Xaime Quessada

Xaime Quesada Porto, coñecido artisticamente como Xaime Quessada, nado en Ourense o 14 de xullo de 1937 e falecido en Vilar de Astrés o 30 de decembro de 2007[1], foi un pintor, escultor e escritor galego. É irmán do debuxante Fernando Quesada.

Xaime Quessada
Nacemento1937
 Ourense
Falecemento30 de decembro de 2007
 Vilar de Astrés
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Artes e Oficios de Ourense e Real Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónpintor, escultor e escritor
FillosXaime Quesada Blanco
IrmánsFernando Quesada e Antonio Quesada
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria artística

A Fada e o Dragón, Xaime Quessada, Vigo
A fada e o dragón, 2006, no Paseo de Alfonso XII de Vigo.

Formouse na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. Nos anos cincuenta frecuenta o grupo de artistas ourensáns nucleados ao redor do Café Volter, denominado Os Artistiñas por Vicente Risco (formado por Arturo Baltar, Xavier Pousa, Virxilio, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano e Buciños). Obtén a medalla de ouro na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1959. Trasládase a vivir a París en 1962, e posteriormente móvese a Estados Unidos, onde traballa na década dos oitenta para a Unesco como artista nun proxecto sobre o Quixote.

Nas súas obras destacan as referencias mitolóxicas, as figuras naturalistas moi coridas, e os corpos esvaídos. Son constantes os motivos e cadros inspirados en Goya (como a súa serie negra) e máis en Picasso, con numerosas versións do Guernica e do minotauro.

Exposicións e obras

Os seus murais e lenzos de gran tamaño están presentes en moitas pinacotecas europeas, como o Museo Nacional de Arte Moderna de México, o Museo do Pobo Galego, ou o Museo da Habana. Tamén ten obras como os teitos do Teatro Principal de Ourense, no Parlamento de Galicia e diversas esculturas públicas na cidade de Ourense.

Tamén realizou escenografías e vestiarios para montaxes teatrais, así como diversas ilustracións para libros.

Ourense, Xaime Quessada
En Ourense.

Obra literaria en castelán

Narrativa

Obra escrita en galego

Conversas

Datos persoais

O seu fillo, Xaime Quesada Blanco, tamén foi pintor. Xaime Quessada foi soterrado no camposanto de Señorín.

Foi un coñecido militante da UPG e posteriormente do Partido Comunista de Galicia en Ourense.

Premios

Notas

  1. Morre ós setenta anos o creador Xaime Quessada, Galicia Hoxe

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

14 de xullo

O 14 de xullo é o 195º día do ano do calendario gregoriano e o 196º nos anos bisestos. Quedan 170 días para finalizar o ano.

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

30 de decembro

O 30 de decembro é o 364º día do ano do calendario gregoriano e o 365º nos anos bisestos. Queda 1 día para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Castelo de Vilamarín

O castelo de Vilamarín, tamén coñecido como Pazo de Vilamarín, é un pazo que conserva moito da súa función como fortificación medieval, e que na actualidade funciona como sala de exposicións albergando ao mesmo tempo unha exposición permanente da obra de Xaime Quessada. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1977.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Quesada

O topónimo e apelido Quesada pode referirse a:

Quesada, concello andaluz.

Gonzalo Jiménez de Quesada (Granada 1509 - Colombia 1579), conquistador.

Carlos Quesada Porto (Ourense 1931 - 2017), pintor, gravador, debuxante, caricaturista e ilustrador.

Antonio Quesada Porto (Ourense 1932 - Vigo 2015), pintor.

Fernando Quesada Porto (Ourense 1933 - Vigo 2016), viñetista e pintor.

Heriberto Quesada Porto (Ourense 1935), xornalista e empresario.

Xaime Quesada Porto, artisticamente Xaime Quessada, con dous "s" (Ourense 1937 - Ourense 2007), artista plástico e escritor.

Fernando Quesada Castro, catedrático de Filosofía Política da UNED.

María Fe Quesada Rodríguez (Zamora 1957), ilustradora, filla de Antonio.

Marieta Quesada Legido (Vigo 1962), pintora, filla de Fernando Quesada Porto.

Fernando Quesada Sanz (1962), catedrático de Arqueoloxía da UAM.

Xaime Quesada Blanco (Ourense 1975 - 2006), artista plástico, fillo de Xaime.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xaime Quesada Blanco

Xaime Quesada Blanco, nado o 20 de decembro de 1975 en Ourense e finado o 21 de xuño de 2006 en Vilar de Astrés, Ourense, fillo do tamén pintor Xaime Quessada e da arquitecta María Xesús Blanco, foi un dos grandes representantes da plástica galega de principios do século XXI, malia a súa curta vida.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.