Xénese

O libro da Xénese, (do grego Γένεσις, "nacemento, creación, orixe", en hebreo תּוֹלֵדוֹת, "xeración", que prefire como título בְּרֵאשִׁית, Bereshit, "no principio"). É o primeiro libro da Torá ("A Lei"), e tamén o primeiro libro do Tanak, a biblia hebrea (coñecida polos cristiáns como o Antigo Testamento). Fai parte dos primeiros cinco libros (Pentateuco), xunto con Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio, cuxa autoría é, tradicionalmente, atribuída a Moisés.

Tentación e expulsión de Adán e Eva do Paraíso, Catedral de Ourense. Tentación e expulsión de Adán e Eva do Paraíso, Catedral de Ourense.
Tentación e expulsión de Adán e Eva do Paraíso, Catedral de Ourense.

Narra acontecementos, desde a creación do mundo, na perspectiva xudaica (o chamado "relato da Xénese"), pasando polos Patriarcas, ata á fixación deste pobo no Exipto, despois da historia de Xosé.

A tradición xudía considera que o seu autor foi Moisés.

Albrecht Dürer - Adam and Eve (Prado) 2
Adán e Eva de Dürer.

Estrutura

God2-Sistine Chapel
A Creación de Adán, de Michelangelo.

O libro pódese dividir en dúas partes: relatos etiolóxicos e relatos dos patriarcas.

Relatos etiolóxicos

Correspóndense cos 11 primeiros capítulos do libro. Son os relatos de: a creación do mundo (cap. 1), a creación do home e da muller (cap. 2), o pecado orixinal (cap. 3), Caín e Abel (cap. 4), patriarcas antediluvianos (cap. 5), Noé e o diluvio (caps. 6 a 10), a Torre de Babel (cap. 11).

Noahs Ark
A Arca de Noé segundo Edward Hicks.

Etioloxía significa busca das causas. Este é o obxectivo destes libros, tentar responder ao problema do mal ou, mellor dito, resolver a contradición entre a fe nun Deus criador dun mundo que é bo e a constatación de que no mundo existe o mal. En xeral, a resposta que dan estes relatos resúmese dicindo que o pecado do home é o que trae o mal ao mundo.

Por tanto, non son relatos históricos; están máis preto da cosmogonía ou da mitoloxía.

Relatos dos patriarcas

Abraham
Sacrificio de Isaac de Laurent de La Hyre

Ocupan o resto dos capítulos da Xénese. Os patriarcas son os "pais" do pobo de Israel, xefes de clans nómades adicados á gandería que se moven por unha ampla zona que comprende os actuais Iraq, Xordania, Israel e que remata en Exipto. Os relatos que conforman esta parte son sobre: Abraham, Lot, Isaac, Esaú e Xacob, Xosé.

Isaak zegent Jakob Rijksmuseum SK-A-110.jpeg
Isaac dando a beizón para Xacob.

Son relatos que teñen, polo menos, unha base histórica, sen desbotar o feito de que cos anos e a evolución que foron sufrindo os relatos orais que son a base dos escritos que coñecemos, a historia real estea deformada e magnificada.

Autoría

A tradición xudía dicía que Moisés era o autor do Pentateuco, autoría que foi asumida pola tradición cristiá ata o inicio dos estudos bíblicos no século XIX.

Neste momento os estudos coinciden en falar de dúas fases.

Primeiro, unha longa fase de tradición oral. O xudeus foron un pobo nómade ata o século VIII antes de Cristo, a transmisión da cultura era oral. Os relatos dos patriarcas foron transmitidos durante xeracións de pais a fillos, cada xeración conservou o herdado dos devanceiros e, como é normal nunha tradición que non está fixada nun texto, engadiron, deformaron e adaptaron da súa propia colleita.

Unha fase escrita, onde os autores cumpriron tres papeis: fixar na escrita toda a tradición oral; engadir material da súa propia autoría; e ordenar e mais estruturar todo o material. Por exemplo, os relatos dos patriarcas teñen unha longa tradición oral e foron ordenados polos autores do texto escrito, pola contra o relato da creación do mundo foi feito polos autores escritores.

As tres fontes

A análise do texto revela diferenzas lingüísticas, de estilo, teolóxicas etc. En base a este estudo estableceuse que os autores deste libro se agrupan en tres fontes: iavista, eloísta e sacerdotal. Estas tres fontes son, xunto coa chamada deuteronomista, as autoras de todo o Pentateuco.

Tradición iavista: chámase así porque denomina a Deus Iavé (en hebreo co tetragrama sagrado YHWH). É a tradición máis antiga, arredor do ano -950. É unha tradición humanista, centrada na relación entre o ser humano e Deus. Considerada a de máis calidade literaria, da súa autoría son, por exemplo, os relatos da creación do home, no capítulo 2 do libro, ou boa parte do relato de Abraham.

Tradición eloísta: o seu nome vén de que chama Eloím a Deus. Aproximadamente dous séculos posterior no tempo á tradición Iavista. A formulación eloísta está máis preto da primitiva tradición oral e marca máis as distancias entre home e Deus.

Tradición sacerdotal: responsable, entre outros textos, da famosa creación do mundo en sete días. Dátase no século VI antes de Cristo. A súa preocupación e fundamentar as normas sobre pureza ritual. O seu nome vén de que, polo estilo e a teoloxía subxacente, se supón que é obra de sacerdotes do Templo de Xerusalén.

O texto actual

Os autores destas tres fontes tamén foron os responsables da forma actual do texto. Nun primeiro momento uníronse as tradicións iavista e elohísta. Posteriormente, os autores da tradición sacerdotal fixeron o seu engadido e, xuntando coas outras dúas tradicións, déronlle ao texto a forma que hoxe coñecemos.

Os autores, para ir creando o texto, utilizaron a xustaposición. Salvo en casos moi concretos, unha tradición uníase a outra, poñendo os materiais un a carón do outro ao longo dunha liña cronolóxica definida de antemán. Este método de construción do texto fai que en ocasións nos atopemos seguidas dúas versións dun mesmo relato. O exemplo máis famoso atopámolo na creación do mundo: hai un primeiro relato, o da creación do mundo en sete días, obra dos autores sacerdotais; a seguir dela empeza o relato iavista que pasa moi rápido pola creación do mundo para centrarse na creación do home e da muller.

Este sistema de traballo dá lugar a un texto que pode resultar difícil para o lector, sobre todo o que se achega por primeira vez a el; ás veces o libro parece contradicirse, ou, noutros casos, cando rematou de explicar algo parece volver a empezar. Pero tamén ten dúas enormes vantaxes:

  • En primeiro lugar conserva os distintos matices que aportan cada unha das fontes que conforman o libro. Volvendo ao relato da creación, grazas á xustaposición podemos apreciar o estilo cadencioso e solemne do relato sacerdotal e o próximo e vital do iavista; o Deus señor universal que crea o mundo en sete días, e o Deus próximo, máis antropomórfico, que se preocupa porque Adán está só e lle fai falla unha compañeira.
  • A segunda gran vantaxe e para os estudosos: lingüistas, literatos ou historiadores, que poden acceder, case sen atrancos, ás fontes orixinais do libro, o que facilita percorre-lo traballo de redacción coas distintas mans, as súas influencias etc.

Estudos e discusións

Bilińska Joseph sold by his brothers
Xosé vendido como escravo por seus irmáns.

Postúlase que Abraham naceu na cidade de "Ur dos caldeos", termo repetido varias veces. Porén, os caldeos só xurdiron na rexión de Ur, ao leste da Mesopotamia, por volta do século IX a.C., polo menos 1.000 anos despois do tempo suposto para a historia de Abraham. A propia diferenza nos estilos literarios e as historias aparentemente desconexas da vida de Abraham poden ser un indicativo de que tales historias foron compiladas en diferentes momentos, ou por diferentes autores, a partir dunha tradición oral transmitida por moitas xeracións.

Algúns estudosos cren que as historias de Isaac, en varios momentos tan semellantes ás de Abraham, sexan un recurso estilístico observado noutros puntos do relato bíblico (a recorrencia da cidade de Belén relacionada ao nacemento de David e Xesús para resaltar o seu parentesco, por exemplo, aínda que a Xesús nunca se lle chame belenense ou belemita, senón nazareno), para realzar a ligazón entre os dous personaxes a través dos seus actos, fortalecendo a ligazón entre Israel, fillo de Isaac, e o patriarca Abraham.

A narración da historia de Xosé, que viña explicar a orixe das 12 Tribos de Israel, puido ser compilada por cronistas de Israel, no período en que os reinos de Israel e Xudá estiveran divididos, durante o primeiro milenio antes de Cristo, pois toda a narración salienta a importancia e a nobreza de Xosé (pai das medias tribos de Efraín e Manasés, as tribos dominantes do Reino do Norte), en contraposición coa indiferenza e a envexa de Xudá (a tribo predominante do Reino do Sur), reflectindo o rancor das tribos de Xosé e a tribo de Xudá naquel período. Ao final da narración, cando Xacob chega a Exipto e beice os seus fillos, á tribo de Xudá prometéselle que había reinar sobre todas as outras, o que contradí a finalidade do resto da narración.

Véxase tamén

Bibliografía

  • A Biblia, ed. SEPT, 1ª ed., Vigo 1989
  • SCHMIDT, Werner H.: Introducción al Antiguo Testamento, ed. Sígueme, Salamanca 1983
  • VON RAD, Gerhard: El libro del Génesis, ed. Sígueme, Salamanca 1982
  • CHAO REGO, Xosé (1973). Introducción ao Xénesis. Santiago de Compostela: SEPT, col. Xeira Nova.

Ligazóns externas

Libro anterior:
Non
Xénese
(Pentateuco)
Libro seguinte:
Éxodo
Abraham

Abraham é o patriarca do xudaísmo, recoñecido polo cristianismo e un profeta moi importante do islam. A historia da súa vida é relatada no libro do Xénese e no Corán, pero non hai ningunha evidencia histórica da súa existencia. As datas tradicionais da súa biografía sitúanse entre o 2166 a.C. e 1991 a.C. Segundo a tradición xudía, naceu no ano 1948 da Creación, equivalente ao ano 1812 a.C.

O seu nome orixinal era Abram (en hebreo אַבְרָם Avram), e era descendente do fillo de Noé, Sem. Aínda que a súa muller era estéril, Deus prometeulle que da súa descendencia fariase unha gran nación, razón pola que cambiou o seu nome por "Abraham", que significa pai de multitudes. O truncado sacrificio de Isaac é unha das escenas máis representadas da súa vida nas artes, que é un dos pasaxes bíblicos máis coñecidos.

Na Xénese, o libro do Antigo Testamento que rexistra a vida de Abraham, presenta o seu papel como un individuo que debe cumprir un pacto monoteísta establecido entre el e Deus (Xehová o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh"). O Corán presenta historias sobre Abraham e os seus descendentes que son similares ás que hai na Biblia.

Adán

Adán segundo o relato bíblico foi a primeira persoa creada por Deus, representando o primeiro ser humano no mito da creación das relixións abrahámicas, aínda que as diferentes crenzas diferen no relato do seu comportamento e nas consecuencias que esas accións tiveron para a humanidade. para os xudeus e cristiáns Adán e Eva (a primeira muller) tiveron un nivel de responsabilidade diferentes mentres segundo o pensamento islámico a súa responsabilidade foi igual sendo Adán perdoado mentres que para o cristianismo a redención só aconteceu co sacrificio do fillo de Deus, Xesús Cristo. O islam e algunhas denominacións cristiás considérano o primeiro profeta.

Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Cloroplasto

Os cloroplastos (do grego, chloros "verde", e plastes, "forma" ou "entidade") son orgánulos citoplasmáticos da célula encargados de realizar a fotosíntese en organismos eucariontes. Atópanse nas follas das plantas e mais en organismos protistas fotosintéticos. Os cloroplastos capturan a enerxía lumínica para conservaren enerxía libre en forma de ATP e reduciren o NADP+ a NADPH a través dun conxunto de procesos complexos chamado fotosíntese.

Están formados por un sistema de membranas interno onde se atopan localizados os sitios nos que de leva a cabo cada unha das partes do proceso fotosintético. Nos organismos procariontes fotosintéticos, o proceso lévase a cabo asociado a certas prolongacións cara ao interior da célula da membrana plasmática. O seu tamaño é relativamente grande, 5-10 micrómetros por 0.02-0.1 mm.

A súa orixe, consonte a Teoría endosimbionte, enténdese que foi unha cianobacteria primitiva fagocitada por unha célula, o cal explica o seu xeito de reprodución independente das mitoses da célula, que posúa ADN circular covalentemente fechado propio, dobre membrana, e ribosomas 70S, propios de bacterias.

Coalición Progresista Galega

Coalición Progresista Galega, foi unha coalición de partidos galeguistas e de centro que nas eleccións municipais de 10 de xuño de 1987, foi a terceira forza política de Galicia.

Delta fluvial

Denomínase delta ó territorio triangular formado na desembocadura dun río, mediante a acumulación de sedimentos que se depositan a medida que a corrente do río vai desaparecendo.

Diáspora galega

Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Na segunda década do século XXI por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara países do norte de Europa (Alemaña e Inglaterra), normalmente mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.

Especie

En bioloxía denomínase especie (do latín Species) a cada un dos grupos en que se dividen os xéneros.

Eva

Eva, na mitoloxía xudaica e cristiá, é a primeira muller creada por Deus, compañeira de Adán. O nome de Eva provén do hebreo Hauuâh (que deu o grego Eua e este o latín Heva), e pode significar 'dadora de vida' ou 'nai dos viventes'. Ferro Ruibal considera máis probable que o nome estea relacionado cun nome semítico da serpe, que tentou a Eva.

Filoxenia

A filoxenia (do grego: phylon = tribo, raza, e genetikos = relativo á xénese = orixe) é o termo comunmente utilizado para hipóteses de relacións evolutivas (ou sexa, relacións filoxenéticas) dun grupo de organismos, isto é, para determinar as relacións ancestrais entre especies coñecidas (as que viven e as extintas).

Lugh

Lugh ou Lug é samildanach ou o múltiple artesán da mitoloxía celta. Tal denominación non é a dun deus supremo senón a dun deus "sen función", porque ten todas as funcións. Xaora, trátase dunha divindade dos pobos celtas que se pode atopar en boa parte dos panteóns desta cultura. O seu atributo é a lanza.

O seu nome é raramente atopado en inscricións, pero a súa importancia estriba nos etónimos e nomes de lugares. A súa natureza e atributos dedúcense da iconografía das inscricións romano-celtas adicadas a Mercurio, que é considerado como unha identificación de Lugh. Ademais, coñécese máis información a través das narrativas cuasi-mitolóxicas de conatos posteriores, o irlandés Lugh Lámhfhada (Lugh do longo brazo) e o galés Lleu Llaw Gyffes (Lleu da man hábil).

É posible que Lugh fose unha deidade tripla, incluíndo a Esus, Teutates e Taranis, as tres grandes deidades mencionadas por Lucano.

A "morte tripla" nos sacrificios humanos dos celtas é posible que reflectisen a tríade divina.

Mineral

Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.

A ciencia que os estuda chámase mineraloxía.

Así pois, as tres características básicas dos minerais son:

Material inorgánico de orixe natural.

Material cristalino, ordenado en celas unidade.

Material sólido, salvo raras excepcións.Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.

Orgánulo

En bioloxía celular, denomínanse orgánulos ou organelos as diferentes estruturas suspendidas no citoplasma da célula eucariota, que teñen unha forma e unhas funcións especializadas ben definidas e diferenciadas. A célula procariótica carece da maior parte dos orgánulos (xeralmente só posúe ribosomas).

Non todas as células eucariotas conteñen todos os orgánulos ó mesmo tempo, senón que algúns aparecen en determinadas células de acordo coas súas funcións.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Pentateuco

Pentateuco, termo grego que significa as cinco caixas, polos cinco libros que o compoñen. En Hebreo Torá, Lei. Comprende os cinco primeiros libros da Biblia: Xénese, Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio.

Sílex

Para a editorial madrileña véxase: Sílex Ediciones.

O sílex (SiO2), chamado tamén pedernal, é unha variedade criptocristalina (agregados de cristais só observábeis ao microscopio electrónico) do cuarzo que se presenta xeralmente en masas compactas, de cores variadas (cincenta, negra, amarela e outras), de gran dureza (7 na escala de Mohs) e fractura concoide, polo que foi moi usado nas culturas primitivas para a fabricación de ferramentas e trebellos.

Tarsy Carballas

María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno. Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.

Tora

A Tora (en hebreo: תורה) é unha verba hebrea que significa ensinanza, instrución, ou especificamente lei. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros da Tanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde ao Antigo Testamento cristián, coñecidos tamén como Os cinco libros de Moisés, e na tradución do hebreo ao grego na Septuaginta, como o Pentateuco (do grego πεντε, pente, ‘cinco’, o τευχος, teughós, ‘funda para libros’, facendo referencia ás fundas nas que se conservaban os pergamiños). Porén, con frecuencia os xudeus tamén se refiren a toda a revelación e ensinanzas xudías como a Tora.

Os cinco libros son: Xénese (Bereishit בראשית), Éxodo (Shemot שמות), Levítico (Vaiicra ויקרא), Números (Bemidbar במדבר) e Deuteronomio (Devarim דברים). Na versión grega da Tora, estes cinco libros conforman o Pentateuco, Hamisha Humshei Tora (חמשה חומשי תורה que en hebreo quere dicir "As cinco partes da Tora"), ou simplemente Humash (חומש "quinto").

Xacob

Este artigo trata sobre un personaxe bíblico, para o nome véxase Santiago (nome).Xacob foi un dos patriarcas hebreos, segundo as narracións da Xénese (ou Bereshit en hebreo). Ten como nome alternativo Israel.

A súa historia comeza coa inimizade co seu irmán, Esaú. Xacob consegue que el sexa o bendicido polo seu pai, Isaac. Xacob ten que fuxir e, tras uns estraños soños, cambia o seu nome polo de Israel, ou "o que loita con Deus". Xacob acaba facendo as paces co seu irmán, o cal interprétase como o respecto das fronteiras entre as tribos de Edom e de Israel, algo que se confirmará máis tarde cando os israelitas chegan á terra prometida.

Xacob foi pai de doce fillos e unha filla, das súas catro mulleres. Os doce fillos son os que formaron as coñecidas tribos de Israel. Esta estirpe organizouse por Hebrón e Nablús en cooperativas agrarias. Adicándose principalmente ó pastoreo de ovellas. A seguinte historia na que o patriarca participa é a que conta como o seu fillo Xosé foi vendido polos seus irmáns como escravo a Exipto. Xosé consegue facerse co cargo de vicerrei no goberno do rei de Exipto, perdoa aos seus irmáns e trae a súa familia para Exipto, para fuxir da fame de Canaán, o cal constitúe o final do libro da Xénese.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.