Xaquín Marín

Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.

Xaquín Marín
AlcumeXaquín Marín
Nacemento10 de outubro de 1943
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónilustrador de banda desenhada, debuxante de banda deseñada e debuxante
PremiosPremio Paleta Agromán, Premio Paleta Agromán, Premio Galicia de Periodismo, Premio Galicia de Periodismo e Premio Galicia de Periodismo

Traxectoria

Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais como La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Gábrovo e conta con dúas Paletas de Agromán no seu haber. Dirixiu o Museo do Humor de Fene. No 2013 foi distinguido co premio Bo e Xeneroso da AELG.

Obra publicada

Banda deseñada e humor gráfico

Ensaio

Literatura infanto-xuvenil

  • Dragón rock, 1999, Casals.
  • Malfeito bufón, 2003, Casals.
  • Tartaruga, 2007, Baía.
  • O traxe novo do emperador, 2007, Embora.

Obras colectivas

Galardóns

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Nosa Terra (1977)

A Nosa Terra é un xornal que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo, Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.

Can sen dono

Can sen dono foi unha revista de humor gráfico en galego, editada en Vigo e fundada por Pepe Carreiro. A publicación constou de 23 números editados entre os anos 1983 e 1991. Xunto a outras publicacións semellantes como Xo! -máis satírica e tendenciosa- (desde 1993 a 2000) ou Sapoconcho -cunha perspectiva máis universal- (de 1994 até 2000) continuaron o labor humorístico dos seus antecesores, os chamados Primeira xeración de ouro do humor galego e onde atopamos figuras tan relevantes como Maside ou Castelao. Así a segunda xeración vai comprender dende o 1982 até o 2000. Durante o Franquismo partiuse desa época dourada, e a pesar da censura chegaron a publicar debuxos humoristas recoñecidos como o propio Carreiro.

Don Saturio

Don Saturio é unha colección editorial de traducións de obras teatrais realizadas por Francisco Pillado Mayor, así como unha revista monográfica sobre o teatro na que Pillado participou tamén como coordinador. Toma o seu nome dun personaxe da obra teatral de Castelao Os vellos non deben de namorarse.

Localízase nos anos 80 durante a recuperación do teatro en galego. Responde á intención dun grupo de autores de potenciar e normalizar o teatro en Galiza, tanto de obras na nosa lingua como de diferentes compañías, representacións e difusión.

Edicións Embora

Edicións Embora é unha empresa editorial fundada en Ferrol, en 1993, por Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Tovar Porta.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Félix Caballero

Félix Caballero Wangüemert, nado en Logroño en 1967, é un xornalista español.

Golfiño (banda deseñada)

Golfiño (1999-2004) foi unha revista orientada ao público infantil e xuvenil e dedicada á banda deseñada en galego.

Gonzalo Vilas

Gonzalo Vilas, nado en Prevediños (Touro) en 1964, é un crítico de cine, ilustrador e humorista gráfico galego.

O Ensino

O Ensino foi unha revista de pedagoxía e lingüística editada en Ourense entre 1980 e 1986. Tivo un ámbito galego, unha periodicidade irregular e publicáronse en total 29 números.

Estaba editada por Promocións Culturais Galegas e promovida pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Estaba escrita integramente en galego e contou con bloques temáticos dedicados á lingua, pedagoxía, didáctica, sociolingüística, literatura e historia, que respondían ás posicións do profesorado de esquerdas, próximo ó nacionalismo.

Entre os colaboradores habituais cómpre destacar a Valentín Paz Andrade, Francisco Rodríguez, Manuel María, Pepe Barro ou Xaquín Marín.

A partir de 1984 continuou publicándose baixo a dirección da Associaçom Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa, fracción escindida da AS-PG, e ampliou a difusión a Portugal e Brasil.

Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.

Reimundo Patiño

Reimundo Patiño Mancebo, nado na Coruña en 1936 e finado o 21 de agosto de 1985, foi un pintor e debuxante de banda deseñada galego.

Retranca (revista)

Retranca foi unha publicación humorística mensual galega, publicada desde novembro de 2007 ata o ano 2012, cando a empresa editora quebrou a causa da entrada en concurso de acredores da empresa distribuidora das súas revistas . Estaba dirixida polo deseñador Kiko da Silva.

Siro

Siro López Lorenzo, máis coñecido como Siro, simplemente , é un recoñecido humorista gráfico, caricaturista e ensaísta nado en Ferrol o 19 de xaneiro de 1943.

Teima

Teima, subtitulada Revista galega de información xeral, foi unha revista semanal galega que se publicou entre 1976 e 1977.

Xesús Campos Álvarez

Xesús Campos Álvarez, coñecido como Chichi Campos, nado en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife) o 31 de decembro de 1952 e finado en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 1991, foi un humorista gráfico e xornalista galego. Foi un dos publicistas con maior talento e vea crítica da década dos setenta e oitenta do século XX.

Xosé Lois González Vázquez

Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Xosé Tomás

Xosé Tomás Díaz Teijo, coñecido como Xosé Tomás, nado en Betanzos o 26 de outubro de 1971, é un ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor galego.

Ánxel Fole

Ánxel Fole, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.