Xaén

Xaén[1][2] (en castelán: Jaén) é a capital da provincia de Xaén, situada ao sur de España e no nordeste da Comunidade Autónoma de Andalucía. Ten unha poboación de 116.540 habitantes (2005, fonte INE), o que supón aproximadamente unha sexta parte da poboación de toda a provincia. Baixo o lema de Capital Mundial do Aceite de Oliva, a actividade económica da cidade, con todo, está baseada no sector servizos, a administración, a industria agrícola, a construción e un incipiente turismo cultural.

Xaén
Jaén
Bandera Jaén
Escudo de la ciudad de Jaén
Localización
Xaén en España

Xaén
Xaén
Xaén en Provincia de Xaén

Xaén
Xaén
PaísEspaña
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaXaén
ComarcaXaén
Xeografía
Altitude573 msnm
Superficie424,30 km²
Demografía
Poboación120.021 hab. (INE 2009)
Densidade282,87 hab./km²
Xentilicioxienense[1]
Outros datos
Código postal23001 - 23009
AlcaldeJosé Enrique Fernández de Moya (PP)
www.aytojaen.es

Historia

As orixes de Xaén remóntanse á etapa calcolítica, destacando o filón de Marroquís Baixos, unha macroaldea organizada en círculos concéntricos, cun sistema de valados e foxos de auga en cada un dos círculos, e unha superficie que oscila entre as 30 hectáreas seguras e as 100 probables.

Durante a etapa protohistórica destaca o oppidum ibérico de Puente Tablas, desmantelado polos romanos debido ao seu apoio a Cartago durante a segunda guerra púnica. Outro núcleo ibérico estableceuse na aba do Cerro de Santa Catalina, dando lugar máis adiante ao núcleo romano de Aurgi.

Trala etapa romana e visigoda, Aurgi pasou a ser sometida durante a invasión árabe, durante a cal recibiu o nome de Yayyan, "cruzamento de caravanas". A vitoria dos cristiáns na batalla das Navas de Tolosa (1212) supuxo a apertura do val do Guadalquivir para os exércitos cristiáns. Desta forma, a cidade foi reconquistada polo Reino de Castela baixo o reinado de Fernando III o Santo, no ano 1246, co nome de Iahen, que daría lugar ao topónimo actual.

Cultura

Dentro do patrimonio histórico da cidade sobresaen a Catedral de Xaén , baixo a advocación da nosa Señora da Asunción, (onde se conserva o Santo Rostro), o Castelo de Santa Catalina, o Pazo de Villardompardo cos Baños Árabes e o Museo Internacional de Arte Naïf, a Capela de San Andrés ou o Museo Provincial de Xaén, cunha importante colección de restos arqueolóxicos iberos, como os importantes conxuntos escultóricos procedentes de Cerrillo Branco (Porcuna) ou do santuario heroico de El Pajarillo (Huelma). Na zona de expansión Norte da cidade sitúase o amentado asentamento calcolítico de Marroquís Baixos.

Dentro do mesmo municipio e a escasos minutos da capital, merece igual mención o conxunto arqueolóxico de Otíñar en plena Serra de Xaén, no cal destacan unha vintena de abrigos con pinturas rupestres, un dolmen e muralla da Idade de Bronce, unha fortaleza medieval e unha aldea do século XIX hoxe abandonada, a de Santa Cristina.

Festas

Portal San Lucas 2005
Entrada ao recinto de A Vestida na Feira de San Lucas.

En outubro celébrase a Feira de San Lucas, cuxo día grande é o 18 de outubro. Esta feira adoita ter unha grande actividade, sendo costume as corridas taurinas, concertos de artistas de fama nacional, así como acudir ao recinto de A Vestida para montar nas atraccións ou bailar nas casetas. Ao ser unha das últimas feiras do ano en España, a afluencia de xente doutros municipios e das provincias limítrofes é bastante notable, malia ter fama de ser unha feira que atrae ás primeiras choivas do outono.

O 25 de novembro celébrase o día de Santa Catalina, patroa da cidade xunto a San Eufrasio, cunha romaría ás abas do castelo.

A véspera do 17 de xaneiro celébranse fogueiras en honor a San Antón, nas cales á parte para comer e bailar, cántanse melenchóns. Esa mesma noite celébrase a Carreira Urbana de San Antón, de fama internacional, na cal os corredores participan animados por tódolos xienenses, que portan fachos, especialmente no tramo final, á súa chegada á Avenida de Andalucía.

A Semana Santa de Xaén é unha das máis atractivas de Andalucía, con procesións tan recoñecidas como a de O noso Pai Xesús Nazareno, máis coñecida como A noite do Avó.

Durante o mes de maio, e con carácter bianual, na institución feiral, celébrase Expoliva, a Feira Internacional do Aceite de Oliva e Industrias Afines, referente a nivel mundial.

No mes de xuño teñen lugar as festas en honor á Virxe da Capela, co-patroa da cidade. Amais de concertos e festexos taurinos, un grande atractivo destas festas é a celebración do concurso nacional Lagarto Rock.

Lendas

Xaén é unha cidade referida en gran número de lendas. Sen ningunha dúbida, a máis coñecida é a lenda do Lagarto da Madalena (máis coñecido fóra da provincia como o lagarto de Xaén), un animal que atemorizaba aos pastores a finais do século XV comendo as súas ovellas.

Sobre o Castelo de Santa Catalina tamén versan varias lendas, a maioría relacionadas con pantasmas. Quizabes a máis coñecida delas sexa a da amante do Condestable Iranzo, en cuxa habitación seguen escoitando ruídos e queixumes, e que se di que se interpón cando alguén intenta retratar ao seu amado.

A catedral tamén posúe varias lendas. Unha das máis famosas fala dun neno duns seis ou sete anos, con roupa de fai medio século, que aparece brincando nos instantes previos á pechadura do templo. Personaxes notables como o ex-bispo de Xaén, Santiago García Aracil, afirman ter visto este neno.

Con respecto á Virxe da Capela e a Igrexa de Santo Ildefonso tamén existen lendas, algunhas relacionadas coa anterior do lagarto, cuxa pel supostamente foi exposta en dita igrexa.

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xienense.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 100. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Granada

O Aeroporto de Granada, oficialmente chamado Federico García Lorca Granada-Xaén, é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de Chauchina e Santa Fe, a 17 km ao oeste de Granada e 106 km ao sur de Xaén. En xuño de 2006, o aeroporto cambiou o seu nome de Aeroporto de Granada a Aeroporto Federico García Lorca de Granada-Xaén, aínda que a súa localización segue sendo a mesma.

Ofrece numerosos destinos tanto de dentro como de fóra do país. Desde Granada pódese voar xa a París-Orly e Roma-Fiumicino. En canto a España refírese, Granada conecta con Madrid, Barcelona, Palma, Melilla, Tenerife ou Gran Canaria.

Tras seis anos de crecemento sostido, no ano 2007 o aeroporto chegou alcanzou un récord no total de pasaxeiros, un total de 1 467 590, xerándose un importante crecemento con respecto aos 1 086 236 de 2006. Por contra, esa tendencia non se mantivo tanto en 2008 como en 2009 (onde xa houbo unha importante baixada respecto ao ano anterior). En 2010, ademais, debido á crise económica e sobre todo ao abandono da compañía Ryanair de varias liñas mantívose a baixada.

Afonso XI de Castela

Afonso XI de Borgoña, o Xusticeiro, nado en Salamanca o 13 de agosto de 1311 e finado en Xibraltar o 26 de marzo de 1350, foi rei de Castela, Galicia, León e Toledo entre outros reinos, ademais de ser bisneto de Afonso X o Sabio.

Ó morrer, era Rei de Castela, León, Toledo, Galicia, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras, e Señor de Molina.

Alcalá la Real

Alcalá la Real é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Xaén, Andalucía. Está situado a 71 quilómetros de Xaén e a 53 km da cidade de Granada. A súa poboación é de 22.783 habitantes, segundo os datos do INE para o ano 2009. É cabeceira da comarca da Sierra Sur e sitúase no extremo suroeste da provincia, limitando coas provincias de Granada e Córdoba; e cunha superficie de 262,9 quilómetros cadrados.

Almedinilla

Almedinilla é un municipio andaluz situado no extremo oriental da comarca da Subbética Cordobesa na provincia de Córdoba. Limita cos municipios de Priego de Córdoba, na súa provincia; con Alcalá la Real, en Xaén; e con Montefrío, en Granada. O seu termo municipal é o máis oriental de toda Córdoba.

No ano 2007 tiña 2.510 habitantes. A súa extensión superficial é de 56 km² e tiña unha densidade de 44,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 26' N, 4º 05' O. Atópase a unha altitude sobre o nivel do mar de 622 metros e a 114 quilómetros da capital de provincia, Córdoba, estando máis próximo a Xaén ou Granada que á propia Córdoba.

Coñecido pola calidade do seu aceite de oliva, e polo extenso e rico patrimonio arqueolóxico que atesoura, no que destaca a vila romana de El Ruedo e o poboado ibérico sobre o Cerro de La Cruz.

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

Andújar

Andújar é unha cidade e un concello da provincia de Xaén, en Andalucía (España). Cabeza da comarca da Campiña de Xaén. A poboación do municipio en 2016 era de 37.975 habitantes, sobre un extenso municipio de 957 km², o maior da provincia.

Baena

Baena é un concello andaluz situado na provincia de Córdoba. O municipio atópase na comarca da Campiña de Baena e é cabeza do partido xudicial homónimo e ao cal se acollen os municipios de Luque, Valenzuela, a pedanía de Albendín e sete casaríos menores.

Situada a 62 km da capital pola estrada N-432, a 100 km de Granada e a 67 km de Xaén.

O río Guadajoz atravesa o concello case transversalmente de suroeste a oeste e o seu afluente, o Marbella, baña o propio núcleo urbano, sendo un río practicamente seco.

Destacan algúns vértices como torre Morana (688 m), Almoguera (758 m) ou Serrezuela (799 m).

Baeza

Baeza é unha vila andaluza pertencente á provincia de Xaén. En 2008 tiña 16 197 habitantes. É coñecida polo seu legado monumental, sendo declarada, xunto a Úbeda, cidade Patrimonio da humanidade pola Unesco e ser unha das tres sedes da Universidade Internacional de Andalucía.

Bailén

Bailén é un concello español pertencente á provincia de Xaén, en Andalucía. Está situado na bisbarra de Serra Morena e tiña unha poboación de 18 243 habitantes en 2015.

Fernando IV de León e Castela

Fernando IV de Borgoña, o Emprazado, nado en Alcázar de San Juan[Cómpre referencia] en 1285 e finado en Xaén en 1312, foi rei de Castela e de León desde 1295 ata a súa morte. Era fillo de Sancho IV o Bravo e de María de Molina, neto de Afonso X o Sabio.

Ó final do seu reinado ostentaba os títulos de Rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén e o Algarve.

Casado con Constanza de Portugal, filla de Dionisio I, coa que tivo dous fillos:

Leonor (¿? - ¿?), que casou con Afonso IV de Aragón;

Constanza (1308 - 1310);

Afonso o Xusticeiro (1311 - 1350), que sería o seu sucesor co nome de Afonso XI.

Linares, España

Linares é unha localidade e municipio situada na provincia de Xaén (Andalucía). Segundo o INE, en 2008 tiña 61.340 habitantes.

Localízase nas estribaciones de Serra Morena e ten unha situación privilexiada por ser encrucillada de camiños e pola súa riqueza agrícola, pecuaria e mineira.

Actualmente Linares é unha cidade moderna, vangardista e ben comunicada en pleno proceso de crecemento que se caracterizou por ser un dos municipios máis importantes de Andalucía debido á súa pioneira e florecente industria. Cos seus 61.340 habitantes é a segunda cidade máis poboada da provincia logo de Xaén capital.

Pedro I de Castela

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.

Provincia de Albacete

A provincia de Albacete é unha das cinco nas que se divide a comunidade autónoma de Castela A Mancha. Limita ó norte con Cuenca, ó leste coa Comunidade Valenciana, ó sur con Murcia e Granada e ó oeste con Cidade Real e Xaén.

A provincia ten unha poboación de 384.640 habitantes (2005). A súa capital é Albacete e as localidades máis importantes ademais da capital son Hellín, Villarrobledo, Almansa e La Roda.

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Provincia de Xaén

A provincia de Xaén (en castelán: Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Xaén.

A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andújar, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

Real Jaén Club de Fútbol

O Real Jaén Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Xaén, España. Actualmente milita no grupo 9 da Terceira División. Con 71 puntos, cultivados en tres tempadas, o Real Xaén ocupa a 49ª posición na Clasificación histórica de Primeira División.

Reino de Granada

O Reino de Granada, foi un estado islámico da Idade Media situado no sur da Península Ibérica, con capital na cidade de Granada. Foi fundado en 1238 polo nazarí Muhammad ibn Nasr (Alhamar), o seu derradeiro rei foi Muhammad XII, máis coñecido coma Boabdil o Chico, derrocado polos Reis Católicos o 2 de xaneiro de 1492 tras a toma da cidade de Granada, que puxo fin á Guerra de Granada. Tras isto, o reino foi incorporado á Coroa de Castela baixo o nome de Reino Cristián de Granada. O reino nazarí de Granada foi o último estado de al-Ándalus.

Reino de Xaén

O reino de Xaén foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Coñecido como o "Santo Reino", comprendeu un territorio que coincide aproximadamente coa actual provincia de Xaén e foi un do catro reinos de Andalucía.

Tras a reconquista do territorio, a primeira idea da monarquía foi crear un reino ao redor de Baeza, o que dese continuidade á Taifa de Baeza e servise para restaurar a desaparecida diocese de Cástulo-Baeza. Con todo, finalmente elixiuse Xaén, que anteriormente fora capital da Taifa de Xaén. Os principais concellos do reino de Xaén foron Andújar, Úbeda, Baeza, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

Desde o punto de vista xurisdicional o territorio do reino de Xaén era tanto de reguengo como señorial, existindo nel señoríos tanto laicos como eclesiásticos. Entre os primeiros atopábanse os territorios da Casa de Santisteban del Puerto, a Casa de Alburquerque, a Casa dos Cobos e da Casa de Arcos. Entre os segundos estaban o Adiantamento de Cazorla e a Encomenda de Martos, propiedade do Bispado de Toledo e da Orde de Calatrava respectivamente, así como Albanchez, da Orde de Santiago.

O Reino de Xaén posuía dous enclaves territoriais situados no Reino de Córdoba, que eran Bélmez e Villafranca de Córdoba. Pola contra, o Reino de Granada tiña un enclave no Reino de Xaén, formado por Bélmez de la Moraleda e Solera.

No século XVIII en territorios do reino de Xaén fundáronse algunhas das Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena.

O Real Decreto de 30 de novembro de 1833 creou a provincia de Xaén, que se formou unindo as localidades do reino homónimo, algunhas localidades do reino de Murcia, e dúas poboacións que até entón pertencían á Mancha: Beas de Segura e Chiclana de Segura. Os lugares do reino de Murcia que se incorporaron a Xaén foron Benatae, Génave, Orcera, Santiago de la Espada, Segura de la Sierra (cos agregados da Porta e de Bujaraiza), Siles, Torres e Villarrodrigo. Así mesmo a nova provincia incorporou os dous enclaves do reino de Granada que existían no reino de Xaén: Bélmez de la Moraleda e Solera, que era un municipio independente (hoxe integrado no de Huelma). Actualmente a provincia ten os seguintes municipios.

Úbeda

Úbeda é unha cidade da provincia de Xaén (Andalucía), capital da fértil comarca de La Loma. Segundo o INE en 2017 tiña 34.733 habitantes, dos cales 17.046 eran homes e 17.687 mulleres. A cidade, xunto coa próxima Baeza, foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco o 3 de xullo de 2003 debido á calidade e boa conservación dos seus numerosos edificios renacentistas e da súa singular contorna urbanística.

A cidade, situada sobre un cerro e envorcada cara ao val do río Guadalquivir fronte á impoñente Sierra Mágina e cerca do centro xeográfico da provincia, constitúe un importante centro de atracción ao contar con hospital comarcal, centros educativos e escolas universitarias (UNED e SAFA), delegacións de facenda e da seguridade social, xulgados, Centro do Profesorado (CEP) etc, derivando nun dos índices de centralidade máis altos de toda Andalucía. Segundo o anuario de La Caixa, trátase da capital dunha das provincias económicas de España, cunha poboación de máis de 200.000 habitantes que acode habitualmente a comprar nela.

Úbeda vive principalmente do sector servizos, o comercio e a administración, que ocupan o 49% da poboación activa. Pero ademais o peso da agricultura é enorme, sendo un centro neurálxico do oliveiral e a produción aceiteira e un dos maiores produtores e envasadores da provincia de Xaén de aceite de oliva, pedra angular de toda a súa economía. Outras actividades complementarias son a industria, a gandería e un incipiente turismo.

O xentilicio formal da localidade é ubetense, aínda que os seus habitantes, principalmente nos pobos de ao redor como Torreperogil, Sabiote, Baeza, Villacarrillo, Rus ou Canena, tamén son coñecidos como ubedeños.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.