Xaime Quintanilla Martínez

Xaime Quintanilla Martínez, nado na Coruña o 13 de xuño de 1898 e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un médico cirurxián, político socialista, xornalista, dramaturgo e escritor galego. Foi o pai do tamén alcalde de Ferrol Xaime Quintanilla Ulla.

Xaime Quintanilla Martínez
Xaime Quintanilla Martínez
Nacemento13 de xuño de 1898
 A Coruña
Falecemento18 de agosto de 1936
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
FillosXaime Quintanilla Ulla

Traxectoria

Estudou Medicina en Santiago de Compostela. En 1917 creou en Ferrol unha clínica de cirurxía e fíxose famoso fundamentalmente pola súa calidade humana para cos máis humildes. A súa actividade política céntrase principalmente na defensa do galeguismo e socialismo, participando na I Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas políticas.

Canto á súa actividade cultural, participou en varios xornais como Ferrol Deportivo, Diario de Vigo ou El Correo Gallego, do que chegou a ser director e redactor xefe. Tamén dirixiu a Editorial Céltiga. Publicou obras como Saudade (1922), a comedia dramática Alén (El Correo Gallego, 1921)[1], o drama Donosiña, drama en tres actos e un prólogo, en prosa[2] e o traballo O nazonalismo musical galego.

Foi o primeiro alcalde republicano de Ferrol (1931), á fronte dunha corporación municipal composta polo Partido Socialista Obrero Español (o partido máis votado, cuxa lista dirixía Quintanilla, e o Partido Republicano Radical). Xaime Quintanilla seguiu sendo o alcalde ferrolán ata setembro de 1934, cando foi destituído polo goberno[3], acusado de tomar parte nos sucesos que tiveron lugar na cidade no marco da Folga xeral revolucionaria de 1934. Foi, por outra banda, presidente da Federación de Colectividades Socialistas da provincia da Coruña. En febreiro de 1936, trala vitoria da Fronte Popular, foi restituído como alcalde aínda que presentou a renuncia aos poucos días[4] debido ás súas ocupacións profesionais, sendo elixido alcalde o seu compañeiro Antonio Santamaría López.

Donosiña 1919 Xaime Quintanilla Martínez.pdf
Manuscrito de Donosiña, de 1919.

Formou parte tamén da xestora da Deputación da Coruña, presidida por José López Bouza, de Izquierda Republicana e tomou parte na campaña para o referendo de aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi apresado dúas veces na súa casa, sendo liberado a primeira delas. A segunda, foi detido sine die, primeiro en Mariña e logo no buque prisión ''Plus Ultra'' (correo de Transmediterránea). Foi fusilado o 18 de agosto a mans dos sublevados nas tapias do cemiterio de Canido, xunto con outras catorce persoas, e alí foi enterrado co resto de axustizados, unha placa lembra o nome de todos eles.

Distincións

Foi condecorado en 1934 coa Lexión de Honra do Goberno francés e ten dedicadas rúas nos concellos de Ferrol e Culleredo.

Galería de imaxes

Casa Pereira, r/ Dolores, Ferrol, de Rodolfo Ucha. No 1º andar viviu Quintanilla.
Casa Pereira, r/ Dolores, Ferrol, de Rodolfo Ucha. No 1º andar viviu Quintanilla. 
Colaboradores de La Zarpa.
Colaboradores de La Zarpa
Colaboradores de Terra.
Colaboradores de Terra
Na súa época de alcalde.
Na súa época de alcalde. 
En memoria.
En memoria. 

Notas

  1. "Alén". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-15.
  2. Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega UDC.
  3. El Correo Gallego, 23-9-1934, p. 1.
  4. El Compostelano, 27-2-1936, p. 2

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
José Lloveres Martínez
 Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
 
1931 - 1934
Sucesor:
Segundo Cotovad Díaz
Predecesor:
Segundo Cotovad Díaz
 Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
 
1936
Sucesor:
Antonio Santamaría López
13 de xuño

O 13 de xuño é o 164º día do ano do calendario gregoriano e o 165º nos anos bisestos. Quedan 201 días para finalizar o ano.

18 de agosto

O 18 de agosto é o 230º día do ano do calendario gregoriano e o 231º nos anos bisestos. Quedan 135 días para finalizar o ano.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Alfonso Piñón

Alfonso Piñón Teijido, nado en Ferrol, foi un comerciante e xornalista galego.

Ana Romero Masiá

Ana María Romero Masiá, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1952, é unha historiadora e profesora galega.

Antonio Santamaría López

Antonio Santamaría López, nado en Castro Urdiales o 27 de marzo de 1885 e finado en Nova York o 27 de decembro de 1949, foi un sindicalista e político español.

Carlos Pereira Martínez

Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.

Editorial Céltiga

Céltiga foi unha editorial creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á relativamente ampla produción poética. Pechou durante a ditadura de Primo de Rivera en 1923.

Historia da literatura galega contemporánea

Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963. En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:

Foi reeditada en 1981 e 2001 .

IES Canido

O Instituto de Ensinanza Secundaria Canido é un centro educativo de Ferrol, pertencente á rede de institutos públicos da Xunta de Galicia no que se imparte Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Está situado na rúa Navegantes, no barrio de Canido, parte alta ó noroeste da cidade de Ferrol, dentro do casco urbano e lindante coas antigas murallas. Dende a súa localización pódese ver a enseada da Malata (ría de Ferrol), Feira de Mostras e as instalacións deportivas municipais (Estadio de fútbol, campos de fútbol anexos, canchas de tenis, polideportivo cuberto, piscina cuberta, estadio de atletismo) e máis lonxe as parroquias de Serantes, Xoane, A Cabana e A Graña.

José Lloveres Martínez

José Lloveres Martínez, finado Ferrol en decembro de 1945, foi un médico e político galego.

La República (1911)

La República foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1911.

La Zarpa

La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Ramón Cabanillas, Manuel Lustres Rivas, Ramón Fernández Mato, Xaime Quintanilla Martínez, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Villar Ponte e Antonio Rey Soto.

Manuel Morgado

Manuel Morgado González del Valle, nado en Ferrol o 16 de decembro de 1892 e finado na mesma cidade o 14 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

Ramiro Isla Couto

Ramiro Isla Couto, nado en Arnois (A Estrada) o 8 de marzo de 1896 e falecido en Vigo o 5 de decembro de 1987, foi un empresario e dinamizador cultural da emigración galega.

Segundo Cotovad Díaz

Segundo Cotovad Díaz foi un comerciante e político galego.

Xaime Quintanilla

O nome de Xaime Quintanilla pode referirse a:

Xaime Quintanilla Martínez, político galego (1898 - 1936).

Xaime Quintanilla Ulla, político galego (1919 - 2002), fillo do anterior.

Xaime Quintanilla Ulla

Xaime Quintanilla Ulla, nado en Ferrol o 9 de setembro de 1919 e finado na mesma cidade o 28 de outubro de 2002, foi un médico e político galego do PSdeG-PSOE.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.