Watt

O watt[1] ou tamén vatio[2], de símbolo: W, é a unidade do SI para potencia. É equivalente a un joule por segundo−1 (1 J/s), ou en unidades eléctricas, 1 volt-ampere (1 V · A). Na industria adóitase utilizar o cabalo de vapor (1 CV = 735,49875 W).

Ecuacións :

En electricicade; W = V · I onde V é a voltaxe en Voltios e I a intensidade en Amperios

A unidade do watt recibiu o nome de James Watt polas súas contribucións ao desenvolvemento do motor a vapor, e foi adoptada polo II congreso da asociación británica para o avance da ciencia en 1889.

James Watt (Gemälde)
James Watt (1736 – 1819).

En electricidade

DiagramaPotenciasWPde
Diagrama complexo da potencia en réxime alternativo:
Real (P, en vatios, W)
Reactiva (Q, en Voltamperes reactivos, VAr)
Complexa (S, en Voltamperes, VA)
Aparente (abs(S), en voltamperes, VA)

En electricidade, un watt é a unidade de potencia dun sistema debida a unha intensidade de 1 amperio para unha tensión de 1 voltio. É o produto da tensión pola intensidade (Lei de Ohm):

 : potencia en función de (en vatios).
 : tensión eléctrica en función de (en voltios).
 : corrente eléctrica en función de (en amperios).

En mecánica

En mecánica, o watt é a potencia desenvolvida por unha forza de 1 newton ao se desprazar unha distancia de 1 metro durante 1 segundo. Se o punto de aplicación dunha forza de 1 newton desprázase á velocidade de 1 metro por segundo (m/s), a potencia vale 1 watt:

 : forza (en newton).
 : distancia (en metros).
 : tempo (en segundos).
 : velocidade (en m/s).
 : traballo (en joule).

Equivalencias

735,49875 W = 1 CV

Notas

  1. Forma recoñecida como o nome galego da unidade de medida legal en España BOE
  2. Forma menos recomendable segundo o Dicionario da Real Academia Galega

Véxase tamén

Outras unidades

Ligazóns externas

  • Nelson, Robert A., "The International System of Units Its History and Use in Science and Industry". Via Satellite, febreiro de 2000.(en inglés)
Cabalo de vapor

O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura.

É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.

Nos países anglo-saxóns, utilízase o horse power, de símbolo hp é unha unidade da mesma escala de grandeza, mais con valores diferentes. O Horse Power defínese como a potencia necesaria para elevar verticalmente á velocidade de 1 pé/min unha masa de 33.000 libras.

Ciccone Youth

Ciccone Youth é unha banda experimental formada en 1986 como un proxecto paralelo dos membros de Sonic Youth Steve Shelley, Kim Gordon, Lee Ranaldo e Thurston Moore, xunto co membro de Minutemen e fIREHOSE Mike Watt. O seu nome é un xogo entre os nomes "Sonic Youth" e "Ciccone", o apelido orixinal de Madonna.

EVOL

EVOL é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado en maio do ano 1986 através do selo SST Records. É o primeiro traballo no que aparece o actual batería da banda Steve Shelley, que substituíra a Bob Bert a mediados de 1995. No disco pódese ver unha transición da sonoridade da banda, indo do son máis noise rock dos seus álbums anteriores cara unha maior sensibilidade rock. A portada é unha fotografía de Lung Leg, tomada da película Submit to Me, de Richard Kern.

Neste disco atópase a primeira verdadeira colaboración nun traballo de Sonic Youth, ao gravar Mike Watt, da banda Minutemen, o baixo nos temas "In the Kingdom #19" e "Bubblegum" (esta segunda só aparecía como canción extra no CD). Nese momento foi cando o proxecto Ciccone Youth comezou a coller forma, e realmente as cancións "Into The Groovey" e "Tuff Titty Rap", aparecidas no seu The Whitey Album, foron gravadas nas sesións de EVOL.

En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 30 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.

Enerxía

En física, a enerxía é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador, altofalante, lámpada) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.

Calquera cousa que estea a traballar -por exemplo, a mover outro obxecto, a quece-lo ou a facelo atravesarse por unha corrente eléctrica - está a gastar enerxía (na verdade ocorre unha "transferencia", pois ningunha enerxía é perdida, e si transformada ou transferida a outro corpo). Polo tanto, calquera cousa que estea pronta a traballar posúe enerxía. En canto o traballo se realiza, ocorre unha transferencia de enerxía, parecendo que o suxeito está a perder enerxía. Na verdade, a enerxía está a ser transferida para outro obxecto, sobre o cal o traballo se realiza.

Así pois, o concepto de enerxía é un dos conceptos esenciais da física. Nacido no século XIX, pódese atopar en todas as disciplinas da Física (mecánica, termodinámica, electromagnetismo, mecánica cuántica etc.), así como noutras disciplinas, particularmente na química.

Enerxía hidráulica

A enerxía hidráulica é un tipo de enerxía obtida a partir da enerxía potencial dunha masa de auga. Esta enerxía maniféstase en estado natural nos fluxos de auga, como nos ríos e lagos e pode ser aproveitada por medio dun desnivel ou encoro. Pode ser convertida en enerxía mecánica a través de turbinas hidráulicas ou muíños de auga. As turbinas á súa vez poden ser usadas como accionamento dun mecanismo industrial, coma un compresor ou un xerador eléctrico, coa finalidade de prover enerxía eléctrica para unha rede de enerxía.

A potencia máxima que pode ser obtida a través dun desnivel pode ser calculada polo produto .

En unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI)

Into the Groove(y)

"Into the Groove(y)" é un sinxelo da banda Ciccone Youth, o proxecto paralelo dos membros de Sonic Youth e Mike Watt. Foi editado o 1 de novembro de 1986 polo selo Blast First Records.

James Watt

James Watt, nado o 19 de xaneiro de 1736 en Greenock e finado o 25 de agosto de 1819 en Birmingham (Inglaterra), foi un matemático e enxeñeiro escocés. As melloras que realizou na máquina de Newcomen deron lugar á coñecida como máquina de vapor de auga, que resultaría fundamental no desenvolvemento da primeira Revolución Industrial, tanto en Inglaterra como no resto do mundo.

Mentres traballaba fabricando instrumentos na Universidade de Glasgow, Watt interesouse na tecnoloxía das máquinas de vapor e decatouse de que os deseños coetáneos desperdiciaban unha gran cantidade de enerxía arrefriando e quentando repetidamente o cilindro. Watt introduciu unha mellora no deseño, o condensador separado, que evitaba a perda de enerxía e mellorou radicalmente a potencia, eficiencia e rendibilidade das máquinas de vapor. Finalmente adaptou este motor para producir un movemento rotatorio, o que ampliou enormemente o seu uso máis aló do simple bombeo de auga.

Watt intentou comercializar o seu invento, pero atopou moitas dificultades financeiras ata que se asociou con Matthew Boulton en 1775. A nova firma Boulton & Watt chegou a ter gran éxito e ambos enriqueceronse. Unha vez xubilado, Watt continuou inventando, pero ningunha das súas últimas creacións foi tan destacada como a mellora da máquina de vapor. Watt tamén desenvolveu o concepto de cabalo de vapor, mentres que a unidade de potencia do Sistema Internacional de Unidades, o vatio (W) foi nomeada no seu honor.

Malia ter nacido en Escocia, viviu e traballou en Birmingham, Inglaterra. Foi un membro chave da Lunar Society ("Sociedade Lunar"). Moitos dos seus escritos consérvanse na biblioteca Birmingham Central.

Joule

O joule (de símbolo J) é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s−2 = 1 N × m = 1 W × s.

Dito doutras formas, a unidade joule pode definirse como:

Pode utilizarse para medir calor, a cal é enerxía cinética (movemento en forma de vibracións) a escala atómica e molecular dun corpo.

Toma o seu nome (pronunciado yul) do físico James Prescott Joule. Tamén pode escoitarse dicirlle xulio.

Mike Watt

Michael David "Mike" Watt, nado o 20 de decembro de 1957 en Portsmouth (Virxinia), é un baixista, vocalista e compositor estadounidense. É coñecido por ser o cofundador das bandas Minutemen, Dos e Firehose. No ano 2003 uniuse tamén á reunión de The Stooges. Tamén foi membro do grupo Banyan e participou en diversos proxectos tras a desaparición de Minutemen.

CMJ New Music referiuse a Watt como un "baixista seminal do post-punk". En novembro de 2008 Watt recibiu un premio pola súa traxectoria por parte da revista Bass Player Magazine, presentado por Flea.

Minutemen (grupo musical)

Minutemen foi unha banda formada en San Pedro (Os Ánxeles), no oeste dos Estados Unidos, en 1980. Estaba composta por D. Boon (guitarra), Mike Watt (baixo) e George Hurley (batería). Chegaron a gravar catro discos e oito EPs até a inesperada morte de D. Boon en decembro de 1985.

Máquina de vapor

Unha máquina de vapor é un motor de combustión exterior que transforma a enerxía dunha certa cantidade de vapor de auga en traballo mecánico.

En esencia o ciclo de traballo realízase en dúas etapas: xérase previamente o vapor de auga nunha caldeira cerrada, por quentamento directo mediante a queima dalgún combustible —carbón ou madeira nos seus inicios, derivados do petróleo e gas natural con posterioridade— o vapor a presión introdúcese no cilindro arrastrando ó émbolo ou pistón na súa expansión; empregando un mecanismo de biela-manivela este pódese transformar nun movemento de rotación de. Unha vez alcanzado o final de carreira o émbolo retorna á súa posición inicial expulsando o vapor de auga. O ciclo contrólase mediante unha serie de válvulas de entrada e saída que regulan a renovación da carga, é dicir, os fluxos do vapor cara e dende o cilindro.

Os motores de vapor empregáronse habitualmente para mover máquinas e aparatos tan diversos como bombas, máquinas locomotoras, motores mariños etc. durante a Revolución Industrial en cuxo desenvolvemento tivo un papel relevante. As modernas máquinas de vapor utilizadas na xeración de enerxía eléctrica non son xa de émbolo (o desprazamento positivo) como as descritas senón que son turbomáquinas, é dicir, atravesadas por un fluxo continuo de vapor . Estas turbomáquinas reciben a denominación xenérica de turbinas de vapor. Na actualidade a máquina de vapor alternativa é un motor moi pouco usado salvo para servizos auxiliares xa que se viu desprazada especialmente polo motor eléctrico na maquinaria industrial e polo de combustión exterior no transporte.

Pat Smear

Pat Smear, nado co nome de Georg Ruthenberg nos Ánxeles o 5 de agosto de 1959, é un guitarrista estadounidense, ex membro de bandas como The Germs, Nirvana e Foo Fighters. É tamén coñecido como actor e por copresentar o programa da MTV House of Style coa súa amiga e modelo Cindy Crawford.

Potencia

En Física, potencia (de símbolo P) é a cantidade de traballo efectuado por unidade de tempo. Isto é equivalente á velocidade de cambio de enerxía nun sistema ou á rapidez en realizar un traballo, segundo queda definido por:

,

onde:

A potencia pódese considerar en función da intensidade e a superficie:

P = I · S

A unidade de potencia no Sistema internacional (SI) é o watt, o cal é equivalente a un joule por segundo.

Fóra do SI tamén se utilizan o Cabalo de Vapor (CV) equivalente a 736 W ou o Horse Power (HP) que son aproximadamente 746 W

Quilogramo

O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg.

Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.

Tamén é común que se utilice á vez como unidade de peso, aínda que se debería facer baixo o nome de quilogramo forza. O quilogramo-forza correspóndese, aproximadamente, co peso dunha masa de 1 quilogramo situada na superficie terrestre, a nivel do mar. A definición só é correcta na Terra, por canto intervén o valor da gravidade.

Sebastián Lelio

Sebastián Lelio Watt, nado en Mendoza o 8 de marzo de 1974, é un director, guionista, produtor e montaxista chileno.Entre os seus filmes máis relevantes destacan Gloria (2013) e Una mujer fantástica (2017), gañadora do Premio Óscar ó Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa e segundo filme chileno en obter un premio da Academia (trala curtametraxe animada Historia de un oso en 2016).

The Whitey Album

The Whitey Album é o único álbum editado por Ciccone Youth, un proxecto paralelo dos membros de Sonic Youth Steve Shelley, Kim Gordon, Lee Ranaldo e Thurston Moore, co de Minutemen/fIREHOSE Mike Watt. Foi lanzado o 1 de marzo de 1988 através do selo Enigma Records.

Volt

Volt, ou menos recomendable voltio, é a unidade do SI da tensión eléctrica, derivada a partir do ampere e mais do watt. O seu nome vénlle polo físico italiano Alessandro Volta, e o seu símbolo é V.

Volt, no sistema métrico decimal, é unha unidade de medida de diferenza de potencial eléctrico. Un volt é igual á diferenza de potencial existente entre dúas secións transversais dun condutor percorrido por unha corrente eléctrica variable de 1 A, cando a potencia disipada entre as dúas seccións é igual a 1 watt.

Watt de Sussex

Watt foi un rei no que é agora o condado de Sussex na Inglaterra meridional no século VIII.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.