W. E. B. Du Bois

William Edward Burghardt Du Bois, ás veces chamado Web Dubois, nado en Great Barrington (Massachusetts) o 23 de febreiro de 1868 e finado en Ghana o 27 de agosto de 1963, foi un afroamericano de orixe haitiana que loitou polo recoñecemento dos dereitos cívicos dos negros nos Estados Unidos. Foi tamén editor e poeta. Pertenceu á francmasonería.

Foi laureado co Premio internacional da paz (outorgado polo Consello mundial da paz) en 1952 e co Premio Lenin da paz en 1959.

W. E. B. Du Bois
WEB DuBois 1918
Nome completoWilliam Edward Burghardt Du Bois
AlcumeWeb Dubois
Nacemento23 de febreiro de 1868 e 1868
 Great Barrington
Falecemento27 de agosto de 1963
 Accra
SoterradoForte de Christiansborg, Forte de Christiansborg e W.E.B. Dubois Memorial Centre for Pan African Culture
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Relixiónateísmo
Alma máterFisk University, Universidade Harvard, Universidade Humboldt de Berlín e Universidade de Heidelberg
Ocupaciónhistoriador, novelista, filósofo, escritor, sociólogo, asistente social, Activista polos dereitos humanos, fotógrafo, poeta e autobiógrafo
CónxuxeShirley Graham Du Bois
FillosYolande Du Bois
Coñecido/a porAs Almas da Gente Negra e John Brown
PremiosPremio Lenin da Paz, Medalha Spingarn e National Association of Black Journalists Hall of Fame
WEB DuBois signature
WEB Du Bois
W. E. B. Du Bois.

Mocidade

Era fillo de Alfred e Mary Dubois. Estudou na Fisk University de Nashville (Tennessee), e logo en Harvard a partir de 1888. Foi o primeiro negro norteamericano graduado cun doutoramento en Filosofía por Harvard en 1895.

Madurez

Despois dos seus estudos en Harvard e en Berlín, publicou unha das primeiras obras sociolóxicas americanas: The Philadelphia Negro (O negro de Filadelfia). Ensina na Universidade de Atlanta e publica en 1903 o ensaio The Souls of Black Folk. Foi tamén autor de varias novelas, das que destaca The Dark Princess (A Princesa Negra).

En 1909, participou na creación da NAACP, e dirixiu o seu xornal, The Crisis.

A partir dos anos 1940, mostra unha simpatía crecente polas teses comunistas. En 1961, con 93 anos, afilíase oficialmente ao Partido comunista dos USA. Logo emigrou a Ghana, da que recibiu a nacionalidade, e onde faleceu en 1963.

27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

Kwame Nkrumah

Kwame Nkrumah, nado o 21 de setembro de 1909 en Costa de Ouro, hoxe Ghana e finado o 27 de abril de 1972 en Bucarest, Romanía, como era coñecido Francis Nwia-Kofi Ngoloma, foi un líder ghanés anticolonial, antineocolonial e anti-imperialista de África. Nkrumah foi o fundador e mailo primeiro presidente da moderna Ghana, sendo considerado como un dos políticos panafricanistas máis influentes do século XX.

Madam C. J. Walker

Sarah Breedlove, nada en Delta, Louisiana o 23 de decembro de 1867 e finada en Irvington-on-Hudson, Nova York o 25 de maio de 1919 foi unha empresaria, filántropa e activista social e política estadounidense coñecida como C. J. Walker. Eloxiada como a primeira millonaria “feita a ela mesma” nos Estados Unidos, converteuse nunha das máis ricas mulleres emprendedoras do país, así como a máis rica muller afroamericana e unha das empresarias afroamericanas de maior éxito da historia.Walker fixo a súa fortuna desenvolvendo e vendendo unha liña de produtos de beleza e para o cabelo destinados a mulleres de raza negra mediante a Madame C.J. Walker Manufacturing Company, empresa de éxito que ela fundou. Walker tamén foi coñecida pola súa filantropía e activismo. Fixo doazóns a numerosas organizacións e convereuse en mecenas das artes. Villa Lewaro, a luxosa facenda de Walker en Irvington-on-Hudson, Nova York, serviu como lugar de reunión social para a comunidade afroamericana.

Margaret Sanger

Margaret Higgins Sanger ou Margaret Louise Higgins, nada en Corning o 14 de setembro de 1879 e finada o 6 de setembro de 1966, foi unha enfermeira, sexóloga, escritora e activista do control de natalidade norteamericana. Sanger foi a responsábel da popularización do termo "birth control" (control de natalidade, en galego) nos Estados Unidos, abrindo o primeiro centro de planificación da natalidade no país, e outros establecementos ligados á organización Planned Parenthood Federation of America.

En 1914, Sanger foi procesada polos Estados Unidos, so as leis do Acto Federal Comstock, de 1873. As leis do Acto Comstock prohibían a circulación, venda e produción de toda literatura con calquera tipo de contido sexual, erótico ou informacións e activismo sobre o control da natalidade, sexa sobre contraceptivos ou aborto. Con medo do que podería acontecer, Sanger refuxiouse nos países británicos até que fose seguro retornar aos Estados Unidos.Pola súa conexión coa organización Planned Parenthood, Sanger foi, e aínda é, albo frecuente dos críticos do aborto. Non obstante, o Planned Parenthood Federation of America pasou a realizar abortos só en 1970, catro anos tras a súa morte. A organización sen fins lucrativos, fundada en 1916, funciona até hoxe, ofrecendo servizos como educación sexual e control de natalidade, actuando non só nos Estados Unidos, mais de maneira global.En 1916, Sanger fundou a primeira clínica de control de natalidade nos Estados Unidos. Tamén foi o ano en que foi prendida, tras entregar un panfleto con informacións sobre contraceptivos para un policía de paisano. Sanger usou a oportunidade para se manifestar contraria aos actos de censura impostos polo Acto Comstock, e súa detención causou barullo no país. Ao prenderen Sanger, os policías pillaron a clínica, levando diversos rexistros médicos confidenciais.

Entre súas intencións coa clínica, estaba o desexo de previr as mulleres contra clínicas de aborto ilegais, con procedementos médicos perigosos e dubidosos, que eran normais na época polo aborto estar prohibido nos Estados Unidos. A pesar de avogar pola causa dos dereitos das mulleres e crer que o aborto puidese estar xustificado, Sanger era contraria á práctica, crendo que o procedemento debería ser evitado, e no seu lugar a prevención e contraceptivos tivesen preeminencia. Na súa concepción, a única cura para o aborto era a prevención.

Foi presidenta da Planned Parenthood, de 1952 a 1959, que tiña sede na India, e faleceu en 1966, sendo considerada por moitos como a fundadora do moderno movemento pro-aborto.

Premio Lenin da Paz

O Premio Lenin da Paz ou Premio Internacional Lenin da Paz (ruso: международная Ленинская премия мира) foi un premio da Unión Soviética nomeado en honra de Vladimir Lenin. Era outorgado por un xurado nomeado polo goberno soviético, a individuos que tiveran "contribuído á causa paz entre os pobos". Foi fundado como o Premio Internacional Stalin para o Fortalecemento da Paz entre os Pobos, mais foi rebautizado como Premio Internacional Lenin por Fortalecer a Paz Entre Pobos (ruso: международная Ленинская премия мира), por mor da desestalinización. A diferenza do Premio Nobel, o Premio Lenin da Paz era normalmente outorgado a varias persoas cada ano en vez de só a unha. O premio foi principalmente outorgado a comunistas prominentes da Unión soviética e a estranxeiros aliñados coa URSS. Entre os galardoados destacan: W. E. B. Du Bois, Fidel Castro, Salvador Allende, Mikis Theodorakis, Seán MacBride, Angela Davis, Pablo Picasso, Oscar Niemeyer, Faiz Ahmad Faiz, Abdul Sattar Edhi e Nelson Mandela.

Reinhard Bendix

Reinhard Bendix, nado en Berlín o 25 de febreiro de 1916 e finado en Berkeley o 28 de febreiro de 1991, foi un sociólogo estadounidense de orixe alemá.

Robert K. Merton

Robert King Merton, nado en Filadelfia o 4 de xullo de 1910 e finado en Nova York o 23 de febreiro de 2003, foi un sociólogo estadounidense e pai do Premio Nobel de Economía, Robert C. Merton.

Seymour Martin Lipset

Seymour Martin Lipset, nado en Nova York o 18 de marzo de 1922 e finado en Arlington o 31 de decembro de 2006, foi un sociólogo e politicólogo estadounidense especializado na socioloxía política e que tamén estudou a organización das organizacións sindicais, a estratificación social, a opinión pública e a socioloxía da vida intelectual, tamén escribiu amplamente sobre as condicións para a democracia desde unha perspectiva comparada

Sol Plaatje

Solomon Tshekisho Plaatje, nado en Doornfontein o 9 de outubro de 1876 e finado en Xohanesburgo o 19 de xuño de 1932, foi un xornalista, lingüista, político, tradutor e escritor surafricano Plaatje foi un dos membros fundadores e primeiro secretario xeral do Congreso Nacional Nativo Surafricano (SANNC), despois denominado Congreso Nacional Africano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.