Wayback Machine

Wayback Machine é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.[1]

Wayback Machine logo 2010
Logo de Wayback Machine

Notas

  1. Wayback Machine: la máquina del tiempo de las páginas web se renueva (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
.bg

.bg é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bulgaria. Está operado por Register.bg.

As pautas para o rexistro de nomes no dominio impoñen que estes teñen que ser rexistrados por compañías e organizacións búlgaras, ou compañías de fóra que teñan presenza representativa en Bulgaria. O nome do dominio ten que representar o nome da compañía ou unha abreviación del. En xeral, calquera nome pode ser rexistrado se primeiramente é rexistrado no Rexistro búlgaro.

O prezo do rexistro é de 30 euros por ano (36 € incluíndo o IVE).

Até mediados de 2006, o prezo era de 50 USD para o rexistro e logo 50 USD por ano (dando un total de 120 USD incluíndo o IVE para o primeiro ano). Para o nivel local, isto era un prezo moi alto e moitas páxinas web búlgaras rexistráronse baixo dominios .com, .org, ou .net, pois os custos de rexistro son significativamente máis baixos (de 8 a 12 USD por ano) e con menos dificultades burocráticas.Desde o 25 de agosto de 2008, Register.BG simplificou os procedementos, permitindo o rexistro co .bg sen prover documentación (marca, nome da empresa) para o nome. As disputas que se poidan dar serán resolvidas a través dunha comisión de arbitraxe de recente creación.Desde o 18 de setembro de 2006, Register.bg propón novos subdominios de terceiro nivel baixo a.bg, b.bg etc, (unha letra latina ou un díxito máis o .bg) a un baixo prezo (12€/ano incl. IVE), con menos restricións. Está principalmente feito para persoas individuais.O 5 de setembro de 2009, Register.bg comezou a aceptar nomes de segundo e terceiro nivel en cirílico con letras que só hai na lingua búlgara.

2012

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

América do Norte

América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

BIBSYS

BIBSYS é un provedor de sistemas bibliotecarios e de información para todas as bibliotecas universitarias e universitarios noruegueses, a Biblioteca Nacional de Noruega e unha serie de bibliotecas e institucións de investigación. BIBSYS foi organizada formalmente como unha unidade da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU), situado en Trondheim, Noruega. O consello de administración é nomeado polo Ministerio Noruegués de Educación e Investigación.

Belgrado

Belgrado (en serbio: Београд ou Beograd) ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes (1 717 800 na área metropolitana). É a capital de Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de Iugoslavia (1918-2003) e de Serbia e Montenegro (2003-2006).

Limita ao norte coa provincia autónoma de Voivodina (distritos de Srem, Central Banat e Sur Banat), ao E co distrito de Podunavlje, ao SE co distrito de Šumadija, ao SO co distrito de Kolubara, e ao O co distrito de Mačva. O alcalde é Nenad Bogdanović. Belgrado está dividida en 17 municipalidades (10 urbanas e 7 suburbanas).

Castro Urdiales

Castro Urdiales é un concello costeiro situado no extremo oriental de Cantabria. No ano 2010 tiña 32.258 habitantes, sendo a terceira maior vila de Cantabria.

Houston, Texas

Houston (pronunciado en inglés /ˈhjuːstən/) é unha cidade do estado de Texas nos Estados Unidos. É a cidade máis grande de Texas e a cuarta máis grande dos Estados Unidos. Nas estimativas do censo de 2007 a cidade contaba cunha poboación de 2,2 millóns de habitantes nunha área de 1.600 km². Houston é a capital do condado de Harris e o centro económico da área metropolitana Houston–Sugar Land–Baytown (o Gran Houston).

É alcumada "Bayou City", "Clutch City", "H-Town", "Screwston ", "Magnolia City" e "Space City".

Foi fundada o 30 de agosto de 1836 polos irmáns Augustus Chapman Allen e John Kirby Allen nunha zona próxima ao Buffalo Bayou. A cidade incorporouse o 5 de xuño de 1837 e recibiu o seu nome do daquela presidente da República de Texas, o antigo xeneral Sam Houston, quen comandara a Batalla de San Xacinto. Dita contenda tivera lugar a 40 km ao leste de onde a cidade foi establecida.

O crecente porto e a industria do ferrocarril, combinado co descubrimento de petróleo en 1901, provocou continuos incrementos repentinos de poboación na cidade. A mediados do século XX, Houston converteuse na base do Texas Medical Center, a maior concentración de institucións de investigación e de saúde do mundo, e do Centro espacial Lyndon B. Johnson da NASA, onde se sitúa o Centro de Control de Misión.

Considerada como unha cidade global beta, a economía de Houston posúe unha ampla base industrial na enerxía, manufacturación, aeronáutica, transporte, saúde e un importante centro para a creación de equipos petrolíferos; só Nova York posúe máis sedes de empresas Fortune 500 nos límites da súa cidade. O porto de Houston sitúase de primeiro nos Estados Unidos en tonelaxe manexada en augas internacionais o o segundo en tonelaxe total de carga manexada..

É famosa pola industria petroquímica, o canal de naves, o centro médico e o programa espacial. Moitos hispanos trasladaronse a Houston a buscar emprego, dando lugar a unha importante poboación hispana na metrópole. Ten ademais importantes poblacions asiática e surafricana.

Entre as atraccións máis destacables da cidade atópanse o centro comercial Houston Galleria, a Illa de Galveston e o centro da NASA.

Icovellauna

Icovellauna é unha deusa celta adorada na Galia. O seu culto realizouse nun templo octogonal en Le Sablon, Metz, construído orixinalmente sobre unha fonte, no cal foron atopadas cinco inscricións dedicadas a ela; e en Tréveris, onde Icovellauna foi honrada nunha inscrición no complexo do templo de Altbachtal. Ámbolos dous lugares están preto do río Mosela, na Galia oriental, na actual Lorena (Francia) e Renania-Palatinado (Alemaña).

Internet Archive

Internet Archive é un sitio web e unha organización sen ánimo de lucro destinada á preservación de historiais Web e recursos multimedia. Creada en 1996, atopábase desde esa data e até o 2009 no Presidio de San Francisco e actualmente áchase na rúa 300 de Funston, tamén en San Francisco. A colaboración que levou a cabo a amplitude desa páxina foi grazas a Alexa Internet e doutros colaboradores á parte da colaboración da Biblioteca do Congreso. Ten unha gran cantidade de ficheiros como son, vídeo e texto, algúns deles en dominio público, ou con licenzas Creative Commons ou calquera outra licenza que permita a distribución.

Entre as súas seccións tamén se atopa a colección chamada Moving Images que contén unha suma de aproximadamente 19.000 ficheiros (estimación de agosto de 2005), a maioría de vídeos. A colección máxima é a Colección de Prelinger chamada Prelinger Archives cun total de 1.977 ficheiros (agosto de 2005) que inclúe unha gran cantidade catalogada do "Cinema Efémero Publicitario", educativo, industrial (películas para promoción das devanditas empresas) e afeccionado. As películas van de entre os anos 1927 ata o 1987.

Noutra parte para volver atrás no tempo existe a Wayback Machine que ten 40 mil millóns de páxinas gravadas desde 1996 a partir dos inicios da actual Internet, pódense ver, entre outras, a primeira versión de IMDb e da páxina de vendas por Internet Amazon, así como tamén unha sección especial catalogando noticias na súa versión orixinal das devanditas datas.

Latis

Latis é o nome de dúas divindades celtas adoradas na Britania romana. Un é a deusa Dea Latis e o outro é o deus Deus Latis, e ámbolos dous son coñecidos por unha única inscrición.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Litavis

Litavis (tamén coñecido como Litauis, Litaui, Litauia, and Llydaw) é unha deusa celta adorada polos antigos galos. O seu nome aparece en inscricións atopadas en Aignay-le-Duc e Mâlain, Côte-d'Or, Francia, onde é invocada xunto co deus galo-romano Cicolluis nun contexto que suxire que debeu sela súa consorte. Unha dedicatoria en latín atopada en Narbona (no sur da Galia), Francia, contén as palabras “MARTI CICOLLUI ET LITAVI” ("A Mars Cicolluis e Litavis").

Plataforma Queremos Galego!

Queremos Galego! é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que naceu en 2009 para artellar unha ampla resposta colectiva a prol da lingua galega, mediante a defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación, e con intención de conseguir a progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

Premio Princesa de Asturias dos Deportes

O Premio Príncipe de Asturias de los Deportes é concedido dende 1981, á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións que, ademais da exemplaridade da súa vida e obra, conseguiran novas metas na loita do home por superarse a si mesmo e contribuíran co seu esforzo, de maneira extraordinaria, ó perfeccionamento, cultivo, promoción ou difusión dos deportes.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Satiada

Satiada é unha deusa romana adorada na Britania romana. É coñecida por unha única inscrición, nunha pedra altar dedicada a ela en Chesterholm (Vindolanda). Na inscrición lese:

DEAE / SAIIADAE / CVRIA TEX / TOVERDORVM / V·S·L·M

"Á deusa Satiada, o consello dos Textoverdi de bo grado merecidamente cumpriron a súa promesa."

Scuderia Toro Rosso

A Scuderia Toro Rosso, ou simplemente Toro Rosso, e ás veces diminuído na escrita como STR, é un equipo de Fórmula 1 que corre baixo bandeira italiana, propiedade de Red Bull e do ex-piloto Gerhard Berger ó 50%[Cómpre referencia]. O seu nome ("Escudería Touro Vermello" en galego) é unha clara alusión ós primeiros e á escudería Red Bull Racing, xa que é o seu equipo - B[Cómpre referencia]. O seu Xefe de Equipo é Franz Tost e o seu Director Técnico é Alex Hitzinger.

A escudería debutou na competición na tempada de 2006, despois de que a finais do ano anterior a compañía austríaca mercara Minardi das mans de Paul Stoddart.

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.