Wiki

Un wiki[1] é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]

O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]

O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.

Historia dos wikis

Wiki-Wiki Bus stop (grenade)
Parada do autobús Wiki-Wiki

WikiWikiWeb foi o primeiro wiki[2], o seu creador foi Ward Cunningham quen comezou a desenvolvelo en Portland (Oregón) en 1994 e que o instalou no dominio de internet c2.com o 25 de marzo de 1995. Segundo Cunningham o nome procede do autobús que transporta viaxeiros e equipaxe entre os diferentes terminais do Aeroporto Internacional de Honolulú, chamado "Wiki-Wiki" e que utilizou como un sinónimo de "rápido"[3][4]. Cunningham inspirouse en parte no HyperCard de Apple[5], desenvolvendo as ideas de Vannevar Bush para permitirlles aos usuarios comentar e mudar os textos doutra xente[6].

Wikipedia converteuse no máis famoso wiki, entrando na lista dos dez sitios web máis populares en 2007, o seu sistema wiki, MediaWiki, adoptáronno despois moitos outros wikis.

Para que serve un wiki?

En principio, un wiki úsase para calquera cousa que os seus usuarios desexen. O formato préstase á colaboración (colaboración que involucra a calquera persoa, que pode facer o que queira coas páxinas). Wikipedia é un wiki que ten como misión específica ser unha enciclopedia. Así, todas as edicións que se fagan neste wiki deben ir orientadas a ese obxectivo.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para wiki.
  2. Ebersbach, Anja (2008), Wiki: Web Collaboration, Springer Science+Business Media, p. 10 ISBN 3-540-35150-7
  3. Cunningham, Ward (1 de novembro de 2003). WikiWikiWeb, ed. "Correspondence on the Etymology of Wiki". Consultado o 9 de marzo de 2007.
  4. Cunningham, Ward (25 e febreiro de 2008). WikiWikiWeb, ed. "Wiki History". Consultado o 9 de marzo de 2007.
  5. Venners, Bill "Exploring with Wiki. A Conversation with Ward Cunningham, Part I", artima.com, 20 de outubro de 2003
  6. Cunningham, Ward (26 de xullo de 2007). WikiWikiWeb, ed. "Wiki Wiki Hyper Card". Consultado o M9 de marzo de 2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Agualada, Coristanco

San Lourenzo da Agualada é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 532 habitantes (283 mulleres e 249 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 687 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 577 habitantes, sendo 262 homes e 315 mulleres.

Desta parroquia, provén a nai de Arturo Cuadrado e máis tarde este viría a vivir aquí ao falecer seu pai.

Apelido

O apelido de familia é o nome da persoa relacionado coa súa ascendencia. Está intimamente ligado ao estudo xenealóxico e onomástico.

Aristocracia

Aristocracia (do grego aristos =o mellor krátos= forza) significa o goberno dos mellores. De feito, o termo define un réxime político no que o poder está en mans das clases altas da sociedade. Co mesmo nome, desígnase aos nobres, e úsase aristocracia como sinónimo de nobreza. Platón e Aristóteles empregaron a palabra no seu sentido orixinal. Para Platón, "os mellores" eran os filósofos, "posuidores" ...

(erro filosófico) Pois Aristóteles acuñou o termo e deu este concepto de quen eran filósofos, distinguíndoos dos "Sabios" (quen crían ser POSUIDORES DA VERDADE...) mentres que os filósofos eran "BUSCADORES DA VERDADE..."

... da verdade e dun claro sistema ético. Para Aristóteles, a aristocracia era distinta á monarquía, goberno dun só, e á democracia, goberno do pobo. Na teoría aristotélica, os poucos exercen o poder en beneficio do todo. Cando non o fan así, a aristocracia convértese en oligarquía, goberno de facción. Máis aló do seu sentido orixinario, para gregos e romanos as aristocracias foron clases sociais ben definidas, que exercían o poder ou se empeñaban en manexalo detrás da escena.

É dicir que desde antigo identificouse o termo cun estrato social elevado e minoritario. Na Alta Idade Media, as monarquías non daban lugar ao crecemento das aristocracias. Na medida en que se desenvolveron as cortes, os títulos nobiliarios habilitaron a novos aristócratas que influían decisivamente na política dos reinos. Na práctica, non houbo historicamente casos significativos de "goberno dos mellores" ou goberno de poucos, xa que formalmente o poder exercérono os reis ou, en éraa contemporánea, os representantes do pobo.

Tal vez só exceptuaron esta regra Venecia e Polonia.

Con todo, desígnase como aristocracia á nobreza ou a grupos poderosos, por tradición ou liñaxe, en calquera sociedade. Nun sentido máis amplo, o término úsase para falar de grupos selectos e excluintes en diversos ambientes ou contextos (por exemplo, "a aristocracia financeira", a "aristocracia do saber", ata a "aristocracia proletaria", polos traballadores mellor renumerados).

Botánica

A botánica, (do grego βοτάνη = herba) ou fitoloxía (do grego φυτόν = planta e λόγος = tratado), é unha rama da bioloxía e é a ciencia que se ocupa do estudo das plantas. O concepto de vexetal, que estaba claro en tempos de Aristóteles, quedou esvaecido polo avance do coñecemento, chegándose a definir como todo aquilo que estuda a botánica. Na práctica, os botánicos estudan as plantas, as algas e os fungos. No campo da botánica, hai que distinguir entre a botánica pura, cuxo obxecto é ampliar o coñecemento da natureza; e a botánica aplicada, cuxas investigacións están ao servizo da tecnoloxía agraria, forestal, farmacéutica etc.

A botánica cobre un amplo abano de contidos, que inclúen aspectos específicos propios dos vexetais; das disciplinas biolóxicas que se ocupan da composición química (fitoquímica); a organización celular (citoloxía vexetal) e tisular (histoloxía vexetal); do metabolismo e o funcionamento orgánico (fisioloxía vexetal), do crecemento e o desenvolvemento; da morfoloxía (fitografía); da reprodución; da herdanza (xenética vexetal); das enfermidades (fitopatoloxía); das adaptacións ao ambiente (ecoloxía), da distribución xeográfica (fitoxeografía ou xeobotánica); dos fósiles (paleobotánica) e da evolución.

Cáucaso

Este artigo trata sobre a rexión xeográfica do Cáucaso. Para a cordilleira vexa cordilleira do Cáucaso

A rexión do Cáucaso atópase en Asia occidental, entre o mar Negro e o mar Caspio. Hoxe compoñen esta rexión as repúblicas independentes de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán, con Rusia ó norte e Turquía e Irán ó sur. No entanto, son numerosas as nacións que viven dentro destes estados, moitas delas en territorios con grandes autogobernos, noutros casos con azos de alcanza-la independencia, o que fai desta rexión un punto quente de violencia a nivel mundial.

A cordilleira do Cáucaso na que se asentan Xeorxia, Acerbaixán e Armenia acotío é chamada Transcaucasia; hai maior intrincamento lingüístico e cultural na zona norte dependente da Federación rusa.

Á parte dos mencionados países, existen estoutras nacións non independentes:

Alania (Osetia do Norte)

Osetia do Sur

Calmuquia

Carachai-Circasia

Cabardino-Balcaria

Alto Karabakh (Nagorno Karabakh)

Ingushetia

Chechenia

DaguestánAsí mesmo existen numerosas minorías entre as que se poden incluír: cumuquios, avaros, tátaros, bielorrusos, alemáns, ucraínos, e naturalmente rusos, que son unha importante minoría en todas estas repúblicas ex-soviéticas. No sur, sobre todo en Armenia, hai importantes grupos de presión turcománs, iranianos, curdos e árabes.

Eumetazoos

Os eumetazoos (ou eumetazoa) son os animais que presentan tecidos propiamente ditos; comprenden a totalidade dos metazoa, coa única excepción dos Parazoa (as esponxas, nas que en lugar de tecidos existe unha organización similar a unha colonia), os extintos Archaeocyatha, os Phagocytellozoa ou Placozoos, e os Mesozoos.

Física

A física (do latín physica, -ae, denominación das ciencias naturais, procedente do grego phusis 'natureza'), é unha ciencia que estuda as propiedades da materia, a enerxía, o espazo-tempo e as súas interaccións, considerando unicamente os atributos susceptíbeis de seren medidos.

GeoNames

GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0.

Lingua húngara

O húngaro e unha lingua da familia fino-úgrica. Fálase en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.

Ministro (goberno)

Ministro é o membro dun goberno que, baixo a autoridade dun Xefe de Goberno ou dun Primeiro Ministro, exerce a función executiva dun estado nunha área concreta que lle foi encomendada. Ademais fai parte do Consello de ministros, órgano colexiado do Goberno.

A autoridade que teña así como a autonomía da que dispoña no exercicio do seu cargo poden variar segundo a lexislación de cada país

NSSDC ID

O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento.

Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite. O número revela que foi lanzado en 1957 e que foi o primeiro lanzamento de aquel ano. Outro exemplo é 1990-037B, o telescopio espacial Hubble, que foi o lanzamento exitoso número 37 durante 1990. 1990-037A era o transbordador espacial Discovery durante a misión STS-31, que levou ó telescopio cara ao espazo.

Os lanzamentos fallidos non levan identificadores estándar. En cambio catalóganse con designracións arbitrarias, como VAGSL1 para o satélite Vanguard SLV 1.

O sistema de designación coñecíase como sistema COSPAR, denominado así polo Committee on Space Research (comité para a investigación espacial) do Consello Internacional da Ciencia. Este grupo incluía o primeiro sistema de designación, concibido na Universidade Harvard en 1958. O sistema usaba letras minúsculas do alfabeto grego para nomear os satélites. Por exemplo, Sputnik 1 era 1957α. En 1963 o sistema cambiouse para usar números, pero a súa aplicación retroactiva para faliciar o uso de referencias computerizadas non foi inmediato. Por exemplo, a publicación cuadrimestral TRW Space Log de 1969 contiña satélites en órbita de antes de 1963 listados con letras gregas e os posteriores por números.

O catálogo é administrado en Estados Unidos polo National Space Science Data Center, parte da NASA.

Oregón

Oregón é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. Limita ao norte co Estado de Washington, ao leste con Idaho, ao sur con Nevada e mais California, e ao oeste co Océano Pacífico. Dúas cadeas montañosas - as Cadeas Costeiras e as Cadeas Cascata, forman as dúas fronteiras do Val Willamette, unha das rexións máis fértiles do mundo. Oregon é coñecido polas súas precipitacións, mais apenas o oeste do Estado é húmido - cara ao leste das Cadeas Cascatas o clima é considerabelmente máis húmido. O 40 % do Estado está cuberto de bosques.

En 1977, un artigo da U.S. News and World Report describiu Oregon como un "Estado de grande escenario, e dun individualismo amigábel, que describe o prefacio do que pode ser o futuro de todos os americanos: vida simple, conservación e crecemento limitado". Esta descrición aínda se aplica ao Estado máis de 25 anos despois.

A economía do Oregon baséase na industria madeireira e no turismo.

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

Presidencia

A presidencia é un cargo que ostentan as/os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Nunha república, a xefatura de Estado recibe o nome de presidenta/e desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén da xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) o xefatura de goberno é do Primeiro Ministro.

Taxonomía

A taxonomía ou taxinomía (do grego ταξις, taxis, "ordenamento", e νομος, nomos, "norma" ou "regra") é a ciencia da clasificación. Xeralmente se emprega o termo para designar a taxonomía biolóxica, ciencia que ordena os organismos vivos nun sistema de clasificación composto por taxons agrupados en categorías taxonómicas.

Teatro

O teatro é un espectáculo baseado na representación da conduta do ser humano. Esta conduta representada, chamada actuación, é realizada por actores.

Por extensión tamén se chama teatro ao edificio onde se realizan representacións teatrais e espectáculos afíns, así como ao repertorio (conxunto de creacións teatrais que se consideran propias dun autor: "o teatro de Vidal Bolaño"), época ("o teatro das Irmandades da Fala) ou país ("o teatro francés").

O termo provén do grego theatron, nome que recibían as bancadas en forma de hemiciclo desde onde os espectadores contemplaban as representacións teatrais nos anfiteatros gregos. Theatron viría a ser, logo, o "lugar desde onde se mira". Posteriormente pasou a designar tamén ó espectáculo mesmo e ó lugar destinado a tales espectáculos.

En 1961, o Instituto Internacional do Teatro proclamou o 27 de marzo como o Día Mundial do Teatro .

WOEID

Un WOEID (Where On Earth IDentifier) é un identificador de referencia de 32 bits, orixinalmente definido por GeoPlanet e agora asignado por Yahoo!, que identifica calquera característica da Terra. No ano 2009, Yahoo! liberou por primeira vez a información do WOEID de GeoPlanet ó público, producíndose a última liberación o 1 de xuño de 2012. Pouco despois Yahoo! decidiu deter a descarga de datos até que determinasen un xeito mellor de achegar os datos como parte do servizo".WOEIDs son empregado por outros proxectos, incluíndo Flickr, OpenStreetMap, e zWeather.

WikiTree

WikiTree é unha páxina web libre e social sobre xenealoxía que deixa ós usuarios investigador e contribuír ás súas propias árbores familiares persoais, ó tempo que constrúe e colabora nunha singular árbore mundial familiar dentro do mesmo sistema. O sitio foi creado no ano 2008 por Chris Whitten, desenvolvedor da páxina WikiAnswers, e é propiedade de Interesar.com, Inc. O sitio utiliza unha linguaxe “wiki markup" (achegada polo software MediaWiki) que ofrece a usuarios principiantes e experimentados a habilidade de crear e editar perfís persoais, categorías e “páxinas espaciais” libres para documentar a historia da súa familia. O 20 de xaneiro de 2017, a páxina WikiTree tiña uns 394 000 membros rexistrados e mantén arredor de 13 millóns de perfís de devanceiros. A revista GenealogyInTime clasificou WikiTree como a 15ª páxina máis popular sobre xenealoxía en xaneiro de 2016.

Wikipedia

Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.

A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas. En 2015 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional e o Premio Erasmus.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.