
Jasminum officinale - Bot. Mag. 31, 1787

Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicots
Subclase: Asteridae
(sen clasif.): Asterids
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Xénero: Jasminum
L.
Especie: J. official
Nome binomial
'Jasminum officinale'
L. 1753

Descrición

Presenta unha raíz adventicia; é un arbusto con follas lineais lanceoladas de bordo enteiro, penninervadas. A inflorescencia é unha cima bípara dicasia, con flores de ovario ínfero e presentan aceites esenciais. O froito é unha cápsula. Son hermafroditas, e se propaga vexetativamente.

Usos

Emprégase como ornamental, tanto polo recendo das súas flores, como por ser rubideira, co que adoita abeirarse contra muros ou deixar gatear por pérgolas e parras.

Ademais é utilizado para fragrancia polo agradábel recendo que botan as súas flores, semellantes ao cheiro das gardenias e das flores dos cítricos.

Propiedades medicinais

O xasmín é empregado como pectoral, tónico, adstrinxente, sedante nervioso, vulnerario.[2]

O aceite esencial é moi utilizado en cosmética e perfumaría.

O froito é narcótico.

Taxonomía

Jasminum officinale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 7. 1753.[3]

Etimoloxía

Jasminum: nome latino destas plantas. Podería derivar do persiano yasamin ou do árabe yasmin.[4]

officinale: epíteto latino que significa "utilizada coma herba medicinal".[5]

Sinonimia
  • Jasminum affine Royle ex Lindl.
  • Jasminum viminale Salisb.
  • Jasminum vulgatius Lam.[6][7]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xasmín.
  2. "En Plantas Ütiles". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2013.
  3. "Xasmín". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de decembro de 2012.
  4. Jasminum en Flora de Canarias
  5. En Epítetos Botánicos
  6. Xasmín en PlantList
  7. "Xasmín". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 3 de decembro de 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN.

National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?20668 (8 de abril de 2009)

Aceite esencial

Os aceites esenciais son mesturas de varias substancias químicas biosintetizadas polas plantas, que dan o aroma ou recendo característico a algunhas flores, árbores, froitos, herbas, especias, sementes e a certos extractos de orixe animal (almiscre, civeta, ámbar gris). Trátase de produtos químicos intensamente aromáticos, non graxos (polo que non se enresesan), volátiles por natureza (evapóranse axiña) e liviáns (pouco densos). Son insolubles en auga, levemente solubles en vinagre, e solubles en alcol, graxas, ceras e aceites vexetais. Oxídanse por exposición ao aire. Denomínanse "esenciais" porque levan a esencia da planta, pero non porque sexan esenciais para a vida (como un aminoácido ou un ácido graxo "esencial"). Aínda que se chamen "aceites", como son unha mestura de substancias, non son triglicéridos nin todos os seus compoñentes son lípidos. Extraéronse máis de 150 tipos, con cadanseu cheiro propio e virtudes curativas únicas. Proceden de plantas tan comúns como o perexil e tan exquisitas coma o xasmín. Para que dean o mellor de si, deben proceder de ingredientes naturais brutos e quedar o máis puro posible.

O termo esencias ou aceites esenciais aplícase ás substancias sintéticas semellantes preparadas a partir do alcatrán de carbón, e ás substancias semisintéticas preparadas a partir dos aceites naturais esenciais. O termo aceites esenciais puros emprégase para resaltar a diferenza entre os aceites naturais e os sintéticos.

Aceite vexetal

O aceite vexetal é un composto orgánico obtido a partir de sementes ou outras partes das plantas en cuxos tecidos acumúlase como fonte de enerxía.

Algúns non son aptos para consumo humano, como o de rícino ou o de algodón.

Como todas as graxas está constituído por glicerina e tres ácidos graxos.

Calendario republicano francés

O calendario republicano francés (en francés: Calendrier républicain) é un calendario proposto durante a Revolución francesa e adoptado pola Convención Nacional, que o empregou entre 1792 e 1806. O deseño intentaba adaptar o calendario ao sistema decimal e eliminar as referencias relixiosas; o ano comezaba o 22 de setembro, coincidindo co equinoccio de outono no Hemisferio Norte.O calendario republicano foi deseñado polo matemático Charles-Gilbert Romme, membro da Convención, coa axuda dos astrónomos Joseph Jerôme de Lalande, Jean-Baptiste Joseph Delambre e Pierre-Simon Laplace, aínda que se lle adoita atribuír notable participación ao actor e dramaturgo Fabre d'Églantine, quen lles deu os nomes aos meses e aos días.Naceu así por decreto da Convención Nacional Francesa do 5 de outubro de 1793, e o calendario foi adoptado pola Convención Nacional controlada polos xacobinos o 24 de outubro de 1793. Fixouse o seu inicio o 22 de setembro de 1792, coincidindo coa proclamación da República no Jeu de Paume. Dese xeito, o calendario comezou un ano antes de ser finalmente adoptado, o día do inicio da nova era de Francia, e o período de setembro de 1792 a setembro de 1793 foi denominado "Ano 1 da Revolución".

O calendario foi de aplicación civil en Francia e nas súas colonias americanas e africanas ata que Napoleón aboliu o seu uso oficial o 1 de xaneiro de 1806 (de feito este día correspondeu á media noite do 10 de nivoso do ano XIV, é dicir, o 31 de decembro de 1805, pouco máis de 12 anos despois de ser introducido) como un xeito oportuno de eliminar os signos de democracia republicana.

Napoleón autoproclamárase Emperador dos franceses en decembro de 1804 e creara a nova nobreza imperial durante o ano 1805, ambos os conceptos incompatibles coa natureza deste calendario, así como para reconciliarse cos católicos e co papado, dos que conseguiu unha certa tolerancia ao devolver as festividades civís e relixiosas da Igrexa católica co novo calendario, ademais de cuestións prácticas como as vantaxes de utilizar o calendario gregoriano que case todo o resto de Europa empregaba daquela.

Este calendario volveuse implantar brevemente tras o derrocamento de Napoleón en 1814, e foi usado tamén pola efémera Comuna de París de 1871.

Damasco

Damasco (en árabe: دمشق, tr. "Dimashq") é a capital de Siria e a segunda meirande cidade do país despois de Alepo. En Siria é coñecida comunmente como ash-Shām e é alcumada a Cidade de Xasmín (en árabe: مدينة الياسمين Madīnat al-Yāsmīn). É unha das cidades habitadas con continuidade máis antigas do mundo, alén do maior centro cultural e relixioso de Levante. Segundo estimacións de 2009, tiña unha poboación de 1 711 000 habitantes.

Localizada no suroeste de Siria, Damasco é o centro dunha grande área metropolitana de 2,6 millóns de persoas (2004). Xeograficamente situada ó pé da Cordilleiro do Antilíbano, está a 80 km da costa do mar Mediterráneo, nunha chaira 680 metros por enriba do nivel do mar. Damasco ten un clima semi-árido por mor do efecto de sombra orográfica. O río Barada flúe a través de Damasco.

Segundo o Novo Testamento, San Paulo tivo unha visión de Xesús no camiño a Damasco, polo cal a cidade considérase sacra tanto no cristianismo como no islam. Entre os seus atractivos turísticos sobresae a tumba de Saladino, o soado defensor da Terra Santa durante a época das cruzadas.

Dinastía Grimaldi

A dinastía Grimaldi é unha casa nobre orixinaria de Italia, foi fundada por Francisco Grimaldi, que tomou en 1099 o señorío de Mónaco xunto aos seus soldados vestidos de franciscanos. Naquel principado reinaron os seus sucesores até a actualidade, se exceptuamos varias descontinuidades. A última produciuse co matrimonio da princesa Carlota de Mónaco, nai de Rainiero III, con Pierre de Polignac. Os seus integrantes máis destacados na actualidade son:

Alberte II, Príncipe Soberano de Mónaco, fillo e sucesor do príncipe Rainiero III e de Gracia Patricia de Mónaco

Carolina de Mónaco, irmá maior de Alberto e Estefanía

Estefanía de Mónaco, irmá de Alberto e Carolina

Andrea Casiraghi, Carlota Casiraghi e Pierre Casiraghi, fillos de Carolina de Mónaco e de Stéfano CasiraghiÉ obxecto de polémica a orixe de Alexandre Coste e de Xasmín Grace Rotolo, fillos ilexítimos de Alberto II de Mónaco con senllas amantes, recoñecidos recentemente. No caso de que Alberte de Mónaco morra sen descendencia lexítima, os fillos de Carolina de Mónaco pasarían a ocupar os primeiros postos da liña sucesoria.

Dólar de Singapur

O dólar (en chinés: 元, támil: வெள்ளி, malaio: Ringgit, e inglés: dollar), é a moeda de curso legal de Singapur. Divídese en 100 centavos e o seu código ISO 4217 é SGD. Normalmente adóitase abreviar utilizando o símbolo do dólar e engadindo a letra S para diferencialo doutros dólares: S$.

Fucsia

Este artigo trata sobre a planta, para a cor véxase o artigo maxenta.

As fucsias son as distintas especies pertencentes ao xénero: Fuchsia. Son plantas de flor, da familia Onagraceae, dentro da orde Myrtales. Maiormente son arbustos, cunhas 100 a 110 especies das Américas e Oceanía. En Galiza son comúns en xardíns coma ornamentais. É a flor nacional da Illa de Man (Reino Unido).

O nome da cor fucsia deriva da cor das flores destas plantas.

Indol

Para a proba microbiolóxica ver proba do indol.O indol é un composto orgánico heterocíclico aromático. Ten unha estrutura bicíclica, constituída por un anel hexagonal de benceno fusionado cun anel pentagonal pirrol que contén nitróxeno. O indol está amplamente distribuído nos ambientes naturais, xa que poden producilo diversas bacterias. Como molécula de sinalización celular o indol regula varios aspectos a fisioloxía bacteriana, como a formación de esporas, estabilidade dos plásmidos, resistencia aos fármacos, formación de biopelículas, e a virulencia. Un importante derivado do indol é o aminoácido triptófano, o cal é o precursor do neurotransmisor serotonina.

Jasminum

Jasminum, os xasmíns é un xénero con arredor de 300 especies de arbustos gateadores. É oriundo das rexións tropicais e subtropicais de Europa e Asia, sendo amplamente cultivado. A maioría das especies medran como rubideiras sobre doutras plantas ou guiadas en estruturas.

En Galiza atopamos as especies principalmente na xardinaxe, sendo a máis frecuente o xasmín común, rubideira de flores moi recendentes. Con todo tense descrito a especie Jasminum fruticans espontánea nas provincias de Lugo e Ourense.

Lista de nomes femininos en galego

Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

María del Pilar Maspons i Labrós

María del Pilar Maspons i Labrós, nada en Barcelona o 4 de decembro de 1841 e finada o 31 de xaneiro de 1907, foi unha escritora da Renaixença catalá, que usou o pseudónimo de María de Bell-Iloc.

Metil xasmonato

O metil xasmonato (MeJA) é un composto orgánico volátil utilizado polas plantas para a súa defensa e en diversas vías do seu desenvolvemento como a xerminación de sementes, crecemento de raíces, floración, maduración de froitos, e senescencia. O metil xasmonato deriva do ácido xasmónico por medio dunha reacción catalizada polo encima S-adenosil-L-metionina:ácido xasmónico carboxil metiltransferase. O metil xasmonato ten un grupo metilo esterificado no grupo carboxilo do ácido xasmónico. O nome procede do xénero Jasminum (xasmín) planta da que se illaron os xasmonatos.

As plantas producen ácido xasmónico e metil xasmonato en resposta a moitos estreses bióticos e abióticos (en particular, o herbivorismo e as feridas), que se acumulan nas partes danadas da planta. O metil xasmonato pode utilizarse para enviar sinais nos sistemas de defensa da planta atacada ou pode espallarse por contacto físico ou a través do aire para producir unha reacción defensiva noutras plantas próximas aínda ilesas. As plantas que aínda non foron danadas absorben o metil xasmonato transportado polo aire a través dos seus estomas ou por difusión a través do citoplasma das células das follas. Por tanto, un ataque de herbívoros sobre unha planta causa que produzan metil xasmonato tanto para a defensa interna da propia planta coma para usalo como composto sinalizador que chegará a outras plantas.O metil xasmonato pode inducir á planta a producir moitos tipos de compostos químicos defensivos como as fotoalexinas (antimicrobianas), nicotina ou inhibidores das proteinases. O metil xasmonato activa os xenes dos inhibidores das proteinases (unha reacción defensiva típica das plantas) por mediación dunha vía de transdución de sinais mediada por receptor. Os inhibidores das proteinases interfiren cos procesos dixestivos dos insectos herbívoros e desaniman ao insecto a volver comer esa planta outra vez.O metil xasmonato utilizouse para estimular a produción dos condutos resiníferos por causas traumáticas nos piñeiros Pinus contorta. Isto pode utilizarse como defensa contra moitos insectos herbívoros a modo de vacina.

O metil xasmonato é tamén unha hormona vexetal implicada no enrolamento dos gabiáns, floración, maduración de froitos e desenvolvemento das sementes. Un incremento desta hormona afecta ao tempo de floración, morfoloxía das flores e ao número de flores abertas. O metil xasmonato induce a actividade encimática de formación de etileno, que aumenta a cantidade de etileno ata o nivel necesario para a maduración dos froitos.O aumento das cantidades de metil xasmonato nas raíces das plantas inhibe o seu crecemento. Suponse que os niveis incrementados de metil xasmonato activan xenes que previamente non se estaban expresando nas raíces, o que causa a inhibición do crecemento.O metil xasmonato induce a liberación de citocromo c nas mitocondrias de células cancerosas, o que orixina a súa morte, pero non dana ás células normais. Máis especificamente pode causar a morte celular en células de leucemia leucocítica crónica (CLL) de pacientes humanos que foron tratadas en cultivo celular con metil xasmonato. O tratamento de linfocitos de sangue normal illados non orixina a súa morte celular.

Parque A Canuda

O parque de Salvaterra de Miño, máis coñecido como o Parque A Canuda, atópase no límite sur da vila, xunto á ribeira do río Miño. Trátase dun grande espazo verde que conta con 200.000 m cadrados. Este espazo, debido á súa situación xeográfica (sueste de Galicia) vese favorecido por un suave e primaveral microclima.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Planta rubideira

Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc. ou se enrodelan arredor do soporte, chamándose logo plantas volúbeis. Certas rubideiras non necesitan dun apoio, e poden estenderse polo chan sen problema ningún. As plantas gateadoras poden chegar a secar outras plantas ou árbores, se non se poidan, pola competencia de luz solar. Porén non poden ser consideradas plantas parasitas, xa que só procuran un soporte para recibir máis luz; ou ben, para buscar o lugar perfecto para o seu desenvolvemento.

Un exemplo deste tipo de plantas, é a fabeira (Vicia faba) que debe o seu rápido crecemento ao feito de gabear por soportes ou outras plantas, e deste xeito evistar o desenvolvemento dun talo leñoso; Outro exemplo son as sandías (Citrullus lanatus) e mailas cabaceiras (Cucurbita spp) que son extensas gateadoras que adoitan estarricarse por chan, por mor do gran peso dos seus froitos.

As plantas rubideiras acostuman medrar axiña, e algunhas desenvolven talos leñosos despois de se enrolar, como a videira (Vitis vinifera) ou a glicinia (Wisteria sinensis). Pola contra, a meirande parte das gatuñantes son herbáceas.

Silvia Gaspar

Silvia Gaspar Porras, nada en Montevideo o 26 de setembro de 1960, é unha filóloga e tradutora galega.

Tawakkul Karman

Tawakkul Abdel-Salam Karman (en árabe: توكل عبد السلام خالد كرمان Tawakkul 'Abd us-Salām Khalid Karmān; tamén transliterado como Tawakul, Tawakel), nada en Shara'b As Salam (Iemen) o 7 de febreiro de 1979,) é unha xornalista, política e activita polos dereitos humanos iemení. Lidera o grupo "Mulleres xornalistas sen cadeas", que cofundou en 2005. Converteuse na face pública internacional do levantamento do Iemen de 2011, que foi parte da primavera árabe. En 2011, foi chamada "muller de ferro" e "nai da revolución" por algúsn iemenís. En 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz, sendo a primeira iemení, a primeira muller árabe, e a segunda muller musulmá que o gañou, ademais da segunda Nobel da Paz máis nova ata o momento.Karman gañou protagonismo no seu país despois de 2005 pola súa participación como xornalista e defensora dun novo servizo telefónico de noticias ao que se lle denegou a licenza en 2007, tralo que liderou protestas pola liberdade de prensa. Organizou protestas semanais a partir de maio de 2007 aumentando os asuntos para reformar. Redirixiu as protestas iemenís para apoiar a "revolución de xasmín", como chamaba a primavera árabe, logo de que o pobo tunisiano derrocase o goberno de Zine El Abidine Ben Ali en xaneiro de 2011. Foi unha das voceiras da oposición que reclamou o fin do réxime do presidente Ali Abdullah Saleh.Un cable saudí de WikiLeaks revelou que mentres denunciaba publicamente a Arabia Saudí, estaba organizando reunións secretas cos saudís para requirir o seu apoio. Karman prodigou eloxios aos saudís por forzar un acordo de transición que moitos reformistas viron como unha profunda traizón á revolución. Ela acusou a Abd Rabbuh Mansur Hadi de apoiar os houthis e a Al Qaida.

Xasmonato

Os xasmonatos e os seus derivados son compostos de sinalización hormonais derivados de lípidos que regulan unha gran cantidade de procesos nas plantas, que van desde o crecemento e a fotosíntese ao desenvolvemento reprodutivo. Son fundamentais para a defensa da planta contra o herbivorismo e nas respostas da planta ás malas condicións ambientais e outro tipo de problemas bióticos e abióticos. Algúns xasmonatos poden liberarse como compostos orgánicos volátiles, que se desprazan polo aire e permiten a comunicación entre plantas, anticipándose a mutuos perigos.O illamento do metil xasmonato a partir da esencia de xasmín derivada da especie Jasminum grandiflorum levou ao descubrimento da estrutura molecular dos xasmonatos e deulles o seu nome.

Ácido xasmónico

O ácido xasmónico é un derivado do ácido graxo ácido α-linolénico, que pertence á clase de hormonas de plantas chamadas xasmonatos. Biosintetízase a partir do ácido linolénico pola vía octadecanoide. O seu nome deriva da planta da especie Jasminum grandiflorum (un xasmín) da cal se illaron os xasmonatos.A principal función do ácido xasmónico e os seus varios metabolitos é regular as respostas da planta aos estreses bióticos e abióticos e o crecemento e desenvolvemento da planta. Os procesos de crecemento e desenvolvemento da planta regulados inclúen a inhibición do crecemento, senescencia, enroscamento dos gabiáns, desenvolvemento das flores e abscisión (caída) das follas. O ácido xasmónico é tamén responsable da formación de tubérculos e bulbos na planta da pataca, iñame e cebolas. Ten un importante papel na resposta ás feridas das plantas e na resistencia adquirida sistémica. Cando as plantas son atacadas por insectos, responden liberando ácido xasmónico, que activa a expresión de inhibidores da protease, entre outros moitos compostos defensivos antiherbívoros. Estes inhibidores de proteases impiden a actividade proteolítica das proteases dixestivas dos insectos ou as súas "proteínas salivares".O ácido xasmónico tamén se converte nunha variedade de derivados incluíndo ésteres como o metil xasmonato, e pode tamén conxugarse con aminoácidos.

Este composto pode ter un papel no control de pragas, e empezou a utilizarse en forma de spray para aplicalo ás sementes antes da súa plantación, xa que isto estimula as defensas naturais contra as pragas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.