XVIII

XVIII é o número dezaoito expresado en números romanos. Na numeración actual, expresado como 18. Adoita empregarse en situacións particulares deste xeito, como por exemplo cos séculos.

Véxase tamén

A Habana

A Habana (en castelán: La Habana) é a capital, maior porto e principal centro de comercio de Cuba. É a cidade máis grande do Caribe, con 2 201 610 habitantes (2002). O seu casco histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Antigüidade clásica

A Antigüidade clásica é un termo amplo que abrangue un longo período de tempo nas áreas dominadas por Grecia e Roma; é dicir, identifícase co período grecorromano da Idade Antiga no mundo grecorromano: a Conca do Mediterráneo e o Oriente Próximo.

A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude das civilizacións grega e romana (século V a. C. ao século II) ou no sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a. C. ao século V a. C.). O termo oponse á Antigüidade tardía e remite á herdanza da civilización grecorromana. É, sobre todo, empregado pola historiografía anglosaxoa para describir a Antigüidade. Neste senso, considérase que este período comézase co poema grego de Homero (século VIII-VII a.C), o máis antigo atopado intacto até os nosos días. Este período abrangue o auxe do cristianismo e o declive do imperio romano e remata coa disolución da cultura clásica e o principio do período denominado Antigüidade tardía (300-600 d. C.) e da Alta Idade Media (500-1000 d.C).

A dimensión espacial coincide coa conca do Mediterráneo, espallada cara ao Oriente Próximo co Imperio de Alexandre Magno e o Helenismo, e cara a Europa Occidental co Imperio Romano. O emprego deste termo é unha referencia para a Europa dos séculos XVIII e XIX, fortemente influenciada polo clasicismo, ademais do neoclasicismo na súa cultura, reiventándose unha continuación dese pasado por medio dunha prolongación indirecta. A laxitude ao redor das ideas transmitidas polo Occidente cristián é, pois, evidente.

O termo clásico significa 'digno de imitación', e derívase da admiración pola arte, a literatura e a cultura en xeral de Grecia e Roma que se redescubre no Renacemento tras unha Idade Media cuxos valores se desprestixiaron. O mesmo aconteceu co Neoclasicismo, movemento intelectual e artístico que segue ao descubrimento das ruínas de Pompeia a mediados do século XVIII.

Tal mostra ampla de historia e territorio cobre moitos períodos e culturas dispares. Por iso, a "Antigüidade clásica" refírese máis que nada a unha visión idealizada posterior sobre o que era esa época. A civilización dos antigos gregos foi inmensamente influente na lingua, política, sistema educativo, filosofía, ciencia, arte e arquitectura no mundo moderno, volvendo durante o Renacemento na Europa occidental e rexurdindo novamente durante varios movementos neoclásicos no século XVIII e XIX.

Baleira

Baleira é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada. Segundo o IGE no 2015 tiña 1380 habitantes (1584 no 2009, 1684 no 2006, 1729 no 2005, 1778 no 2004, 1800 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baleirés.

Biblioteca Nacional de España

A Biblioteca Nacional de España é o centro depositario do Patrimonio Bibliográfico e Documental de España e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XVIII. Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 26 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, mapas, gravados, debuxos, partituras, folletos, etc.

Biblioteca Real dos Países Baixos

A Biblioteca Nacional dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Bibliotheek, tamén coñecida como KB), con sede na Haia, foi fundada en 1798. O rei Lodewijk Napoleón deulle o seu nome actual en 1806. A institución independizouse do Estado en 1996, aínda que está financiada polo Departamento de Educación, Cultura e Ciencia.

Corrido

O corrido é un xénero de canción e poesía narrativa popular. Poderíase cualificar coma unha sorte de balada orixinaria de México. Deriva en gran parte do S.XVIII español, durante a época en que se deu o mevemento romántico. Fundamentalmente consiste nun saúdo do cantante seguido dun prólogo á historia, a historia en si mesma e ao cabo unha sentenza e adeus do propio cantante.

Década de 1700

A década de 1700 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1700 e remata o 31 de decembro de 1709.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Guaracha

A guaracha é un xénero musical e un baile orixinarios de Cuba. Trátase dun tipo de composición folclórica aparecida a finais do século XVIII, que describía os tipos e costumes da illa caribeña e tamén en parte de México.

Guitarra

A guitarra, un instrumento musical de corda pulsada, evolución da vihuela, é un invento español, desenvolto nos séculos XVI a XVIII e perfeccionada polo lendario Antonio de Torres que lle deu a forma e estrutura que aínda ten hoxe. A guitarra clásica, de concerto ou española, está feita de madeira (normalmente nobres) e ten seis cordas, os tres bordóns graves metálicas e as agudas de nailon ou carbono; antigamente as cordas eran de tripa. No século XX apareceron outros tipos de guitarra nos Estados Unidos, primeiro a chamada acústica, con cordas de aceiro, e despois a guitarra eléctrica, que ten unha pastilla ou imán bobinado que transforma as vibracións nun sinal eléctrico que se pode amplificar.

A guitarra está afinada por tres cuartas, unha terceira e unha cuarta máis (dende o bordón grave ó agudo): Mi, La, Re, Sol, Si, Mi.

Internet Broadway Database

Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway na Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League"). The Broadway League recolleu esta información e as estatísticas de Broadway por moitos anos. En 1996, o Departamento de Investigación comezou a organizar e ampliar a colección de datos, co obxectivo de crear unha páxina web.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Oxford University Press

Oxford University Press (OUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Oxford") é unha coñecida empresa editoral universitaria do Reino Unido. É a editora universitaria máis importante do mundo; figura entre os vinte e cinco primeiros grupos editoriais internacionais e é a segunda editora independente máis antiga en activo, despois de Cambridge University Press.

Trátase dun departamento da Universidade de Oxford, dirixido por un grupo de quince investigadores graduados de Oxford nomeados polo reitor da universidade, que constitúen o consello de administración, coordinados por un director executivo, que é o máximo representante da entidade.As súas publicacións están dispoñibles baixo dúas denominacións: "Oxford University Press", para a maior parte do catálogo, e "Clarendon", para determinadas obras de prestixio.

Esta editora publica varias obras de referencia, entre elas o Oxford English Dictionary, o Oxford Dictionary of English Etymology, o Oxford Advanced Learner's Dictionary, o Concise Oxford Dictionary, os Oxford Worl'd Classics e o Dictionary of National Biography.

Piano

Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes.

Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa. O piano apareceu en Italia a principios do século XVIII, volvendo a poñer en función os pequenos mazos ou martelos dos antigos clavicordios que o clavicémbalo, beliscando con pugas, desterrara. A innovación deste instrumento de corda percutida consistiu na posibilidade de matiza-la intensidade das notas e da-los “pianos” doces e de baixa forza, e os “fortes”, e por iso foi chamado pianoforte.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Século XIX

século XVIII < século XIX > século XX

Enténdese referido á era cristiá. Tempo entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 31 de decembro de 1900. Considérase o século da "era moderna".

Século XVII

século XVI < século XVII > século XVIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1601 e o 31 de decembro de 1700.

Acontecementos importantes

Guerra dos Trinta Anos

É o século do Barroco.

A pataca comeza a cultivarse en IrlandaPersonaxes destacadas

Luís XIV de Francia, o rei Sol

Isaac Newton

Galileo Galilei

Carlos I de Inglaterra

Carlos II de Inglaterra

René Descartes

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

Violín

O violín (Etimoloxía: do italiano Violino, diminutivo de viola) é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra. O primeiro violín sitúase á esquerda do mestre.

A palabra violín procede do termo do latín medieval vitula, que significa instrumento de corda. O violín, aínda que ten orixes antigas, adquiriu a meirande parte das súas características modernas na Italia do século XVI, realizándoselle algunhas modificacións nos séculos XVIII e XIX. O violín moderno debe moito ás melloras técnicas dos mestres de Cremona do século XVIII coma Stradivarius e Guarnerius. Tamén son moi valorados os instrumentos fabricados por Gasparo da Salò ou Giovanni Paolo Maggini e a familia Amati en Brescia e Cremona, e os de Jacob Stainer en Austria.

Os violíns clasifícanse de acordo co seu tamaño: o 4/4 ―cunha lonxitude habitual de 35,5 cm, un largo máximo de 20 cm e un alto de 4,5 cm― é o máis grande e é empregado polos adultos; séguenlle os violíns de tamaño menor, destinados a mozos e nenos, denominados 3/4, 2/4 e 1/4. Existe tamén un violín de tamaño 7/8, chamado "Lady", que empregan algunhas mulleres ou varóns adultos de mans pequenas. O tamaño do violín vai de acordo o tamaño (lonxitude) da man.

Xoán XVIII, papa

Giovanni Fasano foi papa da Igrexa católica baixo o nome Xoán XVIII dende o ano 1003 (consagrado en xaneiro 1004) ata o ano 1009 . Naceu en Roma, non se sabe o seu ano de nacemento e finou nun mosteiro da mesma cidade en 1009. Sabese pouco sobre a súa vida e as fontes discrepan nas datas. Pola contra acontecementos sobre o seu pontificado son mellor testificados.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.