Webcam

Unha cámara web ou webcam é unha pequena cámara dixital conectada a un ordenador, a cal pode capturar imaxes e transmitilas a través de Internet en directo, xa sexa a unha páxina web ou a outra ou outras computadoras en forma privada.

ISight
Webcam
Creative.webcam
Webcam suxeita á pantalla dun portátil

Características

As webcam necesitan un ordenador para transmitir as imaxes. Con todo, existen outras cámaras autónomas que tan só necesitan un punto de acceso á rede informática, ben sexa Ethernet ou inalámbrico. Para diferencialas das webcams denomínanse netcams ou cámaras de rede.

Tamén son moi utilizadas no chat como o Messenger, Yahoo! etc. Polo xeral pode transmitir imaxes en vivo, pero tamén pode capturar imaxes ou pequenos vídeos (dependendo do programa da webcam) que poden ser gravados e transmidos por Internet.

Tecnoloxía

As webcams normalmente están formadas por unha lente, un sensor de imaxe e a circuitería necesaria para manexalos.

Existen distintos tipos de lentes, sendo as lentes plásticas as máis comúns. Os sensores de imaxe poden ser CCD (charge coupled device) ou CMOS (complementary metal oxide semicondutor). Este último adoita ser o habitual en cámaras de baixo custo. As webcams para usuarios medios adoitan ofrecer unha resolución VGA (640x480) cunha taxa duns 30 frames por segundo, aínda que na actualidade ofrécense unhas resolucións medias de 1 - 1,3 Mpx.

Software

A instalación básica dunha webcam consiste nunha cámara dixital conectada a unha computadora, normalmente a través do porto USB. O que realmente lle dá o nome de webcam é o software que a acompaña.

O software da webcam toma un frame da cámara cada certo tempo e envíaa a outro punto para ser visualizada. Se o que se pretende é utilizar esas imaxes para construír un video, de calidade sen saltos de imaxe, necesitarase que a webcam alcance unha taxa duns 28 - 30 fps.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amaia Salamanca

Amaia Salamanca Urízar, nada en Madrid o 28 de marzo de 1986, é unha actriz española famosa por series de televisión como SMS ou Sin tetas no hay paraíso.

American Pie (filme)

American Pie é un filme estadounidense dirixido polos irmáns Paul e Chris Weitz, que foi estreado en 1999. É o primeiro filme da serie de filmes American Pie. A súa estrea foi un éxito de recadación, así como as seguintes tres secuelas: American Pie 2 (2001), American Wedding (2003) e American Reunion (2012).

Base Amundsen-Scott

A Estación do Polo Sur Amundsen–Scott é unha base de investigación dos Estados Unidos situada no Polo Sur Xeográfico, o punto máis meridional da Terra. A estación localízase no alto dunha meseta na Antártida e atópase a 2 835 metros sobre o nivel do mar.

A base Amundsen–Scott Station orixinal foi construída polo Goberno federal dos Estados Unidos en novembro de 1956 como parte do seu compromiso cos obxectivos científicos no Ano Internacional da Xeofísica, unha iniciativa que durou dende xaneiro de 1957 até xuño de 1958, e que pretendía estudar, entre outras cousas, a xeofísica das rexións polares.

Big Ben

Big Ben (Elizabeth Tower) é o nome que recibe a gran campá do reloxo situada ó nordeste do Palacio de Westminster en Londres.

Cataratas do Niágara

As cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano de Nova York e da provincia canadense de Ontario. Están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as cataratas do Niágara son moi largas, sendo a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.

Son moi coñecidas pola súa beleza, e tamén como unha fonte de enerxía hidroeléctrica e un desafiante proxecto de preservación ambiental. Foi un destino turístico moi popular no continente por máis dun século. As cataratas do Niágara están divididas polas cidades xemelgas de Niagara Falls, Ontario, e de Niagara Falls, Nova York.

Cámara

Unha cámara pode ser (Nalgúns dicionarios recóllese a variedade dialectal cambra):

Sala ou peza principal dunha casa.

Reunión de persoas para tratar un asunto

Cada un dos corpos colexisladores nos gobernos representativos

Cámara (política)

Cámara de Faraday

Cámara de comercio

Cámara (pneumático), parte dun pneumático.

Cámara de descomprensión

Cámara de aire

Cámara anecoica, sala carente de eco, acústico ou de microondas.

Cámara escura

Cámara de combustión

Cámara de gas

En fotografía ou cinematografía, aparello que permite gardar unha imaxe nun medio.

De imaxes estáticas: cámara fotográfica, cámara dixital

De imaxes en movemento: Cámara de cine, cámara de vídeo, cámara de rede, webcam.

El Sardinero

El Sardinero é un barrio e enclave turístico da cidade de Santander, capital de Cantabria (España) coñecido polas súas extensas praias.

George Town, Caimán

George Town é unha cidade situada na illa de Gran Caimán nas Illas Caimán. Ademais, é a Capital das Illas Caimán, nas Indias Occidentais Británicas. En 2007, a cidade tiña unha poboación de 28.836, polo que é a segunda cidade máis grande (pola poboación) de todos os Territorios Británicos de Ultramar.

George Town é o corazón industrial e financeiro das Illas Caimán, hai preto de 600 bancos e sociedades fiduciarias nas Illas Caimán. As oficinas do goberno das Illas Caimán atópanse na cidade.

Grand Place

A Grand Place en francés, ou Grote Markt en holandés, é a praza central de Bruxelas. Está rodeada de opulentas casas gremiais e dous edificios máis grandes, o Concello da cidade, e a Casa do Rei (francés: Maison du Roi, holandés: Broodhuis) edificio que contén o Museo da Cidade de Bruxelas. A praza é o destino turístico máis importante e o punto de referencia máis importante de Bruxelas. Mide 68 por 110 m., e forma parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

L'Estartit

L'Estartit é unha entidade municipal descentralizada situada na costa do concello catalán de Torroella de Montgrí, na provincia de Xirona. Ten 2.962 habitantes (2015). Atópase a aproximadamente un quilómetro do arquipélago das Illas Medes. É unha vila de verán, ten un porto e un club náutico (Club Nàutic Estartit) onde hai moitas actividades acuáticas como vela, submarinismo ou natación.

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Polo Sur

O Polo Sur, tamén coñecido como Polo Sur Xeográfico ou Polo Sur Terrestre, é un dos dous puntos nos que o eixe de rotación da Terra cruza a súa superficie. É o punto máis meridional da superficie da Terra e atópase no lado oposto ó Polo Norte.

Está situado no continente da Antártida sendo este é o lugar onde se encontra o estación Amundsen-Scott, que se estableceu en 1956 e que estivo permanentemente habitada dende aquel ano. O polo Sur xeográfico non debe confundirse co polo Sur magnético.

Praias de El Sardinero

As praias de El Sardinero son dúas praias da cidade de Santander, en Cantabria, situadas no barrio de El Sardinero.

Son dúas praias distintas aínda que están seguidas na liña de costa e cando baixa a marea únense. Reciben o nome de Primeira e Segunda praia de El Sardinero.

No pasado, unha das praias era utilizada polas clases medias e baixas e a outra era usada polas clases altas santanderinas, polo que había unha diferenzación social entre ambas. Hoxe en día ambas as praias son moi familiares e moi concorridas durante o verán, xa que son as máis extensas coas que conta a cidade.

Praza Dam

Praza Dam é unha praza da cidade de Ámsterdam, a capital dos Países Baixos. Os seus edificios notábeis e os frecuentos acontecementos convértena nun dos lugares máis coñecidos e importantes da cidade e do país.

Praza de San Pedro

A Praza de San Pedro (Piazza San Pietro, en italiano) atópase na Cidade do Vaticano, dentro da cidade e capital italiana de Roma e precede, a modo de gran sala períptera, á Basílica de San Pedro, o magno templo do catolicismo. Foi proxectada por Gian Lorenzo Bernini entre 1656 e 1667.

Á praza accédese desde a Via della Conciliazione e mostra, ao fondo, a magnífica fachada da Basílica de San Pedro; esta vía comeza no largo Xoán XXIII, moi preto do castelo de Sant'Angelo, xunto ao río Tíber, pasando ao final pola praza Pío XII.

A praza é unha grande explanada trapezoidal que se alarga lateralmente mediante dúas pasaxes, con forma elíptica, de columnatas rematadas nunha balaustrada sobre a que se asentan as figuras de cento corenta santos de diversas épocas e lugares. No seu interior hai dúas fontes, unha en cada foco da elipse e, no medio da praza, erixiuse un monumental obelisco (de 25 m de altura e 327 t de peso), un bloque pétreo sen inscricións traído desde Exipto que estaba no Circo de Nerón e que, en 1586 o papa Sixto V decidiu colocar fronte á Basílica de San Pedro en memoria do martirio de San Pedro no circo de Nerón. Coñécesa como a "testemuña muda", pois xunto a el crucificouse a Pedro. A esfera de bronce da cúspide que, segundo a lenda medieval, contiña os restos de Xulio César, foi substituída por unha reliquia da cruz de Cristo. As dúas pasaxes de columnas (284 de 16 m cada unha) ábrense a cada lado simbolizando o abrazo de acollida da Igrexa ao visitante que parece invitan a entrar.

Nesta praza o Papa adoita celebrar algunhas liturxias solemnes (especialmente aquelas que reúnen a multidumes demasiado grandes como para que entren na xa de por si inmensa basílica) e outros encontros, sobre todo audiencias públicas.

A famosa Praza da Concordia de París é unha copia desta praza xa que tanto o obelisco como as fontes e a súa distribución son idénticas ás de San Pedro.

Premios Mestre Mateo 2016

Os Premios Mestre Mateo 2016 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2016 e celebráronse o 4 de marzo de 2017. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Palexco da Coruña. Os nomeados foron anunciados o 7 de febreiro de 2017.

Puerto del Rosario

Puerto del Rosario é un municipio español, capital da illa de Fuerteventura, provincia das Palmas, Canarias. Forma unha franxa desde a costa oeste á leste.

Río San Lázaro

O río San Lázaro é un afluente do río Bibei. Nace no Macizo Central ourensán na Serra de Queixa, a 1.740 m de altitude na bagoada formada entre o cume de Cabeza de Manzaneda (coñecido localmente como a Cabeza Grande) e o da Cabeza Pequena de Manzaneda (cumio secundario onde se atopa o repetidor da CRTVG que dispón dunha webcam). Este río constitúe case todo o límite dos concellos ourensáns da Pobra de Trives co de Manzaneda.

Santander

Santander é un concello e cidade situada no norte de España, na costa cantábrica, capital da comunidade autónoma de Cantabria. Limita cos concellos de Santa Cruz de Bezana e Camargo, ademais de pechar polo norte a baía de Santander.

Ten un porto cun considerable tráfico de carga, un aeroporto internacional e a universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Un grande incendio a mediados do século XX destruíu prácticamente todo a zona vella, polo que hoxe en día destacan arquitectónicamente o Palacio da Magdalena, a catedral, os edificios do paseo marítimo de Pereda, e a sede social do Banco Santander.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.