Xénero (bioloxía)

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Características

Compónse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (piñeiro albar, piñeiro negral, piñeiro carrasco etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un substantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamiento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da fructificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.

Un notoxénero é un un nivel de clasificación análogo ó xénero pero creado por hibridación doutros (dous ou máis), máis habitual no caso das plantas que dos animais.

Niveis de clasificación

Familia
[Subfamilia]

[Infrafamilia] [Tribo]

[Superxénero]
Xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]

Notas

  • Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
  • A clasificación ordéase de xeral a concreto.
Leonhart Fuchs

Para outros significados véxase Fuchs.

Leonhart Fuchs, ás veces escrito Leonhard Fuchs, nado en Wemding, preto de Nördlingen, no Ducado de Baviera, o 17 de xaneiro de 1501 e falecido en Tubinga o 10 de maio de 1566, foi un médico e botánico alemán.

Con Hieronymus Bock (coñecido como Hieronymus Tragus ou, simplemente, Tragus), Otto Brunfels e Valerius Cordus, está considerado como un dos pais alemáns da botánica.

Considérase tamén como pioneiro da farmacognosia.

Fuchs foi o fundador do primeiro xardín botánico de Alemaña.

Sexo

En bioloxía, o sexo é un proceso de combinación e mestura de trazos xenéticos a miúdo dando por resultado a especialización de organismos en variedades feminina e masculina (coñecidas como sexos). A reprodución sexual implica a combinación de células especializadas chamadas gametos para formar fillos que herdan o material xenético, e polo tanto os trazos e natureza de ambos pais. Os gametos poden ser idénticos en forma e función (isogametos), pero nalgúns casos evolucionaron cara a unha asimetría de tal xeito que hai dous tipos de gametos específicos por sexo (heterogametos): os gametos masculinos son pequenos, móbiles, e optimizados para o transporte da súa información xenética a certa distancia; mentres que os gametos femininos son grandes, non móbiles e conteñen os nutrientes precisos para o desenvolvemento do novo organismo.

O sexo dun organismo defínese polos gametos que produce: os de sexo masculino producen gametos masculinos (espermatozoides) mentres que os de sexo femininos producen gametos femininos (óvulos), os organismos individuais que producen tanto gametos masculinos como gametos femininos denomínanse hermafroditas. Na especie humana hai varios casos que son semellantes ó hermafroditismo, pero o termo máis correcto para referirse a unha persoa con estas condicións é intersexual. Acotío, as diferenzas físicas asócianse co sexo do organismo; este dimorfismo sexual pode reflectirse nas presións reprodutivas diferentes de cada sexo.

Xénero (ciencias sociais)

Non confundir con Xénero (bioloxía) | Xénero (gramática) | Sexo

Xénero —do lat. genus, -ĕris.— é un termo técnico específico en ciencias sociais que alude ao «conxunto de características diferenciadas que cada sociedade asigna a homes e mulleres». Non se trata dunha clasificación dos suxeitos en grupos identitarios, senón que segundo a Organización Mundial da Saúde, se refire a «os roles socialmente construídos, comportamentos, actividades e atributos que unha sociedade considera como apropiados para homes e mulleres», orientado a visibilizar aquelas diferenzas e desigualdades sociais entre homes e mulleres que proveñen da aprendizaxe, así como os estereotipos, os prexuízos e a influencia das relacións de poder na construción dos xéneros.O significado de xénero destina unha construción social e toma un perímetro da condición biolóxica dos suxeitos —características anatómico-fisiolóxicas—, polo que a analoxía ou sinonimia semántica entre os termos «xénero» e «sexo» é errónea. Dentro das causas da confusión de "xénero" e "sexo", sinalouse a prolongada práctica de socializar o biolóxico e bioloxizar o social; tal posición non sería illada, e a súa frecuencia levou a que algúns investigadores recoñezan que o termo «xénero» sexa «mal utilizada como sinónimo culturalista de sexo, a tal punto que non é infrecuente ouvir falar de dous «xéneros», o xénero feminino e o masculino, coma se existise unha correspondencia exacta e automática cos sexos feminino e masculino. Diversas culturas, entre elas algunhas culturas e nacións actuais, recoñeceron a existencia de máis de dous xéneros, negando o binarismo de xénero, así como a posibilidade das persoas de alternar entre xéneros, en tanto que algunhas correntes propoñen a supresión do xénero mesmo. Os individuos que flúen entre os dous xéneros binarios, son denominadas "gender fluid", adxectivo que traducido do inglés significa "xénero fluído". A inicios do século XXI traballouse para normalizar a diversidade de xénero, e varios personaxes públicos declararon pertencer a este colectivo, un exemplo diso é a actriz Ruby Rose Turner, da exitosa serie "Orange Is The New Black".

Conceptos base
Taxons
Conceptos asociados
Normas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.