Xénova

Xénova[2][3] (Zena en lígur e xenovés, Genova en italiano) é unha cidade do norte da Italia no litoral da rexión da Liguria, capital da provincia homónima, presentando na súa costa o principal porto marítimo da Italia. Esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 618.438 (2006) habitantes e tendo unha densidade de poboación de 2.484 hab./km².

Xénova: Le Strade Nuove e o sistema dos Palazzi dei Rolli
Genova-DSCF7470
Palacios na Vía Garibaldi cara a praza Fontane Marose
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
Localización44°24′26″N 8°56′02″L / 44.40722, -8.93389
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2006 (30ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1211

Coordenadas: 44°24′40.16″N 8°55′57.58″L / 44.4111556, -8.9326611

Xénova
Genova
Zena
Flag of Genoa
Armoiries Gênes
Collage Genova
Xénova
Localización
Xénova en Italia

Xénova
Xénova
PaísItalia Italia
RexiónCoat of arms of Liguria.svg Liguria
ProvinciaXénova (GE)
Xeografía
Altitude19 msnm
Superficie243,56 km² km²
Demografía
Poboación604.848 (2012)
Densidade2.483,36 hab/km²
XentilicioXenovés/esa[1]
Outros datos
Código postal16121 - 16167
AlcaldeMarco Doria (centro esquerda) 21/05/2012
comune.genova.it

Imaxes

Genoa towers

Porta Soprana

Lanterna di Genova

La Lanterna

Genova-Palazzo Ducale da Piazza Matteotti

Palazzo Ducale

Galleria Mazzini

Galleria Mazzini

Genova Duomo St. Lawrence Cathedral

Catedral de San Lorenzo

Genova-Bigo del porto antico

Porto antigo

Genova-centro storico-IMG 1503

Centro histórico

Genova-Torre Embriaci-DSCF7813

Torre Embriaci

Palazzo reale a Genova - 3

Palazzo Reale

Genova - Via XX settembre

Via Venti Settembre

Villa Grimaldi Fassio Parchi di Nervi 3

Villa Grimaldi

Porto Genova 0191

Porto de Xénova

Cidades irmandadas

Xénova está irmandada con:

Predecesor:
Austria Graz
EU Insignia
Capital Europea da cultura
xunto con Francia Lille

2004
Sucesor:
Flag of Ireland.svg Cork

Notas

  1. Definición de xenovés - Dicionario da Real Academia Galega
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenovés.
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1296. ISBN 9788482887524.
  4. "Marseille Official Website - Twin Cities". Ville de Marseille (en French). 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-26.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Xénova

O aeroporto de Xénova (IATA: GOA, OACI: LIMJ), tamén chamado aeroporto Cristoforo Colombo ou aeroporto de Xénova-Sestri Ponente polo distrito onde se atopa, é un aeroporto internacional construído nunha península artificial a 7,4 quilómetros ao oeste de Xénova, Italia. É o máis importante de Liguria e serve á cidade e ao porto de Xénova, ademais de a unha considerable cantidade de poboación do sur do Piemonte e do sur de Lombardía. Está operado por Aeroporto di Genova S.P.A., que recentemente mellorou o complexo do aeroporto.

No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 1 249 374 pasaxeiros, sendo o 22º máis concorrido de Italia en termos de pasaxe. A aeroliña de baixo custo española Volotea ten en Xénova unha das súas catro bases italianas. O aeroporto foi bautizado na honra do navegante e explorador xenoves Cristovo Colón.

Bieito XV, papa

Bieito XV (en latín: Benedictus PP. XV), nado en Xénova o 21 de novembro de 1854 e finado no Vaticano o 22 de xaneiro de 1922, foi un relixioso italiano, Papa número 258 da Igrexa católica. O seu nome de nacemento era Giacomo Della Chiesa.

Cristovo Colón

Cristovo Colón, naceu na República de Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os século XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana.

As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.

Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.

O seu antropónimo (coñecido pola latinización Columbus ou adaptado ás diferentes linguas) é unha icona mundial que inspirou innumerables denominacións, como a dun país: Colombia, e dúas rexións de Norteamérica: a Columbia Británica, no Canadá, e o Distrito de Columbia, nos Estados Unidos.

Diu vi Salvi Regina

Diu vi Salvi Regina (corso para Deus te salve raíña) é un canto relixioso adicado á Virxe María creado en Italia por san Francisco de Xerónimo cara o 1675, aínda que algunhas tradicións afirman que o autor foi un pastor de Niolu, Salvadore Costa. Foi adoptado coma himno nacional de Córsega na Consulta de Corte, o 30 de xaneiro de 1735, cando a república de Córsega decidiu proclamar a súa independencia de Xénova e pediu a protección da Virxe María. Dende aquela o nacionalismo corso reivindicouno coma Himno Nacional de Córsega.

Eugenio Montale

Eugenio Montale, nado en Xénova o 12 de outubro de 1896 e finado en Milán o 12 de setembro de 1981, foi un poeta, ensaísta e crítico de música italiano. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1975.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

Hadrián V, papa

Hadrián V, nado en Xénova sobre o 1205 e finado en Viterbo o 18 de agosto de 1276 foi o Papa nº 186 da Igrexa católica en 1276.

Inocencio IV, papa

Inocencio IV (nado en Xénova cara o 1185 e falecido en Nápoles o 7 de decembro de 1254) foi o Papa nº 180 da Igrexa católica.

De nome Sinibaldo Fieschi, foi o último representante da teocracia pontificia. Formouse en Parma e Boloña, sendo profesor de dereito canónico nesta última cidade. O 23 de setembro de 1227 foi nomeado cardeal-párroco de San Lourenzo en Lucina; o 28 de xullo de 1228, vice-chanceler de Roma; en 1235 bispo de Albenga e legado no norte da península itálica. Foi elixido Papa o 25 de xuño de 1243, tras máis de ano e medio coa sede vacante trala morte de Celestino IV.

Con ocasión da celebración do conclave para elixilo Papa, Federico II controlaba os arredores de Roma, sendo de facto quen dominaba os Estados Pontificios. Con esta situación pretendeu controlar a elección papal, ó que a maioría dos cardeais se opuxo. Elixido Inocencio IV, Federico II enviou emisarios para acodar a paz. Federico II fora proscrito por Gregorio IX e buscaba a toda costa un acordo coa Igrexa, pero sen renunciar ó seu poder e influencia nas decisións eclesiásticas. Pola súa parte, Inocencio era un home convencido de que o poder da Igrexa, e en concreto da figura papal, debía estar por riba dos gobernantes e os reis.

Nesta situación, Inocencio esixiu de Federico o recoñecemento do dano que causara á Igrexa. Finalmente chegaron a un acordo o 31 de marzo de 1244. Nel restituíanse á Igrexa as súas posesións, especialmente os Estados pontificios, e liberábase ós prelados favorables ó Papa que mantiña presos o emperador. Aínda que firmara a paz con el mercede á mediación do rei de Francia, sentiuse incómodo en Italia pola presenza da milicia imperial, e decidiu refuxiarse en Lión co apoio dos xenoveses. Convocou o 3 de xaneiro de 1245, nada máis chegar á cidade, o Concilio de Lión I pese á oposición do emperador. Sentíndose forte, Inocencio procedeu a realizar novas acusacións durante a celebración do concilio contra o emperador e terminou por excomungalo o 17 de xullo por non organizar unha nova cruzada, e ditou a bula Agni sponsa nobilis para declarar o poder supremo da Igrexa fronte ós gobernantes. Federico organizou tropas para enfrontarse ó papado; Inocencio, pola súa parte, pretendeu organizar unha cruzada contra o propio emperador mobilizando ós príncipes alemáns. Nese camiño pretendeu a elección de Henrique Raspe e, aínda que foi proclamado emperador o 22 de maio de 1246, nunca foi recoñecido como tal. Ó mesmo tempo provocou o alzamento contra o emperador de moitas cidades do norte de Italia, obtendo a vitoria as tropas papais o 26 de maio de 1249.

Morto Federico II en 1250, continuou a súa loita contra Conrado IV, fillo e sucesor daquel, propoñendo para os alemáns a Guillerme de Holanda. Recuperou o Reino de Sicilia para o papado, ofrecéndoo sucesivamente a Ricardo de Cornwall, irmán de Henrique III de Inglaterra, ó seu fillo Edmundo o Chepudo e a Carlos de Anjou. Todos o rexeitaron, mentres Conrado IV e Manfredo (bastardo de Federico II) controlaban pola forza das armas Nápoles e Sicilia. Á morte de Conrado, a posición do seu fillo Conradino era tan precaria que negociou co Papa. Por un tratado firmado en setembro de 1254, Apulia pasou a ser propiedade papal. O gobernante de Apulia, Manfredo, sospeitou da conduta do pontífice ó visitar a súa nova terra, polo que fuxiu cos sarracenos, que o axudaron a derrotar ás tropas papais en Foggia o 2 de decembro de 1254. Inocencio, enfermo, faleceu en Nápoles o 7 de decembro, como consecuencia do efecto que a noticia da derrota tivo na súa desastrada saúde.

Ademais dos seus enfrontamentos coa dinastía Hohenstaufen, interveu na política de Inglaterra (protexendo a Henrique III), na de Austria, Hungría e Portugal.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Comes laurentius (O conde de Lourenzo), facendo referencia ó título nobiliario que ostentaba ó ser elixido pontífice, Conde de Lavagne de San Lourenzo.

Inocencio VIII, papa

Giovanni Battista Cybo, nado en Xénova no 1432, morto en Roma o 25 de xullo de 1492, consagrado papa o 12 de setembro de 1484 baixo o nome de Inocencio VIII (en latín Innocentius VIII, en italiano Innocenzo VIII).

Liguria

A Liguria é unha rexión de Italia situada ao noroeste da península. A súa capital é a cidade de Xénova e limita ao sur co Mar de Liguria, ao oeste con Francia (rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul), ao norte co Piemonte e coa Emilia-Romaña e ao leste coa Toscana.

Inserida entre as cadeas montañosas dos Alpes e os Apeninos e o mar, a rexión subdivídese habitualmente en dúas partes delimitadas á altura da capital: a Ribeira de Poñente (en italiano: Riviera di Ponente) e a Ribeira de Levante (en italiano: Riviera di Levante).

Mar da Liguria

O mar de Liguria (en italiano Mar Ligure e en francés Mer Ligure) é unha parte do mar Mediterráneo centro-setentrional, que baña costas de Italia, Francia e Mónaco. Limita no occidente cunha liña imaxinaria que parte do cabo Ferrat, en Francia, até Punta di Revellata, preto de Calvi na Córsega setentrional, mentres o límite oriental localízase entre cabo Corso, en Córsega, e o promontorio de Piombino, na provincia de Livorno (na Italia peninsular).

O mar de Liguria baña as costas da Liguria e de parte da Toscana, parte do departamento francés dos Alpes Marítimos e tamén o Principado de Mónaco, así como as illas de Capraia e Gorgona e parte da costa setentrional de Córsega. Todo o Golfo de Xénova forma parte do mar de Liguria.

O mar recibe polo leste as augas do río Arno e de moitos outros de orixe apenina, como o río Serchio e o río Magra. A costa noroccidental da Península Itálica, bañada polo mar de Liguria, é recoñecida pola súa beleza paisaxística e a bondade do seu clima. Ao longo da súa costa, encóntranse importantes centros portuarios, entre os que cabe destacar o máis importante de todos: o porto de Xénova. Outros portos relevantes son os de Savona, La Spezia, Carrara, Viareggio e Livorno.

O mar de Liguria acada unha profundidade máxima de máis de 2.850 m ao noroeste de Córsega.

Monegasco

O monegasco (munegascu) é unha variedade lígur levada a Mónaco cando pasou a control de Xénova no século XIII. Aproximadamente un 30% do léxico é de orixe occitana, un 60% lígur e o resto son préstamos do francés e italiano.

Ensínase nas escolas pero o uso social da lingua desapareceu a comezos do século XX, aínda que se mantén como lingua nacional.

Niccolò Paganini

Niccolò Paganini foi un violinista e compositor que naceu en Xénova o 27 de outubro de 1782 e finou en Niza o 27 de maio de 1840, foi un dos máis famosos virtuosos da súa época e é considerado coma un dos mellores violinistas de tódolos tempos.

A súa perfección técnica era moi elevada: técnicas de arco expresivas e innovacións no uso do staccato e do pizzicato, xunto cun oído absoluto e unha entoación perfecta.

As súas obras máis coñecidas son os Caprichos (numerados dende o 1 ate o 24). Ademais, escribiu seis concertos e varias sonatas para piano.

Pascual Madoz

Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806 e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.

Renzo Piano

Renzo Piano, nado en Xénova o 14 de setembro de 1937, é un arquitecto italiano de fama e recoñecemento internacional.

República de Xénova

A Serenísima República de Xénova (en italiano Serenissima Repubblica di Genova) foi un estado independente creado pola cidade costeira de Xénova en 1096, situado en Liguria, na costa noroccidental da península Itálica. Mantívose independente entre os séculos XI e finais do XVIII, até que en 1797 as tropas de Napoleón Bonaparte conquistaron o territorio, establecendo despois a República Ligur. Finalmente acabou sendo anexionada polo Reino de Sardeña, que acabou creando o Reino de Italia. Xunto a Amalfi, Venecia e Pisa era unha das catro repúblicas marítimas.

Riccardo Giacconi

Riccardo Giacconi, nado en Xénova o 6 de outubro de 1931, e morto en San Diego o 9 de decembro de 2018 foi un astrofísico italiano radicado nos Estados Unidos.

Vittorio Gassman

Vittorio Gassman, nado en Struppa, preto de Xénova, o 1 de setembro de 1922 e finado en Roma o 29 de xuño de 2000, foi un actor e director italiano de teatro e cinema.

Capitais europeas da cultura

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.