Wikidata

O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia.[1] Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.

Wikidata-logo-en
Logo do Wikidata.
Wikidata
Interface do Wikidata.

Historia do desenvolvemento

O Wikidata foi lanzado o 30 de outubro de 2012 e foi o primeiro novo proxecto da Fundación Wikimedia dende 2006.[2]

A creación do proxecto foi financiada por doazóns do Instituto Allen para a Intelixencia Artificial, a Fundación Gordon e Betty Moore e Google Inc., sumando en total 1,3 millóns de euros.[3][4] O desenvolvemento inicial do proxecto está a ser supervisado por Wikimedia Deutschland e dividiuse en tres fases:

  1. Centralizar as ligazóns interlingüísticas, as ligazóns entre os artigos sobre o mesmo tema en diferentes linguas.
  2. Proporcionar un lugar central para a información das caixas de información de tódalas wikipedias.
  3. Crear e actualizar listas de artigos baseados en datos do Wikidata.

A primeira fase lanzouse o 30 de outubro de 2012. Isto permitiu que se crearan elementos e que puideran encherse con información básica; unha etiqueta (un nome ou título), un pseudónimo (un nome alternativo á etiqueta), unha descrición e as ligazóns interlingüísticas cara aos artigos da Wikipedia. Cada elemento ten un identificador único precedido da letra Q, por exemplo Q7163 é o elemento para política. Isto permite que a etiqueta, o pseudónimo e a descrición poidan ser traducidos sen favorecer a ningunha lingua en particular.

O 14 de xaneiro de 2013, a Wikipedia en húngaro foi a primeira Wikipedia en utilizar as ligazóns interlingüísticas do Wikidata.[5] Esta funcionalidade foi despois estendida ás versións hebrea e italiana o 30 de xaneiro[6] e á versión inglesa o 11 de febreiro.[6] O cambio afectou ao resto de wikipedias dende o día 6 de marzo de 2013.[7]

Os primeiros aspectos da segunda fase puxéronse en marcha o 4 de febreiro de 2013, introducindo pares de claves e valores (coñecidos como afirmacións) en diferentes entradas do Wikidata. Inicialmente, os valores estaban limitados a dous tipos de datos (elementos e imaxes da Wikimedia Commons), aos que seguiron outros tipos de datos como coordenadas e datas. O 6 de marzo de 2013 introduciuse un novo tipo de datos: as cadeas de caracteres.[8] A posibilidade de acceder a estes datos dende a Wikipedia como parte da fase 2 hase implantar progresivamente en varias edicións da Wikipedia. As primeiras once wikipedias en incluír estas características téñenas activas dende o 27 de marzo de 2013.[9]

Notas

  1. "Data Revolution for Wikipedia". Wikimedia Deutschland. 30 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012.
  2. Wikidata
  3. Dickinson, Boonsri (30 de marzo de 2012). "Paul Allen Invests In A Massive Project To Make Wikipedia Better". Business Insider. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012.
  4. Perez, Sarah (30 de marzo de 2012). "Wikipedia’s Next Big Thing: Wikidata, A Machine-Readable, User-Editable Database Funded By Google, Paul Allen And Others". TechCrunch. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012.
  5. Pintscher, Lydia (14 de xaneiro de 2013). "First steps of Wikidata in the Hungarian Wikipedia". Wikimedia Deutschland. Consultado o 15 de xaneiro de 2013.
  6. 6,0 6,1 Pintscher, Lydia. "Wikidata coming to the next two Wikipedias". Wikimedia Deutschland. Consultado o 31 de xaneiro de 2013.
  7. Pintscher, Lydia (13 de febreiro de 2013). "Wikidata live on the English Wikipedia". Wikimedia Deutschland. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
  8. Pintscher, Lydia. "Wikidata/Status updates/2013 03 01". Wikimedia Meta-Wiki. Wikimedia Foundation. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.
  9. Pintscher, Lydia (27 de marzo de 2013). "You can have all the data!". Wikimedia Deutschland. Consultado o 28 de marzo de 2013.

Véxase tamén

  • Axuda:Control de autoridades

Ligazóns externas

Apolo

Apolo é un deus da mitoloxía grega, deus do Sol e de tódalas artes en xeral. Fillo de Zeus e de Latona, naceu na illa de Delos. Asentouse no santuario de Delfos, tras dar morte a serpe Pitón, e estableceu alí o seu principal oráculo como deus da adiviñación e a mántica. É tamén o deus da música, a medicina e a poesía e como tal preside o coro das nove Musas, que viven no monte Helicón. A súa beleza era extraordinaria, aínda que ningún mortal o vira nunca, xa que a luz que desprendía deixaba cego a quen o mirara. É tamén o nome que recibiu a misión da NASA que levou ó home á Lúa (Apollo program).

Caio, papa

Santo Caio, nado en Dalmacia, foi bispo de Roma do 12 de decembro de 283 á súa morte o 22 de abril de 296. A tradición considérao como un papa, aínda que este termo non fose levado polos bispos de Roma máis que a irse de Silvestre I.

CiNii

CiNii é un servizo de referencias bibliográficas, ou base de datos bibliográfica, de material incluído nas bibliotecas académicas xaponesas, que se centra especialmente en obras en xaponés e inglés publicadas no Xapón. Permite realizar, de balde, procuras de información académica en artigos, libros e disertacións. A base de datos foi fundada en abril de 2005 e o seu mantemento corre ó cargo do National Institute of Informatics. O servizo de procuras nas bases de datos é mantida polo propio NII, así como as bases de datos achegadas pola Biblioteca Nacional da Dieta do Xapón, repositorios institucionais, e outras organizacións.A base de datos contén máis de 17 millóns de artigos de máis de 7000 publicacións. Un mes normal (en 2012) recibía máis de 30 millóns de accesos de 2,2 millóns de visitantes individuais, e é a maior e máis completa base de datos da súa clase no Xapón. Aínda que a base de datos é multidisciplinar, a maior parte das consultas que recibe é no campo das ciencias humanas e sociais, se cadra porque CiNii é a única base de datos que cobre traballos académicos xaponeses nese eido (a diferenza das ciencias naturais, formais, e médicas que se benefician doutras bases de datos).

Clemente VII, papa

Giulio di Giuliano de' Medici, nado en Florencia o 26 de maio de 1478 e finado en Roma o 25 de setembro de 1534, foi o papa nº 219 da igrexa católica entre 1523 e 1534 co nome de Clemente VII.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

FilmAffinity

FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Fórmula química

A fórmula química ou fórmula molecular é un conxunto de símbolos e números que indicar o número real de átomos de cada elemento químico que hai na molécula nunha substancia química.

Nos compostos orgánicos úsanse fórmulas químicas de varios tipos: condensada (empírica), semicondensada (semiempírica) ou semidesenvolvida e desenvolvida, segundo que se especifiquen ou non as unións interatómicas con menor ou maior detalle, se ben acostuma usarse algún tipo de fórmula semidesenvolvida.

Gregorio III, papa

San Gregorio III de Roma, naceu en Siria.

International Plant Names Index

O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero. Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.

León X, papa

Giovanni di Lourenzo de Medici, nado en Florencia o 11 de decembro de 1475 e finado en Roma o 1 de decembro de 1521, foi Papa da Igrexa católica romana co nome de León X desde 1513.

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Paulo V, papa

Camille Borghèse (italiano : Camillo Borghese), nado en Roma o 17 de setembro de 1550, falecido en Roma o 28 de xaneiro de 1621), elixido papa o 16 de maio de 1605 baixo o nome de Paulo V (en latín Paulus V, en italiano Paolo V).

"Gens pervesa" na profecía de San Malaquías.

Sendo favorable ás investigacións astronómicas, deixou condenar os traballos de Copérnico.

Segue sendo célebre por rematar a basílica de San Pedro, principal edificio do Vaticano.

Plinio o Vello

Caio Plinio Segundo (en latín: Gaius Plinius Secundus), coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que asolagou as cidades de Pompeia e Herculano.

Uxío IV, papa

Uxío IV C.R.S.A., nado en Venecia en 1383 e finado en Roma o 23 de febreiro de 1447, foi o papa n.º 207 da Igrexa católica de 1431 a 1447.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Xoán XIII, papa

Xoán XIII (nado como Giovanni Crescenzi en Roma e falecido o 6 de setembro de 972), foi o Papa nº 135 da Igrexa católica.

Zeus

Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o líder dos deuses e o deus do ceo e mais do trono.

Deus supremo da relixión grega, Zeus, Xúpiter para os romanos, foi fillo de Cronos e de Rea, pai dos deuses e dos homes. Cronos devoraba a tódolos fillos que lle daba a súa muller, quen ao estar embarazada de Zeus fuxiu, para salvalo, á illa de Creta, onde tivo o seu fillo e retornou ao Olimpo, simulando alí un segundo parto. A Cronos entregoulle unha pedra envolta en teas, simulando ser un meniño, e aquel tragouno sen decatarse do engano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.