Wessex

Wessex foi un dos sete reinos principais (Heptarquía anglosaxoa) que precederon ó reino de Inglaterra. O nome vén de West Saxons e está situado no sur/suroeste de Inglaterra. Existiu como reino dende o século VI ata a aparición do estado inglés no século IX e como condado entre 1016 e 1066. Wessex foi precisamente o reino que conseguiu unificar Inglaterra ó someter os demais reinos anglosaxóns baixo a súa soberanía. Non volveu ter unha existencia oficial dende entón, pero permanece como un termo familiar. Acostuma estar asociado coas novelas e poesías de Thomas Hardy e hai xente [Cómpre referencia] que defende que sexa restaurado como unha rexión de Inglaterra.

Reino de Wessex

 

 

 

519–século X
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Localización de Wessex
Lenda
Capital Winchester
(logo do século IX)
Lingua Inglés antigo (dialecto Saxón occidental)
Relixión Paganismo Anglosaxón, (antes do século VII)
Cristianismo (logo do século VII)
Goberno Monarquía
Rei
 • 519–534 Cerdic (primeiro)
 • 688–726 Ine
 • 802–839 Bretwalda Ecgberht
 • 871–899 Alfredo o Grande
 • Logo 925 Æthelstan (último)
Historia
 • Establecido 519
 • Disolución século X
Anglo-Saxon Wessex
Wessex no século IX

Historia

Fundación do Reino

Segundo a Crónica Anglosaxoa, Wessex foi fundado por Cerdic e Cynric, aínda que os feitos relatados pola crónica son considerados dubidosos. Evidencias arqueolóxicas apuntan a que o reino se puido orixinar na rexión do alto Támese e na área de Cotswolds, e que o mito de creación do reino puido ser propaganda política creada con posterioridade para xustificar a invasión das provincias xutas do sur de Hampshire e a Illa de Wight.

Resto da historia

O primeiro feito referente á historia de Wessex que pode ser considerado como histórico é o bautismo do rei Cynegils cara o ano 640.

Wessex expandiu as súas fronteiras e chocou cos seus veciños, especialmente co reino celta de Dumnonia (situado nos actuais condados de Devon e Cornualles, ó que acabou sometendo. Outro inimigo de Wessex foi o reino anglosaxón de Mercia. Cando o rei Ecgberht derrotou a Mercia en 825 e Northumbria admitiu a supremacía de Wessex en 829, Ecgberht proclamouse primeiro rei de Inglaterra.

Wessex creou un sistema integrado de pobos fortificados ou burgos (chamados burhs) que foron establecidos durante o reinado de Alfredo o Grande. Estas fortificacións impediron que os invasores daneses conquistaran no 870 o sur de Inglaterra. As fortificacións estaban distribuídas de tal forma que ningún habitante do reino estaba a máis dun día de a cabalo dun lugar seguro.

As principais poboacións de Wessex era antigos asentamentos de orixe romana como Dorchester ou Winchester, que Alfredo converteu na súa capital en 871 e novos burgos fundados como Wallingford.

Hai algunhas evidencias de que a monarquía de Wessex non era estritamente hereditaria.

Reis de Wessex

Duración do reinado Rexente Notas
Dinastía dos Gewissae
Dinastía de Cerdic
519 ao 534 Cerdic CERDIC ELESING GEVVISSÆ CYNING
CERDIC REX GEVVISSÆ
534 ao 560 Cynric CYNRIC CERDICING GEVVISSÆ CYNING
CYNRIC REX GEVVISSÆ
560 ao 591 Ceawlin CEAVVLIN CYNRICING GEVVISSÆ CYNING
CEAVVLIN REX GEVVISSÆ
591 ao 597 Ceol CEOL CVÞING GEVVISSÆ CYNING
CEOL REX GEVVISSÆ
597 ao 611 Ceolwulf CEOLVVLF CVÞING GEVVISSÆ CYNING
CEOLVVLF REX GEVVISSÆ
611 ao 643 Cynegils CYNEGILS CEOLING GEVVISSÆ CYNING
CYNEGILS REX GEVVISSÆ
c.626 ao 636 Cwichelm CVVICHELM CYNEGILSING GEVVISSÆ CYNING
CVVICHELM REX GEVVISSÆ
643 ao 645 Cenwalh CENVVALH CYNEGILSING GEVVISSÆ CYNING
CENVVALH REX GEVVISSÆ
Deposto.
Dinastía de Mercia
645 ao 648 Penda PENDA PYBBING MIERCNA 7 GEVVISSÆ CYNING
PENDA REX MIERCNA ET GEVVISSÆ
Reino dos Saxóns do Oeste
Dinastía de Cerdic
648 ao 674 Cenwalh CENVVALH CYNEGILSING VVESTSEAXNA CYNING
CENVVALH REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Restaurado; reinou xunto á súa esposa Seaxburh do 672 ao 674.
672 ao 674 Raíña Seaxburh SEAXBVRG VVESTSEAXNA CVEN
SEAXBVRH REGINA SAXONVM OCCIDENTALIVM
Reinou xunto ao seu marido Cenwalh de Wessex ata a súa morte no 674.
674 ao 674 Cenfus CENFVS CENFERÞING VVESTSEAXNA CYNING
CENFVS REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
674 ao 676 Aescwine ÆSCVVINE CENFVSING VVESTSEAXNA CYNING
ÆSCVVINE REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
676 ao 685 Centwine CENTVVINE CYNEGILSING VVESTSEAXNA CYNING
CENTVVINE REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Deposto por Caedwalla.
685 ao 688 Caedwalla CÆDVVALLA CENBRYHTING VVESTSEAXNA CYNING
CÆDVVALLA REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Usurpador; abdicou.
688 ao 726 Ine
(Ina)
INE CENREDING VVESTSEAXNA CYNING
INE REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Abdicou.
726 ao 740 Aethelheard ÆÞELHEARD VVESTSEAXNA CYNING
ÆÞELHEARD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
740 ao 756 Cuthred CVÞRED VVESTSEAXNA CYNING
CVÞRED REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
756 ao 757 Sigeberht SIGEBRYHT VVESTSEAXNA CYNING
SIGEBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Deposto (morto?) por Cynewulf.
757 ao 786 Cynewulf CYNEVVLF VVESTSEAXNA CYNING
CYNEVVLF REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Asasinado por Cynehard, irmán de Sigeberht.
786 ao 802 Beorhtric BEORHTRIC VVESTSEAXNA CYNING
BEORHTRIC REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
802 ao 839 Ecgberht ECGBRYHT EALHMVNDING VVESTSEAXNA CYNING
ECGBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
839 ao 856 Aethelwulf ÆÞELVVLF ECGBRYHTING VVESTSEAXNA CYNING
ÆÞELVVLF REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
856 ao 860 Aethelbald ÆÞELBALD ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNING
ÆÞELBALD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
860 ao 865 Aethelberht ÆÞELBRYHT ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNING
ÆÞELBRYHT REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
865 ao 871 Aethelred I ÆÞELRED ÆÞELVVLFING VVESTSEAXNA CYNING
ÆÞELRED REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
871 ao 899 Alfredo o Grande ÆLFRED ÆÞELVVLFING ÐE GREAT VVESTSEAXNA CYNING
ÆLFRED MAGNVS REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Único Monarca inglês que recibiu o título de O Grande.
Primeiro rei dos anglosaxóns.
899 ao 924 Eduardo o Vello EADVVEARD ÆLFREDING ÐE ELDRA WESTSEAXNA CYNING
EADVVEARD REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Falecido o 17 de xuño de 924
924 ao 924 Ethelweard Segundo fillo de Eduardo o Vello, morto o 2 de agosto de 924, posibelmente antes da coroación.
925 ao 927 Aethelstan ÆÞELSTAN EADVVEARDING WESTSEAXNA CYNNING
ÆÞELSTAN REX SAXONVM OCCIDENTALIVM
Primeiro rei de Inglaterra

Ligazóns externas

Aelfweard de Wessex

Aelfweard (ou Aethelweard), nado en 901 e finado en Oxford o 2 de agosto de 924, foi o segundo do dez fillos de Eduardo o Vello, rei de Wessex, e da súa primeira esposa Aelfflaed, neta do rei Aethelred I.

Aethelbald de Wessex

Aethelbald de Wessex, nado en 834 e finado o 20 de decembro de 860, foi un rei de Wessex, na Inglaterra anglosaxoa.

Aethelberht de Wessex

Æthelberht de Wessex ou Æþelberht de Wessex, nado en 835 e finado en 865, foi o terceiro fillo varón -de seis en total- de Æthelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Foi rei de Wessex entre os anos 860 e 865.

Aethelred I de Wessex

Aethelred I de Wessex (en inglés antigo: Æþelræd), nado en 840 e finado en 871, foi o cuarto dos fillos homes -6 en total- de Aethelwulf, rei de Wessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra os daneses, apoiado polo seu irmán menor, Alfredo, véndose envolvido en batallas unha tras outra.

Aethelstan de Kent

Aethelstan, finado en 852, o fillo máis vello do rei Aethelwulf de Wessex, era rei de Kent en 839, so a autoridade de seu pai.

Aethelwold aetheling

Æthelwold ou Ethelwold de Wessex, finado o 13 de decembro do 902, era o menor dos dous fillos de Aethelred I, rei de Wessex de 865 a 871.

Aethelwulf de Wessex

Aethelwulf de Wessex (en inglés antigo: Æþelwulf, que significa 'Lobo Nobre'), nado en 806 e finado o 13 de xaneiro de 858, foi un rei de Wessex, primoxénito de Ecgberht, rei de Wessex e de Mercia, e de Redburga, posibelmente unha princesa carolinxia.

Alfredo o Grande

Alfredo o Grande (Aelfred), nado en Wantage no 849 e finado en Winchester o 26 de outubro do 899 foi un rei de Wessex que loitou contra os viquingos.

Anglosaxóns

Os anglosaxóns foron un conxunto de pobos xermánicos que poboaron Gran Bretaña a partir do século V.

A partir de 430, chegaron a Britania os xermanos, en número considerábel. Falaban dialectos do xermánico occidental que deron orixe ao inglés antigo, eran politeístas e non coñecían a escritura:

Os saxóns procedían da rexión entre o río Elba e o Rin. Establecéronse na parte meridional do Támese e deron orixe aos reinos de Wessex (oeste), Essex (leste) e Sussex (sur).

Os anglos viñan da rexión entre o Elba e Xutlandia. Establecéronse ao norte de Essex (reino de Anglia Oriental), entre os ríos Humber e Firth of Forth (reinos de Bernicia e Deira que, ao unírense, formarían máis tarde o reino de Northumbria) e na zona central ao leste de Gales (reino de Mercia).

Os xutos procedían de Xutlandia. Establecéronse en Kent e na illa de Wight (reino de Kent).

Os francos e os frisios procedían do Rin.A loita foi constante cos nativos britanos celtas e entre os invasores. Non quedou en pé ningunha vila romana e só Londres conservou vida urbana. Os nativos opuxeron gran resistencia. Desta época procede a lenda do Rei Arturo, que narra as súas xestas e as dos seus cabaleiros contra a invasión.

Algúns dos britanos celtas refuxiáronse nos outeiros do oeste, Gales, o noroeste e o suroeste, e na Bretaña francesa, que tomou o seu nome deles. Tamén un grupo destes refuxiados chegou a Galicia, onde fundaron a diocese de Britonia (hoxe Bretoña) guiados por bispos como Maeloc. Xunto con escoceses e irlandeses, conservaron o cristianismo. O principal impulso ao cristianismo proveu da igrexa celta irlandesa encabezada por San Patricio. Enviou a Columba a Escocia, quen converteu aos pictos en 563 e fundou un mosteiro na illa de Iona.

En 597, o Papa Gregorio I o Grande enviou a Santo Agostiño a Kent, con corenta monxes beneditinos romanos, para converter ao rei Santo Adalberto ou Ethelberto (560-616), casado cunha raíña franca cristiá. Santo Agostiño fundou un mosteiro en Canterbury, onde foi coroado bispo en 601. Recibiu poderes para nomear bispos. Canterbury é desde entón sé oficial da Igrexa Romana en Gran Bretaña. Pouco máis tarde construíronse as catedrais de Rochester e de Londres (San Paulo).

En 633 o rei cristián Santo Oswoldo unificou Northumbria e chamou a Santo Aidan e aos monxes de Dowe para converter aos seus habitantes. Santo Aidan fundou un mosteiro na illa de Lindisfarne. O rei de Northumbria Oswy reinou de 641 a 670. Derrotou aos mercios en 655 e impúxolles o cristianismo. Os britanos celtas romperan a súa relación con Roma e evanxelizaban ás clases baixas. Oswy convocou o Sínodo de Whitby, que unificou a Igrexa baixo o primado do grecofalante Teodoro de Tarso, arcebispo de Canterbury. Teodoro fundou mosteiros e creou unha estrutura diocesana que permaneceu ata a Idade Media. A unidade eclesiástica aproximou aos distintos pobos ingleses, introduciu a cultura escrita e unha lingua común. En torno ás principais igrexas, comezou a rexurdir a vida urbana.

Offa reinou en Mercia (757-796), e chegou a dominar todos os reinos, salvo Northumbria, Wessex e as terras ao norte do Humber. Foi o primeiro que utilizou o nome de rei dos ingleses. Mercia prosperou grazas ao comercio. Acuñou a súa propia moeda, e cercou aos celtas de Gales e Cornualles coa muralla de Offa, barreira defensiva de 240 km de lonxitude.

En 789 chegaron os primeiros barcos viquingos daneses. As primeiras incursións tiveron como finalidade a pillaxe.

Ecgberht reinou en Wessex (802-839), venceu aos mercios, invadiu Kent e dominou Inglaterra, cuxo corpo político formalizou por primeira vez como Reino (827).

Entre 830-860, os viquingos realizaron moitas incursións polo esteiro do Támese, con flotas de centos de barcos. En 865 desembarcou en Anglia Oriental unha grande armada viquinga danesa, que tomou York en 867. En 869 eran donos de Northumbria e Anglia Oriental. En 870 deciden invadir Wessex, pero atopan unha organizada oposición no seu rei Etelredo I e o seu irmán Alfredo o Grande. En 871 Alfredo accede ao trono, que ocuparía ata 899. Negocia cos viquingos, que respectan o seu reino e conquistan Mercia. Pero en 878, atacan Wessex de novo. Alfredo refuxiouse nas marismas de Somerset, onde formou un exército, que venceu en Edington. Polo Tratado de Wedmore de 878, Alfredo aceptou que os viquingos daneses ocupasen gran parte de Inglaterra onde o seu rei Guthrum recibiu o bautismo e foi coroado monarca de Danelaw. Alfredo gañou así tempo para asentar as bases dunha nación unificada e formar un exército e unha armada organizados. Este modo de organización daría orixe ao feudalismo inglés. En 886, Alfredo tomou Londres. Construíu trinta cidades fortificadas con fins defensivos e comerciais. Grazas a estas disposicións, a partir de 890 os daneses apenas acosan o seu reino. Conquistou Mercia parcialmente. Nos últimos dez anos da súa vida fundou escolas, atraeu a monxes eruditos á Corte e el mesmo traduciu algunhas obras latinas ao inglés.

No Danelaw, a cultura anglosaxoa desapareceu. A lingua dos viquingos foi transformando ao antigo inglés en inglés medieval. O Danelaw constituía a zona máis próspera e poboada, grazas á actividade comercial. York converteuse nun centro de comercio internacional e Lincoln, Norwich e Londres eran tamén prósperos centros comerciais.

Un fillo de Alfredo, Eduardo o Vello, reinou en Wessex entre 899-924. Conquistou todo o Danelaw ao sur do Humber. Un neto de Alfredo, Aethelstan reinou en 924-939. En 926 capturou York e comezou a reconquista de Northumbria. En 927 venceu en Brunnanburh á alianza dos escandinavos de Dublín, e os reis de Strathclyde e Escocia. Logo, absorbeu os reinos de Mercia, East Anglia, Essex, Sussex e Kent.

Edred foi o primeiro rei dunha Inglaterra unificada en 946-955. Edgar reinou en 959-975. Fundou novos mosteiros onde se seguía estritamente a regra de San Bieito, reorganizando a cultura monástica, desmantelada polos daneses. A xerarquía eclesiástica fíxose máis culta e influente.

En 991 produciuse unha nova invasión danesa, que venceu en Maldon. O rei Ethelred (978-1016) casou coa filla do duque de Normandía en 1001 para asegurar o seu apoio. Os ataques continuaron e en 1013 o rei danés Sveyn Forkbeard invadiu Inglaterra con ánimo de permanencia. Capturou Oxford e Londres e Ethelred fuxiu a Normandía. En 1014 morreu Sveyn e os daneses de Inglaterra aceptaron como rei a Knut ou Canuto o Grande, fillo de Sveyn e irmán de Harold, o novo rei de Dinamarca. En 1016 Canuto venceu a Edmund Ironside, fillo de Ethelred, casou coa viúva deste, converteuse ao cristianismo e coroouse rei de Inglaterra (1016-1035). En 1018 Canuto convocou unha grande asemblea na que conciliou a ingleses e daneses, xurando respectar as leis e tradicións anglosaxoas. Á morte do seu irmán Harold, Canuto asumiu a coroa danesa e foi desentendéndose de Inglaterra. Conquistou Noruega e chegou a recibir homenaxe do rei de Escocia.

Trala extinción da liña de sucesión danesa en 1042, restaurouse a dinastía de Wessex na persoa de Eduardo o Confesor (1042-1066), fillo de Ethelred. Estaba xa enraizado o feudalismo. O Witan estaba formado por nobres, bispos e homes influentes, elixían ao rei e aconsellábano. Os condados eran as unidades administrativas. Cada condado dispoñía de tribunal e sheriff ou representante do rei. Existía un eficaz sistema de recadación baseado no catastro. Malia o seu voto de castidade, Eduardo contraeu matrimonio, coa filla de Godwin, conde de Wessex e Kent. Eduardo educouse en Normandía e rodeouse de conselleiros normandos. Entre eles, elixiu a Roberto de Jumieges como Arcebispo de Canterbury. Foi dispensado polo Papa do seu voto de peregrinar a Roma a cambio da construción da Abadía de Westminster; construíu nas proximidades o seu palacio e trasladou a corte desde Londres. Eduardo alcanzou, durante o seu reinado, unha gran popularidade entre o pobo que converteu a súa memoria no símbolo da Inglaterra independente.

A partir de 1050, sen descendencia de Eduardo, loitaron polo poder Godwin e os seus fillos Sveyn, Harold e Tostig, o rei Magnus de Noruega e o seu fillo Harold Hardrada e Guillerme, fillo bastardo do duque Roberto II de Normandía. Guillerme venceu na batalla de Hastings (14 de outubro de 1066) e foi coroado na abadía de Westminster o día de Nadal do mesmo ano.

Beorhtric de Wessex

Beorhtric (ou Brihtric), foi rei de Wessex desde 786 a 802.

Cenwalh de Wessex

Cenwalh, finado ao redor de 674, foi rei de Wessex en dous períodos.

Cynegils de Wessex

Cynegils de Wessex, finado en 643, foi rei de Wessex (611-643).

Cædwalla de Wessex

Caedwalla (Cædwalla), nado en 659 e finado o 20 de abril de 689, foi Rei de Wessex desde o ano 685 aproximadamente ata que abdicou no ano 688.

O seu nome deriva do nome britano Cadwallon. Foi exiliado de Wessex; durante o seu exilio, reuniu un exército e atacou Sussex e matou o seu rei Ethelwealh de Sussex. Con todo, Caedwalla foi incapaz de manter o territorio, e foi expulsado polos partidarios de Aethelwealh. En 685 ou 686 retornou a Wessex e finalmente converteuse en rei. É posible que eliminase a varios dos seus rivais dinásticos, xa que algúns rexistros informan de que Wessex estaba gobernado por varios reis ata a chegada de Caedwalla.

Tras o seu ascenso en Wessex, Caedwalla regresou a Sussex e conquistouno novamente, ocupando así mesmo a Illa de Wight, eliminando as dinastías que alí reinaban e convertendo aos seus habitantes ao cristianismo a punta de espada. Obtivo o control de Surrey e do Reino de Kent, e no 686 instaurou ao seu irmán Mul como rei de Kent. Un ano despois, Mul foi queimado durante unha revolta, polo que Caedwalla regresou a Kent e gobernouno directamente durante un tempo.

Caedwalla foi ferido durante a conquista da Illa de Wight, e quizais esta foi a razón pola que abdicou no ano 688 para viaxar a Roma para o seu bautismo e posterior morte. Chegou a Roma en abril de 689 e foi bautizado o sábado anterior a Semana Santa, morrendo dez días despois, o 20 de abril 689. Foi sucedido polo Rei Ine de Wessex.

Ecgberht de Wessex

Ecgberht (Egbert, Egberto Ecgbert), nado c. 770 e finado en xullo de 839, foi rei de Wessex desde 802 até a súa morte. Baixo o seu reinado, Wessex converteuse no máis poderoso dos reinos anglosaxóns, derrocando a supremacía de Mercia. Foi chamado Bretwalda ("gobernante de Britania"). O seu neto Alfredo o Grande foi o primeiro en usar o título de "rei dos anglosaxóns".

Eduardo o Vello

Eduardo o Vello (en anglosaxón: Ēadweard cyning), nado en 874 - 877 e finado o 17 de xullo de 924, foi o segundo dos fillos varóns -6 en total- de Alfredo o Grande, rei de Wessex e da súa esposa Aethelswitha. Converteuse en rei de Wessex á morte de seu pai en 899.

O epónimo de Eduardo, "o Vello" foi usado por primeira vez no século X no escrito Vida de San Æthelwold de Wulfstan, para distinguilo do rei posterior, Eduardo o Mártir.

Mercia

Mercia foi un dos reinos da heptarquía anglosaxoa, o nome é unha latinización do Inglés antigo Mierce ou Myrce, que significa "xente da fronteira" (ver Marca). O reino céntrase no val do río Trent e os seus afluentes, na rexión agora coñecida como a Midlands inglesas. A capital do reino era a cidade de Tamworth, que foi a sede dos reis de Mercia de polo menos ao redor do ano 584, cando o rei Creoda construíu unha fortaleza na cidade. Os veciños de Mercia eran Northumbria, Powys, os reinos de Gales do Sur, Wessex, Sussex, Essex e Anglia Oriental.

Durante 300 anos (entre o 600 e o 900), logo de anexar ou adquirir a submisión de cinco dos seis reinos da heptarquía (East Anglia, Essex, Kent, Sussex e Wessex), Mercia dominaba Inglaterra ao sur do río Humber, este período coñécese como a supremacía merciana. O reinado do rei Offa, que é o máis recordado pola súa muralla, que marcaba o límite entre Mercia e os reinos de Gales, coñécese ás veces como a "idade de ouro de Mercia". Nicholas Brooks observou que "os merciáns destacan de lonxe como o máis exitoso dos diversos primeiros pobos anglosaxóns ata finais do século noveno", e algúns historiadores, como Sir Frank Stenton, creen que a unificación de Inglaterra ao sur do estuario do Humber logrouse durante o reinado de Offa.Mercia foi orixinalmente un reino pagán, pero o Rei Penda converteuse ao cristianismo en torno ao 656, o cristianismo quedou establecido firmemente no reino a finais do século VII. A Diocese de Mercia foi fundada en 656, co primeiro bispo, Diuma, con sé en Repton. Logo de só 13 anos en Repton, no 669 o quinto bispo, San Chad, trasladou o obispado a Lichfield, no que ten a sé desde entón. No 691 a Diocese de Mercia converteuse na Diocese de Lichfield. Durante un breve período do 787 ao 799 a diocese foi un arzobispado, aínda que se disolveu oficialmente en 803. O actual bispo, Jonathan Gledhill, é o 98 desde a creación da diocese.

A finais do século noveno, logo das invasións dos viquingos e o seu Gran Exército Pagán, a maior parte do antigo territorio de Mercia foi absorbido por Danelaw. No seu apoxeo Danelaw incluíu Londres, toda East Anglia e a maior parte do norte de Inglaterra.

O último rei de Mercia, Ceolwulf II, morreu no ano 879, con iso o reino parece perder a súa independencia política. Inicialmente foi gobernada por un señor ou ealdorman baixo o señorío de Alfredo o Grande, que se facía chamar "rei dos anglosaxóns". O reino tivo un breve período de independencia na metade do século X, e de novo moi brevemente en 1016, con todo esta vez foi visto como unha provincia dentro do Reino de Inglaterra, non como un reino independente.

Mercia aínda se utiliza como unha designación xeográfica, e o nome é utilizado por gran variedade de organizacións, incluíndo unidades militares, entidades públicas, comerciais e benéficas.

Offa de Mercia

Offa de Mercia ou Offa I de Mercia, de quen se descoñece a data exacta de nacemento, e falecido no 796, no mes de xullo (dubídase se foi o 26 ou o 29 de xullo) foi rei do reino de Mercia (un dos reinos da chamada Heptarquía anglosaxoa) entre o ano 757 e a data da súa defunción.

Reino de Sussex

O Reino de Sussex ou Reino dos saxóns do Sur (en inglés antigo: Sūþseaxna rīce) foi unha colonia saxoa e posteriormente un reino independente dos saxóns na costa sur de Inglaterra fundado no século V, tras a retirada dos romanos da illa de Britania. Foi un dos estados da denominada Heptarquía Anglosaxoa, período da historia inglesa entre os séculos V e IX. Aínda que é considerado un dos sete reinos principais da Heptarquía, a súa importancia política foi menor mesmo que a dalgúns reinos considerados secundarios como Hwicce ou Lindsey. A historia do reino está chea de lagoas e os reinos veciños de Wessex e Mercia exerceron o seu dominio sobre Sussex desde mediados do século VI até a súa incorporación definitiva ao reino anglosaxón no 825.

Saxóns

Os saxóns (en latín: Saxones, en inglés antigo: Seaxe, en saxón antigo: Sahson, en baixo alemán: Sassen, en alemán: Sachsen, en danés: Saksen) foron o pobo xermánico que invadiu e emigrou á illa de Gran Bretaña no século V xunto cos anglos e os xutos. Fortemente emparentados cos anglos, debían ó seu nome ás armas que usaban, unhas espadas curvas chamadas sax. Estaban fortemente relacionados cos anglos e os frisios.

Os saxóns vivían daquela nunha área que comprendía dende o leste dos actuais Países Baixos ata o itsmo da península de Xutlandia, abranguendo o que hoxe en día é o estado alemán de Baixa Saxonia. Do saxón antigo derivan o actual baixo saxón e o inglés.

Os saxóns que emigraron a Gran Bretaña estableceron tres reinos: Essex, Sussex e Wessex, este último o máis poderoso dos tres. Foron o pobo máis numeroso dos invasores, e tamén o máis cruel segundo as crónicas; crese que chegando a facer limpezas étnicas da poboación indíxena britón-romana.

Os saxóns que ficaron en Alemaña foron sometidos por Carlomagno séculos despois, para logo ser un dos estados importantes do Sacro Imperio Romano-Xermánico, xa ocupando o ducado de Saxonia, que abranguía o actual estado de Saxonia.

Reis de Wessex
século VI
século VII
século VIII
século IX
Reinos e dubdivisións da Inglaterra anglosaxoa
Reinos
Reinos menores
Tribos e feudos
anglosaxóns menores

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.