Wilhelm von Humboldt

Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand Freiherr von Humboldt, nado o 22 de xuño de 1767 en Potsdam e finado o 8 de abril de 1835 en Tegel, foi un lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán. Despois de realizar estudos científicos, así como de grego e de francés, recibiu unha introdución á filosofía e á administración. Durante tres semestres estudou filoloxía e ciencias en Gotinga con Lichtenberg, onde leu a Kant.

Wilhelm von Humboldt
WilhelmvonHumboldt
Wilhelm von Humboldt
Nome completoFriedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand von Humboldt
Nacemento22 de xuño de 1767
 Potsdam
Falecemento8 de abril de 1835 (67 anos)
 Berlín
SoterradoSchloss Tegel
NacionalidadeAlemaña
RelixiónLuteranismo
Alma máterAlma Mater Viadrina, Universidade de Gotinga e Universidade Europeia Viadrina
Ocupaciónlingüista, diplomático, antropólogo, mestre, político, filósofo, escritor e historiador
PaiAlexander Georg von Humboldt
NaiMarie-Elisabeth von Humboldt
CónxuxeCaroline von Humboldt
IrmánsAlexander von Humboldt
PremiosOrde da Aguia Negra e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences

Traxectoria

É irmán de Alexander von Humboldt. En calidade de Ministro prusiano de Educación (1809-1810), reformou profundamente o sistema escolar, baseándose nas ideas de Johann Heinrich Pestalozzi — enviou aos profesores prusianos a estudar os seus métodos a Suíza. Como un dos grandes reformistas liberais xunto con Stein e Hardenberg, tivo unha acción determinante no seo do goberno ata 1819, ano no que se retira debido á súa oposición ás ideas reaccionarias que predominaban.

Como funcionario, estará ata 1819 ao servizo do Estado Prusiano, especialmente como diplomático en Francia, o que lle dará a oportunidade de estudar a lingua vasca, e con tal motivo descobre con cento cincuenta anos de adianto os principios da descrición lingüística moderna: o estudo das linguas en sincronía, o estudo descritivo e non prescriptivo, a importancia do corpus e dos informadores así como a importancia de categorías gramaticais que describen precisamente os fenómenos propios á lingua estudada, o que o leva a rexeitar a pertinencia da gramática latina para unha lingua como o vasco.

O interese de Humboldt céntrase principalmente na tipoloxía, de onde a vontade de describir o maior número de linguas posibles, a fin de descubrir os universais lingüísticos. El sérvese da categorización en linguas con flexión (ruso, alemán, latín), linguas aglutinantes (turco, húngaro) e linguas illantes (chinés). Dos seus traballos presérvanse especialmente a súa filosofía da lingua, destacada por Ernst Cassirer na súa filosofía das formas simbólicas, pero tamén máis xeralmente e máis vagamente, o que se deu en chamar hipótese humboldtiana, que se une á hipótese Sapir-Whorf, que pretende que as categorías da lingua falada predeterminan as nosas categorías de pensamento.

En 1834, bautiza a familia das linguas austronesias, que se estenden pola Illa de Pascua, malaio-polinesia en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-39, publicación póstuma). O kavi é unha lingua literaria antiga falada en Xava. Esta obra é considerada desde entón como exemplar en materia lingüística.

Introduciu en 1836, o concepto de lingua aglutinante.

Fundou a Universidade Humboldt de Berlín — o que fai del un visionario en materia de investigación e de pedagoxía, capaz de comprender por qué é necesario confrontar as disciplinas para facer avanzar o saber sen prexuízos. Era amigo de Goethe e de Friedrich von Schiller.

Castelo de Tegel

Schloss Tegel1
Castelo de Tegel

En posesión da familia Humboldt desde o fin do século XVIII, o castelo de Tegel, onde morreu, é tamén chamado Humboldt Schlösschen, tanto máis canto que aínda está habitado polos seus descendentes.

Antigo pavillón de caza dos Grandes Electores, o castelo foi restaurado por Schinkel para as necesidades de Wilhelm von Humboldt. De inspiración clásica, o edificio presenta catro torres angulares adornadas de releves de Rauch inspirados nas oito divindades da Torre dos Ventos de Atenas.

Schinkel concibiu tamén os apartamentos do castelo preservando a harmonía clásica do conxunto: a maior parte do mobiliario da época eran pezas de colección que Wilhelm von Humbolt trouxo da súa estancia en Roma.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Trabant, L'introduction à l'œuvre sur le Kavi.

Ligazóns externas

22 de xuño

O 22 de xuño é o 173º día do ano do calendario gregoriano e o 174º nos anos bisestos. Quedan 192 días para finalizar o ano.

8 de abril

O 8 de abril é o 98º día do ano do calendario gregoriano e o 99º nos anos bisestos. Quedan 267 días para finalizar o ano.

Alexander von Humboldt

Friedrich Wilhelm Heinrich Alexander Freiherr von Humboldt ( escoitar , máis coñecido como Alexander von Humboldt, nado o 14 de setembro de 1769 en Berlín e finado o 6 de maio de 1859 na mesma cidade, foi un naturalista e explorador alemán, e o irmán máis novo do ministro e lingüista prusiano Wilhelm von Humboldt.

Alexander von Humboldt foi un intelectual e naturalista dunha polivalencia tal que, desde a súa morte, nunca máis se observou, e visto como a ciencia se desenvolveu e especializou, dificilmente se verá nunca máis. Desenvolveu (e especializouse en) diversas áreas: foi etnógrafo, antropólogo, físico, xeógrafo, xeólogo, mineraloxista, botánico, vulcanólogo e humanista, e sentou as bases de moi diferentes ciencias como a Xeografía, Xeoloxía, Climatoloxía e Oceanografía. A pesar de investigar temas diversos nos seus mínimos detalles, sempre o fixo cunha visión xeral e imparcial.

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Década de 1810

A década de 1810 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1810 e remata o 31 de decembro de 1819.

Friedrich Schiller

Johann Christoph Friedrich von Schiller, nado en Marbach am Neckar o 10 de novembro de 1759 e morto en Weimar o 9 de maio de 1805, foi un poeta, dramaturgo, filósofo e historiador alemán. É considerado un dos autores teatrais máis importantes en lingua alemá. Como poeta tivo tamén unha influencia enorme, e as súas Balladas están entre os poemas máis coñecidos no ámbito de lingua alemá.

É, con Goethe, Wieland e Herder, un dos representantes senlleiros do clasicismo de Weimar.

Johann Wolfgang von Goethe

Johann Wolfgang von Goethe ( [ˈjoːhan ˈvɔlfɡaŋ fɔn ˈɡøːtə] ), nado en Frankfurt o 28 de agosto de 1749 e finado o 22 de marzo de 1832, foi un novelista, dramaturgo, poeta, científico, filósofo humanista e, durante dez anos, funcionario do Estado de Weimar. A súa obra Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea. O súa obra inclúe poesía épica e lírica, escrita en diversas métricas e estilos, prosa e dramas en verso, memorias, unha autobiografía, críticas literarias e estéticas, tratados de botánica, anatomía, e cor, e catro novelas. Ademais, consérvanse numerosos fragmentos literarios e científicos, máis de 10.000 cartas, e preto de 3.000 debuxos.

Unha celebridade literaria á idade de 25 anos, Goethe foi ennobrecido polo Duque de Saxonia-Weimar, Carl August en 1782 despois de tomar a súa residencia alí en novembro de 1775 tralo éxito da súa primeira novela, As mágoas do mozo Werther. Foi participante no movemento literario Sturm und Drang. Durante os seus primeiros dez anos en Weimar, Goethe serviu como membro do consello privado do duque, polo que tomou parte nas comisións de guerra, supervisou a apertura das minas de prata nos arredores de Ilmenau, e implantou unha serie de reformas administrativas na Universidade de Jena. Tamén contribuíu na creación do parque botánico de Weimar e na reconstrución do palacio ducal, que en 1998 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.Despois de volver dunha xira por Italia en 1788, publicou o seu mellor traballo científico, a Metamorfose das plantas. En 1791 converteuse en director do teatro de Weimar, e en 1794 comezou a amizade co dramaturgo, historiador e filósofo Friedrich Schiller, cuxas obras estreou ata a morte de Schiller en 1805. Durante este período, Goethe publicou a súa segunda novela, Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister, o verso épico Hermann e Dorothea, e en 1808, a primeira parte do seu celebrado drama, Fausto. As súas conversas e empresas comúns durante a década de 1790 con Schiller, Johann Gottlieb Fichte, Johann Gottfried Herder, Alexander von Humboldt, Wilhelm von Humboldt, August e Friedrich Schlegel teñen sido denominados colectivamente Clasicismo de Weimar.

Arthur Schopenhauer citou a Wilhelm Meister's Apprenticeship como unha das catro novelas máis grandes xamais escritas, e Ralph Waldo Emerson seleccionou a Goethe, xunto con Platón, Napoleón e William Shakespeare, como un dos seis "Homes Representativos" na súa obra homónima. Os comentarios e observacións de Goethe son a base de numerosos traballos biográficos, sendo o máis notable Conversations with Goethe de Johann Peter Eckermann. Hai frecuentes referencias ós proverbios e máximas de Goethe ó longo do traballo de Friedrich Nietzsche e numerosas alusións a Goethe nas novelas de Hermann Hesse e Thomas Mann, así como nos escritos psicolóxicos de Jung. Os poemas de Goethe foron usados polos grandes compositores do século XVIII e XIX, como Wolfgang Amadeus Mozart, Ludwig van Beethoven, Franz Schubert, Robert Schumann, Johannes Brahms, Charles Gounod, Richard Wagner, Hugo Wolf e Gustav Mahler.

Joxe Azurmendi

Joxe Azurmendi Otaegi, nado en Zegama, Guipúscoa o 19 de marzo de 1941, é un escritor, filósofo, ensaísta e poeta vasco en éuscaro. Ten publicado numerosos artigo e libros sobre ética, política, filosofía da linguaxe, técnica, literatura vasca e filosofía en xeral.Foi director de Jakin irakurgaiak, editorial que baixo a súa dirección publicou máis de 40 libros. Asemade, colaborou na tradución ó éuscaro de obras filosóficas na editorial Klasikoak. Foi un dos fundadores de Udako Euskal Unibertsitatea. É catedrático de Filosofía Moderna e profesor na Universidade do País Vasco. No 2010, foi nomeado académico de honra da Euskaltzaindia.

Lingua aglutinante

En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua aglutinante é unha lingua na que as palabras se forman "pegando" ao lexema unha serie de afixos de xeito que as fronteiras entre os morfemas quedan ben marcados e que cada morfema se corresponde cun só trazo semántico ou funcional.

Exemplos:

en finés, a forma taloissani «nas miñas casas» pode segmentarse da seguinte maneira: talo «casa» + i marca de plural + ssa marca de inesivo («en») + ni sufixo que indica un posesor de primeira persoa do singular («meu, miña, meus, miñas»);

en turco, a construción é moi semellante: a partir de ev «casa» fórmase: evler «as casas», evlerim «as miñas casas», e evlerimde «nas miñas casas».

en esperanto, de hejm(o) «casa», «lar», fórmase hejme «na casa», hejmen «cara á casa» e miahejmen «cara á miña casa» (mia, por súa vez, está formado do pronome mi «eu» máis o morfema de adxectivo a).O termo de lingua aglutinante foi creado en 1836 polo lingüista alemán Wilhelm von Humboldt. Formouno a partir do verbo latino agglutinare, que significa "pegar, encolar".

As linguas aglutinantes distínguense das linguas flexivas, das linguas illantes e das linguas polisintéticas.

Entre as linguas aglutinantes figuran especialmente o finés, o húngaro, o turco, o xaponés, o coreano, o esperanto, o suahili, o náhuatl, o vasco...

Linguas austronesias

As linguas austronesias son unha familia de linguas amplamente dispersos a través das illas do sueste de Asia e do Pacífico, con algunhas linguas faladas en Asia continental. O malgaxe é unha excepción, sendo falado en Madagascar. É un dos grupos de linguas maior do mundo, tanto en canto a número de linguas (1244 de acordo con Ethnologue) como en canto a extensión xeográfica (desde Madagascar ata a Illa de Pascua. O nome provén do grego austronesia que significa "illas do sur".

O descubrimento da familia precede ao das linguas indoeuropeas (establecida a partir do século XIX de forma certa). Desde 1706, o lingüista Hadrian Reland xa subliñara o parecido entre a lingua falada en Futuna, o malaio e o malgaxe, a partir do glosario recollido por Jacob Lle Maire en Futuna. A existencia dunha familia de linguas, que máis tarde será denominada austronesia, recoñécese definitivamente en Catalogo delle Lingue de Lorenzo Hervas y Panduro en 1784. En 1834, a familia, estendida ata a illa de Pascua, é bautizada como malaio-polinesia polo lingüista Wilhelm von Humboldt en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-1839). As linguas melanesias foron tratadas a parte durante longo tempo, en parte por prexuízos raciais, a pesar dos traballos do lingüista Otto Dempwolff (1920).

As linguas austronesias divídense en 10 ramas, nove das cales fálanse en Taiwán e algunhas illas próximas e que se agrupan dentro das linguas formosanas, sen relación co chinés. As ramas que permaneceron en Taiwán mostran grandes diferenzas entre si. A rama restante é a chamada malaio-polinesia que engloba a todas as demais linguas da familia. Esta rama subdivídese en dous grandes subgrupos: o grupo occidental cuns 300 millóns de falantes e o oriental con aproximadamente un millón de falantes.

A lingüística comparativa, apoiada por achados arqueolóxicos, localiza a orixe dos devanceiros lingüísticos da familia no suroeste da actual China desde onde emigraron cara a Taiwán.

Algúns lingüistas cren que a familia tai-kadai debería colocarse dentro dunha versión expandida da familia austronesia. Outros se decantan a favor dunha relación coa familia sino-tibetana. E finalmente outros propuxeron unha relación coas linguas afroasiáticas, formando unha superfamilia áustrica. Ningunha destas propostas gañouse a aceptación da comunidade científica.

As linguas malaio-polinesias tenden á reduplicación (repetición de todo ou parte dunha palabra) para expresar o plural e todas as linguas austronesias teñen unha entropía baixa, é dicir, os textos son bastante repetitivos en canto á frecuencia dos sons. A maioría non posúe grupos de consonantes (como [str] ou [mpl]) e ten un número de vogais pequeno, sendo cinco o máis común.

Algunhas das ramas e linguas máis importantes son:

Linguas formosianas (linguas vernáculas de Taiwán non emparentadas co chinés, de chegada máis tardía á illa. En perigo de desaparición).

Linguas malaio-polinesias.

Linguas malaio-polinesias occidentais.

Indonesio (35 millóns de falantes).

Xavanés (>80 millóns).

Malaio (7 a 18 millóns).

Malgaxe (10 millóns).

Tagalo (22 millóns).

Cebuano (18 millóns).

Chamorro.

Palauano.

Linguas malaio-polinesias centrais e orientais.

Linguas malaio-polinesias orientais.

Linguas de Halmahera-Sud e de Nova Guinea occidental.

Linguas oceánicas (antigamente subdivididas en linguas melanesias, linguas micronesias e linguas polinesias).

Linguas oceánicas de Nova Guinea setentrional e occidental e linguas meso-melanesias.

Linguas oceánicas orientais (rexións máis ao leste Nova Guinea e as illas Salomón, que comprenden todas as linguas de Vanuatu, Nova Caledonia, Rotuma, Fidxi, Micronesia e de Polinesia.

Drehu.

Fidxiano (337,000).

Gilbertense.

Maorí (100,000).

Tahitiano.

Lista de cráteres lunares

Esta é unha lista dos cráteres de impacto lunares que foron nomeados. A convención da

UAI para nomear estes accidentes selenográficos é a de usar os nomes de científicos, eruditos, artistas e exploradores xa falecidos que fagan contribucións destacadas ou fundamentais no seu campo. Tamén se nomean certos cráteres en honra a cosmonautas rusos e astronautas estadounidenses falecidos.

Literatura éuscara

A literatura en éuscaro é a literatura que emprega como vehículo de expresión a lingua vasca ou éuscaro. Dende un punto de vista histórico, foi unha literatura predominantemente oral e popular, tal e como se pode apreciar no influxo que tivo nos seus inicios escritos. A literatura escrita é bastante tardía comparada coa escrita noutras linguas europeas. A primeira obra impresa exclusivamente en éuscaro é a colección de versos Linguae Vasconum Primitiae, de Bernat Dechepare, publicada en 1545, que é aínda hoxe aínda un dos textos máis citados en defensa ou como referencia ao éuscaro. En 2004 descubriuse tamén un manuscrito, de Juan Pérez de Lazarraga, que pode achegar novos datos sobre a orixe desta literatura.

Durante os séculos XVI, XVII e XVIII a temática relixiosa dominou a produción literaria en éuscaro, aínda que iso non impediu que existisen intentos illados de abordar outros temas. Ao longo da súa historia, a literatura en éuscaro atopou graves obstáculos para o seu desenvolvemento, fundamentalmente a súa gran variedade dialectal, que dificultou a creación dunha lingua literaria que servise como modelo común, a falta de uso como lingua oficial administrativa, o despego das elites e a prohibición do seu uso na administración e sistema educativo a partir de finais do século XVIII. A devandita prohibición foi moito maior durante a ditadura franquista, debido ás persecucións que sufriron as manifestacións públicas do éuscaro.

María del Pilar Acedo y Sarriá

María del Pilar de Acedo y Sarriá, Marquesa de Montehermoso, nada en Tolosa (Guipúscoa) o 10 de marzo de 1784 e finada en Bearne (Francia) o 27 de febreiro de 1869, foi unha aristócrata española. Foi unha das persoas máis relevantes de España durante o reinado de José Bonaparte, pola súa íntima relación co rei.

Noam Chomsky

Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928, é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna". Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica. É profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva. É, así mesmo, recoñecido polo seu activismo político, caracterizado por unha forte crítica do capitalismo contemporáneo e da política exterior dos Estados Unidos. Definiuse politicamente a si mesmo como un anarquista ou socialista libertario. Foi sinalado polo New York Times como "o máis importante dos pensadores contemporáneos".Propuxo a gramática xenerativa, disciplina que situou a sintaxe no centro da investigación lingüística. Con esta cambiou a perspectiva, os programas e métodos de investigación no estudo da linguaxe. A súa lingüística é unha teoría da adquisición individual da linguaxe e intenta ser unha explicación das estruturas e principios máis profundos da linguaxe. Postulou un aspecto ben definido de innatismo á mantenta da adquisición da linguaxe e a autonomía da gramática (sobre os outros sistemas cognitivos), así como a existencia dun «órgano da linguaxe» e dunha gramática universal. Opúxose con dureza ao empirismo filosófico e científico e ao funcionalismo, en favor do racionalismo cartesiano. Todas estas ideas chocaban frontalmente coas sostidas tradicionalmente polas ciencias humanas, o que concitou múltiples adhesións, críticas e polémicas que o acabaron convertendo nun dos autores máis citados.Destaca a súa contribución ao establecemento das ciencias cognitivas a partir da súa crítica do condutismo de Skinner e das gramáticas de estados finitos, que puxo en cuestión o método baseado no comportamento do estudo da mente e a linguaxe que dominaba nos anos cincuenta. O seu enfoque naturalista no estudo da linguaxe influenciou a filosofía da linguaxe e da mente (ver a Harman e a Fodor). É o creador da xerarquía de Chomsky, unha clasificación de linguaxes formais de grande importancia en teoría da computación.

É tamén coñecido polo seu activismo político e polas súas críticas á política exterior de EE.UU. e doutros países, como Israel. Chomsky, que desvincula completamente a súa actividade científica do seu activismo político, descríbese así mesmo simpatizante do anarcosindicalismo (é membro do sindicato IWW) habendo tamén quen o asocia ao anarco comunismo ou ao comunismo de consellos. Chomsky é considerado unha figura influente no seu país de orixe e no mundo.

Universidade Humboldt de Berlín

A Universidade Humboldt de Berlín é a universidade máis antiga da capital alemá. Foi fundada en 1810 polo liberal prusiano Wilhelm von Humboldt. O seu actual nome, na honra do fundador, foi adoptado en 1949.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.